Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

 O CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga está situado no Concello de Guitiriz, provincia da Lugo. Escolariza alumnado de parroquias do rural e do núcleo urbano e doutros concellos limítrofes, contando así cunha matrícula de 50 nenos/as, distribuídos da seguinte maneira: 15 alumnos/as de Educación Infantil e 35 alumnos/as de Educación Primaria. Así mesmo, o claustro está formado por 7 docentes de todas as especialidades para ambas etapas.

Ficha técnica de interese:

 

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Nas súas proximidades do centro encontramos un gran patrimonio cultural, natural e social, debido en gran parte pola influencia da Ruta da auga e riqueza cultural térmica e a gran biodiversidade que o acompaña. A localidade é coñecida pola explotación de granito- extracción e transformación (Ingemarga),no pasado polos campos de adestramento militar.Destaca tamén polo sector lácteo e polo sector turístico da Feira de Parga e paso do Camiño de Santiago.

A realidade socioeconómica é variada, dedicándose unha gran parte da poboación á traballo na industria, agricultura e gandería, mais tamén nos atopamos con traballadores de empresas do pequeno e mediano comercio.

A nivel lingüístico a poboación maioritaria usa o castelán como idioma habitual aínda que tamén posúe competencia, cando menos verbal, para expresarse en lingua galega. Con isto, a lingua vehicular do centro é o galego, tal e como se manifesta no Proxecto Lingüístico (Decreto 79/2010).

Neste contexto o presente Plan Dixital atenderá ás circunstancias que rodean a situación ambiental do centro, respectando as directrices enmarcadas no Proxecto Educativo e no Plan Xeral Anual para o curso 2022/2023. É por iso que a mellora da competencia tecnolóxica será un pilar neste ano académico desenvolvendo iniciativas que, integradas nos demais plans e proxectos do colexio, serán fundamentais no cumprimento de obxectivos establecidos en materia dixital.

Algunhas destas iniciativas van dirixidas a combater certas problemáticas observadas ao longo destes anos de pandemia, como poden ser a fenda e a competencia dixital. A COVID-19 deixou ver o baixo nivel educativo que existe na adquisición desta competencia, acentuando así mesmo a chamada fenda dixital, que ante a necesidade imperante do momento fixo que se acrecentase máis se cabe as desigualdades e o contraste no manexo de novas tecnoloxías.

Esta situación reforza o noso afán de involucrar a toda a comunidade educativa no desenvolvemento deste Plan Dixital. Dende o CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga sempre nos implicamos na integración das TIC na aula, por iso participamos en diferentes formacións e programas que axudan ao alumnado e profesorado a formarse e coñecer este novo paradigma educativo.

 

1.2. Breve xustificación do mesmo

A Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOMLOE), establece que nos centros educativos se promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo tarefas de ensino – aprendizaxe utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas (Art. 111 bis). Este proceso respectará o proxecto educativo do centro onde se recolle a estratexia dixital do centro (Art. 121).

Do mesmo modo, a Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022, implanta a elaboración de Plans Dixitais nos centros seguindo as directrices recollidas na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital.

 

1.4. Proceso de elaboración

O deseño do Plan Dixital de centro trata de recoller as ideas principais, determinar as prioridades e establecer os niveis de planificación (programas, proxectos, obxectivos e/ou accións) que marcarán o plan de traballo do equipo docente no seu proceso de cambio e mellora. Desta forma, a participación do equipo directivo no proceso de deseño e implementación do Plan Dixital é clave, tanto pola visión global que pode achegar, como pola capacidade para mobilizar recursos da organización e de xerar liderados distribuídos que permitan o cambio atendendo a procesos democráticos. A coordinación TIC tamén exercerá de guía e asesor no desenvolvemento da planificación de cara ao curso académico 2022/2023, ademais de participar na elaboración debido ao coñecemento e desempeño dos recursos tanto materiais como humanos en material dixital e educativa.

Con esta organización o Plan Dixital deberá permitir á comunidade educativa:

  • Entender a importancia das novas tecnoloxías neste novo paradigma educativo.
  • Coñecer os obxectivos formulados para a consecución da competencia dixital.
  • Implicarse no desenvolvemento tecnolóxico do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Atendendo ás necesidades e demandas da sociedade en materia de competencia dixital e entendendo que a principal misión da escola e formar ao alumnado para a vida presente e futura, así como á normativa vixente, consideramos fundamental esenvolver unha estratexia dixital reflexionada e consensuada que aparece recollida neste documento, Plan Dixital de centro que nos sirva de folla de ruta a curto e medio prazo para converter o CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga nunha institución educativa dixitalmente competente e que isto redunde en beneficio do noso alumnado en particular e da sociedade en xeral.

Para levar a cabo a elaboración deste Plan Dixital de Centro, púxose en marcha a inicio de curso un PFPP, así como a creación do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro integrado pola directora e o coordinador.

Tendo en conta todo o anterior as fontes empregadas para a análise DAFO foron o informe SELFIE, oTest CDD (Competencia Dixital Docente) e outras fontes. A partir destas o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Dar recoñecemento ao traballo dos demais (H6) Alumnado Non
Debilidade 2. Creación de contidos dixitais (H7) Alumnado Si
Debilidade Comunicación cas familias Familias Si
Debilidade 1. Protección de datos (C7) Infraestruturas Non
Debilidade 1. Estratexia dixital (A1) Organización de centro Si
Debilidade 2. Avaliación do progreso (B1) Organización de centro Non
Debilidade 1. Necesidades de CPD (D1) Persoal docente Non
Debilidade 2. Intercambio de experiencias (D3) Persoal docente Si
Debilidade 5. Colaboración do alumnado (F5) Persoal docente Si
Debilidade 3. Creación de recursos dixitais (E2) Persoal docente Si
Debilidade 4. Comunicación coa comunidade educativa (E4) Persoal docente Si
Debilidade 6. Proxectos interdisciplinares (F6) Persoal docente Si
Debilidade 7. Autorreflexión sobre a aprendizaxe (G5) Persoal docente Si
Debilidade 1. Avaliación do progreso (B1) Persoal non docente Non
Debilidade 2. Intercambio de experiencias (D3) Persoal non docente Si
Debilidade 3. Recursos educativos en liña (E1) Persoal non docente Si
Debilidade 4. Creación de recursos dixitais (E2) Persoal non docente Si
Debilidade 5. Colaboración do alumnado (F5) Persoal non docente Si
Fortaleza 1. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe (C8) Alumnado Si
Fortaleza 3. Comportamiento responsable (H3) Alumnado Si
Fortaleza 2. Comportamiento seguro (H1) Alumnado Si
Fortaleza 5. Aprende a comunicarte (H8) Alumnado Si
Fortaleza 4. Verificar a calidade da información (H4) Alumnado Si
Fortaleza 1. Acceso a internet (C3) Infraestruturas Si
Fortaleza 3. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe (C8) Infraestruturas Si
Fortaleza 2. Asistencia técnica (C5) Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Novas modalidades de ensinanza (A3) Oferta Non
Fortaleza 1. Desenvolvemento da estratexia co profesorado (A2) Organización de centro Si
Fortaleza 2. Novas modalidades de ensinanza (A3) Organización de centro Si
Fortaleza 1. Novas modalidades de ensinanza (A3) Persoal docente Si
Fortaleza 4. Participación no CPD (D2) Persoal docente Non
Fortaleza 7. Adaptación ás necesidades do alumnado (F1) Persoal docente Si
Fortaleza 9. Implicación do alumnado (F4) Persoal docente Si
Fortaleza 12. Comentarios a outros alumnos sobre o seu traballo (G7) Persoal docente Non
Fortaleza 8. Fomento da creatividade (F3) Persoal docente Si
Fortaleza 10. Avaliación da capacidade (G1) Persoal docente Si
Fortaleza 2. Debate sobre o uso da tecnoloxía (B2) Persoal docente Si
Fortaleza 11. Retroalimentación adecuada (G3) Persoal docente Si
Fortaleza 3. Colaboracións (B3) Persoal docente Si
Fortaleza 5. Recurso educativos en liña (E1) Persoal docente Si
Fortaleza 6. Comunicación coa comunidade educativa (E4) Persoal docente Si
Fortaleza 1. Implicación do alumnado (F4) Persoal non docente Si
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Creación de traballos coas ferramentas Administración educativa Si
Ameaza 2. Dinamización dos recursos que temos Administración educativa Si
Ameaza 1. Protección de datos (C7) Lexislación Non
Oportunidade 1. Acceso a Internet (C3) Administración educativa Si
Oportunidade 2. Asistencia técnica (C5) Administración educativa Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A posta en marcha das accións que se levarán a cabo estará suxeita ás necesidades detectadas pola comunidade educativa, á análise dos recursos dispoñibles no centro, á análise realizada dos recursos dispoñibles do alumnado e segundo as necesidades detectadas derivadas da situación particular en cada caso. Partindo deste diagnóstico, fixáronse os obxectivos neste plan que serán revisados cada curso escolar e que son susceptibles de ser modificados ao longo do mesmo. Divídense en obxectivos xerais (relacionados coa comunidade educativa) e obxectivos concretos, plasmados no plan de acción (pensados para o profesorado, o alumnado e a xestión do centro).

Tras analizar as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades, saíron a luz aspectos a mellorar no centro en relación ao novo paradigma educativo que se nos presenta, onde a dixitalización das escolas é non só unha necesidade, senón que comeza a ser unha realidade. Pois ben é partir do resultado das debilidades onde comezamos a construír o noso plan de acción. A idea para mellorar e crecer como institución será, xa que logo, combater as nosas barreiras para posteriormente fortalecer aqueles outros aspectos máis asentados.

Neste marco de mellora, foron fundamentais os descritores para as Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg). Estes descritores teñen por finalidade prestar apoio ás organizacións educativas para proceder á súa dixitalización dunha forma sistemática e estratéxica e para que os responsables da elaboración de políticas poidan deseñar, implementar e avaliar intervencións para a integración e o uso eficaz de tecnoloxías de aprendizaxe dixital en educación e formación.

Retomando a análise DAFO do centro e parándonos a analizar as debilidades e amezas, obsérvase que a maior unanimidade de opinión recae nas necesidades de mellora de equipamento e infraestruturas. Tanto profesorado como equipo directivo remarcan a imperante obriga de contar con recursos dixitais de maior calidade para dar resposta ás demandas educativas actuais.

-Equipos de aula con procesador e RAM que permita usar programas de edición, creación de contidos para aula, edición, conferencias de calidade e xestión de centro eficiente.

-Proxectores e Encerados Dixitais Interactivos, con interactividade real, xa que en moitos casos a proxéctase a pantalla pero non funciona a interactividade coa mesma. Ademais proxectores de dotación oficial xa que moitos dos presentes nas aulas non o son.

-Tabletas coa suficiente calidade. Necesidade dun armario con 25 tabletas para poder realizar actividades e poder iniciar ao alumnado no manexo de aparellos dixitais e aplicacións educativas.

-5 tabletas competentes para departamento de orientación para poder traballar co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

-Levar a rede wifi ao pavillón de Educación Física, para poder realizar explicacións e actividades tecnolóxicas tamén nesta área.

-Pantalla de proxección e proxección para actos públicos abertos á comunidade.

-Sistema de atención e reparación máis áxil, sen tanta espera.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Participar en programas de formación de Polos Creativos.
O02PD Fomentar o emprego da tecnoloxía na realización de actividades académicas
O03PD Actualización da ferramenta dixital para a organización do catalogo da biblioteca escolar (KOHA).
O04PD Implementación ás novas familias do funcionamento do Abalar como ferramenta de comunicación.

Seguimento

Procedemento

O equipo de Dinaminzación do Plan dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar xunto coa persona coordinadora do Plan Dixital, o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

O01PD: Estamos a realizar formación on line de Polo Creativos.

O02PD: Utilización dentro da aula de aplicacións dixitais como Kahoot, Plinkers e recursos dixitais das diferentes editoriais.

O03PD: Xa realizamos dúas sesións formativas ( 4 horas) sobre a aplicación de catalogación de KOHA.

O04PD:  Información ás familias sobre a utilización da aplicación móbil ABALAR PRO para aumentar a fluidez da comunicación entre a comunidade educativa.

2º Trimestre

O01PD: Realizamos un primeiro curso online de Polo Creativos e estamos pendentes de facer outros 3.

O02PD: Continuamos a utilizar, dentro da aula, aplicacións dixitais como Kahoot, Plickers, Genially e recursos dixitais das diferentes editoriais.

O03PD: Unha vez realizado o curso de formación KOHA, estamos a catalogar o fondo bibliográfico do centro.

O04PD:  Información ás familias sobre a utilización da aplicación móbil ABALAR PRO para aumentar a fluidez da comunicación entre a comunidade educativa.

3º Trimestre

O01PD: Realizamos formación online e presencial de Polo Creativos.Chegáronnos os Kits singulares e continuamos á espera dos recursos materiais de Polos Creativos.

O02PD: Continuamos a utilizar, dentro da aula, aplicacións dixitais como Kahoot, Plinkers, Genially e recursos dixitais das diferentes editoriais.

O03PD: Unha vez realizado o curso de formación KOHA, temos catalogado o 25% do fondo bibliográfico do centro e continuaremos con esta tarefa ao longo dos cursos académicos posteriores.

O04PD:  Información ás familias sobre a utilización da aplicación móbil ABALAR PRO para aumentar a fluidez da comunicación entre a comunidade educativa.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O01PD. Recibir a formación sobre Polos Creativos.

O02PD. Utilización de diferentes aplicacións informáticas para o desenvolvemento os diferentes contidos dentro da aula.

O03PD. Posta en funcionamento do programa KOHA.

O04PD. Formación á comunidade educativa sobre a aplicación ABALAR  e así fomentar a comunicación fluida entre os seus membros.

Valoración xeral

O01PD. Recibimos as formacións solicitadas de Polos Creativos.

O02PD. Utilización de diferentes aplicacións (Kahoot, Plickers, Genially Jclic...)

O03PD. Formación e catalogación do fondo bibliográfico do centro co programa KOHA.

O04PD. Charlas informativas, tanto grupais como individuais, sobre o funcionamento do ABALAR.

Proposta de mellora

O01PD. Formación sobre Polos Creativos á totalidade do claustro, para o seu mellor aproveitamento. Achega do material necesario  e acondicionamento dunha aula específica para Polos Creativos.

O02PD. O vindeiro curso continuaremos co uso dentro da aula destes e outros aplicativos para a transmisión de contidos na aula.

O03PD. Temos catalogado un 25% do fondo bibliográfico, propoñéndonos acadar o 50%  no vindeiro curso académico.

O04PD. Mantemento da aplicación ABALAR como ferramenta  de comunicación clara e funcional.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento, unha vez validado e analizado polos órganos colexiados competentes será publicado na páxina web do centro.

A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso a ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

O presente Plan Dixital de centro buscará chegar a toda a comunidade educativa para dar a coñecer o proceso seguido na dixitalización das nosas aulas. Para unha mellor difusión serán varias as accións a emprender co fin de implicar a todos os membros na consecución das metas propostas.

A través da seguinte ligazón, pódese acceder o Plan Dixital.