Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Dentro do proceso de seguimento e avaliación do Plan dixital faremos un seguimento mensual do mesmo, xa que moitas das accións dos obxectivos repártense nos diferentes trimestres, o cal axudaranos a ter unha perspectiva real da realización das accións e a análise e resultado das mesmas e se fora necesario da realización de modificacións das accións ou propostas de mellora.
Neste primeiro trimestre, dende o inicio do curso, realizáronse reunións mensuais coa dirección do centro, co profesorado e coas especialistas para detectar as necesidades do alumnado e as dificultades do mesmo. Isto permitéunos buscar e crear recursos máis adaptados as necesidades individuais de cada neno/a, ademais de poder traballar de maneira máis interactiva os contidos. Do mesmo xeito, reunímonos profesorado e especialistas para buscar ferramentas coas que traballar con aquel alumnado que necesitaban dun sistema alternativo de comunicación. Por outra banda, nas reunións tamén detectamos as carencias do profesorado en canto á competencia dixital e solicitouse, a través da persoa coordinadora do CAFI, a formación a realizar neste curso académico que levaremos a cabo nos seguintes trimestres do curso.
No segundo trimestre, ao igual que no primeiro, estivéronse a realizar diversas reunións tanto co equipo directivo do centro como co prefesorado e especialistas do mesmo. De esta maneira podemos seguir unha liña de traballo común no referido as necesidades e dificultades, tanto individuais como colectivas, do noso alumnado. Así, seguimos na liña de traballo do primeiro trimestre, xa que debido ao perfil do alumnado do centro, os materiais elaborámolo principalmente os docentes e especialistas para, posteriormente, traballar no aula os diferentes contidos. Tamén, a través da app "TokAPP" continuamos a comunicarnos activamente coas familias para dar e recibir información de diversa índole en relación ao centro ou alumnado. Ademáis, neste segundo trimestre algúns dos materiais elaborados, a través de diversas aplicacións como canva e kahoot, para conmemorar o 8M, compartímolos cos centros da Xunta das porvincias da Coruña e de Pontevedra. Por outra banda, neste trimestre realizáronse as distintas formacións que tiñamos solicitadas a través do CAFI, permitíndonos ampliar os nosos coñecementos en canto aos contidos das mesmas.
Neste último trimestre seguimos traballando na liña dos anteriores, realizamos reunións mensuais entre o equipo directivo, o profesorado e as persoas especialistas para acadar uns obxectivos de traballo común en canto ao noso alumnado. De este xeito todos e todas traballamos nunha mesma liña que nos permite afianzar contidos co alumnado, e valorar que actividades/tarefas e accións a realizar en determinados momentos. Como xa se comentou, dende o inicio de curso usamos unha aplicación para comunicarnos coas familias e titores/as legais do noso alumnado, "TokApp", que seguimos usando con fins de comunicación, solicitude e envío de información. Tamén continuamos a elaborar material específico para traballar as necesidades individuais dos nosos alumnos e alumnas, a maioría dos materiais que empregamos no noso día a día son recursos dixitais que utilizamos para traballar contidos lóxico-matemáticos, linguaxe, etc. Ademáis, comezamos a facer uso de diversas app que nos permiten traballar a comunicación alternativa con algún do noso alumnado. Finalmente, en relación coas formacións recibidas puidemos poñelas en práctica no noso día a día na escola, sobre todo no patio co noso alumnado. Pese a isto, en relación á formación "Metodoloxía e posibilidades un polo creativo", ao non chegarnos o material non puidemos ampliar e afianzar os nosos coñecementos, esperamos que cara o vindeiro curso académico poidamos aplicar os nosos coñecementos respeto á formación nas aulas.
Avaliación
Para a avaliación final, tivemos en conta o logro dos obxetivos e a observación dos resultados de todo o curso. Durante o curso escolar, de maneira trimestral, avaliarase a execución das ccións propostas, para poder analizar posteriormente os resultados acadados e así poder incluir as nosas propostas de mellora.
Como valoración xeral do Plan Dixital de este curso académico, pódese dicir que se han acadado a meirande parte dos obxetivos e accións propostas. A avaliación ao longo do curso permiteunos ter unha perspectiva real da realización das acións e visualizar o resultados das mesmas. Porén a valoración xenérica de cada obxetivo é a seguinte: en canto ao obxetivo: 1. "Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente de acordo as necesidades do contexto educativo", e a súa respetiva ación A01.1, puidemos elaborar materiais e recursos a través de recursos dixitais, sobre todo material adaptado as necesidades de cada alumno/a que posteriormente imprimimos e plastificamos, puidendoo reutilizar en mais ocasións, é o método que usa a meirande parte do profesorado debido á casuística do noso centro e das necesidades do noso alumnado. No tocante ao segundo obxetivo proposto: "Comunicarse a través do uso de ferramentas dixitais coas familias" e asúa respetiva ación A02.1, dende a escola facemos uso de este medio, pero ben é certo que as familias non participan tan activamente a través desta app. En canto ao obxetivo 3 de "Mellorar a competencia dixital do persoal docente do centro" e a súas respetivas acións A03.1, A03.2, A03.3 e A03.4, dende o centro, o profesorado tivo a oportunidade de facer dúas formacións e ampliar os seus coñecementos en diferentes ámbitos e cara o próximo curso é importante seguir traballando nesa liña para chegar a acadar o obxetivo de nivel proposto "B2". Finalmente, respeto ao obxetivo 4 de "Fomentar o uso de ferramentas e aplicacións dixitais para traballar a comunicación tendo en conta as necesidades individuais do alumnado" e encanto as súas acións propostas A04.1, A04.2 e A04.3, como docentes debemos seguir traballando e formándonos para usar este tipo de ferramentas con fins comunicativos mellorando a calidade de vida do noso alumnado e ofrecéndolle mais oportunidades de interacións sociais.
De cara o próximo curso estaría ben contar con mais formación en relación á Competencia Dixital Docente para acadar un nivel igualitario para todo o profesorado. Ademáis de contar con formacións que poidan poñerse en práctica na aula, xa que neste curso coa formación de "Metodoloxía e posibilidades de traballo nun Polo Creativo", pese a permitirnos aprender novos saberes respeto ao mesmo, non nos permiteu afianzar os coñecementos expostos na formación no noso día a día debido á falta de material.
Comunicación e difusión
A estratexia definida de cara a difusión do Plan Dixital do centro centrarase en tres vías de actuación, as cales serán a seguintes:
- Primeiro, para a difusión do PD do centro engadirémolo o Plan educativo do mesmo, actualizándoo e revisándoo.
- Segundo, a entidade a que se vincula o centro educativo conta cun equipo de comunicación, o cal se encarga unha vez a semana de difundir todas as novidades, e actividades que acontecen e se realizan no CEEPR, sendo tamén un canle de difusión para o PD.
- E por último para facer participe as familias dos nosos alumnos as cales tamén forma parte da comunidade educativa farase uso da ferramenta Tokapp a través da cal se lles poderá informar das diferentes actividades vinculadas a realización dos obxectivos plantexados.
Pódese acceder a dito Plan Dixital a través da seguinte ligazón: