Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Os lugares de procedencia do alumnado son maioritariamente da comarca de Monforte e arredores, vivindo a maioría no núcleo urbano. Tamén é certo que hai alumando doutras localidades limítrofes, mesmo pertencentes a outros concellos. En torno ao 15% do alumnado proveñen de países estranxeiros, entre os que destacan Romanía, Marrocos, Venezuela e República dominicana.

A realidade lingüística do alumnado é que maioritariamente fala castelán, empregándoo como instrumento diario de comunicación, sendo o coñecemento da lingua galega inferior ao esperado. En relación ao alumnado estranxeiro, boa parte non posúe un dominio en ningunha das dúas linguas oficiais (galego/castelán), presentando problemas de comprensión oral e expresión escrita, resultado indispensable a adopción de medidas especiais que os axuden a superar esta situación.

O nivel socioeconómico e cultural do alumnado do centro situaríase nos seguintes valores aproximados:

  • O 62,5% do alumnado situaríase nun nivel medio
  • O 25% do alumnado situaríase nun nivel medio-baixo
  • O 12,5% do alumnado situaríase nun nivel medio-alto

Polo tanto, a realidade socioeconómica e cultural maioritaria do alumnado situaríase nun nivel medio.

Entre as familias do alumnado, que posúen unha formación académica entre medio-alta e básica, abundan as profesións pertencentes ao sector servizos, especialmente ao pequeno comercio local, profesións liberais e funcionarios. Tamén hai numerosas familias de procedencia estranxeira que se ocupan en traballos relacionados co coidado de persoas maiores ou servizo doméstico.

Predominan as familias nas que conviven os pais cun ou dous fillos, pero tamén hai familias monoparentais e algunhas desestruturadas por diversos motivos.

En canto ás familias de procedencia estranxeira, soe ser frecuente que nelas non sempre convivan todos os membros da unidade familiar debido, sobre todo, a cuestións laborais e culturais.

En canto a xustificación o PD aséntase sobre o indicado en:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital está composto por membros do Departamento de TICs e a directora do centro. A elaboración foi realizada maiormente pola coordinadora coa colaboración do resto dos membros en sucesivas reunións que se realizaron ao longo do curso.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O DAFO foi extraido do informe SELFIE

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado necesita mellorar a súa competencia dixital nos entornos de aprendizaxe Alumnado Non
Debilidade Escasa creación de contidos dixitais e se comunica usando tecnoloxías dixitais con fins educativos de xeito insuficiente Alumnado Non
Debilidade O alumnado non valora os traballos de outras persoas que atopan en internet Alumnado Non
Debilidade Baixo manexo por parte das familias do entorno virtual Familias Non
Debilidade Os equipamentos están obsoletos e precisan da súa renovación (C2 y C8) Infraestruturas Non
Debilidade A conexión a internet é lenta e inestable (C3) Infraestruturas Non
Debilidade O número de dispositivos dos que dispón o alumnado para o seu uso resulta insuficiente (C2 y C8) Infraestruturas Non
Debilidade Mellorable uso das tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexiones sobre a súas aprendizaxe (G5) Persoal docente Non
Debilidade Poucas actividades con retroalimentación proporcionadas ao alumnado por medio de tecnoloxías dixitais (G3) Persoal docente Non
Debilidade Escasa utilización das tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado (G1) Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa Alumnado Non
Fortaleza A intranet está actualizada (C2) Infraestruturas Non
Fortaleza Existe unha estratexia dixital na que o profesorado se involucra e se apoia na exploración de novas formas de ensinanza Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo promove o emprego de software libre no ámbito educativo e o alumnado é coñecedor das vantaxes do emprego de software libre no ámbito educativo e dispón deste tipo de ferramentas no centro Organización de centro Non
Fortaleza Foméntase a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Existe unha constante reflexión sobre o uso das TICs na vida diaria do centro e tamén a través de participación en proxectos interdisciplinares (B2) Persoal docente Non
Fortaleza Suficiente reflexión sobre as necesidades de DPC Persoal docente Non
Fortaleza A creación de cursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza é suficiente Persoal docente Non
Fortaleza Boa predisposición a aumentar a competencia dixital (D) Persoal docente Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O profesorado asume habitualmente unha excesiva carga burocrática que lle impide adicar tempo a explorar novos métodos de ensinanza con tecnoloxías dixitais Administración educativa Non
Ameaza Continuos cambios na lexislación que non deixan tempo á reflexión Lexislación Non
Ameaza Baixa colaboración con outras entidades Outras Non
Oportunidade Existe mentor ADIX no centro e pode ser unha maneira de dar visibilidade e empoderar ao mesmo dentro da comunidade como pioneiro de algo novidoso Administración educativa Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir deste DAFO créase o plan de acción

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Introducir no uso da plataforma Educamos ás familias (Item B3*)
O02PD Perfeccionar no uso da plataforma Educamos e outros recursos asociados ás familias (Item B3*)
O03PD Recompilar manuais sobre o uso da plataforma Teams entre o profesorado (item D3*)
O04PD Difundir os Polos Creativos na comunidade educativa e en especial entre os docentes, recompilar manuais e experiencias pedagóxicas para o uso dos materiais que se reciban.

Seguimento

Procedemento

Faremos un seguimento trimestral revisando o plan de acción

1º Trimestre

Despois das madificacións realizadas nos tres primeiros obxectivos, comezarase a dar forma os materias durante o segundo trimestre.

No tocante aos Polos Creativos, a persoa coordinador iniciou a formación e estamos a espera de futuras instruccións.

2º Trimestre

Acadaronse todas as accions previstas para o segundo trimestre

3º Trimestre

Acadaronse todas as accions previstas para o terceiro trimestre. Ademais respecto ao Polos Creativos fíxose unha formación na impresora 3D e agora quedamos a espera de recibir os materiais

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No proceso de avaliación do Plan Dixital, distinguiremos: 

  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Cabe destacar que algúns obxectivos xa contan cas súas propias datas para ir realizando o seguimento dos mesmos.

Valoración xeral

Moi positiva xa que se alcanzaron todos os obxectivos propostos

Proposta de mellora

Continuar impulsando a plataforma educamos para a boa comunicación entre docentes e familias.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan difundirase utilizando as canles habituais de comunicación empregadas no centro, que son:

  • Paneis informativos que se poden atopar en disintos lugares do colexio como halls e corredores (que se usan principalmente para transmitir informacións relevantes ao alumnado)
  • Taboleiros de anuncios no hall principal para colocar contidos dirixidos as familias.
  • Páxina web do centro
  • A plataforma Educamos
  • As redes sociais (Facebook e Instagram)
  • A plataforma dixital Teams