Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O noso instituto está situado na cidade de Monforte de Lemos recibindo alumnado non só do núcleo urbano senón tamén da zona rural, especialmente dos concellos próximos de Sober e Pantón (onde están os dous únicos colexios de primaria adscritos ao noso instituto). En moitas ocasións están integrados en familias deprimidas economicamente con escasas ou nulas oportunidades de coñecer máis alá do que lles rodea.

Temos que destacar tamén o progresivo aumento de alumnado inmigrante en idade de ensino obrigatorio (incluso en FP Básica e ciclos) que se incorpora ás aulas ano tras ano, procedente de países do Este de Europa, Centroamérica e ultimamente de Marrocos, normalmente con grandes dificultades de aprendizaxe e por debaixo do nivel que lle correspondería pola súa idade. A isto súmaselle alumnado de etnia xitana na ESO.

Nos últimos anos tamén observamos alumnado de distintas orientacións sexuais e de xénero.

É así que, para moito do noso alumnado a “fenda dixital” limita o acceso as TICs, xa sexa pola falta de medios económicos ou de infraestruturas de comunicacións que permitan desenvolver ao alumnado estas competencias de xeito adecuado.

Para paliar este problema, dende o centro estase a fomentar diversas actividades de información e formación para pais/nais e para o alumnado que lles permitan adquirir o mellor nivel posible neste eido.

No noso Plan Estratéxico por catro anos contemplamos o fomento das TICs, e así un dos seus puntos é o de fomentar o uso de novas tecnoloxías favorecendo a súa utilización a través de aplicacións didácticas, informativas e de comunicación, e outro é aumentar a comunicación dixital coa comunidade educativa e familias, polo que na nosa Programación Xeral Anual se recollen as actuacións que, nesta materia, todos os anos levamos a cabo.

O centro participa nos programas da Consellería de Educación: Plans Proxecta e Contratos-Programa nos que se levan a cabo actividades para a mellora da competencia dixital do alumnado.

Dende hai anos no centro estase a impartir cursos AFD da familia de informática.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O DAFO foi desenvolvido a partir do SELFIE

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H4. O alumnado non sabe discriminar a información que atopa na rede Alumnado Non
Debilidade H6. O alumnado non sempre atribúe a autoría do traballo doutras persoas que atoparon en internet Alumnado Non
Debilidade PFC: O alumnado non é coñecedor das vantaxes do emprego de software libre no ámbito educativo Alumnado Non
Debilidade Insuficiente compromiso coa formación dixital ofertada polo centro. Familias Non
Debilidade C7. Desactualización do sistemas/política de protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade Dificultade no seguimento da ubicación/estado do material informático (cámbianse equipos de ubicación sen modificar o inventario Infraestruturas Non
Debilidade G1. Non se empregan abundantemente tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado Persoal docente Non
Debilidade E2. É mellorable a creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza. Persoal docente Non
Debilidade D3. Reducido intercambio de experiencias entre o profesorado sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade F3. Mellorable utilización de tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado Persoal docente Non
Debilidade Falta de formación dixital obrigatoria para o persoal administrativo/secretaría. Persoal non docente Non
Fortaleza H1. O alumnado aprende a actuar de forma segura en Internet. Alumnado Non
Fortaleza H3. O alumnado aprende a actuar de forma responsable en Internet. Alumnado Non
Fortaleza H7. O alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza H8. O alumnado aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Fortaleza Oferta de cursos de formación para as familias Familias Non
Fortaleza Interese das familias no seguimento do Facebook do centro Familias Non
Fortaleza C1. Actualización dos equipamentos/redes Infraestruturas Non
Fortaleza C8. Existen equipos dixitais propiedade do centro ou xestionados polo centro para o alumnado (ordenadores Edixgal para a ESO e portátiles para o resto Infraestruturas Non
Fortaleza C3. Proporcionar acceso a Internet para a ensinanza/aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza C5. Resolución de incidencias técnicas (profesorado con horario para mantemento informático Infraestruturas Non
Fortaleza PFC: Existe nas aulas do centro equipamento informático mercado polo propio centro Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Existencia de dispositivos dixitais para o seu uso no labor docente (ordenador, proxector, pizarra dixital e sistemas de videoconferencia en todas as aulas). Infraestruturas Non
Fortaleza O centro conta con oferta educativa da familia de informática e, polo tanto, conta con profesorado cualificado que colabora no mantemento de equipos e apoia ao resto do profesorado Oferta Non
Fortaleza Publicación dos menús do comedor na web do centro (para a ESO). Oferta Non
Fortaleza O centro ten certificación de calidade AENOR e un responsable da mesma Organización de centro Non
Fortaleza A1. Existe estratexia dixital Organización de centro Non
Fortaleza Existe no centro responsables de aula virtual, de Edixgal, de mantemento informático e de infraestruturas e de polos creativos Organización de centro Non
Fortaleza E4. Utilización de tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo (Abalar móbil, TokApp, Mensario, correo electrónico corporativo). Persoal docente Non
Fortaleza D2. Acceso do profesorado a posibilidades de desenvolvemento profesional continuo no relativo a ensinanza con tecnoloxías dixitais (plan de formación interna). Persoal docente Non
Fortaleza F6. Fomento da participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais (participación en Plan Proxecta, Contratos-Programa...). Persoal docente Non
Fortaleza A3. Apoio do equipo directivo para que o profesorado probe novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza B3. Existencia de colaboración con outras entidades (Concello, Centro Drogodependencias, bibliotecas...). Persoal docente Non
Fortaleza E3. Utilización de contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado (aula virtual, Edixgal para a ESO). Persoal docente Non
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Inestabilidade laboral do persoal docente. Administración educativa Non
Ameaza Falta de formación obrigatoria en competencia dixital ao profesorado Administración educativa Non
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna e caída demográfica Contorna Non
Ameaza Certa dificultade no acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo Contorna Non
Ameaza Cambios continuos na lexislación educativa. Lexislación Non
Ameaza Existencia de normativa confusa e excesivamente interpretable Lexislación Non
Ameaza Lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo Lexislación Non
Oportunidade Dotación de equipamento tecnolóxico. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de programas e proxectos para formación do profesorado Administración educativa Non
Oportunidade Atención da administración educativa ás demandas do centro Administración educativa Non
Oportunidade Posibilidade de solicitar formación a través das distintas convocatorias, PFPP (Plans de Formación Permanente do Profesorado), seminarios ou actividades de actualización. Administración educativa Non
Oportunidade A dixitalización está en auxe, e dende a pandemia moi aceptada e recoñecida socialmente Contorna Non
Oportunidade Colaboración con institucións alleas ao centro educativo (Colexio de Enxeñería Informática, Policía Nacional¿). Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do DAfO anterior se desenvolve o Plan anterior

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente (Item E2*)
002PD Difundir os polos creativos na comunidade educativa, recopilar recursos para o uso dos materiais que se reciban
003PD Organizar concursos entre o alumnado de diversa temática (concurso de poesía, marcapáxinas para o día das letras galegas...) para fomentar a súa creatividade mediante o uso de ferramentas dixitais (Item F3*)
004PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado para analizar a fiabilidade da información (Item H4*)
005PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado para atribuír a autoría do traballo doutras persoas (Item H6*)

Seguimento

Procedemento

Faremos o seguimento trimestral

1º Trimestre

Desenvolveronse todas  as actividades previstas para o 1º trimestre

2º Trimestre

Desenvolveronse todas as actividades previstas neste trimestre

3º Trimestre

desenvolvemos todas as actividades previstas neste trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración e moi positiva porque se desenvolveron todos os obxectivos agás o depolos creativos porque non chegou o material.

 

Proposta de mellora

Buscar local para cando chegue o material de polos creativos

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital será dado a coñecer ao profesorado en Claustro e, unha vez aprobado, estará a disposición de toda a comunidade educativa a través da Web do centro, no apartado Organización e, dentro deste, en Documentos de centro.