Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O centro está situado no concello de Guitiriz o cal pertence á provincia de Lugo e á comarca da Terra Cha. Esta vila termal, de 294 km² de extensión, delimita cos concellos de Xermade, Vilalba, Begonte, Friol (pertencentes á provincia de Lugo); Sobrado, Curtis-Teixeiro, Aranga e Monfero (da provincia de A Coruña). O Concello conta con máis de 5.000 habitantes e divídese en 18 parroquias que posúen un gran Patrimonio Histórico-Cultural. É un concello moi extenso e disperso.

O alumnado que temos na actualidade provén na súa maioría do entorno rural, aínda que curso a curso increméntase o número de familias que cambia a súa residencia para o centro urbano da vila.

O PD atópase na súa segunda fase, momento no que o estamos a integrar nos diferentes plans cos que se está a traballar no centro; esta integración das novas tecnoloxías pretende achegar tanto ó alumnado coma ó profesorado unha serie de ferramentas que fagan máis atractivo, áxil e eficaz o proceso de ensinanza-aprendizaxe.

O cambio que está a vivir o centro estes últimos anos trouxo consigo unha profunda renovación do proxecto educativo. A integración das novas tecnoloxías é un dos puntos máis significativos desta modernización.

O Plan Tic, está formado por diversos obxectivos que permiten ó alumnado adquirir unha competencia dixital óptima antes de rematar esta etapa educativa. Tamén pretende ser unha achega as familias, que as axude e anime a iniciarse e experimentar as avantaxes do uso das novas tecnoloxías como medio de consulta e comunicación.

Actualmente estamos no segundo ano do proxecto E-Dixgal polo que temos catro aulas totalmente equipadas e o alumnado conta co seu propio equipo. Xa superado o primeiro ano podemos dicir que a resposta por parte de alumnado, profesorado e familias está sendo moi positiva.

Para a elaboración do PD decidimos xuntarnos os integrantes do Equipo de Tics e realizar as reunión pertinentes para levalo adiante e informar ó claustro de todas as medidas a tomar.

Ademais estamos a facer un PFPP onde se integran o equipo anteriormente citado e outro profesorado do centro interesado no mesmo.

A normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Resolución de 6 de junio de 2023, de la Dirección General de Ordenación e Innovación Educativa por la que se dictan instrucciones para el desarrollo de las enseñanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obligatoria y bachillerato en el curso académico 2023/24.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A información recolleuse por medio da enquisa SELFIE e o TCDD.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de formación das familias no mundo TIC. Familias Si
Debilidade Conexión WIFI. Infraestruturas Si
Debilidade Falta dotación de equipos (pizarras dixitais) Infraestruturas Si
Debilidade Equipos informáticos lentos e con software antigo. Infraestruturas Si
Debilidade Equipos obsoletos. Infraestruturas Si
Debilidade Sobrecarga de accións e proxectos que chegan ao centro. Organización de centro Non
Debilidade Falta de formación do profesorado de maneira presencial, práctica e real. Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo en horario escolar. Persoal docente Non
Fortaleza Promoción do desarrollo persoal do alumnado Alumnado Si
Fortaleza Centro EDIXGAL Infraestruturas Si
Fortaleza Aula de informática Infraestruturas Si
Fortaleza Banco de tempo relacionado coas TICS: "familias", "docentes". Oferta Si
Fortaleza Traballo colaborativo co IES. Organización de centro Non
Fortaleza Profesorado en constante formación Persoal docente Si
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Utilización de medios electrónicos como libros de texto. Administración educativa Si
Ameaza Imposición de burocracia. Administración educativa Non
Ameaza Tempos escasos para cumprir os obxectivos. Administración educativa Non
Ameaza Fenda dixital no ámbito rural. Contorna Si
Ameaza Cambios normativos. Lexislación Non
Oportunidade Dotación de orzamento específico. Administración educativa Si
Oportunidade Impulso da administración. Administración educativa Si
Oportunidade Achegamento das novas tecnoloxías aos fogares. Administración educativa Si
Oportunidade Un paso mais cara hacia o futuro tecnolóxico. Contorna Si
Oportunidade Formación TIC por parte do concello. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar o entorno virtual do centro como medio de comunicación e traballo.
O02PD Mellorar e optimizar os equipos informáticos do centro
O03PD Utilizar as TIC como medio para perfeccionar a actividade docente a través da súa utilización: programacións, gamificación, recollida de datos (asistencia, comportamentos, observacións), cuestionarios, memorias, plans, situacións de aprendizaxe, xestión académica...
O04PD Creación da aula maker/polos creativos.

Seguimento

Procedemento

A avaliación do plan dixital realizase mediante un proceso de seguimento na consecución dos obxectivos marcados, na que podemos distinguir dous momentos diferenciados.

Por un lado, realizase unha avaliación procesual que consiste nunha reunión mensual por parte do equipo TIC que será o mesmo que avalíe o procedemento do plan dixital. Nesta reunión, abordase o grao de adquisición das accións levadas a cabo para conseguir cada un dos obxectivos e as medidas a adoptar para a súa consecución. Polo tanto, durante cada trimestre de curso, realizaremos entre 3 e 4 reunións.

Por outro lado, a avaliación final será a que nos indique a final de curso se os obxectivos marcados no plan foron alcanzados e a pauta a seguir para o seguinte curso (novos obxectivos, complicacións, medidas a adoptar...).

1º Trimestre

O01PD, estase a actualizar constatemente a páxina web  do centro con contidos de interese para a comunidade educativa.

O02PD, actualización do inventario de equipamento do centro e informe de necesidades.

O03PD, PfPP de ferramentas dixitais de avaliación e aula virtual. 

O04PD, posta en marcha da aula maker esperando polo material de polos creativos.

2º Trimestre

O01PD, estase a actualizar constatemente a páxina web  do centro con contidos de interese para a comunidade educativa.

O02PD, remate da actualización do inventario de equipamento do centro e informe de necesidades.

O03PD, continuación do PfPP de ferramentas dixitais de avaliación e aula virtual. 

O04PD, posta en marcha da aula maker chegada e uso do material de polos creativos.

3º Trimestre

O01PD, estase a actualizar constatemente a páxina web  do centro con contidos de interese para a comunidade educativa.

O02PD, finalizada a actualización do inventario de equipamento do centro e informe de necesidades.

O03PD, final do PfPP de ferramentas dixitais de avaliación e aula virtual. 

O04PD, uso da aula maker e do material de polos creativos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O que se pretende avaliar é o desempeño do persoal docente en relación cos obxectivos asignados, centrados na actualización e xestión de recursos tecnolóxicos de traballo, avaliación e  implantación de actividades innovadoras.

Valoración xeral

O desempeño do persoal docente resultou moi satisfactorio.

Destacan os seguintes aspectos positivos:

  1. Compromiso coa actualización tecnolóxica: O persoal docente demostrou unha sólida comprensión da importancia da actualización e xestión de recursos tecnolóxicos. A frecuencia de actualización da páxina web do centro e a planificación de ferramentas dixitais evidencian unha dedicación significativa neste ámbito.

  2. Proactividade na identificación de necesidades: A realización do inventario de equipamento e a elaboración do informe de necesidades reflicten unha proactividade no recoñecemento das áreas de mellora e na identificación de recursos necesarios para a mellora da calidade educativa.

  3. Planificación e Iniciativa na Implementación de novas estratexias: A planificación da posta en marcha da Aula Maker e a proposta de actividades creativas e innovadoras evidencian unha iniciativa por parte do persoal docente na procura de novas formas de ensinar e aprender.

En base a estes aspectos, considero que o persoal docente mostrou un compromiso destacado coa súa labor educativa e unha disposición clara para avanzar na mellora continua. Recomendo seguir fomentando estas boas prácticas e ofrecer apoio e recursos adicionais para fortalecer ainda máis o desempeño do equipo.

Proposta de mellora

Formación Continua en Tecnoloxía Educativa: Ofrecer cursos de formación e talleres prácticos sobre o uso efectivo de ferramentas dixitais na educación. Estes cursos poden abordar temas como a creación de contidos multimedia, o uso de plataformas de ensino en liña e o desenvolvemento de proxectos colaborativos en liña.

Crear un Banco de Recursos Pedagóxicos: Desenvolver un repositorio de recursos educativos en liña, onde o persoal docente poida compartir e acceder a materiais didácticos, estratexias de ensino e actividades innovadoras. Facilitar o intercambio de recursos entre os membros do equipo promoverá a colaboración e a creatividade na planificación de clases.

Fomentar a Reflexión e Avaliación Persoal: Promover espazos para que o persoal docente reflexione sobre a súa práctica e identifique áreas de mellora. Facilitar a autoavaliación e a planificación de accións de mellora persoais axudará a fortalecer as habilidades e competencias do equipo.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A realización e consistencia do plan dixital será comunicado na web corporativa do centro, así como nas redes sociais do mesmo para así lograr unha alta visibilidade e poida chegar a toda a comunidade educativa .

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplagostelle/node/647