Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro:

Nome: CPI Plurilingüe Virxe do Monte

Dirección: Avda. Feira do Monte s/n. 27377 Cospeito. Lugo.

Teléfono: 980.87.02.62

Mail: cpi.virxemonte.cospeito@edu.xunta.gal

Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpivirxemontecospeito/

O total de alumnos escolarizados no presente curso 2023/2024 é de 223, sendo a súa distribución nas diferentes etapas como segue:

- E.Infantil: 51  

- E. Primaria: 100

- ESO: 72

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro:

O noso centro está situado en Feira do Monte, capitalidade municipal dun concello que conta cunha poboación aproximada de 6000 habitantes distribuídos nas 20 parroquias que conforman o concello de Cospeito.

 A base socioeconómica dos habitantes deste Concello é maioritariamente o sector agropecuario. Na capitalidade, os habitantes adícanse fundamentalmente ao sector servizos, e tamén existe algunha pequena industria do sector da construción e de maquinaria agrícola. 

O nivel socieconómico e cultural das familias sitúase no ámbito medio-baixo, é de destacar as expectativas positivas respecto á labor educativa da escola e a colaboración que exercen con ela.

Na actualidade neste centro escolarízanse tódolos alumnos do concello, agás os dalgunhas parroquias: Muimenta, Momán, Bexán e Xustás. No caso de Muimenta, os alumnos/as de educación infantil e primaria acuden ao C.E.I.P. sito nesa localidade, e os rapaces das outras parroquias mencionadas acoden a Castro de Riberas de Lea, lugar onde están adscritas desde o ano 1983.

Na etapa da E.S.O., o centro escolariza ao alumnado propio e algún procedente do C.E.I.P. de Muimenta, tamén acude algún alumno/a do concello de Vilalba e Abadín, por proximidade xeográfica co centro.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo:

A finalidade do noso centro é que o alumnado aprenda e se forme como individuo da sociedade onde vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da súa reflexión sobre esta, así como as relación que se establecen coa nosa contorna. O Plan Dixital ten que ser un instrumento que facilite o uso dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido dende o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado. É fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de forma que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, para dar coherencia e guíe ao uso das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo, o Proxecto de Dirección e na Programación Xeral Anual (PXA).

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24:

Dende a Programación Xeral Anual impulsamos o uso das novas tecnoloxías dende as diferentes etapas educativas, con cursos de formación e plans de innovación para contribuír a un desenvolvemento dixital dende tódalas áreas e materias. O vindeiro curso reflexarase na PXA os obxectivos básicos que consideramos no Plan Dixital, impulsando dende cada departamento e equipo de coordinación a consecución dos mesmos. Recoñecer o PD como un recurso clave para a planificación da estratexia dixital da nosa organización educativa. Transformar o centro educativo nunha organización que aprende e dixitalmente competente, así como valorar as implicacións das organizacións escolares para desenvolver unha cultura dixital nas mesmas

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Selfie e test CDD

Interno
68 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. O alumnado distráese cando usa dispositivos dixitais para estudar. Alumnado Non
Debilidade 4. O alumnado considera que apenas se empregan dispositivo dixitais diariamente na aula. Alumnado Non
Debilidade 2. En ocasións, o alumnado non sabe como usar o software/aplicacións sen axuda. Alumnado Si
Debilidade 5. Gran parte do alumnado emprega a tecnoloxía na para o ocio e moi pouco para tarefas escolares. Alumnado Si
Debilidade 3. O alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas. Alumnado Si
Debilidade 1. Equipo directivo e profesorado consideran na súa maioría que existe unha baixa competencia dixital por parte das familias, así como o acceso limitado do alumnado a unha conexión estable ou a dispositivos dixitais. Familias Si
Debilidade 7. Nunha aula Abalar non funciona o carro de carga Infraestruturas Si
Debilidade 1. O equipo directivo e o profesorado expón que non están actualizados os equipamentos e as redes. Infraestruturas Si
Debilidade 2. O profesorado e o equipo directivo verifican a mala calidade das conexións ás redes Infraestruturas Si
Debilidade 3. O alumnado valora negativamente o acceso a internet. Infraestruturas Si
Debilidade 4. O profesorado ve carencias na asistencia técnica do centro. Infraestruturas Si
Debilidade 5. O centro ten que mercar parte do equipamento informático Infraestruturas Si
Debilidade 6. Ordenadores nas aulas Abalar obsoletos, moitos non funcionan e, se o fan, van moi lentos e con moitos erros. Infraestruturas Si
Debilidade 8. Os ordenadores da aula de informática son moi antigos e funcionan mal. Infraestruturas Si
Debilidade 9. A gran maioría de membros do equipo directivo e de profesores/as considera que o equipo dixital do centro é insuficiente. Infraestruturas Si
Debilidade 1. Unha pequena porcentaxe do profesorado considera que a formación dixital por parte da administración educativa non se axusta ás súas necesidades Oferta Si
Debilidade 2. Insuficientes recursos dixitais para reforzar a labor de ensinanza Oferta Non
Debilidade 1. O profesorado considera que necesita máis tempo para dar retroalimentación ao alumnado. Organización de centro Si
Debilidade 2. Unha boa parte do equipo directivo considera que o centro soamente emprega servizos dixitais educativos corporativos para difundir e recibir información. Organización de centro Non
Debilidade 3. O centro non conta cunha estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade 4. O centro non conta coa filosofía BYOD (Trae o teu dispositivo) Organización de centro Non
Debilidade 5. Non existen canles de comunicación efectivas entre etapas e departamentos no centro Organización de centro Non
Debilidade 7. O profesorado e o equipo directivo consideran que a falta de fondos, falta de tempo e falta de equipos dixitais son factores que afectan negativamente ao proceso de ensino-aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade 1. O profesorado non apoia tanto como o equipo directivo o DPC do seu persoal a todos os niveis. Persoal docente Si
Debilidade 2. Pouca participación en proxectos interdisciplinares así coma intercambio de experiencias dixitais entre o profesorado. Persoal docente Si
Debilidade 3. O profesorado non verifica a calidade da información atopada na rede. Persoal docente Si
Debilidade 6. Unha gran parte do profesorado non se sinte seguro empregando as novas tecnoloxías. Persoal docente Si
Debilidade 9. O profesorado apenas participa en programas de desenvolvemento, redes profesionais ou entornos de aprendizaxe dixital. Persoal docente Si
Debilidade 4. O profesorado non outorga recoñecemento ao traballo dos demais Persoal docente Si
Debilidade 5. Tanto o equipo directivo coma os mestres consideran que non son innovadores á hora de usar as TICS. Persoal docente Si
Debilidade 8. O profesorado non ten fácil acceso a recursos organizados en liña. Persoal docente Si
Debilidade 11. Pouco uso dos dispositivos por parte do profesorado debido á falta de formación. Persoal docente Si
Debilidade 12. Falta de motivación e inseguridade por parte do profesorado á hora de empregar as TICS Persoal docente Si
Debilidade 13. A maioría do profesorado dedica moi pouco tempo na aula á ensinanza dixital. Persoal docente Si
Debilidade 10. Non existe cultura de traballo colaborativo en redes por parte do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza 4. O abalar móbil está positivamente valorado por parte do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza 6. O uso das tecnoloxías na aula adáptase ás necesidades do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza 8. Utilízanse tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos demais. Alumnado Si
Fortaleza 2. O alumnado mostra un comportamento responsable á hora de cuidar os dispositivos tecnolóxicos Alumnado Si
Fortaleza 3. Case a totalidade do alumnado pode atopar toda a información que necesita na web do centro. Alumnado Non
Fortaleza 5. Alta implicación por parte do alumnado no uso das tecnoloxías Alumnado Si
Fortaleza 1. A maioría do alumnado ten acceso a algún tipo de dispositivo dixital. Alumnado Si
Fortaleza 7. O alumnado ten a axuda que precisa na escola para empregar o software educativo. Alumnado Non
Fortaleza 1. Existe profesorado implicado para colaborar coas familias a través das TICS. Familias Si
Fortaleza 2. O alumnado demándalle axuda da familia para usar software e aplicacións novas. Familias Si
Fortaleza 1. O profesorado e o equipo directivo consideran que o acceso á internet é axeitado. Infraestruturas Non
Fortaleza 2. Acceso a internet en todas as aulas por ethernet, o wifi é limitado. Infraestruturas Si
Fortaleza 2. O profesorado conta co apoio do equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinar con medios tecnolóxicos e audiovisuais. Oferta Non
Fortaleza 1. O equipo directivo promove o emprego do software libre no ámbito educativo Oferta Si
Fortaleza 2. A aula virtual está operativa e emprégase a diario por gran parte do profesorado e alumnado. Organización de centro Si
Fortaleza 3. Profesorado e equipo directivo consideran que se leva a cabo o protocolo de protección de datos de forma rigorosa na rede. Organización de centro Si
Fortaleza 1. A web do centro actualízase a diario Organización de centro Non
Fortaleza 4. O equipo directivo apoia o DPC respaldando así novos modelos de ensino e aprendizaxe. Organización de centro Si
Fortaleza 6. O equipo directivo implícase na modernización tecnolóxica das aulas. Organización de centro Si
Fortaleza 7. O equipo directivo ten experiencia en entornos de aprendizaxe dixital. Organización de centro Si
Fortaleza 8. Existe unha estratexia dixital desenvolvida pola profesorado de xeito favorable. Organización de centro Si
Fortaleza 5. Non se precisa do uso de software de pago Organización de centro Si
Fortaleza 1. O equipo directivo verifica a calidade da información atopada na rede. Persoal docente Non
Fortaleza 3. A maioría do profesorado participa en actividades de formación continua para mellorar as súas competencias TIC. Persoal docente Si
Fortaleza 2. O equipo directivo outorga recoñecemento ao traballo realizado polos demais Persoal docente Si
Fortaleza 8. Ó profesorado gustaríalle traballar máis en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Fortaleza 10. O profesorado está disposto a empregar novas modalidades de ensino Persoal docente Si
Fortaleza 11. Utilízanse tecnoloxías dixitais para avaliar, facilitar a retroalimentación e que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza 4. Gañas de aprender e participar en programas educativos TICS Persoal docente Si
Fortaleza 5. Existe bastante intercambio de experiencias dixitais entre os membros do equipo directivo Persoal docente Si
Fortaleza 6. O equipo directivo promove a participación en actividades formativas organizadas pola administración Persoal docente Si
Fortaleza 7. Foméntase a creatividade no centro. Persoal docente Si
Fortaleza 9. As leccións impártense na casa empregando as TICS Persoal docente Si
68 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 2. Equipamento dixital desactualizado. Sempre se solicita renovación do mesmo pero as nosas peticións son ignoradas. Administración educativa Si
Ameaza 5. As aulas Abalar non dispoñen de soporte na práctica, ningunha incidencia é resolta e non se repoñen equipos. Administración educativa Si
Ameaza 7. Moita burocracia e pouca pedagoxía. Administración educativa Non
Ameaza 3. A UAC demórase moito en resolver as incidencias, polo tanto o apoio técnico é moi limitado. Administración educativa Si
Ameaza 4. A administración non provee de equipamento suficiente ao centro para o seu desenvolvemento tecnolóxico Administración educativa Non
Ameaza 1. Prazo moi curto para a elaboración do Plan Dixital. Administración educativa Non
Ameaza 6. Carga lectiva elevadísima sen tempo para formación ou a explotación de novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Administración educativa Si
Ameaza 8. Non existen respositorios ou bibliotecas en liña que conteñan bo material dixitalizado. Administración educativa Si
Ameaza 9. Falta de fondos Administración educativa Non
Ameaza 1. Predomina unha liña pedagóxica tradicional ANPA Si
Ameaza 1. Zona rural con mala conexión ás redes Contorna Si
Ameaza 2. Baixo nivel socioeconómico que non permite ao alumnado traballar cos seus propios dispositivos no centro. Contorna Non
Ameaza 3. Espazo escolar limitado para o desenvolvemento tecnolóxico ANPA Contorna Non
Ameaza 1. Descoñecemento da lexislación na súa totalidade por parte do profesorado en materia de Licenzas. Lexislación Si
Ameaza 2. Lexislación confusa ante os perigos da rede Lexislación Si
Ameaza 1. Non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións ou entidades Outras Si
Ameaza 2. Non chega fibra óptica ao Concello Outras Si
Oportunidade 3. Participación en programas externos relacionados coas TICS Administración educativa Non
Oportunidade 5. Fomento da formación a través dos PFPPs. Administración educativa Si
Oportunidade 6. Mellora do "Ecosistema dixital" do centro subministrando equipamento informático, mellores redes e conexións a internet, así como software e coñecemento do mesmo dacordo ás necesidades detectadas. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Colaboración con entidades locais para a adquisición de equipos Administración educativa Si
Oportunidade 4. Creación dunha estratexia dixital para centros Administración educativa Si
Oportunidade 2. Oferta de formación dixital presencial e práctica na aula para o alumnado e profesorado. Administración educativa Si
Oportunidade 1. Escola de pais e nais ANPA Non
Oportunidade 1. Creación de canles colaborativas e asesoramento entre o profesorado do noso centro e da contorna Contorna Si
Oportunidade 1. Coñecemento da Ley de Protección de Datos Lexislación Si
Oportunidade 1. Posibilidade de compartir experiencias con outros centros Outras Si
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Nomear un responsable TIC e un responsable de PFPP (A1)
O02PD Actualizar repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza-aprendizaxe (C16)
O03PD Dispoñer de asistencia técnica suficiente no centro (C5)
O04PD Intercambiar experiencias profesionais con outros centros (D3)
O05PD Organizar charlas sobre ciberseguridade.

Seguimento

Procedemento

Realizarase un seguimento trimestral.

1º Trimestre

O01PD:  Nomeamento en Claustro con asignación horaria de tres horas e creación por primeira vez de Equipo TIC. Aprobación do PFPP sobre Polos Creativos seguindo a liña e-téxtiles.

O02PD: Intentaranse levar a cabo a actualización de contidos na aula virtual ao longo do segundo e terceiro trimestre.

O03PD:  Reorganizáronse horarios e a coordinadora TIC ten formación técnica suficiente, ao longo do segundo trimestre formarase ao equipo enteiro.

O04PD: Ao longo do 2º ou 3º trimestre contactarmos con outro centro educativo que xa teñan o Polo Creativo en marcha.

O05PD: Plan Director solicitado.

2º Trimestre

O01PD:  Levamos realizado aproximadamente un tercio do PFPP.

O02PD: Estase levando a cabo a cabo a actualización de contidos na aula virtual ao longo do segundo e terceiro trimestre.

O03PD:  Reorganizáronse horarios e a coordinadora TIC ten formación técnica suficiente, ao longo do segundo trimestre formarase ao equipo enteiro.

O04PD: Contactamos co IES Pedregal de Iriamia para visitar ao longo do 2º trimestre a súa aula de Polos Creativos.

O05PD: Plan Director á espera de realizar a charla.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Como base para unha mellora continua, procederemos á recompilación de resultados e a unha avaliación procesual trimestral das accións e procesos que se levan a cabo a través das reunións prescriptivas da CCP e a través dunha avaliación sumativa e final no claustro de final de curso onde se presentarán os resultados.
Cada unha das accións propostas contiñan unha serie de indicadores específicos que nos van axudar a determinar se os obxectivos propostos foron acadados e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas de mellora se materialicen.
Coa análise destes indicadores (na dimensión organizativa, pedagóxica e tecnolóxica) elaborarase unha memoria final na que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores. Ditos indicadores poderán ser utilizados e revisados a principios de cada curso, para adecualos e actualizalos ás condicións concretas de cada curso académico.
A avaliación realizarase en base a tres dimensións:
a) Grao de satisfacción do alumno coa súa aprendizaxe “dixitalizada”: estes cuestionarios serán as propias ferramentas creadas polo profesorado para unha autoavaliación sobre cuan útiles son os pasos dados no perfeccionamento dixital do ensino-aprendizaxe.
b) A capacidade do profesorado para dar resposta ás necesidades dos seus alumnos en contornas educativas dixitais. Será o coordinador/a do P.D.C ou Coordinador/a TIC quen rexistre e avalíe as evidencias entregadas polo profesorado na aula virtual ou noutros soportes creando recursos dixitais.
c) Mellora da competencia dixital do alumnado. Para iso realizarase unha estatística descritiva para o claustro final onde se poidan extraer conclusións acerca da eficacia de todo o proceso de dixitalización e da mellora nas destrezas dixitais do alumnado.

Valoración xeral

Dentro do noso Plan Dixital creamos un Equipo TIC e un PFPP que están funcionando moi ben.

Traballamos a diario con contidos dixitais aínda que seguimos con equipos obsoletos.

 

Proposta de mellora

Renovar o equipamento tecnolóxico do centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente Plan é un plan aberto e flexible ás demandas, dificultades e achegas do claustro do centro. A simple comunicación co Coordinador do P.D.C e/ou co coordinador das TIC vía correo electrónico será suficiente para poñer en coñecemento o desexo de agregar/modificar ou suprimir do Plan aquelas cuestións ou detalles que, ao seu xuízo, non encaixen á perfección co que se pretende realizar no centro. Cada unha das propostas de modificación ou mellora serán meditadas e consensuada no seno da CCP e Claustro para valorar a decisión final.
Esta vía será a mesma vía de comunicación para a oferta de recursos TIC e de recursos formativos neste campo de maneira que se difundan con efectividade as diferentes tarefas que se realicen en canto á dixitalización do centro e á utilización de recursos TIC.