Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital forma parte do PEC, significa un cambio metodolóxico e unha adaptación á realidade para o mellor aproveitamento das posibilidades que as tecnoloxías da información e a comunicación ofertan. De nada serve estar en posesión dunha tecnoloxía punteira se a metodoloxía a empregar segue a ser a mesma.

A aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación ao traballo da aula convértese nunha peza clave na educación e formación das novas xeracións. A súa importancia social e o lugar preferente que ocupan xa na vida dos nenos e das nenas, fai que deban estar presentes nos centros educativos, de modo que aqueles adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para abordar con garantía de éxito a súa utilización nos contornos de aprendizaxe, familiares e de lecer.

No IES Gregorio Fernández procurarase que o alumnado, cando remate a ensinanza obrigatoria, acade unha competencia dixital consistente en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, para transformala en coñecemento.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O DAFO foi extraido do SELFIE

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade G6: Insuficiente uso da tecnoloxía dixital para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos demais. Alumnado Non
Debilidade F5: Insuficiente uso da tecnoloxía para a colaboración entre o alumnado de ESO Alumnado Non
Debilidade Non hai participación das familias no desenvolvemento das actividades do centro (tampouco das dixitais) Familias Non
Debilidade Mala conexión de rede wifi na maioría do centro Infraestruturas Non
Debilidade Non se participa no proxecto edixgal polo rexeitamento na CCP Oferta Non
Debilidade D1: Insuficiente reflexión sobre as necesidades de Desenvolvemento Profesional Continuo por parte do equipo directivo Organización de centro Non
Debilidade A2: O profesorado di que o equipo directivo non os involucra o suficiente no desenvolvemento da estratexia dixital do centro Organización de centro Non
Debilidade B1: Escasa avaliación dos progresos en materia de ensino e aprendizaxe dixital (entre o profesorado, reflexión conxunta) Persoal docente Non
Debilidade B3: Insuficiente uso da tecnoloxía para a colaboración con outras entidades entre profesorado (aínda que o equipo directivo pensa que si se usa) Persoal docente Non
Fortaleza Boa disposición para o uso de ferramentas dixitais por parte do alumnado Alumnado Non
Fortaleza Boa disposición para o uso de ferramentas dixitais por parte das familias. Alto uso das familias de alumnado de ESO e BAC do aplicación abalar Familias Non
Fortaleza C8: No centro hai dispositivos dixitais para uso do alumnado. Importante dotación tabletas dixitais departamento de matemáticas Infraestruturas Non
Fortaleza Ofértase e impártese informática en 1º de ESO, TICS en 4º, 1º e 2º de BAC para mellorar a competencia dixital do alumnado Oferta Non
Fortaleza A3: Suficiente apoio o profesorado para explorar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais por parte da Dirección Organización de centro Non
Fortaleza Boa disposición para o uso de ferramentas dixitais por parte do persoal docente Persoal non docente Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Atraso da comunicación entre as distintas consellerías o que dificulta a axilidade nas substitución de persoal non docente, entre outros problemas Administración educativa Non
Ameaza O centro non ten ANPA ANPA Non
Ameaza Despoboamento e baixa natalidade Contorna Si
Ameaza Constantes cambios lexislativos. Lexislación Non
Oportunidade Posibilidade de solicitar á Consellería de Cultura, Educación e Universidade formación a través das distintas convocatorias, PFPP (Planes de Formación Permanente do Profesorado), seminarios ou actividades de actualización Administración educativa Non
Oportunidade A dixitalización está en auxe, e dende a pandemia moi aceptada e recoñecida socialmente na contorna de Sarria Contorna Non
Oportunidade Boa colaboración co concello, existen programas de reforzo para todo o alumnado de Sarria Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o uso dos Polos Creativos
O02PD Continuar coa difusión e participación na aula virtual, tanto por alumnado como por profesorado.
O03PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital

Seguimento

Procedemento

Realizarase unha revisión trimestral do plan de acción recollendo o resultado na táboa do plan de acción, á que se pode engadir unha explicación complementaria.

1º Trimestre

Desenvolvéronse todas accións do primeiro trimestre

2º Trimestre

Acadaronse  todas as accións do segundo trimestre

3º Trimestre

Acadaronse  todas as accións do terceiro trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

La valoración es positiva porque se alcanzaron todos los objetivos

Proposta de mellora

Continar co desenvolvemento das competencias dixitais para profesorado e alumnado

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital será enviado vía correo electrónico aos membros do Claustro e do Consello Escolar, unha vez oído o claustro, someterase a aprobación polo Consello Escolar, e posteriormente se é aprobado publicarase na web de centro.