Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

a. Datos básicos do centro

Nome do centro: CEIP Plurilingüe Santa María

Dirección: Rúa Enrique Saavedra s/n Correo: ceip.santamaria.fonsagrada@edu.xunta.gal

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsantamariafonsagrada Etapas educativas: Infantil e Primaria Nº de alumnado e profesorado: 85 / 14

b. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CEIP Santa María está ubicado no concello de A Fonsagrada, situado no extremo centro-oriental da provincia de Lugo, formando un conxunto montañoso que constitúe unha fronteira natural coa Comunidade Autónoma de Asturias. O centro pertence a un entorno principalmente rural, polo que o sector primario é a base da súa economía centrado especialmente na gandaría e na explotación forestal. O sector secundario é menos importante, destacan algunhas pequenas empresas de transformación de madeira, elaboración de produtos cárnicos, fabricación de pensos.... O sector terciario foi medrando nos últimos anos.

O centro da vila é o lugar onde se concentran a maior parte das actividades comerciais e núcleos financeiros e profesionais. O nivel económico e cultural da poboación é medio-baixo. O alumnado do centro é de lugares moi dispersos xa que o concello é moi extenso. Este alumnado vive, en moitos casos, en aldeas de escasa poboación, dándose casos de nenos e nenas que non só son fillos únicos, senón que tamén son os únicos do seu pobo, polo que o colexio é o único lugar onde poden relacionarse con outras persoas da súa idade.

Despois de analizar o entorno social e a comunidade educativa para a elaboración do noso plan dixital, chegamos á conclusión de que este pode ser de moita axuda para conectar a toda a comunidade educativa. Por exemplo, tendo en conta plataformas dixitais como Abalar, redes sociais, aulas virtuais,...

Este Plan Dixital elabórase en base ao Plan Dixital do curso anterior (22/23), partindo das debilidades, fincándose nas fortalezas. Actualízase tendo en conta as propostas de mellora feitas a final do curso pasado. Este PD aporta información de valía ao Proxecto Educativo xa que os aspectos que nel se recollen contribuirán á mellora das propostas educativas de centro e senta unhas bases para traballar as TIC nas distintas aulas e na comunidade educativa en xeral.

O centro manifesta o interese por continuar colaborando coas propostas da Consellería a nivel de Novas Tecnoloxías. Este Plan Dixital relaciónase á súa vez con outros plans de centro xa que as Novas Tecnoloxías adoitan ter relación con outros aspectos como as titorías, as actividades de grupos e equipos de traballo, ou incluso convocatorias da Consellería tal como: Plans de formación: NMAI (Novos medios audiovisuais interactivos - Uso e elaboración de material didáctico); Internet básico para o profesorado; Introdución ao manexo de ordenadores; Uso de ordenadores para docentes (Aplicación didáctica da informática), Métodos innovadores na xestión na aula de Primaria, Niveis inicial e medio en tecnoloxía da información e comunicación, Elaboración de material interdisciplinar coa EDI, XADEweb, , Abalar, E-dixgal .

Actualmente os Programas de innovación nos que participa son: PROA+, Inclúete, PVAD (Proxecto de vida Activa e Deportiva), Edusaúde, Nutriescolas, Donas de si,...

 A implementación do PD dentro da PXA será un dos obxectivos principais de cara ao vindeiro curso escolar 23/24, coa que intentará acadar os obxectivos elaborados dentro do Plan de Acción.

c. Xustificación lexislativa do mesmo

Os decretos e ordes nos que se ampara este Plan Dixital son:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nestes indícase que: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativas de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

d. Proceso de elaboración Descrición da organización e do proceso de elaboración do PD dentro do Equipo de Dinamización do Plan Dixital

- Realización do Test Selfie durante a última quincena de decembro do 2021. - Docencia do PD o día 24/01/22.

- Realización do Test de Competencia Dixital Docente durante a primeira quincena de febreiro do 2022.

- Docencia do PD o día 14/02/22. - Docencia sobre a elaboración do DAFO 16/03/22.

- Elaboración do DAFO do centro 28/03/22.

- Docencia sobre o deseño e elaboración do Plan de Acción 20/04/22.

- Elaboración do Plan de Acción do centro 03/05/22

- Incorporación do Plan Dixital á plataforma Educalidade no curso 22/23

- Elaboración dun novo Plan Dixital, partindo do anterior, actualizado e revisado, con novos obxectivos e accións para o curso actual: 23/24

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- Informe SELFIE

-TCDD

-Documentación e exemplos aportados polo PFPP

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Complexidade da realidade educativa. Alumnado Si
Debilidade Falta de comunicación entre os centros que desenvolven proxectos similares. Sobrecarga de accións e proxectos que chegan ao centro. Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo en horario escolar Persoal docente Si
Fortaleza Promove o desenvolvemento persoal do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza Existencia de abundantes materiais. Infraestruturas Si
Fortaleza Temos experiencias nas que basearnos. Trátase dun proceso participativo. Pode dar coherencia ao currículo. Poden apoiarse (ou ser apoio de) nos programas e proxectos de centro. Organización de centro Non
Fortaleza Poden avaliarse os cambios. Persoal docente Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Imposición de burocracia. Formación adecuada a cada nivel educativo. Administración educativa Non
Ameaza Falta de control externo. Contorna Si
Ameaza Os cambios normativos. É doado convertelo nun elemento baleiro na programación. Lexislación Si
Oportunidade A administración educativa aposta por isto. Administración educativa Non
Oportunidade É un incentivo para a mellora da calidade educativa. Contorna Non
Oportunidade Hai institucións interesadas no seu desenvolvemento. Posibilidade de que outras entidades apoien o proxecto. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a ciberseguridade dentro e fóra do centro. Nocións básicas para o alumnado e as familias. Fórmulas de control.
O02PD Manter unha comunicación coas familias a través de medios tecnolóxicos oficiais.
O03PD Actualizar a páxina web do centro e utilizar redes sociais para dar a coñecer os proxectos de centro e as actividades elaboradas nel.
O04PD Crear contidos a través de ferramentas dixitais e compartilos entre o profesorado do centro.

Seguimento

Procedemento

Para facer o seguimento deste Plan Dixital revisarase con certa frecuencia o nivel de adquisición dos obxectivos plantexados. Trátase de levar a cabo as accións e marcar como feitos os indicadores especificados.

En cada trimestre rexistrase o realizado e o pendente de realizar. Ao remate do curso propoñeranse as melloras que se crean viables e pertinentes. 

1º Trimestre

28/09/23 Reunión presencial co mentor:

Acórdase manter as reunións necesarias entre a dirección do centro, a coordinadora TIC e o mentor Adix asignado.

Solicitouse a participación no Plan Director.

Creouse a conta de Instagram do centro.

Nas reunións de inicio de curso, os titores comunicaron ás familias a necesidade de instalar Abalar Móbil para comunicarse co profesorado.

Rexistráronse varias reunións de coordinación do equipo TIC para dinamizar as actividades e propor ao claustro metodoloxías, contidos e recursos relacionados coas TIC e os obxectivos marcados no plan. 

13/11/2023 (Reunión co mentor Dixital por videoconferencia)

O01PD: Solicitado o Plan Director

O02PD: Acadado: As familias utilizan Abalar Móbil

O03PD: Parcialmente acadado (A rede social Instagram está activa tendo en conta a privacidade do alumnado)

O04PD: Crearase unha páxina de Agueiro do centro para compartir recursos.

 

2º Trimestre

29/01/2024 Reunión presencial co mentor:

Acórdase manter as reunións necesarias entre a dirección do centro, a coordinadora TIC e o mentor Adix asignado.

O01PD: O 23 de xaneiro de 2024 tivo lugar a charla formativa do Plan Director. A Garda Civil formou aos cursos de 4º, 5º e 6º sobre ciberseguridade e xogos na rede.

O02PD: Acadado: As familias utilizan Abalar Móbil

O03PD: Parcialmente acadado (A rede social Instagram está activa tendo en conta a privacidade do alumnado)

O04PD: Creouse un Agueiro onde están recollidas as activides dixitais e audiovisuais e compartiuse co resto do claustro.

3º Trimestre

22/04/23 Reunión presencial co mentor:

Acórdase manter as reunións necesarias entre a dirección do centro, a coordinadora TIC e o mentor Adix asignado.

O01PD: O 5 de marzo, realizouse a última das sesións relacionadas co Plan Director. Cuarto, quinto e sexto recibiron unha formación sobre ciberseguridade, acoso, ciberacoso, e estratexias relacionadas coa xestión dos perigos na Internet.

Nesa mesma liña instalouse o punto laranxa para ofrecer ao alumnado a posibilidade de avisar e alertar de problemáticas relacionadas co ciberacoso en xogos, redes sociais,...

O 24 de maio, quinto e sexto reciben a formación sobre Navega con Rumbo.

O02PD: Acadado: As familias utilizan Abalar Móbil

O03PD: Parcialmente acadado (A rede social Instagram está activa tendo en conta a privacidade do alumnado)

O04PD: Séguese utilizando Agueiro para recoller as actividades creadas polo profesorado e desenvolvidas no marco de proxectos de centro: nutriescolas, PDI,...

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Este Plan Dixital elaborouse partindo do Plan Dixital do curso anterior. Tendo en conta o punto de partida, as necesidades e as oportunidades existentes. 

É viable, realizable e coherente co que o claustro pode facer durante o curso. Precisouse a implicación de todo o profesorado e fíxose partícipe ás familias (novas formas de comunicación) e ao alumnado (plans, proxectos e actividades).

Proposta de mellora

Entre as propostas de mellora a ter en conta para o vindeiro curso, está:

- Manter como vía de comunicación o Abalar Móbil.

- Formarse no funcionamento de Drupal para a actualización da páxina web.

- Seguir colaborando nos plans e proxectos propostos pola Consellería: Plan Director, e Navega con Rumbo.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O PD darase a coñecer no claustro, aprobarase no Consello Escolar e publicarase a toda a comunidade na sección que corresponda da páxina web do centro.