Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Para o IES DAVIÑA REY o Plan Dixital de Centro é clave. Dende hai máis de vinte anos a innovación forma parte da “Misión”, razón da súa existencia, e da “Visión” que impulsa o traballo actual e futuro, por iso aporta ao Plan Xeral a oportunidade de cumprir unha parte relevante dos seus obxectivos propostos a curto e medio prazo, como son:
    • Formar grupos estables de colaboración didáctica entre o profesorado que incorporen novas ferramentas dixitais para a administración e a docencia virtual, que as empreguen coa metodoloxía axeitada en cada ensinanza segundo a idade e nivel do alumnado, que sexan quen de adaptar a docencia presencial á virtual e de enfrontarse aos novos retos educativos.
    • Abrir liñas de investigación que perduren no tempo contando cun grupo de profesores formado e motivado que sexan os exploradores na incorporación das habilidades dixitais que están por chegar.
    • Actualizar a infraestrutura dixital adaptándoa ás novas necesidades, dando continuidade á posición que o centro ocupa na comarca como referente neste aspecto.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi o Informe SELFIE

Interno
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Hai diferentes sensibilidades entre as distintas familias profesionais respecto ó uso das TIC Alumnado Non
Debilidade Existe unha falta de formación das familias no ámbito dixital Familias Non
Debilidade Existen no centro recursos dixitais e equipamento que se poderían utilizar máis eficientemente. Infraestruturas Non
Debilidade No noso centro as empresas coas que colaboramos non participan no desenvolvemento da estratexia dixital do centro Organización de centro Non
Debilidade Actualización da normativa do sistema de protección de datos para novos dispositivos Organización de centro Non
Debilidade Os nosos profesores non sempre utilizan as tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades dos estudantes, cando esa é a mellor opción. Persoal docente Non
Debilidade Os nosos profesores non sempre empregan tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes, cando esa é a mellor opción Persoal docente Si
Debilidade Os intereses do profesorado non sempre están focalizados no ámbito dixital. Persoal docente Si
Fortaleza No noso centro o alumnado aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet Alumnado Non
Fortaleza Os estudantes poden facer un seguimento dos seus deberes a través da aula virtual do centro ou da EVA do proxecto EDIXGAL na maioría das materias Alumnado Non
Fortaleza O centro difunde información de interese e facilita ou supervisa a actividade académica do alumnado a través de servizos educativos corporativos dixit (web, aula virtual, videoconferencia, teléfono móbil, correo electrónico...). Alumnado Non
Fortaleza No noso centro o alumnado aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa Alumnado Non
Fortaleza O alumnado é coñecedor das vantaxes do software libre no ámbito educativo e dispoñen e fan uso deste tipo de ferramentas no centro. O tamaño reducido dos grupos-clases facilita a atención individualizada e o proceso de ensino-aprendizaxe Alumnado Non
Fortaleza No noso centro o alumnado aprende a actuar con seguridade en internet Alumnado Non
Fortaleza No noso centro o alumnado aprende a crear contidos dixitais. H8: No noso centro o alumnado aprende a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Na páxina web do centro as familias poden atopar toda a información que precisan. Familias Non
Fortaleza Ás familias e ó alumnado envíaselles avisos e notificacións a través da aplicación AbalarMóbil. Ademais, poden xustificar as faltas ou solicitar títulos Familias Non
Fortaleza No noso centro existen dispositivos dixitais para o seu uso na docencia Infraestruturas Non
Fortaleza A asistencia técnica está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise. Infraestruturas Non
Fortaleza No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza O centro ofrece servizos de comedor e transporte Oferta Non
Fortaleza A oferta educativa é ampla xa que existe ESO, Bacharelato e ciclos formativos de diferentes familias e niveis Oferta Non
Fortaleza O centro ofrece cursos de formación en aula Mentor. Oferta Non
Fortaleza No centro estanse a desenvolver tres PFPP: Edixgal, STEMbach e Plan Dixital Oferta Non
Fortaleza No noso centro temos unha estratexia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Apoiamos aos profesores a explorar novas formas de ensinar coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza No noso centro contamos con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo promove ou acomete software libre no ámbito educativo Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo coñece a normativa en materia de adquisición de equipamento informático dos centros educativos Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo coñece a normativa en materia de adquisición de equipamento informático dos centros educativos Organización de centro Non
Fortaleza O noso equipo directivo implica ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Organización de centro Non
Fortaleza No noso centro existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo coñece a normativa en materia de adquisición de equipamento informático dos centros educativos Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo coñece a normativa en materia de adquisición de equipamento informático dos centros educativos Organización de centro Non
Fortaleza Dende o centro educativo promóvese a participación do profesorado nas actividades formativas individuais organizadas pola Administración educativa para actualizar as competencias didácticas do profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo coñece a normativa en materia de adquisición de equipamento informático dos centros educativos Organización de centro Non
Fortaleza O noso profesorado ten acceso a posibilidades de CPD en relación co ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionada co centro educativo Persoal docente Non
Fortaleza Os nosos profesores son coñecedores das vantaxes do software libre no ámbito educativo e dispoñen e fan uso deste tipo de ferramentas no centro. Persoal docente Non
Fortaleza Os nosos profesores buscan recursos educativos dixitais na rede Persoal docente Non
Fortaleza Os nosos profesores crean recursos dixitais para reforzar o seu labor docente Persoal docente Non
Fortaleza O noso profesorado participa en actividades formativas individuais organizadas pola Administración educativa para actualizar as dixitais competencias do profesorado Persoal docente Non
Fortaleza O persoal non docente dispón dunha competencia dixital media e actualizada Persoal non docente Non
Fortaleza No noso centro dispoñemos de auxiliar de conversa. Persoal non docente Non
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A situación laboral do cadro de persoal docente pode considerarse unha ameaza, debido ós cambios constantes no profesorado Administración educativa Non
Ameaza Existe un cobro de comisións bancarias, aínda empregando a banca electrónica Administración educativa Non
Ameaza Non tódalas familias dispoñen de acceso de calidade a Internet ANPA Non
Ameaza A competencia dixital dalgunhas familias non é moi elevada ANPA Non
Ameaza En moitas familias os recursos son limitados. ANPA Non
Ameaza O nivel de participación da ANPA en relación ao eido dixital podería ser maior. ANPA Non
Ameaza Existe alumnado con diferentes culturas e niveis socio-económicos Contorna Non
Ameaza Descenso da natalidade que xera unha considerable redución da matrícula do centro. Contorna Non
Ameaza A pandemia supuxo unha ameaza en tódolos ámbitos Contorna Non
Ameaza Continuos cambios da lexislación educativa, sen chegar a coñecer os resultados dos mesmos Lexislación Non
Ameaza Exceso de lexislación educativa. Lexislación Non
Ameaza Baixo recoñecemento da labor docente por parte das familias e da sociedade en xeral Outras Non
Oportunidade Existen programas da Consellería vinculados ás TIC como Edixgal Administración educativa Non
Oportunidade Posibilidade de solicitar á Consellería de Cultura, Educación e Universidade formación a través das distintas convocatorias, PFPP (Planes de Formación Permanente do Profesorado), seminarios ou actividades de actualización Administración educativa Non
Oportunidade No noso centro existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe. Administración educativa Non
Oportunidade A administración educativa aposta polo Plan Dixital Administración educativa Non
Oportunidade Posibilidade de solicitar á Consellería de Cultura, Educación e Universidade novo equipamento de xeito directo e/ou a través de distintos plans: edixgal, ... Administración educativa Non
Oportunidade A AMPA pode participar activamente no deseño do Plan Dixital do centro ANPA Non
Oportunidade A ANPA podería organizar cursos para a formación dixital das familias (uso de Edixgal, Abalar, ...) ANPA Non
Oportunidade A ratio ESO/BAC non é moi elevada. Contorna Non
Oportunidade A dixitalización está en auxe, e dende a pandemia, e é moi aceptada e recoñecida socialmente. Contorna Non
Oportunidade É unha oportunidade para que as empresas coas que colaboramos participen no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Contorna Non
Oportunidade A lexislación apoia a dixitalización do centro. Lexislación Non
Oportunidade O centro colabora con entidades como o Concello, deputación, empresas da contorna... Outras Non
Oportunidade O centro participa en Proxecta+ cos programa Fitofaladoiro e Proxecto Terra. Temos o plan de biblioteca PLAMBE. Participamos no programa ERASMUS. Participamos na titorización do máster de formación do profesorado. Colaboración coas Universidades a través do STEMBACH. Participación na 1ª Edición da Liga MakerDrone Outras Non
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o uso da Aula Virtual para retroalimentar as actividades que se realicen co alumnado
O02PD Crear entornos de traballo para o uso dos materiais de polos creativos (físicos e virtuais), e difundilos
O03PD Involucrar ao profesorado en proxectos dixitais internos e externos
O04PD Fomentar a Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) mediante un uso responsable da tecnoloxía.
O05PD Analizar os riscos relacionados co uso da tecnoloxía nos ámbitos da protección de datos, a saúde e o benestar psicolóxico
O06PD Promover a xestión de dispositivos dixitais de forma segura

Seguimento

Procedemento

Realizarase unha revisión trimestral do plan de acción recollendo o resultado nun resumo.

1º Trimestre

Acadáronse todas as accións previstas para o primeiro trimestre, agás o obxectivo cinco que pasa a formar parto do plan de biblioteca.

2º Trimestre

Acadáronse todas as accións previstas para o segundo trimestre, agás o obxectivo 5 que pasa a formar parto do plan de biblioteca.

3º Trimestre

Acadaronse todos os obxectivos, agás o de polos creativos, dado que non chegou o material da Consellería

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración é moi positiva, dado que se cumpriron todos os obxectivos, agás polos creativos

Proposta de mellora

Colaborar co plan de biblioteca para que se dixitalice

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital será dado a coñecer aos membros do Claustro e do Consello Escolar e unha vez aprobado será publicado na Web do centro para estar á disposición de toda a comunidade educativa.