Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Breve xustificación.

Na lexislación vixente establécese que o Proxecto Educativo recollerá a estratexia dixital do centro. Confórmase este Plan como unha ferramenta fundamental no centro para o fomento da investigación e innovación, a formación do profesorado, a xestión e organización interna, a compensación de desigualdades e a inclusión, etc. Ten un papel importante no desenvolvemento dos proxectos elaborados a nivel de centro.

En relación á normativa vixente, o presente Plan Dixital (en diante PD), contextualízase nas disposicións normativas seguintes:

  • Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE).
  • Lei Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, pola que se modifica la Lei Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (LOMLOE).
  • Decreto 150/2022, de 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.(Art.30).
  • Orden de 30 de mayo de 2023 por la que se desarrolla el Decreto 150/2022, de 8 de septiembre, por el que se establece la ordenación y el currículo de la educación infantil en la Comunidad Autónoma de Galicia y se regula la evaluación en esa etapa educativa. (Art. 12 y 15).
  • Resolucuón do 6 de xuño do 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolveento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contextualizando a situación da escola destacamos que afrontamos este curso 2023-2024 un gran cambio. Todo o persoal docente comezou novo neste Centro. Porén este Plan require de reflexión e debate do equipo docente sobre o emprego das novas tecnoloxías nesta etapa e cómo adaptalas ao noso alumnado e ás súas características e necesidades individuais. Asemade, tamén queremos aproveitar tódolos recursos que a Escola ten á nosa disposición para tirarlles o maior aproveitamento posible tanto coas crianzas coma para elaborar materiais para as aulas.

Na actualidade, a Escola conta con un equipamento non consignado nun inventario, entre o que destacaremos o equipo croma, a cricut e a impresora 3D. Nestes equipos é onde queremos centrar a formación relacionada coas mestras implicadas no PFPP. Tamén contemplamos outros obxectivos de cara ás crianzas e as súas familias que se desenvolverán grazas á formación recibida para o uso destes equipos. A idea sería dispór de ferramentas tecnolóxicas a disposición do alumnado para facilitarlle o coñecemento do entorno cercano e mesmo do mundo.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24

A contribución do Plan Dixital á Programación Xeral Anual do curso 2023/2024:

  • As accións de mellora e obxectivos presentadas no actual documento que constitúe este plan.
  • A contribución que, de maneira transversal, se fai sobre aspectos relativos ao uso do equipamento do centro.

Proceso de elaboración

O presente Plan foi elaborado coa intención de dar continuidade ao iniciado polo anterior claustro e ampliar as posilibidades de uso e coñecemento dos medios dos que dispón a Escola. Ao inicio do curso 2023-2024 estudouse a posibilidade de realizar un PFPP para dar continuidade ao PD. Neste momento, as persoas implicadas no desenvolvemento do PD están a modificar e revisar os obxectivos de dito Plan, para levar a cabo os obxectivos en desenvolvemento do curso anterior así coma fixar novos obxectivos para o curso actual.

Os documentos de informe SELFIE e do test CDD, realizados no curso 2021-2022,  actuaron como documentos de referencia para xerar unha análise DAFO que favoreceu a reflexión sobre a situación do centro no contexto da dixitalización, e a elaboración final do Plan Dixital de Centro orixinal en termos de fixación de obxectivos e actuacións de mellora. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Fontes empregadas para a análise DAFO

Tal como comentamos no proceso de elaboración do plan, o centro realizou as perceptivas probas do test SELFIE e o Test de Competencia Dixital Docente (TCDD). Non obstante, as características do noso centro (idade dos alumnos, número de profesorado e a renovación total do mesmo) implica que os resultados de ditas ferramentas sexan pouco prácticos, limitados e pouco realista.

No caso do SELFIE, polas propias características da ferramenta, pensada para centros doutras etapas educativas e mais grandes, a información é moi parcial. Unha parte significativa da ferramenta non pode ser aplicada ao noso centro. Porén a información recollida provén de só dúas persoas. 

Os resultados do TCDD, realizado polo 75% das mestras, son irrelevantes para o plan posto que ningunha das docentes do curso pasado estan no centro este curso académico 23.24.

No DAFO realizado no curso 22-23 considérase a liña de traballo das mestras do pasado curso,  dando mais peso ás partes do SELFIE tales como as posibilidades das infraestruturas e materiais dixitais da escola e as posibilidades que ofrecen as ferramentas da Consellería e a comunicación coa comunidade escolar (familias e concello). Este curso consideramos que sería fundamental o aproveitamento para o bo uso do equipamento dixital co que conta o centro e é ao que imos adicar a formación do PFPP.

 


 

Interno
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Dada a idade, forte dependencia do adulto tanto na aula como na casa no seu desenvolvemento curricular dixital e analóxico. Alumnado Si
Debilidade Competencias dixitais do alumnado limitadas. Alumnado Si
Debilidade Desigual capacidade de desenvolvemento dixital das familias, algunhas con dificultade. Familias Si
Debilidade Necesidade de contratar servizo de mantemento externo. Organización de centro Si
Debilidade Insuficientes recursos humanos para alumnado con NEAES. Organización de centro Si
Debilidade Mobilidade do profesorado. Persoal docente Si
Debilidade Dificultades temporais para explorar o ensino dixital. Persoal docente Si
Debilidade Poucos docentes. Persoal docente Si
Fortaleza Hai unha doada comunicación coas familias via presencial, telefónica, a traves de AbalarMóbil, páxina web oficial. Familias Si
Fortaleza A escola ten unha boa infraestrutura dixital. Infraestruturas Si
Fortaleza Na escola hai dispositivos dixitais que podemos empregar na nosa labor docente PDI e ordenador en cada aula, tablets, algún portátil. Infraestruturas Si
Fortaleza Hai unha boa conexión a internet e wifi. Infraestruturas Si
Fortaleza O profesorado emprega servizos dixitais non corporativos (blogs, instagram) Persoal docente Si
Fortaleza O Profesorado realiza actividades de aprendizaxe dixitais para motivar ao alumnado Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado busca recursos en internet para empregar na aula. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega algúns servizos dixitais corporativos (correo electrónico, AbalarMóbil). Persoal docente Si
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Alta demanda burocrática no centro, sen personal administrativo. Administración educativa Si
Ameaza Os servizos dixitais corporativos poden ser complexos de manexar. Administración educativa Si
Ameaza Non hai un servizo axustado de mantemento de dispositivos. Temos que contratar servizo externo. Administración educativa Si
Oportunidade Servizos dixitais corporativos. Administración educativa Si
Oportunidade Oferta de cursos de formación ao longo do ano. Administración educativa Si
Oportunidade Boa comunicación coa ANPA. ANPA Non
Oportunidade Posibilidade de conseguir financiación a través do Concello e Caixabank. Outras Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras analizar os resultados do noso DAFO evidéncianse carencias a nivel de recursos humanos, así como de dispoñibilidade horaria para favorecer o desenvolvemento dixital do alumnado; principalmente tendo en conta que, dada a súa idade, a súa dependencia do adulto é moi grande e as súas capacidades limitadas.

Por outra banda, as familias do noso alumnado teñen distintos niveis de alfabetización dixital e o profesorado no momento da análise do curso 22-23 non contaba con destino definitivo no centro, polo que é difícil determinar neste caso cales son as necesidades concretas a cubrir a medio e longo prazo. Este curso 23-24 consideramos que a importancia ten que vir derivada do uso e aproveitamento dos materiais dos que dispón a escola e intentar actualizar e poñer ao día todos os dispositivos quie temos sen usar ou deteriorados, sendo fundamental isto en relación á consecución de obxectivos do Plan Dixital. 

No relativo a infraestrutura dixital da escola, os recursos cos que contamos na actualidade son suficientes en liñas xerais pero con algunhas carencias nalgúns dispositivos. 

Así mesmo, outro dos puntos fortes da nosa escola é unha fluida comunición coa ANPA.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD 1. Localizar e organizar os instrumentos, recursos e ferramentas dixitais do Centro e informar ao claustro de como dispoñer delas.
O02PD 2. Aprender a utilizar os recursos makers dispoñibles no centro e fomentar o seu uso.
O03PD 3. Crear recursos dixitais para empregar na aula significativos, vivenciados e manipulativos.

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada a través de unha avaliación inicial, unha avaliación procesual e unha avaliación final.

 

1º Trimestre

Despois da reunión do 12 de decembro os acordos tomados para continuar co Plan Dixital son os seguintes:

  • Obx1. Estamos organizando o material (Un almacén)
    • A.1.1. Estamos facéndoo nun Word no cal deixaremos reflectido se son da UAC ou propio.
    • A.1.2. Solicitamos unha panel a UAC e xa a temos instalada (A1.4).
    • A.1.5.Na páxina web subimos a documentación a medida que nos chega, materiais, documentación. Estamos empregando Abalar Móbil. Temos pensado seguir empregando Instagram pero o Blogue vamos deixalo.
  • Obx2: Temos asignada unha coordinadora de Polos(A2.1) e solicitamos o PFPP (2.2). A formación desenvolverase en Xaneiro.
  • Obx3: Pendente para o segundo trimestre unha vez feita a formación.

 

2º Trimestre

Despois da reunión do 21 de marzo do 2024 os acordos tomados para continuar co Plan Dixital son os seguintes:

  • Obx1. Tivemos a formación do PFPP sobre Cricut, impresora 3D, robótica e Chroma e revisamos este trimestre as tabletas. Estamos facendo un Espacio Maker na biblioteca e estamos organizando o material tecnolóxico. Cando teñamos todo organizado faremos as normas (A1.3). O panel solicitado está instalado na escola. A páxina web xa están actualizada (A1.5) e tamén están empregando Abalar pero non o blogue que de momento non o teñen.
  • Obx2:Xa recibimos a formación en Polos e remátarona (A2.3). No terceiro trimestre comenzarán a desenvolver as actividades (A2.4)
  • Obx3: Crearon a carpeta e introduciron a información da formación recibida (3.2) e irán complementando no terceiro trimestre.
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, realizarase:

  • Unha valoración inicial do plan por parte do equipo docente no primeiro trimestre do curso, na que realizar axustes se se consideran precisos.

  • Unha avaliación procesual como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

  • Unha avaliación final ao remate do curso. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado polo Consello Escolar, publicarase o presente plan na páxina web do centro para coñecemento de toda a comunidade educativa.