Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  1. Introdución.

1.1. Datos básicos do centro

Tipo de centro: Público
Denominación oficial: C.E.I.P. Paradai
Enderezo: Rúa Alexandre Bóveda s/n
Provincia: Lugo
C.P: 27003
Tfno.: 982 87 04 29 Fax: 982 87 04 36
Correo electrónico: ceip.paradai@edu.xunta.es
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipparadai/
Código do centro: 27014793
NIF: Q-7755316-B

Número de unidades:

Educación Infantil: Creadas (5) funcionando (5)/Educación Primaria: Creadas (11) funcionando (11)

A matrícula que existe neste momento (curso 2021/2022) son 312, aínda que este número varía ao longo do curso por estar escolarizándose constantemente alumnado de incorporación tardía derivados pola comisión de escolarización, dende o 10 de setembro ao 1 de xuño de 2022 matriculáronse, fóra de prazo, 35 alumnos.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CEIP Paradai está situado nunha zona periférica do núcleo urbano de Lugo, moi próximo a un dos maiores barrios da cidade, representativo do desenvolvemento dos anos 50/60. É de destacar que o contorno socio-económico da zona é baixo, sendo o distrito tradicional de asentamento dos inmigrantes en Lugo. Unha gran porcentaxe do alumnado pertencen a diversas nacionalidades: Arxelia, Bolivia, Brasil, Centro África, Colombia, Cuba,Ghana, Marrocos, Nixeria, Pakistán, Portugal, República Dominicana, Rumanía, Santo Domingo, Ucraina e Venezuela. As familias pertencen ao sector terciario e unha grande parte das familias atópanse en situación de risco e excluisión social, teñen como únicos ingresos as axudas da Risga, ingreso mínimo vital, tarxeta monedeiro da cruz vermella… Este centro educativo participa dende o curso 2020-21 no programa digi-craft e dende o 2021- 2022 en E-dixgal. O Plan dixital contribuirá na Programación Xeral Anual na implementación das actividades na aula, na formación do profesorado e na organización do centro.

1.3. Breve xustificación do mesmo

Os acontecementos vividos a nivel mundial debidos a crisis sanitaria da COVID-19 aceleraron a integración das tecnoloxías dixitais na comunidade educativa. Este feito obliganos a desenvolver novas competencias en tódolos ámbitos para poder funcionar de xeito operativo en entornos dixitais. Con dita finalidade, dende a Xunta, invitasenos a elaborar o Plan Dixital. Para iso ponse a nosa disposición unha serie de ferramentas (SELFIE, DAFO, CDD) para facer unha autoreflexión sobre a situación do noso centro e do noso profesorado. Tratase entón dunha ferramenta que nos vai a axudar a aproveitar os recursos e posibilidades dispoñibles, para mellorar o uso dos medios dixitais no noso dia a dia, e dese xeito favorecer a actualización da educación ás novas demandas sociais. O Plan Dixital é, por tanto, unha ferramenta que formará parte do Proxecto educativo e da PXA, para guiar e dar coherencia o uso das diferentes tecnoloxías. A súa importancia aparece reflexada nunha serie de documentos: A nivel europeo cabe mencionar o Marco Europeo para Organizaciones Educativas Digitalmente Competentes. A nivel nacional, Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación, adicase un articulo, (articulo 111 bis) a falar da necesidade e a importancia das tecnoloxías da informacion e da comucación, máios concretamente di: Páx. 6 de 21 “5. Las Administraciones educativas y los equipos directivos de los centros promoverán el uso de las tecnologías de la información y la comunicación (TIC) en el aula como medio didáctico apropiado y valioso para llevar a cabo las tareas de enseñanza y aprendizaje.” En Galicia podemos falar da RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22, na disposición adicional quinta di: “Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.” Nesta mesma cuestión volvese a incidir na RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/22: “Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten” E, finalmente, desenvolvese a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, na que se especifican os pasos para a elaboración e implementación do Plan Dixital.

1.4. Proceso de elaboración

O equipo responsable da elaboración do PD está formado por un total de cinco persoas pertencentes ao equipo docente do centro. Para a organización do traballo establecéronse reunións semanais ou quincenais en función das tarefas encomendadas dende o equipo de Adix asignado; asimesmo, participamos en tódalas videoconferencias formativas e informativas establecidas. Para o desenvolvemento das tarefas informouse puntualmente á totalidade do claustro, xa que moitas delas requirían da súa participación activa e directa (vexase cuestionario SELFIE, test CDD). No resto das tarefas, solicitouse igualmente a colaboración de tódolos membros do claustro, mediante as achegas que cadaquén considerase pertinentes. Páx. 7 de 21 Para todas elas cumpríronse os prazos e as peticións establecidas dende o equipo de asesores asignado.

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos utilizados para a recollida de información foron o informe Selfie e máis o cuestionario CDD, dos que se achegan os resultados no anexo I

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.Alumnado con competencias dixitais insuficientes. (H) 2.Implicación do alumnado (F) 3.Aprender a codificar e solventar problemas técnicos (H) Alumnado Si
Debilidade Acceso do alumnado a dispositivos dixitais (tabletas, ordenadores, internet¿) reducido. (c) 2.Equipos informáticos insuficientes © Infraestruturas Si
Debilidade 1.Carencia de proxectos interdisciplinares(F) 2.Ausencia dunha estratexia dixital e de apoio as dificultades coas que se atopa o profesorado (A) 3.Colaboración con outros centros para fomentar o uso das tecnoloxías dixitais (B) Organización de centro Si
Debilidade 1. Formación do profesorado no ámbito dixital limitada. 2.Pouca reflexión sobre a práctica profesional e colectiva no vencellado ó emprego das tecnoloxías dixitais. (B-G) 3.Pouco material dixital deseñado polo propio profesorado para a ensinanza.(E-H) 4.Falta de tempo para elaborar e implementar tarefas dixitais. A carga lectiva limita a experimentación coas novas tecnoloxías (A) 5.Competencia dixital insuficiente 6.Aplicar as NNTT na practica avaliadora (G) 7. Implementación das NNTT na aula (F) Persoal non docente Si
Fortaleza 1.Experiencia no uso dos Entornos Virtuais de Aprendizaxe (A) 2.Uso do Espazo Abalar Familias Non
Fortaleza 1.Aula virtual á que ten acceso todo o alumnado. 2.Todas as aulas están equipadas cun ordenador de mesa e pizarra dixital con acceso á rede. 3.Tabletas en todas as aulas de Educación Infantil. 4.Wifi en todo o centro. 5.Aula de informática (con 25 ordenadores de mesa, 2 ordenadores portátiles e unha pizarra dixital). 6. Aula de usos múltiples Infraestruturas Non
Fortaleza 1.Programa DigiCraft Oferta Non
Fortaleza 1.Espazo Abalar 2.Ampliación de EDIXGAL ó sexto curso para o ano. 3.O centro escolar podería adaptarse a un cambio nas liñas de traballo no que atinxe ó fomento da competencia dixital. 4.Proxecto Edixgal en 5º EP 5.Apoio do equipo directivo para a innovación (A) Organización de centro Non
Fortaleza 1.Equipo TIC 2.Experiencia no uso dos Entornos Virtuais de Aprendizaxe (A- E) 3.Difusión en la redes sociais: Instagram 4.Profesorado activo na sua formación 5.Uso activo das NNTT para a comunicación e a preparación das clases (E) 6.Implicación do profesorado 7.Disposición do profesorado á innovación das prácticas de E/A (E) 8.Uso de recursos educativos dixitais (E) 9.Páxina web actualizada Persoal docente Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Financiación Administración educativa Non
Ameaza 1. Non hai ANPA no centro ANPA Non
Ameaza 1.Baixa competencia dixital das familias (PP) 2.Acceso limitado dos alumnos e alumnas a dispositivos dixitais e a internet (PP) 3.Dificultades de comunicación coas familias polo idioma 4.Falta de competencia dixital do alumnado(H) 5.Pouca participación das familias Contorna Si
Ameaza 1.Normativa que esixe o cumprimento de moita formación teórica, o que dificulta o fomento da competencia dixital. 2.Excesiva lexislación e continuos cambios 3.A protección de datos 4.Burocracia e papeleo Lexislación Non
Ameaza 1.Faios nos dispositivos tecnolóxicos prestados e/ou programas que poden tardar un tempo en solventarse. (H) Outras Non
Oportunidade 1.Posibilidade de participación en programas de dotación de material dixital e de axudas para ampliar os recursos tecnolóxicos do alumnado. 2.Educadigital 3.Oferta de programas y formación para o profesorado 4.Formación online Administración educativa Si
Oportunidade 1.O alumnado ten unha actitude moi positiva cara as tecnoloxías dixitais (H) 2.Equipamento do entorno: biblioteca, parque Contorna Si
Oportunidade 1.Posibilidade de participación en programas de dotación de material dixital e de axudas para ampliar os recursos Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise do DAFO realizouse o Plan de Acción cos distintos obxectivos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Dispoñer de tempo durante a xornada lectiva para mellorar o método de ensinanza con tecnoloxías dixitais. LIDERADO
O02PD Enriquecer a formación dixital do profesorado enfocada ao desenvolvemento da súa práctica. DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO
O03PD Crear espazos especificos para desenvolver actividades audiovisuais e tecnolóxicas. INFRAESTRUCTURA E EQUIPAMENTO
O04PD Aumentar o emprego das Tecnoloxías das relacións, información e comunicación nos procesos de ensinanza. PEDAGOXÍA:IMPLEMENTACIÓN NA AULA aprendizaxe (F6)

Seguimento

Procedemento

O seguimento deste plan dixital poderá realizarse en función de algúns indicadores relacionados ao desenvolvemento do proceso. A avaliación do cumprimento dos obxectivos deste plan e, do desenvolvemento das distintas actuacións, realizarase a partir das valoracións do claustro de profesorado, especialmente do que participe no proceso, e do resto da Comunidade Educativa. Recollerase na memoria final do centro unha análise da idoneidade do Plan dixital e de novas achegas, así como propostas de mellora De forma global, ao termo do curso escolar, na memoria final de curso, realizarase unha valoración por parte do profesionais implicados , en canto a: consecución dos obxectivos propostos participación e coordinación da comunidade educativa (profesorado, familias, persoal non docente, outros profesionais) as actividades realizadas, aproveitamento dos recursos materiais e organizativos de centro aplicación da medidas de atención á diversidade e propostas de mellora .

1º Trimestre

O obxetivo da organización horaria acadouse no mes de outubro, mediante o reparto dunha hora dixital a maioría do profesorado.

No mes de novembro conséguese a posta en marcha da aula móbil, con 17 dispositivos operativos para o seu uso.

E tamen solicitouse o PFPP de POLOS CREATIVOS na primeira semana de decembro.

2º Trimestre

Neste trimestre avogouse pola aprendizaxe no emprego de novas máquinas como a impresora 3D para a fabricación de diversos materiais manipulativos que se adapten aos diferentes cursos e niveis do alumnado. Isto facilitouse mediante a primeira sesión de formación do PFPP de Polos Creativos, favorecendo así o cumplimento do O02PD de enriquecemento da formación dixital do profesorado. 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación do plan

O seguimento deste plan dixital poderá realizarse en función de algúns indicadores relacionados ao desenvolvemento do proceso. A avaliación do cumprimento dos obxectivos deste plan e, do desenvolvemento das distintas actuacións, realizarase a partir das valoracións do claustro de profesorado, especialmente do que participe no proceso, e do resto da Comunidade Educativa. Recollerase na memoria final do centro unha análise da idoneidade do Plan dixital e de novas achegas, así como propostas de mellora De forma global, ao termo do curso escolar, na memoria final de curso, realizarase unha valoración por parte do profesionais implicados , en canto a: consecución dos obxectivos propostos participación e coordinación da comunidade educativa (profesorado, familias, persoal non docente, outros profesionais) as actividades realizadas, aproveitamento dos recursos materiais e organizativos de centro aplicación da medidas de atención á diversidade e propostas de mellora .

Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Co fin de garantir a difusión deste plan, este documento é público no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=27014793

e a través da mensaxería Abalar Móbil.