Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Reunións mensuais do equipo do plan dixital.
Reunión trimestral na que se valora o acadado ata ese momento no plan.
Reunión presencial con mentor ADIX, bimensualmente
Seguimento dos obxectivos:
1. Fomentar a dixitalización de procesos administrativos do centro: Este obxectivo foi acadado parcialmente. Ata o momento, logramos dixitalizar a maior parte dos procesos administrativos relacionados cos edificios do centro. Sen embargo, aínda queda por implementar na aplicación Web un dos edificios que conforman as instalacións do centro, o que implica que a dixitalización total dos procesos administrativos aínda non se atopa completamente desenvolvida. Este paso será fundamental para mellorar a xestión administrativa e a eficiencia no traballo diario.
Mellorar a competencia dixital da comunidade educativa: Este obxectivo tamén foi acadado parcialmente. O seminario de ferramentas dixitais para docentes, que inicialmente estaba programado para comezar no trimestre pasado, finalmente comezou en xaneiro, o que supuxo un retraso con respecto ao calendario inicialmente establecido. Aínda así, a formación proporcionada durante este seminario está permitindo que os docentes melloren as súas habilidades tecnolóxicas, algo que é fundamental para optimizar o proceso de ensino-aprendizaxe na era dixital. Aínda queda traballo por facer para asegurar que toda a comunidade educativa poida acceder a recursos e formación continuada que lles permita mellorar as súas competencias dixitais.
Seguimento dos obxectivos:
Fomentar a dixitalización de procesos administrativos do centro: Este obxectivo foi acadado parcialmente. Ata o momento, logramos dixitalizar a maior parte dos procesos administrativos relacionados cos edificios do centro. Sen embargo, aínda queda por implementar na aplicación Web un dos edificios que conforman as instalacións do centro, o que implica que a dixitalización total dos procesos administrativos aínda non se atopa completamente desenvolvida. Este paso será fundamental para mellorar a xestión administrativa e a eficiencia no traballo diario.
Mellorar a competencia dixital da comunidade educativa: Este obxectivo tamén foi acadado parcialmente. O seminario de ferramentas dixitais para docentes, comezou en xaneiro, o que supuxo un retraso con respecto ao calendario inicialmente establecido. Aínda así, a formación proporcionada durante este seminario está permitindo que os docentes melloren as súas habilidades tecnolóxicas, algo que é fundamental para optimizar o proceso de ensino-aprendizaxe na era dixital. Aínda queda traballo por facer para asegurar que toda a comunidade educativa poida acceder a recursos e formación continuada que lles permita mellorar as súas competencias dixitais.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, farase ca seguinte frecuencia:
• No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
• No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Comunicación e difusión
Na convocatoria do Claustro no que se requirirá o informe favorable, mandarase unha copia do mesmo, así como se poñerá tamén na web do Centro: http://www.politecnicolugo.org/index.php?option=com_content&view=article&id=704&Itemid=571
Como un dos obxectivos é a creación do equipo de dinamización TIC tamén se difundirá para buscar persoal que o forme.