Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no Centro.

O CEE Infanta Elena é un centro educativo de titularidade pública, nel ofertánse etapas educativas de primaria, secundaria e os programas formativos básicos de xardinaría e restauración. A formación vai dirixida a alumnado no que concorran necesidades educativas especiais que non poden ser atendidas no marco das medidas de atención á diversidade dos centros ordinarios. Así mesmo, ofrece servizo de internado para o alumnado que o precise, segundo as súas circunstancias persoais.

O Centro sitúase na cidade de Monforte de Lemos (Lugo), nunha contorna semiurbana, pero conta con alumnado de diferentes provincias galegas. As familias pertencen, en xeral, a un nivel socioeconómico medio.

Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

O Plan Dixital do centro pretende ser o eixo vertebrador en materia TIC, vai estar directamente relacionado cos Polos Creativos e a súa dotación, o Plan Anual da biblioteca e moi ligado ao PFPP de Centro onde se terán en conta os polos creativos, a biblioteca e continuarase coa liña SAAC (Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación) empregando as TIC.

Marco legal en materia do Plan Dixital.

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a realización da análise DAFO apoiámonos en dúas técnicas, unha cuantitativa e outra cualitativa.

A cuantitativa basease nos resultados numéricos que aportan a enquisa SELFIE e o test CDD, a cualitativa basease na experiencia que o equipo de Centro ten sobre a realidade propia nas distintas áreas a valorar. 

Estas dúas técnicas empregadas conxuntamente, xunto coa experiencia da aplicación do Plan Dixital no curso precedente e as propostas de mellora suxeridas, van axudar a catalogar se os valores acadados indican que se trata de debilidades, fortalezas, ameazas ou oportunidades.
Prestase especial atención a aqueles epígrafes que presentan unha menor e maior puntuación, así como naqueles nos que existe unha dispersión de valores significativa entre grupos.

Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escaso uso, en xeral, das tecnoloxías con fins educativos tanto no Centro como na casa. Alumnado Si
Debilidade Alumnado con escasas competencias dixitais e dificultades para a implicación na súa aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade Sobrevaloración na auto percepción do uso responsable da tecnoloxía. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital das familias. Familias Non
Debilidade Fenda Dixital. Uso de ferramentas (ABALAR MÓBIL) para comunicacións co centro. Familias Si
Debilidade Limitacións de espazos físicos que permitan/faciliten o emprego de prácticas innovadoras de ensino e aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade Descoñecemento ou ausencia de bibliotecas e repositorios en liña para consulta do profesorado. Infraestruturas Si
Debilidade Equipos a disposición do alumnado antigos ou desactualizados. Infraestruturas Si
Debilidade Inexistente oferta formativa para familias e persoal non docente. Oferta Non
Debilidade Estratexia dixital no Centro pouco desenvolta. Organización de centro Si
Debilidade Pouca experiencia no uso de contornas dixitais de aprendizaxe (creación de recursos, software libre, recursos educativos abertos e licenzas de uso e distribución). Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo para explorar/ mellorar o método de ensino coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Fallas na estratexia de comunicación dixital co persoal non docente. Persoal non docente Non
Fortaleza Habilidades dixitais en diferentes ámbitos. Alumnado Si
Fortaleza Acceso a dispositivos electrónicos no fogar. Familias Si
Fortaleza Dispoñibilidade de dispositivos xestionados polo Centro e que o alumnado pode empregar cando os precisa. Infraestruturas Si
Fortaleza O alumnado con necesidades educativas ten acceso a tecnoloxías asistenciais. Infraestruturas Si
Fortaleza Utilidade da páxina web do Centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Dispoñibilidade de acceso a Internet no Centro. Infraestruturas Si
Fortaleza Apoio ao desenvolvemento profesional continuo. Organización de centro Si
Fortaleza Dispoñibilidade para asistir as familias no apoio ao alumnado. Organización de centro Non
Fortaleza Uso de recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza Uso das TIC na preparación e impartición de clases adaptadas as necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Claustro aberto as novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza Retroalimentación e apoio entre o persoal docente. Persoal docente Si
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de mantemento e renovación do equipamento tecnolóxico do Centro. Administración educativa Non
Ameaza Sen persoal especialista no Centro, necesidades de asistencia técnica. Administración educativa Non
Ameaza A administración educativa non facilita tempo no horario do profesorado para explorar e desenvolver ferramentas e contidos dixitais para o ensino-aprendizaxe. Administración educativa Non
Ameaza Pouca colaboración con entidades ou centros para apoiar o uso das novas tecnoloxías. Contorna Non
Ameaza Acceso limitado de parte do alumnado a dispositivos dixitais axeitados e a conexións estables de Internet especialmente no rural. Contorna Non
Ameaza Escasa oferta formativa para familias e persoal non docente. Outras Non
Oportunidade Dotación de materiais e equipos a través de Polos creativos. Administración educativa Si
Oportunidade Formación derivada de implantación de Polos creativos. Administración educativa Si
Oportunidade Posibilidades de formación para o Desenvolvemento Profesional Continuo. Administración educativa Si
Oportunidade ANPA constituída, en proceso de consolidación ANPA Si
Oportunidade O proceso de acreditación de CDD pode incentivar a participación do profesorado en accións formativas. Lexislación Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Da análise do contexto DAFO despréndense varias conclusións:

Claustro receptivo pero falto de tempo para mellorar o método de ensino coas tecnoloxías dixitais.

O persoal docente fai uso das novas tecnoloxias pero precisanse potenciar facilitadores (repositorios de recursos, guias: software libre, licenzas de uso e distribución, etc...

Alumnado posue diferentes potencialidades en ambitos diversos pero demostra, en xeral, escasa competencia dixital e en ocasións parece sobreestimar a súa capacidade de uso responsable.

A paxina web funciona como fonte de información para as familias, pero sería preciso fomentar o uso da plataforma Abalar para unha comunicación fluída e de caracter oficial coas familias.

O Centro dispón de equipos informáticos pero en moitas ocasións este esta obsoleto ou desactualizado. Existe unha escaseza de espazos físicos que faciliten as prácticas innovadoras (a biblioteca está a traballar nesta dirección).

A chegada dos Polos Creativos son unha grande oportunidade para dotar ao Centro e formar aos docentes sempre que os equipos asignados sexan apropiados as necesidades do Centro.

Traballarase en obxectivos para este curso que se consideraron prioritarios e/ou máis urxentes. Ademáis teñense en conta outros factores como son, a viabilidade dos mesmos, que sexa obxectivos reais, acadables e medibles. Finalmente algún deles consideranse paso previo para poder acadar outros máis complexos no futuro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Impulsar o uso da aula Virtual do Centro entre o profesorado para compartir recursos e documentación.
O02PD Introducir o programa de Polos Creativos nas dinámicas educativas do Centro.
O03PD Implantar a comunicación coas familias por ABALAR MÓBIL.
O04PD Completar a posta en marcha nas aulas de ferramentas de comunicación tecnolóxica: SAAC.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos realizarase:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre, mediante reunión do grupo de traballo ou o seu coordinador co responsable do obxectivo. Nestas reunións valoraranse o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a súa realización será con posterioridade a data prevista de finalización das accións a desenvolver e revisarase como mínimo unha vez ao ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

As accións previstas para o primeriro trimestre completáronse dentro dos prazos.

2º Trimestre

No segundo trimestre continuanse a desenvolver s accións segundo o previsto.

3º Trimestre

No terceiro trimestre foron acadados os obxectivos pendentes a excepción do obxectivo 2 Introdución dos Polos Creativos que solo foi acadado parcialmente, agardando a ubicación definitiva do material.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Moi satisfactria pois foron acadados prácticamente todos os obxectivos, a colaboración do claustro foi moi notable.

Proposta de mellora

Coñecer con anterioridade a dotación prevista para os Polos Creativos para poder escoller unha ubicación adecuada.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para levar a cabo a difusión do PD dispónse dos seguintes medios:

- Na plataforma educalidade, na ligazón: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=27015360

- Na páxina web do Centro a través da ligazón habilitada para tal fin.

- A través dos cauces de coordinación: claustro, consello escolar.

- A través das formacións desenvoltas no Centro.

- Por ABALAR MÓBIL as familias (Obxectivo).