Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro
Nome: CPI Plurilingüe de Navia de Suarna
Direción: Rúa Pallarón s/n 27650 A Proba de Navia
Correo electrónico: cpi.naviadesuarna@edu.xunta.gal
Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpinaviadesuarna

O CPI plurilingüe de Navia de Suarna consta, por catálogo, de 2 unidades de Educación Primaria e 4 de ESO.
No curso 2023-24 a matrícula é de:
    • 13 alumnos/as deEI
    • 13 de EP
    • 6 de ESO
Profesorado:
        3 mestras especialistas (inglés, educación física e educación infantil) en EP
        1 profesora de relixión en EP
        11 profesores de ESO
        1 PT e 1 AL

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
      1.2.1 Descrición xeográfica da comarca
      O CPI Plurilingüe de Navia de Suarna atópase situado na capital do concello de Navia de Suarna. Trátase dun concello situado na área montañosa da Galicia oriental, concretamente na zona setentrional da Serra dos Ancares. Ten unha superficie de 242 km2 distribuíndose as úa escasa poboación de forma moi diseminada en 20 parroquias e 103 lugares, feito que provoca unha baixa densidade de poboación.
      Trátase dunha comarca moi accidentada na que predomina unha paisaxe montañosa formada polas estribacións da Serra dos Ancares ao Sur e Leste e polas pequenas aliñacións con dirección NO-SE pertencentes ás Serras de Pedruñais e á de Meira na parte occidentais do concello. Estas zonas montañosas alternan coa zona formada polo val do río Navia, profundamente encaixado, que cruza o termo municipal de SO a NE no que existe unha ampla zona de terreos aptos para o cultivo.
      Demograficamente, o concello de Navia, ao igual que moitos outros concellos da Galicia interior, ven perdendo de forma moi significativa poboación, froito de      factores como a dureza das condicións orográficas e climáticas da zona e tamén por factores extrínsecos coma o proxecto de creación do encoro do Gran Suarna que limitou as posibilidades tanto económicas como demográficas de todo o concello. Na actualidade o seu censo segundo o INE a 1 de xaneiro de 2019 é de 1081 habitantes dos cales 600 son homes e 481 mulleres. Esta poboación está en gran medida envellecida.
      1.2.2 Análise do contexto socioeconómico
      Coa excepción ao pequeno comercio da vila de Navia, a base económica do concello baséase sobre o sector primario, fundamentalmente na agricultura e a gandería. A pesar da extensión do concello a superficie cultivada só supón aproximadamente o 11,4%. A superficie adicada a prados e pastos constitúe preto do 10%, mentres que a superficie forestal esténdese case polo 76% da superficie, o que indica a importancia do sector forestal como fonte de ingresos das familias labregas. Outro alicerce da economía naviega é o gandeiro destacando o vacún, ovino e porcino. Alén disto, ten certa relevancia tamén o sector forestal, da construción e o sector servizos.


1.3. Breve xustificación do mesmo:

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte:
“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

1.4. Proceso de elaboración
Para elaborar o PD creouse un grupo de formación permanente do profesorado integrado polos membros do equipo directivo cuxo coordinador foi o director.
Da elaboración da documentación do PD encargouse o coordinador TIC, que tamén o é  do devandito plan. Os membros do Claustro unicamente participaron cando se requiriu a súa colaboración para realizar algunha enquisa, ben para o SELFIE e/ou para o test CDD do DAFO. O plan de acción foi integramente elaborado polo coordinador coa colaboración do director.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE

Test CDD:

1.3. Participación segundo perfil do profesorado

2.1. Puntuación e nivel de competencia do centro

2.2. Puntuación e nivel de competencia por etapas

2.3. Distribución do profesorado por niveis

 

Interno
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Tratamento das licenzas e dereitos de autoría (A5) Alumnado Non
Debilidade Tratamento das licenzas e dereitos de autoría (A5) Familias Non
Debilidade Fractura dixital: baixa (ou moi baixa) competencia dixital das familias. Familias Non
Debilidade Participación das familias. Familias Non
Debilidade Equipos obsoletos (nalgúns casos) (C1-C2) Infraestruturas Non
Debilidade Recursos das editoriais E-DIXGAL deficientes ou moi deficientes nalgún caso (inglés) (E1-E5) Oferta Non
Debilidade Repositorios ABALAR: desfasado e obsoletos. (E1-E5) Oferta Non
Debilidade Maqueta ABALAR: demasiado ríxida. O coordinador (sempre e cando teña coñecementos (e supóñenselle) debera poder ter acceso como superusuario ou administrador (A3) Oferta Non
Debilidade Poucos materiais adaptados á realidade rural galega (incluído o uso do idioma) (E1-E5) Oferta Non
Debilidade Sobrecarga de accións e proxectos que chegan ao centro Organización de centro Non
Debilidade Falta (moi grande) de formación do profesorado. Baixa competencia dixital en xeral (D1-D2) Persoal docente Non
Debilidade Tratamento das licenzas e dereitos de autoría (A5) Persoal docente Non
Debilidade Reticencia ás novas tecnoloxías e posición acomodaticia (facer as cousas como sabes de sempre sin ¿asumir riscos¿) (A3-B1-B2-B3-D1-D2-D3-E1-E2-E3-F6) Persoal docente Si
Debilidade Creación de contidos dixitais (E2) Persoal docente Non
Debilidade Avaliación [G(todas)] Persoal docente Non
Debilidade Tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino (A4) Persoal docente Non
Debilidade Mobilidade do profesorado: normalmente pouco persoal definitivo e con estadías curtas no centro (A3-B1-B2-B3-D1-D2-D3-E1-E2-E3-F6) Persoal docente Non
Debilidade Persoal sin estabilidade e compartido con outro centro Persoal non docente Non
Fortaleza Son coñecedores das ventaxas do uso do software libre no ámbito educativo e dispoñen e fan uso desas ferramentas no centro (H) Alumnado Non
Fortaleza Dispositivos a disposición do alumnado. Aulas E-DIXGAL [C8-C10-C13-H(todas)] Alumnado Non
Fortaleza Promove o desenvolvemento persoal do alumnado (H) Alumnado Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para o ensino. Aulas E-DIXGAL (C1-C2) Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos a disposición do profesorado. Aulas E-DIXGAL (C1-C2) Infraestruturas Non
Fortaleza En resumo: temos aulas E-DIXGAL [C(todas)] Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos a disposición do alumnado. Aulas E-DIXGAL (C10) Infraestruturas Non
Fortaleza Espazos físicos axeitados e suficientes (porque hai moi pouco alumnado). (C14) Infraestruturas Non
Fortaleza Recursos educativos online. (E1) Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a internet. Aulas E-DIXGAL (C3) Infraestruturas Non
Fortaleza Apoio técnico. Aulas E-DIXGAL (C5) Infraestruturas Non
Fortaleza Aulas E-DIXGAL [C(todas)] Oferta Non
Fortaleza Comunicación ben organizada e regular coas familias (E4) Organización de centro Non
Fortaleza Aulas E-DIXGAL [C(todas)] Organización de centro Non
Fortaleza Dispositivos a disposición do profesorado. Aulas E-DIXGAL (C1-C2-C10) Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa (E4) Persoal docente Non
Fortaleza (Actualmente) competente no manexo de paquete ofimático e programas propios da administración educativa Persoal non docente Non
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Imposición de burocracia 2. Pódese converter nun elemento valeiro na programación 3. A dotación económica para gastos de funcionamento xeral: durante os últimos dez anos o centro recibiu aproximadamente 9000€ de media por exercicio, cuantía ridícula e que se destina practicamente na súa totalidade para a adquisición de combustible para calefacción. Administración educativa Non
Ameaza Ausencia de ANPA ata o curso pasado ANPA Non
Ameaza 1. Acceso a internet deficiente (C3) 2. Condicións socioeconómicas desfavorables (nalgúns casos) 3. Condicións demográficas: despoboaciónJ 4. Falta de empresas e oportunidades na zona (A6) Contorna Non
Ameaza 1. Imposición de burocracia 2. Cambios normativos 3. Lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo Lexislación Non
Ameaza Falta de tecido empresarial na zona (A6) Outras Non
Oportunidade 1. A administración educativa aposta por isto [C(todas)] 2. É un incentivo para mellorar a calidade educativa (A3) Administración educativa Non
Oportunidade Dispositivos dixitais a disposición das familias por mor das aulas E-DIXGAL (C2-C8-C10) Contorna Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Nun centro tan pequeno e coa idiosincrasia do CPI de Navia: a maioría do profesorado non é definitivo e con tan pouco alumnado, as ferramentas empregadas non son as axeitadas e dan lugar a resultados sesgados e non fiables.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao profesorado na realización de proxectos co material de Polos Creativos.
O02PD Actualizar a páxina web do centro.
O03PD Inventariar o material dixital do centro.
O04PD Analizar a utilización (e percepción de utilidade das súas ferramentas) da Aula Virtual do centro e de E-DIXGAL.
O05PD Formar ao profesorado na utilización e uso didáctico dos paneis interactivos instalados nas clases

Seguimento

Procedemento

 

Realizarase un seguimento trimestral do Plan de Acción para medir o grao de consecución dos obxectivos e comprobar a efectividade das accións deseñadas a partir dos indicadores específicos que axudarán a determinar se os obxectivos propostos foron acadados e se é necesario realizar variacións no plantexamento destas acción ao longo do curso para que as propostas se materialicen. Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe final no que se recolleran os resultados e se realizarán propostas de mellora para os cursos posteriores e que figurará na memoria final do centro.

En función das áreas que o precisen, formularanse de novo para actualizar o PD.En canto á implemenación do Plan, en caso de ser necesario poderá reorganizarse ou reelaborarse a estrutura do mesmo para unha correcta implementación.

Visitas ou videoconferencia co mentor ADIX (o que realmente axuda a completar esta burocracia inútil)

1º Trimestre

Obxectivo  O01PD: Formar ao profesorado na realización de proxectos co material de Polos Creativos.

  • 19/10/2023  Solicitado o Plan de formación permanente do profesorado para o obxectivo. Tan so se "apuntaron" ao curso 3 membros do profesorado.           
  •  12/12/2023 Aínda non se sabe nada do material a recibir. O coordinador de Polos está recibindo unha formación que non solicitou.  

Obxectivo O02PD: Actualizar a páxina web do centro.     

  •  12/12/2023 Contidos da páxina actualizados. Á espera de introducir novos contidos/seccións.  

Obxectivo O03PD     Inventariar o material dixital do centro.

  •  21/12/2023 Aínda non se recibiu ningún tipo instrucción por parte da administración para o manexo da aplicación Inventario.    

O04PD     Analizar a utilización (e percepción de utilidade das súas ferramentas) da Aula Virtual do centro e de E-DIXGAL.     

  •  12/12/2023 Enquisa elaborada polo coordinador. Será entregada en breve, tras o Nadal, ao profesorado para a súa realización.  

O05PD     Formar ao profesorado na utilización e uso didáctico dos paneis interactivos instalados nas clases

  • Aínda falta material por recibir (paneis das aulas de ESO). Este obxectivo é a longo prazo, para o vindeiro curso.

 

 

2º Trimestre

Obxectivo  O01PD: Formar ao profesorado na realización de proxectos co material de Polos Creativos.

  • 30/1/24 comezou o PFPP, tarde mal e arrastro pola , decidindo os participantes realizar actividades relacionadas coa impresión 3D. O relator será o propio coordinador do PFPP. É indignante que, de algo publicitado pola Consellería a "bombo e platillo" co que, casi. se poderían construir satélites, cheguen uns kits singulares (recortables nin mías nin menos) cando está rematado o segundo trimestre.

Obxectivo O02PD: Actualizar a páxina web do centro.     

  •  11/03/2024 Contidos da páxina actualizados. Introducida sección de Plan Proxecta.  

Obxectivo O03PD     Inventariar o material dixital do centro.

  •  11/3/24 Aínda que non se recibiu ningún tipo instrucción por parte da administración para o manexo da aplicación Inventario o auxiliar adminidtrativo do centro está empezando a inventariar o material do centro con devandita aplicación.

O04PD     Analizar a utilización (e percepción de utilidade das súas ferramentas) da Aula Virtual do centro e de E-DIXGAL.     

  •  xaneiro de 2024: repartiuse entre o profesorado do centro a enquisa. Os datos serán analizados no terceiro trimestre. 

O05PD     Formar ao profesorado na utilización e uso didáctico dos paneis interactivos instalados nas clases

  • Aínda falta material por recibir (paneis das aulas de ESO). Este obxectivo é a longo prazo, para o vindeiro curso.
3º Trimestre

Obxectivo  O01PD: Formar ao profesorado na realización de proxectos co material de Polos Creativos.

  • 30/1/24 comezou o PFPP, tarde mal e arrastro pola , decidindo os participantes realizar actividades relacionadas coa impresión 3D. O relator será o propio coordinador do PFPP. É indignante que, de algo publicitado pola Consellería a "bombo e platillo" co que, casi. se poderían construir satélites, cheguen uns kits singulares (recortables nin mías nin menos) cando está rematado o segundo trimestre.

Obxectivo O02PD: Actualizar a páxina web do centro.     

  •  11/03/2024 Contidos da páxina actualizados. Introducida sección de Plan Proxecta.  

Obxectivo O03PD     Inventariar o material dixital do centro.

  •  11/3/24 Aínda que non se recibiu ningún tipo instrucción por parte da administración para o manexo da aplicación Inventario o auxiliar adminidtrativo do centro está empezando a inventariar o material do centro con devandita aplicación.

O04PD     Analizar a utilización (e percepción de utilidade das súas ferramentas) da Aula Virtual do centro e de E-DIXGAL.     

  •  xaneiro de 2024: repartiuse entre o profesorado do centro a enquisa. Os datos serán analizados no terceiro trimestre. 

O05PD     Formar ao profesorado na utilización e uso didáctico dos paneis interactivos instalados nas clases

  • Aínda falta material por recibir (paneis das aulas de ESO). Este obxectivo é a longo prazo, para o vindeiro curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
  • Avaliación procesual: realizarase como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

  • Avaliación final: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este PD publicarase na páxina web do centro, no apartado “O centro”, cunha ligazón a Educalidade.