Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro
Nome do centro: IESP Fontem Albei
Dirección: Rúa Marmoiral s/n 27100, A Fonsagrada, Lugo
Correo: ies.fontem.albei@edu.xunta.gal
Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfontemalbei/
Etapas educativas: ESO, Bacharalo e FPbásica
Nº alumnado: 78
Nº Profesorado: 22

 

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
_ Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro
A Fonsagrada é un concello da zona de montaña da provincia de Lugo. Está situado na parte oriental da provincia e limitado polos municipios de Baleira, Ribeira de Piquín, Meira, A Pontenova, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna e os asturianos de Ibias, Grandas de Salime, Santa Eulalia de Oscos e Taramundi. A poboación do concello distribúese en cerca de 300 pequenas entidades de poboación que se agrupan en 28 parroquias.

É importante destacar a gran perda de poboación que experimentou o Concello pasando de 12.400 habitantes en 1960 a 3328 a 1 de xaneiro do 2021 segundo o INE.
A poboación rural vive fundamentalmente da actividade agropecuaria aínda que tamén hai certa producción forestal pero menos importante economicamente ca actividade agraria e gandeira. A agricultura é de autoconsumo. A maioría das explotacións gandeiras son pequenas ou medianas e debido ós baixos prezos da carne e do leite a situación económica dos labregos é, en xeral, moi mala. A poboación rural é moi vella e como pensionistas axudan economicamente na casa, pero ó
mesmo tempo precisan coidados especiais: atención médica, réxime alimenticio, etc.


A poboación da vila vive, fundamentalmente, da actividade comercial e dos servicios. O nivel económico da vila, sen ser bo, é moito máis elevado co da zona rural. A poboación é máis xove e o nivel cultural tamén é máis elevado debido á relación diaria con outras persoas de nivel cultural similar ou superior e ás institucións que funcionan na vila: asociacións culturais, museo, colexios, biblioteca pública etc.


O fracaso escolar é, en xeral, máis elevado na zona rural que na vila no que inflúen bastantes factores como: nivel económico, infraestructuras, habilitación e adecuación das vivendas, etc. É moi importante ter en conta que os alumnos das aldeas ademais do tempo diario que invisten en facer o dobre traxecto casa-Instituto ao chegar á casa colaboran nas tarefas agrícolas e gandeiras co que lles queda pouco tempo para estudiar.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

ELABORACIÓN DO PLAN DIXITAL

A elaboración do Plan Dixital do centro englobouse dentro dun PFPP que leva por nome “Análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital. Xestión avanzada na aula virtual”.
Este grupo de traballo é de 20 horas e está integrado por 9 docentes.
A persoa coordinadora é Mercedes Martínez Gómez, Xefa de Estudos do centro no curso 21/22.
A elaboración das diferentes etapas do plan dixital levouse a cabo a través de diversas sesións, 6 horas de traballo individual, 10 horas de traballo en grupo e de 4 horas de sesións de formación.

Unha problemática relevante do noso centro, é que sofre todos os anos unha importante mobilidade do profesorado. Por exemplo, para o curso que vén a Coordinadora non estará no centro e que dos docentes participantes só permanecerán no centro dous. O cal fai moi complicada a implantación e continuidade dos diferentes plans.

 

AUTOAVALIACIÓN SELFIE

A Comisión Europea desenvolveu unha ferramenta de autoavaliación SELFIE, disponñble de forma gratuita para todos os centros educativos, que lles permite obter en liña un informe de autoavaliación do centro (Informe SELFIE).. Para analizar a situación e realizar o seguimento do centro no ámbito da innovación, escolleuse esta ferramenta, que organiza a información según os bloques ou áreas que recolle o informe resultante da realización desta autoavaliación.
Os datos referidos a estas áreas de cada etapa educativa quedan recollidos na táboa SELFIE que se achega en ANEXOS.

Interno
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Pouca comunicación por parte das familias co centro a través de medios dixiatis, como abalar ou correo electrónico. Familias Non
Debilidade Dispoñemos de equipos obsoletos Infraestruturas Si
Debilidade Non dispoñemos de soporte técnico Infraestruturas Si
Debilidade No centro non contamos cunha estratexia dixital (A1) Organización de centro Non
Debilidade No noso centro a infraestrutura dixital non respalda a ensinanza e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (B4) Organización de centro Non
Debilidade O profesorado non dipón de tempo para explorar como mellorar o seu método de enino con tecnoloxías dixitais (A4) Persoal docente Non
Debilidade Non avaliamos os nosos progresos en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (B1) Persoal docente Non
Debilidade Non se empregan tecnoloxías dixitais para que o alumnado realice observacións constructivas sobre o traballo dos seus compañeiros (G6) Persoal docente Non
Debilidade Non todo o noso profesorado emprega entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado, debido ao continuo cambio de profesorado que se produce no centro (E3) Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado aprende a actuar de xeito seguro e responsable en Internet (H1-H3) Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a comprobar si a información de Internet é fiable e precisa (H4) Alumnado Non
Fortaleza O alumnado pode facer un seguimento das súas tarefas a través da aula virtual do centro ou da EVA do proxecto Edixgal na maioría das materias. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado emprega a tecnoloxía fóra do centro para actividades de aprendizaxe non relacionas co instiruto Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a resolver problemas técnicos ao empregar as tecnoloxías dixitais (H13) Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a crear contidos dixitais, a comunicarse e a desenvolver habilidades dixitais nas diferentes materias (H7-H8-H10) Alumnado Non
Fortaleza O profesorado manexa con seguridade as tecnoloxías para comunicarse co alumnado e coas súas familias Familias Non
Fortaleza A infraestructura dixital respalda o ensino e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (C1) Infraestruturas Non
Fortaleza Dispoñemos de equipamento comprado polo centro Infraestruturas Non
Fortaleza Dispoñemos de dispositivos dixitais que son propiedade do centro ou xestionados por el e que o alumnado pode empregar e levalos a casa cando os precisa (C8-C10) Infraestruturas Non
Fortaleza O centro promove a creación conxunta de coñecemento a través da organización dun Plan de formación Oferta Non
Fortaleza No centro existen sistemas de protección de datos (C7) Organización de centro Non
Fortaleza No centro dispoñemos de medidas para identificar os retos que xorden do aprendizaxe mixto, relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto económico (C11) Organización de centro Non
Fortaleza O centro emprega só servizos dixitais educativos corporarivos para difundir a información do centro e o ensino virtual Organización de centro Non
Fortaleza Desenvolvemos a estratexia dixital colaborando , e o profesorado está apoiado para explorar novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais (A2-A3) Persoal docente Non
Fortaleza Empregamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións (B3) Persoal docente Non
Fortaleza Dispoñemos de dispositivos dixitais e de Internet para os seu uso nas ensinanzas (C2-C3) Persoal docente Non
Fortaleza No centro promóvese o emprego de software libre Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado manexa con seguridade a tecnoloxía para crear recursos dixitais para preparar, impartir clases e para evaluar Persoal docente Non
Fortaleza Debatimos sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (B2) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensinanza as necesidades do alumnado, para fomentar a súa creatividade, para implicalo, para fomentar a súa colaboración e para a realización de proxectos interdisciplinares (F1-F3-f4-F5-F6) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado cree moi útil o prendizaxe con outros profesores a través de actividades de colaboración en línea ou en persoa Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado busca e crea recursos educativos dixitais en liña (E1-E2) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega entornos virtuais e tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo (E4) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado e para favorecer a retroalimentación axeitada (G1-G3) Persoal docente Non
Fortaleza O equipo directivo e profesorado cre que as actvidades de formación organizadas polo centro ou fóra do centro son útiles e participa en actividades de formación organizadas pola administración Educativa Persoal docente Non
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O centro non dispón de profesorado nin de alumnado estable Administración educativa Si
Ameaza O centro non dispón de asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais (C5) Administración educativa Non
Ameaza O centro non dispón de ANPA ANPA Non
Ameaza Baixa competencia dixital das familias Contorna Si
Ameaza Baixa cobertura de rede debido a situación xeográfica Contorna Non
Oportunidade As diferentes actividades de formación organizadas pola Administración Educativa adáptanse ás necesidades do profesorado en competencia dixital. Administración educativa Non
Oportunidade O profesorado comeza a empregar as tecnoloxías dixitais ao mesmo tempo que a maioría dos seus compañeiros Administración educativa Non
Oportunidade O profesorado valora as habilidades dixitais que o alumnado desenvolve fóra do centro educativo (G10) Contorna Si
Oportunidade O alumnado emprega a tecnoloxía na casa para actividades de ocio e para facer as tarefas máis dunha hora ao día Contorna Si
Oportunidade O alumnado ten acceso a dispositivos dixitais (ordenador, portátil, tableta, móbil) na casa Contorna Si
Oportunidade O equipo directivo coñece a normativa relativa á adquisición de equipamento informático para o centro educativo Lexislación Non
Oportunidade No centro colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais (B4) Outras Non
Oportunidade O profesorado valora as habilidades dixitais que o alumnado desenvolve fóra do centro educativo (G10) Outras Non
Oportunidade O profesorado pensa que son útiles os programas acreditados, aprender de outros profesores/as a través de redes de profesores ou comunidades de prácticas en línea, as visitas de estudo e os cursos en liña, seminarios web ou conferncias en liña Outras Non
Oportunidade O profesorado pensa que son útiles os servizos de orientación ou asesoramento interno, facilitados como parte de un acordo educativo oficial Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise
  1. Obxectivos, indicadores e accións

A partir do análise DAFO, co cal detectamos as fortalezas, debilidades, oportunidades e ameazas do centro, estáblecemos dúas áreas prioritarias de mellora:
* Pedagoxía, dentro de esta área establecemos un obxectivo. Obxectivo 1: “Crear entornos virtuais de aprendizaxe para o alumnado a través da aula virtual do centro”
* Infraestructura e equipos, dentro de esta área establecemos un obxectivo, Obxectivo 2: ” Dispoñer de asistencia técnica suficiente no centro e para incorporar os Polos Creativos no noso proxecto educativo”

Estes obxectivos son específicos, medibles, alcanzables, relevantes e están axustados a un marco temporal.
Co obxectivo 1, queremos acadar o emprego da aula virtual en todo o proceso de ensinoaprendizaxe para as diferentes materias, para isto partimos dun valor do 20% do equipo docente e queremos acadar un valor do 90% do equipo docente.
Co obxectivo 2, queremos dispoñer dunha persoa Coordinadora TIC con perfil técnico, para isto partimos da inexistencia de asistencia técnica no centro e queremos acadar a existencia da mesma cando xurden problemas técnicos.
 

  1.  Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas

En xeral, os equipos que temos no centro agás a última entrega feita pola Consellería correspondente a partida XUGA 2016, os equipos son vellos, tanto os que mercou o centro como partidas anteriores asignadas pola consellería. Como xa non están en garantía, os custos das reparacións teñen que que correr a cargo do centro e esto supón un cargo extra moi importante.
Necesitamos repoñer 20 equipos informáticos de sobremesa para renovar postos das aulas de informática.
Os Kits (ordenador portátil, proxector e pantalla dixital, XUGA 2015) enviados para 2º de BAC, 1º BAC, 4º e 3º de ESO sufriron moito coa limpieza con desinfectante durante estes cursos da pandemia, especialmente os portátiles, tanto é así que o equipo de 4º de ESO está pendiente de cambio dende marzo do 2021.
Tamén sería bo ter equipos para os departamentos que hoxe non temos.
Os proxectores están dando moitos problemas, xa que levan moitas horas de uso, aínda que se lles cambian bombillas, estas non dan a calidade necesaria.
Os equipos de sonido das aulas non funcionan correctamente.
Tamén contamos cunha impresora 3D que nos está a dar moitos problemas e na actualidade está inoperativa, polo que sería bo unha de reemplazo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Concienciar os rapaces sobre os perigos que hai nos xogos en redes e nas redes sociais.
O02PD Posta en marcha do espazo Polos Creativos
O03PD Crear contidos dixitais por parte dos docentes
O04PD Crear un protocolo para casos de avería de ordenadores.

Seguimento

Procedemento

O seguemento se describe segundo os obxectivos especificados no Plan Dixital 23/24

1º Trimestre

O01PD- Solicitude feita do Plan Director.

O02PD- Cursos solicitados e a espera de que chegue o material de Polos Creativos para habilitar o espazo.

O03PD- Todos os docentes están elaborando contidos dixitais, preparando para compartir estos contidos.

O04PD- Establécese un prótocolo de reparación de averías no centro.

 

 

 

2º Trimestre

O01PD-Realizada as charlas do plan director," Adiccións videoxogos e outras adiccións", ademais tamén contamos con una formación a cargo de AMTEGA "Iniciación segura a pegada dixital e ás redes sociais".

O02PD-  O profesorado está a realizar as formacións e ademais estamos pendentes de recibir o material, o espazo xa o temos designado so falta adecualo según chegue o material

O03PD- Pendentes de subir o material didáctico o aula virtual do centro.

O04PD- Elaborando un documento en papel cos pasos a seguer cas averías mais habituais.

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O01PD -Realización dunha charla sobre A Ciberseguridade.

O02PD - Posta en funcionamento dunha aula de polos creativos.

O03PD -  As subida dos recursos dixitais a aula virtual do centro

O04PD -  Elaboración do protocolo para as averías dos equipos informáticos.

Valoración xeral

 

O01PD -Realizando dunha charla sobre A Ciberseguridade, ca Garda Civil, sobre Os xogos na rede.

O02PD - Que funcione correctamente a aula de polos creativos.

O03PD - 0 75% do profesorado subira dos recursos dixitais a aula virtual

O04PD - O funcionamento correcto do protócolo.

Proposta de mellora

O01PD -Mantela no tempo, seguindo as necesidades do alumnado. 

O02PD - Utilización da aula por parte dos profesores.

O03PD - Que aumente  o profesorado o 90% a utilización de recursos dixitais.

O04PD - Facer unhas pequenas guías explicativas para a solución das averías.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Presentamos o plan a comunidade no Consello Escolar e claustro de profesores.
Publicitámolo na web do centro e divulgámolo a través da ABALAR para dalo a coñecer ás familias.

O enlace ao Plan Dixital na páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfontemalbei/?q=taxonomy/term/88