Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A traxectoria do centro no ámbito das novas tecnoloxías é a seguinte:

  • Centro Abalar dende o curso 2011–12.
  • Centro E-Dixgal dende o curso 2020–21 para 1º da ESO e para toda a secundaria dende este curso 2021–22.
  • Utilización das Aulas Virtuais de Moodle dende o curso 2019–20 en practicamente tódalas materias e cursos, con anterioridade alternábanse coa plataforma Google Classroom.
  • Páxina web permanentemente actualizada con toda a información do centro (Secretaría, Departamentos, Orientación, Actividades extraescolares e complementarias, xefatura de estudos, ANPA)
  • Abalar Móbil como comunicación directa cos pais, nais e titores legais para a notificación de faltas, comunicacións de titoría/dirección/xefatura e entrega de boletíns académicos. En aumento o seu emprego para a petición de informes de titoría entre o profesorado.

No relativo á cuestión da integración do Plan Dixital na PXA (Programación Xeral Anual) dicir que é totalmente coherente co exposto na mesma xa que o noso centro é o máis dixitalizado de Galicia: arredor de 600 alumnos (toda a ESO) dispoñen de ordenador E-Dixgal, e cada vez son máis as materias interesadas en incorporarse ó Proxecto. Isto implica unha aposta forte pola nosa parte pola dixitalización e a formación e implicación do profesorado para adquirir destrezas neste campo. Ademais un profesor do centro é mentor dun equipo ADIX para a implementación do Plan Dixital nos centros educativos asignados. Todo isto permite unha utilización mellor dos recursos dispoñibles e mellora a nosa competencia dixital. Por iso non se observa, ata o momento, ningunha reticencia na comunidade educativa á hora de utilizar tecnoloxías dixitais na práctica docente habitual. A PXA non fai máis que reflectir esta situación.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A realización do DAFO realizouse a partir dos datos recabados do SELFIE, tanto do alumnado coma do profesorado, e do Test de Competencia Dixital do profesorado.

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11. Aprender a codificar Alumnado Si
Debilidade C16. Bibliotecas/repositorios en liña Infraestruturas Si
Debilidade A01. Carencia dunha estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade B01. Avaliación do progreso de ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade E05. Utilización de Recursos Dixitais Abertos (REA) Persoal docente Non
Debilidade E02. Creación de recursos dixitais Persoal docente Non
Debilidade G06. Coavaliación entre o alumnado Persoal docente Non
Debilidade F06. Proxectos interdisciplinares Persoal docente Si
Fortaleza H10. Habilidades dixitais. Utilización das TIC en distintas materias Alumnado Non
Fortaleza C01. Infraestrutura. (ESO) Infraestruturas Non
Fortaleza C03. Acceso a internet. (ESO) Infraestruturas Non
Fortaleza C10. Dispositivos para o alumnado para casa. (ESO) Infraestruturas Non
Fortaleza C03. Acceso a internet (Bacharelato) Infraestruturas Non
Fortaleza C08. Dispositivos para o alumnado no centro. (ESO) Infraestruturas Non
Fortaleza C01. Infraestrutura (Bacharelato). Infraestruturas Non
Fortaleza E04. Comunicación entre a comunidade educativa Persoal docente Si
Fortaleza E01. Busca de recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza E03. Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza D03. Intercambio experiencias Administración educativa Non
Ameaza Falta de profesorado Administración educativa Non
Ameaza Excesiva ratio Administración educativa Non
Ameaza Perda de desdobres Administración educativa Non
Ameaza A04. Tempo Administración educativa Non
Ameaza Aumento de labores administrativos Administración educativa Non
Oportunidade C05. Asistencia técnica Administración educativa Non
Oportunidade C08. Dispositivos ABALAR Administración educativa Non
Oportunidade C03. Acceso a internet Administración educativa Non
Oportunidade A LOMLOE aposta pola competencia dixital Lexislación Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A grandes rasgos obsérvase que as liñas de traballo dos vindeiros anos deberían ir encamiñadas cara a implicar ao alumnado na súa propia avaliación e implicación na súa aprendizaxe, un traballo máis interdisciplinar e inclusivo, ampliando o emprego de recursos abertos e accesibles. Todo elo nun ensino dixital máis xeralizado que non se limite ás materias tecnolóxico-dixitais: a competencia dixital debe ser un obxectivo de todas as materias.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Realizar o inventario dixital do centro (C1 C3 e C14)
02PD Participar no Proxecto Interdisciplinario de Centro (F3 F4 F5 e F6)
03PD Participar no Proxecto Interdisciplinario de Centro (F3 F4 F5 e F6)
04PD Explorar o uso da IA no ámbito educativo
05PD Actualizar o repositorio de recursos dixitais interdisciplinarios (C16)
06PD Afianzar a estratexia de difusión a través das Redes Sociais (E4)
07PD Crear proxectos con la dotación del Polo Creativo

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será:

-   En canto a avaliación procesual, realizarase nas datas reflectidas nas distintas descricións das accións, como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

-   Antes do 30 de xuño realizarase unha avaliación final que incluirá, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Realizadas tódalas accións previstas e indicadas nos seus respectivos seguimentos.

 

2º Trimestre
3º Trimestre

Realizadas tódalas accións previstas e indicadas nos seus respectivos seguimentos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Análise de resultados en canto obxectivos acadados respecto dos propostos inicialmente.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital de Centro será exposto na páxina web do IES, no bloque “Centro” e sección “Documentos”, onde se atopan aqueles preceptivos de difusión á comunidade educativa. Na aula virtual “Plan Digital de Centro”, accesible ao claustro, se atopará unha copia e a súa versión editable para ir completando a avaliación procesual.