Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este CEIP, aínda que pertence ao concello de Lugo, está situado a 7 quilómetros do centro da cidade, quedando ubicado no límite do Concello, nunha zona totalmente rural, escolarizando só ao alumnado de aldeas próximas na súa maioría. Ofértanse servizos de comedor e transporte.

 A efectos de funcionamento considérase un centro rural, aínda que a efectos administrativos pertenece ao concello de Lugo. Existe moita diversidade: desde altas capacidades ata alumnado de educación especial. O fracaso escolar considérase medio-baixo debido ás dificultades para as aprendizaxes escolares, sobre todo nas competencias básicas e nas aprendizaxes instrumentais.

No curso 2023/2024 conta cunha matrícula de 130 alumnos e alumnas, sendo 18 mestras/es (2 itinerantes e 4 con xornada reducida).

O centro conta con cinco edificios:

  • Edificio central: destinado a despachos administrativos, conserxería e sala de mestres.
  • Edificio das escolas antigas: destinado a aulas e biblioteca.
  • Edificio dereito: destinado a aulas, comedor, cociña e sala de caldeira.
  • Edificio esquerdo: destinado a aulas.
  • Pista polideportiva cuberta.

Contextualización do plan dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

 A finalidade do noso Centro educativo é que o alumnado aprenda e se forme como indviduo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece coa súa contorna.

 O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

Situación de partida.

A dotación tecnolóxica do centro presenta numerosas deficiencias. Os ordenadores a disposición do alumnado teñen dificultades á hora de conectarse, avaríanse con frecuencia e dificultan sobremanera a impartición das materias que pretenden facer uso deles. Para o mantemento dos equipos contratouse os servizos dunha empresa informática.

En canto á conectividade, vía WIFI temos conexión máis ou menos estable en todo o centro, funcionando a antiga rede ED, a rede xunta.es e a rede abalar. As aulas, despachos e biblioteca conéctanse tamén por cable.

O profesorado emprega na sua maior parte os servizos que ofertan as Aulas Virtuais da Consellería. Tamén hai profesorado que mantén os seus blogs de aula para o desenvolvemento do traballo diario.

O equipo directivo mantén actualizado un blog (aloxado en Google) do centro en lugar da web corporativa, dada a facilidade para colgar os contidos do primeiro. Tamen se dispón doutro blog para contidos da biblioteca e do EDLG. O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias difunde en RRSS (Facebook, Twitter e Instagram) todas as actividades realizadas no centro.

O CEIP Plurilingüe Manuel Mallo Mallo entrou fai dous no Programa E-Dixgal polo que actualmente se aplica nos cursos 5º e 6º de Educación Primaria.

Como medio de comunicación entre a administración e o profesorado e como ponte de enlace coa Consellería -equipo directivo-, miembros del claustro, administración, dispoñemos do correo corporativo, que se emprega tamén para comunicación ao profesorado e familias. Con esta últimas, e para enviar comunicados de diferentes ámbitos embregamos a aplicación Abalarmobil.

O centro conta cos debidos protocolos relacionados coas TIC.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O profesorado con destino no centro participa no PFPP : Análise da competencia dixital do centro e elaboración do Plan dixital. Nel, se deron a coñecer as liñas básicas para o desenvolvemento da definición e concreción da estratexia dixital do centro, e se participou nas sesión de docencia e nas sesións de elaboración dos distintos materiais para a posterior elaboración do Plan.

 

Co obxectivo de coñecer o punto de partida do noso centro educativo, realizáronse os formularios  (equipo directivo, profesorado e alumnado) da ferramenta SELFIE  do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes, a través das tres dimensións nas que organiza os elementos clave: a pedagóxica, a tecnolóxica e a organizativa. Os resultados obtidos permítenos levar a cabo unha análise interna e nos permite tomar decisións orientadas á acción. Este informe achega luz sobre a situación actual do Centro desde a perspectiva dos equipos directivos, o profesorado e o alumnado tanto nas áreas organizativos como nas pedagóxicas en relación co nivel de uso e integración que realizan das tecnoloxías neses procesos.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Coñecen os dereitos de autor. Insuficientes estratexias para facilitar a participación do alumnado en procesos de avaliación entre iguais Alumnado Non
Debilidade · Están actualizados os equipamentos e as redes · Asistencia técnica insuficiente. Infraestruturas Si
Debilidade O profesorado sí se considera como conservador na adopción da tecnoloxía para a docencia e a aprendizaxe ("Late Majority"). Existe cultura de traballo colaborativo en redes por parte do profesorado. Creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza. Garántese o acceso a recursos dixitais para a aprendizaxe, tendo en conta as limitacións físicas ou cognitivas do alumnado. Aplicación de recursos dixitais na práctica avaliadora Persoal docente Non
Debilidade Non contan con acceso á rede wifi do centro. Persoal non docente Si
Fortaleza Utilizan recursos educativos abertos. Utilízanse tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado. O alumnado aprende a comprobar si a información que atopa en internet é fiable e precisa. O alumnado aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. O alumnado ten un comportamento seguro e responsable dentro do centro. Alumnado Si
Fortaleza Disponibilidade de variedade de dispotitivos e conexión a internet. Familias Si
Fortaleza Existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza Comedor escolar de xestión directa Transporte escolar Programa Digicraft E-Dixgal PLAMBE Oferta Non
Fortaleza Existe unha estratexia dixital. Contempla dentro do horario tempo adicado á comunicación. Apoio do equipo directivo ante actividades de innovavión educativa Organización de centro Si
Fortaleza Existe colaboración con outras entidades. Outras Non
Fortaleza Participación en programas do Plan director. Outras Non
Fortaleza Existe reflexión sobre TIC's. Existe certificación en competencias dixitais. Participación en proxectos interdisciplinares. Participación do profesorado en actividades de aprendizaxe para o desenvolvemento da competencia dixital. Uso de contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal non docente Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Equipos insuficientes e obsoletos Administración educativa Si
Ameaza Excesiva burocracia, cambios normativos Lexislación Non
Ameaza Carecemos de espazos físicos que faciliten a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais . Outras Si
Ameaza Sobrecarga de traballo Competencia dixital insificiente na práctica. Outras Non
Ameaza O alumnado aprende a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais. Outras Si
Ameaza Baixa competencia dixital Outras Si
Oportunidade Fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Outras Si
Oportunidade Entenden a dixitalización do ensino como un valor engadido necesario. Participación e seguimento en RRSS. Outras Si
Oportunidade Contémplase que o alumnado traia os seus propios dispositivos portátiles e poida utilizalos durante as clases. Existen diferencias notables entre o nivel de competencia dixital. Outras Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise e reflexión  dos resultados destas enquisas, unha comisión elaborou un informe DAFO, que posteriormente foi posto en común e ratificado polo claustro nas sesión de traballo do PFPP.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Elaborar un repositorio de recursos na Aula Virual do centro
O02PD Actualizar e fomentar o emprego da páxina web do centro.
O03PD Formar ao profesorado sobre o material de Polos Creativos.
O04PD Inventariar o material dixital do centro.

Seguimento

Procedemento

Realizarase un seguimento trimestral do Plan de Acción para medir o grao de consecución dos obxectivos e comprobar a efectividade das accións deseñadas a partir dos indicadores específicos que axudarán a determinar se os obxectivos propostos foron acadados e se é necesario realizar variacións no plantexamento destas acción ao longo do curso para que as propostas se materialicen. Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe final no que se recolleran os resultados e se realizarán propostas de mellora para os cursos posteriores e que figurará na memoria final do centro.

En función das áreas que o precisen, formularanse de novo para actualizar o PD.En canto á implemenación do Plan, en caso de ser necesario poderá reorganizarse ou reelaborarse a estrutura do mesmo para unha correcta implementación. 

1º Trimestre

O01PD Elaborar un repositorio de recursos na Aula Virual do centro.

  • Levouse a cabo a actualizacion de datos da aula virtual do centro coa incorporación do novo alumnado e profesorado.
  • Non costa aínda a elaboración de recursos específicos para figurar neste repositorio.

O02PD Actualizar e fomentar o emprego da páxina web do centro.

  • Non se levou a cabo a formación preista para este trimestre sobre o funcionamento da páxina web. Tentaremos de facela no seguinte trimestre.
  • Comezouse a actualizar a información do centro existente na páxina web, pero aínda non está rematado o proceso.

O03PD Formar ao profesorado sobre o material de Polos Creativos.

  • Solicitouse o PFPP para o presente curso na liña de Polos Creativos cun curso e un seminariMaker.
  • Decidiuse levar a cabo dúas sesións de formación cun relator externo coa temática de construción e uso didáctico dos títeres.
  • O día 14 de novembro celebrouse a primeira sesión de docencia acordada. Está previsto que a seguinte sesión teña lugar no segundo trimestre.

O04PD Inventariar o material dixital do centro.

  • Fixemos a toma de contacto coa aplicación Inventario e volcamos nela os datos sobre o inventario xeral do centro existentes en Xade.
2º Trimestre

O01PD Elaborar un repositorio de recursos na Aula Virual do centro.

O02PD Actualizar e fomentar o emprego da páxina web do centro.

O03PD Formar ao profesorado sobre o material de Polos Creativos.

O04PD Inventariar o material dixital do centro.

3º Trimestre

O01PD Elaborar un repositorio de recursos na Aula Virual do centro.

O02PD Actualizar e fomentar o emprego da páxina web do centro.

O03PD Formar ao profesorado sobre o material de Polos Creativos.

O04PD Inventariar o material dixital do centro.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase un seguimento trimestral do Plan de Acción para medir o grao de consecución dos obxectivos e comprobar a efectividade das accións deseñadas a partir dos indicadores específicos que axudarán a determinar se os obxectivos propostos foron acadados e se é necesario realizar variacións no plantexamento destas acción ao longo do curso para que as propostas se materialicen. Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe final no que se recolleran os resultados e se realizarán propostas de mellora para os cursos posteriores e que figurará na memoria final do centro.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Coa finalidade de garantir a difusión deste PD, este documento farase público na web do centro e a través da mensaxería Abalar Móbil.