Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

- Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro 

O centro conta con alumnado de clase media, media-baixa na súa maioría e, con alta porcentaxe de alumnado inmigrante.

Debido ás características concretas do noso centro pretendemos que o PD teña unha aplicación directa sobre o alumnado mellorando a súa competencia dixital.

É por iso, polo que, o proxecto educativo e a formación do profesorado durante estes cursos académicos están encamiñados á mellora destes aspectos.

No pasado curso académico solicitamos o proxecto Edixgal para 5º de primaria e continuaremos este ano, ampliándoo ao 6º curso.

- Breve xustificación do mesmo.

A elaboración do plan dixital é de obrigado cumprimento, tendo en conta a lexislación vixente que se recolle a continuación e, tamén, as necesidades de formar ao alumnado para desenvolverse nun mundo dixital no que deberán desempeñar traballos e superar retos, para os que, será obrigado unha boa competencia dixital, polo que, a nosa obriga como mestres/as é formar ao alumnado para que sexan membros activos, competentes e responsables, sendo capaces de tomar responsabilidades no mundo no que lles vai tocar vivir. 

No tocante á lexislación que o fundamenta, podemos mencionar o Art. 111 bis.5., Art. 121 e a disposición adicional cuarta da LOMLOE, 3/2020, do 29 de decembro, no Art. 34 do D.155/2022 do 15 de setembro polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e na Orde do 26 de maio de 2023, que o desenvolve. Así mesmo, tamén queda regulado no Art. 30 do D.150/2022 do 8 de setembro polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e na Orde do 30 de maio de 2023, que o desenvolve. Ademais tamén temos que citar a Resolución do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2022-2023 e na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. Por último, citar a Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, no seu artículo 33 de formación en materia de dereitos, seguridade e responsabilidade dixital, que establece que as administracións públicas garantizarán a plena inserción do alumnado na sociedade dixital e a aprendizaxe dun uso dos medios dixitais que sexa seguro e respetuoso coa dignidade humana, os valores constitucionais, os dereitos fundamentales e, particularmente, co respeto e a garantía da intimidade persoal e familiar e a protección de datos personais, conforme ao previsto no artículo 83 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos personais e garantía dos dereitos dixitais. Específicamente, as administraciones públicas promoverán o uso adecuado de internet en todas aas etapas formativas.

- Proceso de elaboración.

Para a elaboración do plan dixital, no ano 2021/22, dende o equipo de TICS propúxose a posibilidade de participar nun proxecto de formación do profesorado, no que colaboraron 17 mestres/as dos 27 cos que contaba o centro. 

Malia todo isto, o resto do profesorado participou no SELFIE e no test CDD, excepto dúas persoas que se atopaban nese momento de baixa por enfermidade. 

Creouse un curso dentro da aula virtual do centro, con acceso ao profesorado participante, no que se foron colgando todos os resultados do SELFIE, do CDD e establecéronse reunións presenciais para elaborar o DAFO e os obxectivos didácticos recollidos no plan de acción. 

A coordinadora TIC foi a encargada de subir e enviar as tarefas pola aula virtual ao grupo ADIX correspondente. 

Durante o curso 2022/23, o profesorado volveu a participar nun plan de formación permanente do profesorado, co fin de implemenar no centro o proxecto EDIXGAL, no que participaron 19 mestres e mestras.

Durante o presente ano, participárase noutro PFPP, co que se pretende actualizar e avanzar na formación EDIXGAL do profesorado e, por extensión, do alumnado.

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

No tocante aos instrumentos de recollida de infromación previa á realización do PD, temos que facer mención ao SELFIE e ao Test CDD, fundamentalmente.

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Insuficiente avaliación do progreso. (B1). Alumnado Si
Debilidade Non están actualizados os equipamentos e as redes. (C1) Infraestruturas Non
Debilidade 1. Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. (A.4) Persoal docente Si
Debilidade 3.Non se empregan tecnoloxías dixitais de retroalimentación. (G3, G5) Persoal docente Si
Debilidade 4. Non se fomentan proxectos interdisciplinares. (F6) Persoal docente Si
Debilidade 2. Non se usan contornos virtuais de aprendizaxe. (E3) Persoal docente Si
Debilidade 3. Insuficiente colaboración do alumnado. (F5). Persoal docente Si
Debilidade 2. Non se empregan tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias dixitais do alumnado. (G1). Persoal docente Si
Debilidade 4. Non se utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado realice observacións constructivas. (G6,g 8) Persoal docente Si
Fortaleza 1. Sí hai recursos educativos en liña. (E1). Alumnado Si
Fortaleza 2. Sí se crean recursos dixitais. (E2). Alumnado Si
Fortaleza 3. Utilízanse recursos educativos abertos. (E5). , F3, F4). Alumnado Si
Fortaleza 4.Existe adaptación ás necesidades do alumnado, implícase a éste e foméntase a creatividade. (F1) Alumnado Si
Fortaleza 1. Hai comunicación coa comunidade educativa. (E4). Familias Si
Fortaleza 1.Si existe unha extratexia dixital. (A1) Persoal docente Si
Fortaleza 3.Si existen novas modalidades de ensinanza. (A3) Persoal docente Si
Fortaleza 4.Si se coñecen normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. (A5) Persoal docente Non
Fortaleza 2.Si existe un desenvolvemento da estratexia co profesorado. (A2) Persoal docente Si
Fortaleza 5.Si existe un desenvolvemento profesional continuo, participación e intercambio de experiencias (D1,D2,D3). Persoal docente Si
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Insuficientes dispositivos dixitais para a ensinanza. (C2). Administración educativa Si
Ameaza 2. Insuficiente acceso a internet e asistencia técnica (C3,C 5) Administración educativa Si
Ameaza 5. Insuficientes repositorios en liña. (C16) Administración educativa Si
Ameaza 4. Insuficientes dispositivos para o alumnado. (C10) Administración educativa Non
Ameaza 3. Insuficientes dispositivos dixitais para a aprendizaxe. (C8) Administración educativa Si
Oportunidade 1.Sí existe reflexión sobre TICS (B2) Administración educativa Si
Oportunidade 1.Existe colaboración con outras entidades. (B3). Outras Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Trala realización do DAFO, e a conseguinte reflexión a cerca dos obxectivos que se pretendían acadar, procedeuse á elaboración do Plan Dixital no ano 2021/22 e serviunos, así mesmo, para a súa concreción nos seguintes anos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD ACTUALIZAR A FORMACIÓN DO PROFESORADO EN EDIXGAL (D1, D2, D3)
O02PD EMPREGAR TECNOLOXÍAS DIXITAIS PARA A AVALIACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO (G1)
O03PD USAR TECNOLOXÍAS DIXITAIS DE RETROALIMENTACIÓN (G3, G5)
O04PD USAR RECURSOS EDUCATIVOS ABERTOS (E5, F3, F4)
O05PD FOMENTAR A PROTECCIÓN DO MENOR NOS ESPAZOS DIXITAIS (B3)

Seguimento

Procedemento

A avaliación do plan realizarase, tendo en conta unha avaliación procesual trimestralmente, coa finalidade de coñecer si se van cumprindo os obxectivos programados para cada etapa e, de non ser o caso, buscar as solucións pertinentes para a consecución dos mesmos. 

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre, comézase o segundo Plan de Formación Permanente do Profesorado sobre E-Dixgal, así mesmo a coordinadora de Polos Creativos, comeza a formación didáctica destinada a tal programa.

Por outra banda, créase na A.V do centro, un curso no que poder compartir Recursos Educativos Abertos (REAs) e así, poder compartilos entre o profesorado.

A maiores,solicitouse o Plan Director, para dar resposta ao obxectivo número 5 deste Plan Dixital.

 

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre, continúase co Plan de Formación Permanente do Profesorado, así como coa formación da coordinadora de Polos Creativos, rematando a parte de formación didáctica e quedando á espera da formación técnica.

Ademais, a principios de febreiro, comeza a chegar o material de Polos Creativos, máis concretamente os Kits Singulares.

Por outra banda, a charla do Plan Director para 6º de Educación Primaria, tivo lugar o martes 27 de febreiro, dando resposta así, ao obxectivo número 5 deste Plan Dixital.

3º Trimestre

Durante o terceiro trimestre remata o Plan de Formación Permanente do Profesorado, ademais a formación da coordinadora de Polos Creativos pasa de didáctica a técnica. 

Móntase, ademais a aula destinada a albergar o material de Polos.

Entréganse, así mesmo as evidencias de coordinación no centro cunha valoración positiva das mesmas. Quedando xa únicamente a xornada de peche.

Por outra banda, segue sin recibirse o material restante, destinado ao programa.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

O01PD: Formación avanzada do profesorado en Edixgal.

O02PD: Escaso emprego de medios dixitais na avaliación.

O03PD: Escaso dominio de tecnoloxías de retroalimentación.

O04PD: Escasa utilización de REAs.

O05PD: Descoñecemento de medidas de protección do menor en espazos dixitais.

Proposta de mellora

O01PD: Continúar a formación en Edixgal.

O02PD: Familiarizarse coa avaliación a través de medios dixitais.

O03PD: Familiarizarse con tecnoloxías de retroalimentación.

O04PD: Familiarizarse co uso de REAs ao remate do curso.

O05PD: Familiarizarse con medidas de protección do menor en espazos dixitais.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do Plan Dixital teranse en conta os medios oficiais previstos. Información detallada que será oída polo Claustro e será levada á Consello Escolar para a súa posterior aprobación. A continuación realizarase a súa difusión a través da páxina web, medio a través do cal, se dan a coñecer todas as informacións oficiais, relativas ao centro.

Por outra banda, dito plan estará a disposición de quen o solicite, nas oficinas administrativas do centro.