Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro
O CEIP “Plurilingüe Monte Baliño" de Pantón, está encravado na zona urbana da vila de Ferreira de Pantón, situado na rúa Cardenal Páramo Somoza. Neste momentos conta con dúas aulas de educación infantil e tres de primaria. O alumnado do centro está constituído por 55 nenos/as e dez profesores. A par tamén contamos con unha cociñeira, unha limpadora e unha coidadora.
1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O centro está situado nunha zona rural, de importante actividade vinícola, entre os ríos Miño, Sil e Cabe ademais de estar atravesado por outros: o Ferreira e Carabelos. Unha poboación envellecida de 2974 habitantes distribuída nos seus 143 km2, dos cales son menores de 14 anos 134 persoas, o que corresponde a un 4,5% da poboación. O censo de pais/nais é de algo menos de cen, polo que se pode dicir que os matrimonios teñen moi poucos fillos (moitos son fillos únicos). Existe unha soa Asociación de pais e nais. Podemos afirmar que unha parte importante da poboación está ocupada no sector primario e o restos nos outros dous (aínda que ultimamente o sector servizos está collendo un auxe moi importante). O nivel socio-cultural pódese catalogar como medio (moitas familias só teñen estudios primarios). Aínda que hai algunhas familias que contan con estudios superiores.
O presente proxecto axudará en gran medida a consecución dos obxectivos marcados no PE ( Proxecto Educativo).

1.3. Breve xustificación do mesmo
 

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Na normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do Plan Dixital de centro realizáronse unha serie de enquisas con diferentes ferramentas froito das cales xurdiron os informes SELFIE e do Tes de Competencia Dixital Docente. Con dita información e un proceso de reflexión colectiva elaborouse a Análise DAFO.

Interno
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Comportamento responsable. Alumnado Non
Debilidade Prácticas de avaliación. Alumnado Si
Debilidade Comentarios a outro alumnado sobre o seu traballo. Alumnado Non
Debilidade Comportamento seguro. Alumnado Si
Debilidade Verificar a calidade da información. Alumnado Si
Debilidade Outorgar recoñecemento ao traballo dos demais. Alumnado Non
Debilidade Creación de CCDD. Alumnado Non
Debilidade Adaptación ás necesidades do alumnado. Alumnado Si
Debilidade Competencias dixitais do alumnado. Alumnado Si
Debilidade Protección de datos. Infraestruturas Si
Debilidade Dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade A non existencia dun perfil de orientación en XADE. Organización de centro Non
Debilidade A non posibilidade de comunicarse coas familias por non ser titora de ningún grupo. Organización de centro Non
Debilidade Avaliación do progreso. Persoal docente Si
Debilidade Colaboración do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Necesidades de Desenvolvemento Profesional Continuo. Persoal docente Si
Debilidade Creación de Recursos Dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Emprego de Contornos Virtuais de Aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Adaptación as necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Fomento da creatividade. Persoal docente Si
Debilidade Implicación do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Proxectos interdisciplinarios. Persoal docente Si
Debilidade A non posibilidade de crear usuarios e contrasinais nos ordenadores Edixgal. Persoal docente Non
Debilidade Non comunicación por parte da administración en tempo real dos datos do persoal substituto. Persoal non docente Non
Debilidade O cal melloraría a xestión da cociña. Persoal non docente Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza Asistencia técnica. Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a internet. Organización de centro Non
Fortaleza Novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza Debate sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Si
Fortaleza Intercambio de experiencias. Persoal docente Si
Fortaleza Colaboracións. Persoal docente Si
Fortaleza Participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Aprender a comunicarse. Persoal docente Non
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Currículum sobrecargado. Administración educativa Non
Ameaza Lexislación inabarcable e en constante cambio. Lexislación Non
Ameaza Cobro de comisións por parte das entidades bancarias aínda utilizando banca electrónica. Outras Non
Oportunidade Estamos nun momento no que as diferentes administración educativas, tanto autonómica, coma estatal e uropea fan unha forte aposta pola mellora da competencia dixital nos centroseducativos. Administración educativa Non
Oportunidade Convenio co Ministerio de Interior para a realización de obradoiros sobre cuestións relativas a ciberseguridade. Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Introducir ao alumnado de segundo ciclo de primaria no uso da Maqueta Abalar.
O02PD Familiarizarse con sistemas alternativos de comunicación.
O03PD Promover a creatividade por medio de ferramentas dixitais.

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

1ª videoconferencia 02/10/2023 12:20-13:30

1º Traslado de datos do PD 22/23 ao 23/24. Feito

2º Habilitación do novo coordinada do EDPDC en Equipo de Vixencia de Educalidade. Non procede ao ser o responsable do centro.

3º Comprobación de recepción de email alta AV ADIXLUGO2. Non procede por continuidade da PCEDPDC.

4º Familiarización (refresco) coa contorna de traballo de EduCalidade. Revisión de Vixencia, Introdución, Anexos e Avaliación.

5º Revisión do PD 22/23 en EduCalidade. Obxectivos. Eliminación de tódolos obxectivos do curso pasado.

6º Propor a necesidade de continuar definindo os obxectivos do PD 23/24.

7º Fixar a data da vindeira videoconferencia: Luns, 9 de outubro de 2023 ás 12:20 horas.

8º Familiarización co entorno de traballo da AV ADIXLUGO2. Non procede.

9º Guiado na parte explicativa de EduCalide. Feito.

2ª videoconferencia 09/10/2023 12:20-13:30

1º Acceso público a PD en EduCalidade.

2º Revisión de obxectivo 1 e redacción de obxectivo 2.

3º Quedamos pendentes de facer un obxectivo sobre inventario para a seguinte videoconferencia.

1ª visita 23/24 16/10/2023 12:45-15:00

1º Acceso público a EduCalidade. Suxiro eliminar información do PD do curso pasado.

2º Obxectivos:

  • O01PD: Validado.

  • O02PD: Redactado.

  • O03PD: Redactado.

En vindeiras reunións.

Polos creativos e Sistemas alternativos de comunicación: Comunicador diámico Verbo (385€).

Problema de acceso con tablets aquiridas polo centro con contas creadas no aplicativo CONTAUSURAIO. Escálase á UAC con número de incidencia: 1145350

3ª videoconferencia 23/24 06/11/2023 12:30-13:30

1º Proceso á revisión do PD do centro en EduCalidade.

VIXENCIA: Figuran as Data de aprobación do Consello 5/10/2023 e Data de aprobación/ información Claustro 03/10/2023.

INTRODUCIÓN: Observo que non está actualizada a lexislación en relación ao PD. Suxiro modificación de acordo ao publicado no Taboleiro de anuncios da AV ADIXLUGO2: https://www.edu.xunta.gal/centros/plandixital/aulavirtual/mod/forum/discuss.php?d=13848#p31143. Debe seleccionarse a lexislación que afecta a infantil e primaria ao ser un CEIP (*).

Contexto DAFO: No cadro de texto ANÁLISE debe describirse por que se seleccionaron os ítems do DAFO ligados aos obxectivos para o deseño destes no presente curso.

OBXECTIVOS: Suxiro que se faga a revisión da acción A01.1 Por en funcionamento os equipos de Educa Dixital por ter data máxima 31/10/2023. O mesmo coa acción A02.1 Solicitar un PFPP sobre SAC. (10/10/2023).

SEGUIMENTO: No cadro de texto "1º Trimestre" suxiro ir incorporando as notas das reunións que mantivemos (revisar se precisa adaptar texto), das reunións do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro e outras que se consideren oportunas. (Pode quedar pendente para facer na seguinte reunión que manteñamos, sempre e cando sexa antes do 15 de decembro de 2023).

AVALIACIÓN: Todo OK polo momento.

COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN: Ídem.

 

4ª videoconferencia 23/24 20/11/2023 12:30-13:30

1º Revisión das accións dos obxectivos:

O01PD-A01.1 Revisada.

O02PD-A02.1 Revisada. Queda pendente subir evidencia.

SEGUIMENTO: Procedemento para ir incorporando a información neste cadro de texto. Queda pendente incluír datos das reunión do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro e outras relevantes, de ser o caso.

 

2º Trimestre

11/03/2024

1º) Revisión de accións dos obxectivos.

A01.2 Deseñar actividades dixitais para integar o uso das TICS na materia de inglés empregando equipos con maqueta Abalar. Feitas e empreganse na aula.

A02.2 Levar a cabo as sesións de formación. Feitas.

A03.1 Formación específica sobre o material de polos creativos a través de PFPP. Feita.

3º Trimestre

1º) Revisión de estado do PD en EduCalidade: Plan pechado –

Seguemento.

2º) Revisión de estado de obxectivos, seguimento das accións e

indicadores:

 

O01PD Introducir ao alumnado de segundo ciclo de primaria no uso da Maqueta Abalar.

A01.1 Por en funcionamento os equipos de Educa Dixital.

Configurar os ordenadores para o acceso a editorial Oxford. 20/11/2023

A01.2 Deseñar actividades dixitais para integar o uso das TICS na materia de inglés empregando equipos con maqueta Abalar.

Feitas e empreganse na aula. 11/03/2024

Número de sesións nas que se fai uso que equipos informáticos con maqueta Abalar para a realización de actividades curriculares co alumnado de segundo ciclo de primaria. 0 30 30

O02PD Familiarizarse con sistemas alternativos de comunicación.

A02.1 Solicitar un PFPP sobre SAC. Foi solicitado.20/11/2023

A02.2 Levar a cabo as sesións de formación. Feitas11/03/2024

A02.3 Implementación na aula dos SAC. Elaboración de productos para a venda e recadación de fondos para a excursión. 03/06/2024.

Porcentaxe de profesorado que participa na formación de SAC. 0% 62,5%

 

O03PD Promover a creatividade por medio de ferramentas dixitais.

A03.1 Formación específica sobre o material de polos creativos a través de PFPP. Feita.11/03/2024

A03.2 Deseño de obradoiros.
A03.3 Realización dos obradoiros.
Número de obradoiros realizados para promover a creatividade por medio das ferramentas dixitais. 0 2


3º) Chegado o momento de cumprirse as datas máximas de cada

acción, deben ser revisadas, así como os indicadores dos obxectivos e

o estado dos obxectivos. Farase o correspondente seguimento do 3º

trimestre, a avaliación e propostas de mellora. Despois de pasar por

Claustro e Consello, a persoa directora do centro, pechara

definitivamente o plan e a persoa coordinadora remitirá unha

comunicación pola AV ADIX Lugo2 a través do foro ADIX-CENTRO

para informar da situación.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora
  • Quitar rack de dirección.
  • Cablear a clase de infantil.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente plan estará a disposición de toda a comunidade educativa a través da páxina web do colexio despois da súa presentación a o Claustro e a presentación e aprobación por parte do Consello Escolar.