Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A estratexia Educación Dixital 2030, pretende impulsar o desenvolvemento das competencias dixitais da comunidade educativa. Así, o Plan Dixital de Centro busca, entre outros principios e obxectivos, dar resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá e facilitar a integración e o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais nos procesos formativos e optimizar a xestión dos recursos humanos e materiais do centro. A contextualización normativa en relación ao Plan Dixital do noso centro, sinalaremos:

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nas normativas de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

En canto ao Plan Dixital de Centro con respecto ao Proxecto Educativo de Centro, pretende que sirva de impulso para o desenvolvemento das competencias dixitais de toda a comunidade educativa, promovendo o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico para levar a cabo tarefas de ensino e aprendizaxe, a formación inicial e permanente do profesorado e, en resumo, acadar o desenvolvemento dunha cultura dixital de centro

Para a súa elaboración ao longo do curso 21/22, en primeiro lugar, creouse un equipo de traballo para a elaboración do Plan Dixital de Centro. Este equipo, seguindo as indicacións e planificación da Consellería de Educación, realizou un PFPP asociado ao Plan Dixital, e participou nunha rede específica de persoas de 22 mentoras de acompañamento e asesoría no deseño, elaboración e implementación do Plan e así, ao longo do curso fomos realizando diversas tarefas e empregando diversas ferramentas, que concluiron coa elaboración deste documento. Os pasos realizados foron, de xeito resumido, os seguintes:

  • Ferramenta de autoavaliación SELFIE.
  • Test de Competencia Dixital Docente (Test CDD).
  • Análise DAFO (Debilidades-Ameazas-Fortalezas-Oportunidades).
  • Elaboración dun Plan de Acción.
  • Elaboración do Plan Dixital de Centro.

Para a actualización do curso 23/24 teremos en conta as propostas de mellora recollidas no PD, a continuidade dos obxectivos, as consideracións da actual coordinación do PD e as actuacións e aportacións da mentora ADIX.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foron:

  • Autoavaliación SELFIE
  • Test CDD
Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixa competencia do alumnado para a creación de contidos dixitais Alumnado Si
Debilidade Insuficientes experiencias do alumnado de traballo en grupo/equipo con ferramentas dixitais Alumnado Si
Debilidade Escasa participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando recursos dixitais. Alumnado Si
Debilidade Existencia unha fenda dixital entre as diferentes familias do centro educativo. Familias Non
Debilidade Insuficiente acceso a internet por parte do alumnado para estudar Infraestruturas Si
Debilidade Equipos insuficientes e/ou obsoletos Infraestruturas Si
Debilidade Ausencia de actividades TIC relacionadas co currículo Oferta Si
Debilidade Equipo dixital insuficiente, falta de tempo para o profesorado para desenvolver materiais dixitais e profesorado con competencias dixitais insuficientes Organización de centro Si
Debilidade Escasa retroalimentación axeitada (feedback) co alumnado mediante ferramentas dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente emprego de recursos dixitais para que o alumnado realice observacións constructivas sobre o traballo dos seus compañeiros/as. Persoal docente Si
Debilidade Falta de formación en tecnoloxías dixitais para o día a día na aula Persoal docente Si
Debilidade Ausencia dun ordenador e impresora para enviar e recibir certa información de cara ás familias e ao centro Persoal non docente Non
Fortaleza Actitudes responsables e de respecto por parte do alumnado cando emprega internet Alumnado Si
Fortaleza Posibilidade de que o alumnado realice un seguimento das tarefas a través da aula virtual do centro ou do EVA do proxecto Edixgal na maioría das materias Alumnado Si
Fortaleza Emprego da aplicación abalarMobil para avisos e notificacións Familias Si
Fortaleza Existencia dunha boa disposición de cara ó emprego de recursos dixitais para establecer contacto e comunicación dende e cara ao centro Persoal docente Si
Fortaleza Esforzo por procurar recursos dixitais para enriquecer o proceso de aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza Posibilidade para o alumnado de facer un seguimento das tarefas a través da aula virtual do centro ou do EVA do proxecto Edixgal na maioría das materias Persoal docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Ofertas formativas que non se axustan á práctica diaria Administración educativa Si
Ameaza Pouca estabilidade en canto á situación laboral do profesorado Administración educativa Non
Ameaza Baixa percepción das TIC nas súas actividades Contorna Non
Ameaza Continuos cambios lexislativos que supoñen un sobreesforzo, unha razón de desmotivación e inseguridade no traballo que se realiza ou en como se realiza, que repercute tamén no uso de recursos dixitais Lexislación Non
Oportunidade Implantación do Plan Dixital de Centro para mellorar infraestruturas e equipos e a formación docente Administración educativa Si
Oportunidade Posibilidade de implementar ferramentas dixitais que faciliten e melloren a colaboración e comunicación Centro/Anpa Contorna Non
Oportunidade A LOMLOE apoia firmemente o uso das TIC Lexislación Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise
  • SELFIE

A Comisión Europea desenvolveu a ferramenta de avaliación SELFIE, que permite obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe SELFIE).   Para a análise da situación e realizar un seguimento do centro no  ámbito da innovación escolleuse esta ferramenra, que organiza a información segundo os bloques ou áreas que recolle o informe resultante da realización desta avaliación:

No primeiro trimestre do curso 2021/2022 realizouse a primeira enquisa, e os resultados foron os seguintes:

A. LIDERADO

As preguntas desta área céntranse no papel que desempeña o liderado (colaboración entre profesorado e equipo directivo) na integración das tecnoloxías dixitais a nivel de centro educativo. 

  • Equipo directivo: 3
  • Profesorado: 2,8

B. COLABORACIÓN E REDES

Esta área céntrase nas medidas que os centros educativos poden aplicar para promover unha cultura de colaboración e comunicación para compartir experiencias e aprender de maneira efectiva dentro e fora da organización.

  • Equipo directivo: 3
  • Profesorado: 2,5
  • Alumnado: 2,8

B.3. INFRAESTRUTURAS E EQUIPOS

As preguntas desta área céntranse na infraestrutura (p. ej., equipos, software, conexión a internet) e en que medida,dispoñer duna infraestrutura fiable e segura pode permitir e facilitar o emprego de prácticas innovadoras de ensinanza, aprendizaxe e avaliación.

  • Equipo directivo: 4,1
  • Profesorado: 2,9
  • Alumnado: 2,4

B.4. DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO

Neste punto concentrámonos no xeto no que o centro apoia o desenvolvemento profesional continuo (DPC) do seu persoal a tódolos niveis.

  • Equipo directivo: 3,6
  • Profesorado: 2,8

B.5. PEDAGOXÍA: APOIOS E RECURSOS

Esta área céntrase no emprego das tecnoloxías dixitais para a aprendizaxe mediante a actualización e innovación das prácticas de ensinanza e aprendizaxe (búsqueda, uso e creación de materiais dixitais para a práctica docente.

  • Equipo directivo: 3,8
  • Profesorado: 3,8

B.6. PEDAGOXÍA: IMPLEMENTACIÓN NA AULA

Esta área céntrase na implementación na aula das tecnoloxías dixitais para a aprendizaxe, actualizando e innovando nas prácticas de ensinanza e aprendizaxe

  • Equipo directivo: 3,3
  • Profesorado: 3,1
  • Alumnado: 2,4

B.6. PRÁCTICAS DE AVALIACION

 Esta área refírese ás medidas que os centros poderían considerar para substituír a avaliación mais tradicional por un conxunto de prácticas mais amplo. 

  • Equipo directivo: 3,2
  • Profesorado: 2,3

B.7. COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

Esta área estuda o conxunto de habilidades, coñecementos e actitudes que permiten ó  alumnado o uso desenvolto, creativo e crítico das tecnoloxías dixitais

  • Equipo directivo: 3,8
  • Profesorado: 2,6
  • Alumnado: 3,1

Test CDD

Os niveis de competencia dixital docente obtidos foron:

  • A1: 20%
  • A2: 55%
  • B1: 5%
  • B2: 15%
  • C1: 0%
  • C2: 5%

Unha primeira aproximación a estos resultados pon de manifesto que a maioría do profesorado (75%) se sitúa nos niveis A1 e A1; isto significa que se atopa entre o nivel básico e o medio, o que na termonoloxía do Marco #DigCompEdu se coñece como "principiante-integrador". Os aspectos que caracterizan o nivel A2 (no que se concentra el 55% do total) é que o profesorado manifesta ter pouco contacto coa tecnoloxía educativa e non desenvolveu estratexias específicas para incluir as tecnoloxías na aula. Polo tanto, necesita orientación externa para mellorar o seu nivel competencial dixital docente; á fin e ó cabo, segue estando en niveis iniciais, pouco axeitado para levar a cabo o proceso de transformación dixital educativa. No caso do nivel B1, o profesorado experimenta coa tecnoloxía educativa e reflexiona sobre a súa idoinedade para os distintos contextos educativos; é un estadio importante que representa el 5% do total, ó que se debería incorporar o grupo que se atopa no nivel A2.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro (A2*)
O02PD Aumentar o emprego da AV do centro para o debate, como repositorio e centro de recursos entre o profesorado (B2*)
O03PD Actualizar e optimizar o emprego dos dispositivos dixitais do centro. (C8*)
O04PD Crear actividades dixitais na Aula Virtual do centro para empregar na práctica docente (E2*)
O05PD Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado (E3*)
O06PD Empregar actividades de aprendizaxe dixitais que fomenten a creatividade do alumnado: narracións ou traballos dixitais en texto, presentación, audio ou vídeo. (F3*)
O07PD Poñer en marcha o programa de innovación Polos Creativos.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do PDC realizarase como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre
  • Constituiuse o equipo dinamizador do PD designándose (a proposta voluntaria) o coordinador da actuación e un equipo de apoio (formado por un docente de Educación Física)
  • O día 13 de novembro levouse a cabo unha sesión de formación no propio centro sobre iniciación  ao manexo dos paneis táctiles interactivos instalados no colexio.
  • Durante o primeiro trimestre levouse a cabo a realización das accións recollidas no PD.
  • Recolléronse evidencias dos contidos propostos na sesión de formación.
  • Instalación de dous proxectores (sala de mestres e ximnasio) e equipo de megafonía do colexio.
2º Trimestre
  • Os días 5 e 26 de febreiro levouse a cabo un seminario  dobre o Uso didáctico dos recursos audiovisuais dos Polos.
  • Presentáronse ante o Claustro os kits de Polos Creativos facéndose unha introducción á aplicación destes na aula.
  • Proposta de formación no propio centro sobre Aula Virtual.
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A evaluación final do PD seguirá a actuación que se detalla a continuación: 

  • A  avaliación final realizarase  cunha frecuencia que  será como mínimo dunha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Seguirase o procedemento habitual de difusión de informacións institucionais á toda a comunidade educativa, é dicir:

  • Páxina web
  • Aula virtual do centro
  • Canles de comunicación coa ANPA
  • AbalarPro
  • Taboleiro de anuncios
  • Copias en papel para a súa consulta pública por parte de calquera membro da comunidade educativa en calquera momento.

O PD pódese consultar na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdasmercedes/