Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

O Instituto de Educación Secundaria “Afonso X O Sabio” de A Barcala, está situado no Concello de Cambre, municipio da provincia de A Coruña.

Encóntrase a 12 km da cidade de A Coruña e está comunicado pola estrada N-550, pola autoestrada A-9 e varias estradas locais. Ata a Barcala pode accederse mediante transporte público cada 15 minutos. O instituto conta tamén cun servizo de transporte para o alumnado que o precise.

A maior parte do alumnado do centro provén do concello de Cambre dos tres CEIPS que o centro ten adscritos na actualidade: o Wenceslao Fernández Flórez de Cambre, O Graxal e Portofaro do Temple. O alumnado dos ciclos formativos provén tanto do concello de Cambre coma dos concellos limítrofes.

Os datos do centro son os seguintes:

Dirección

Rúa Río Sil, nº 9

15660 - A Barcala (Cambre)

Teléfono: 881.880.339

E-mail: ies.afonsoxcambre@edu.xunta.gal

Páxina Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesafonsoxcambre/

No IES Afonso X O Sabio impártense dous tipos de ensinanzas:

- Obrigatorias: ESO (ensino secundario obrigatorio)

- Post-obrigatorias:

  • Bacharelato nas modalidades:
    • Humanidades e Ciencias Sociais.
    • Ciencias da Natureza e da Saúde.
  • Ciclo Formativo de Grao Medio de Xestión Administrativa.
  • Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración e Finanzas.
  • FP Básica de Informática de Oficina.

No centro hai en total 784 alumnos e alumnas no curso 2023/2024. O claustro está composto por 91 membros.

O Centro conta no seu cadro de persoal con dous auxiliares administrativos, dous membros de persoal subalterno e catro persoas no equipo de limpeza. Hai tamén unha coidadora para atender ao alumnado dependente. No presente curso hai ademais unha auxiliar de conversa de inglés.

 

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O I.E.S. “Afonso X O Sabio” está situado, dentro do Concello de Cambre, nunha contorna urbanizada, cunha poboación de arredor de 7.000 habitantes. O contexto socioeconómico é medio, e o alumnado mostra coñecemento e interese polas novas tecnoloxías.

O centro recolle no seu PEC a vontade da comunidade educativa de apostar polas tecnoloxías da información e comunicación adaptadas aos contextos de ensino aprendizaxe. Está a facerse un esforzo específico na adecuación dos medios dixitais dispoñibles co aumento de actividades que capaciten aos alumnos para o seu uso.

Na programación xeral anual especifícase no obxectivo 1: Continuar coa renovación pedagóxica, apostando polo dominio das novas tecnoloxías o cal supón dar unha importancia prioritaria ao desenvolvemento dos plans de dixitalización do centro co apoio do profesorado e da administración.

Ademais o instituto é un centro moi dinámico que participa en múltiples programas e convocatorias, entre as que cabería citar a concesión do Premio Innovagal 20-21, Seccións Bilingües, Programas Europeos (Erasmus+ KA1 e KA2), EDIXGAL ou Clubs de Lectura e de Ciencias, entre outros.

Proceso de elaboración

Para a elaboración do Plan Dixital formouse a principios do curso 2021/2022 un Grupo de Traballo (PFPP) composto por 7 docentes do centro. 

Do traballor realizado nese curso académico, fíxose unha análise DAFO e definíronse unhos obxectivos a acadar durante o curso 2022/2023.

A comezo do curso 2023/2024, o Grupo de Traballo reúnese e define, empregando os datos da análise DAFO, novos obxectivos a acadar durante o curso atendendo ás indicacións proporcionadas dende o equipo ADIX.

Fases do proceso:

- Revisión do Análise DAFO realizado no curso 2021/2023.

- Realización dun Plan de Acción definindo os obxectivos e as accións a seguir durante o curso 2023/2024 tendo en conta a Análise DAFO e os obxectivos xa acadados no curso 2022/2023.

- Realización da versión 2.0 do Plan Dixital. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A recollida de información realízase a través dos datos obtidos no curso 2021/2023, no que se empregaron os seguintes instrumentos:

- O informe SELFIE, obtido das enquisa de autoavaliación proporcionada pola ferramenta SELFIE (da Comisión Europea) que realizou profesorado e alumnado entre o martes 2 e o luns 22 de novembro de 2021.

- Os resultados extraídos do test de Competencia Dixital Docente (CDD), realizado polo profesorado do centro entre o martes 8 e o luns 28 de febreiro de 2022.

Interno
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C13OP NA ESO: algún non cargan o portátil cando o levan á casa Alumnado Non
Debilidade C8-Pouca disponibilidade de dispo.dixitais en Bac Alumnado Non
Debilidade H10-Competencia dixital media baixa. Nalgúns casos desinterés polo aprendizaxe. En ocasións perden o tempo en tarefas non relacionadas Alumnado Si
Debilidade Algunhas familias son reticentes ao emprego das computadoras e teñen desconfianza hacia o aprendizaxe das TIC por parte de alumnado Familias Si
Debilidade C5 Pouca disponibilidade de horas para asistencia técnica Infraestruturas Non
Debilidade C2,C8- Algúns equipos antigos nas aulas de informática. Mal funcionamento ou obstáculos algún dispositivos como equipos, pizarras¿ Infraestruturas Si
Debilidade A6-Baixa colaboración das empresas na estratexia dixital do centro en FP Oferta Non
Debilidade A3-Centro grande con moito alumnado de diferentes niveis: ESO Bach, CF, FPB Oferta Non
Debilidade A3-Algúns empregan metodoloxías tradicionais Organización de centro Si
Debilidade A1 - Falta dunha estratexia dixital clara Organización de centro Si
Debilidade A4-Falta de tempo para explorar a competencia dixital Organización de centro Si
Debilidade A2-Cambios frecuentes de profesorado. Pouca implicación na formación por parte dalgúns profesores Organización de centro Si
Debilidade B1,B2-Baixa avaliación e debate sobre as TIC Persoal docente Non
Debilidade B3-Escaso traballo en equipo Persoal docente Non
Debilidade D1,D3-Baixo debate sobre DPC Persoal docente Non
Debilidade G3,G5,G8-Baixo uso de tecnoloxías nas avaliacións Persoal docente Si
Debilidade A3-Algúns son reticentes á innovación dixital Persoal docente Si
Debilidade E2-Escasa creación de recursos dixitais Persoal docente Si
Fortaleza H (Todas)-O alumnado di que adquire competencias dixitais no centro Alumnado Non
Fortaleza C8-Alta disponibilidade de dispositivos dixitais para o aprendizaxe na ESO grazas a Edixgal Alumnado Non
Fortaleza Alto procentaxe de alumnado con motivación e interés polo emprego de computadoras Alumnado Non
Fortaleza C3-Boa conexión a Internet Infraestruturas Si
Fortaleza C2- Disponibilidade de dispositivos dixitais (pizarra dixital e ordenador) para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza C1- Hai catro aulas de informática Infraestruturas Si
Fortaleza C5-Boa implicación dos docentes con competencia dixital na asistencia técnica e axudando aos compañeiros Infraestruturas Si
Fortaleza Edixgal, Erasmus. Seccións bilingües. Programas Europeos. Convivencia e meditación. Biblioteca. Club de ciencia. Oferta Non
Fortaleza C150P-Hai una web, EDIXGAL na ESO e aula virtual en Bac e ciclos Organización de centro Si
Fortaleza C1-Concienciación do equipo directivo sobre a importancia das TIC Organización de centro Non
Fortaleza H12OP-Parte do profesorado con formación axeitada Organización de centro Non
Fortaleza C5-Hai un formulario online para incidencias informáticas Organización de centro Si
Fortaleza E1 ,E3-Alto emprego de EV e recursos en liña Persoal docente Non
Fortaleza B1- Se valora o progreso do proceso de Ensino-Aprendizaxe con tecnoloxías Persoal docente Si
Fortaleza E4-Hai canles de comunicación Persoal docente Non
Fortaleza F - Alto uso de actividades dixitais Persoal docente Si
Fortaleza D2-Participación media-alta no DPC Persoal docente Non
Fortaleza Colaborador na loxística das actividades educativas do centro Persoal non docente Non
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C2-Falta de dotación de equipamiento para Bac e FP. A formación específica ofertada non cubre todas as necesidades. Pouco tempo para adicar á formación. Poucos docentes de apoio para alumnado con NEAE Administración educativa Si
Ameaza C5-Servicio técnico pouco áxil Administración educativa Non
Ameaza Centro moi grande, ratio profesorado/alumnado elevado en todos os niveis. Fenda dixital tanto entre o profesorado como entre o alumnado Contorna Si
Ameaza A localización do centro socioeconómico da contorna é baixo Contorna Non
Ameaza C7. Normativa estricta en canto á protección de datos. Falta de concentración curricular para orientar o Plan Dixital. Lexislación Non
Ameaza B3.Pouca colaboración con outras organización Outras Non
Ameaza A6-Pouca participación das empresas no currículo da FP Outras Non
Oportunidade Apostan pola ensinanza dixital Administración educativa Non
Oportunidade C2-Dispoñibilidade dun equipo informático para o profesorado da ESO Administración educativa Non
Oportunidade Inmersión en proxectos educativos como EDIXGAL Administración educativa Si
Oportunidade Amplia oferta de formación do profesorado Administración educativa Non
Oportunidade C5-Soporte Premium 24x7 en Edixgal Administración educativa Si
Oportunidade Alghunas familias apoian ao centro no proceso de ensioaprendizaxe . Son favorables e implicadas co emprego das TIC no aprendizaxe dos seus fillos ANPA Non
Oportunidade C12-Alto apoio por parte das bibliotecas e os centros socioculturais da zona para acceso a dispositivos e redes. Imprementación das TIC na meirende parte da sociedade (Vida social, comunicación, institucións¿) Contorna Non
Oportunidade C1-Contración polo centro dun equipo de asistencia informática Outras Non
Oportunidade Implicación do concello na difusión das actividades do centro Outras Non
Oportunidade Obradoiros para o alumnado da ESO sobre comportamento responsable na rede por parte da Garda Civil Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del, o Grupo de Traballo encargado da realización do Plan Dixital estableceu áreas prioritarias e determinou unha serie de obxectivos para o curso 2022/2023. Unha vez acadados dito obxectivos, establécense novos obxectivos para o curso 2023/2024, tendo en conta a filosofía SMART:

- Específicos (Specific): deben ser o máis concretos posibles. Deben estar redactados de tal forma que se comprenda exactamente o que se pretende facer e como.

- Medibles (Measurables): deben responder a metas cuantificables para saber cando se acada.

- Alcanzables (ACHIEVABLE), É DICIR, QUE SEXAN AMBICIOSOS, PERO POSIBLES.

- Relevantes (Relevant): que conleven un beneficio importante para a organización educativa.

- Definidos no tempo (Time Bound): que sexan axustados a un marco temporal para identificar as etapas e os fitos que permitirán acadar os obxectivos.

Para a consecución de cada obxectivo deseñáronse varias accións nas que se inclúen:

- Os recursos (humanos, equipamento e económicos).

- As persoas responsables.

- Os indicadores de logro.

- Os instrumentos para medilos.

- Os prazos de realización.

As accións organizáronse polas áreas estratéxicas definidas no SELFIE, que corresponden as áreas de mellora en relación coas do marco DigCompOrg.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Organizar e facilitar o acceso á documentación TIC do centro.
O02PD Revisar e actualizar os protocolos EDIXGAL do Centro.
O03PD Organizar a configuración da rede cableada do centro.
O04PD Actualizar ou mellorar o equipamento dixital do centro
O05PD Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado de ciclos e bacharelato

Seguimento

Procedemento

Para o procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, avaliarase o Plan Dixital:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Nestas avaliacións valoraranse os aspectos que teñen que ver co estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Valorarase o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Realízanse todas as Accións planificadas para o primeiro trimestre no Plan Dixital, tal e como se reflexa no seguemento dos Obxectivos e Accións deste Plan

2º Trimestre

Realízanse todas as Accións planificadas para o primeiro trimestre no Plan Dixital, tal e como se reflexa no seguemento dos Obxectivos e Accións deste Plan

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Analizaranse os resutados en canto aos obxectivos acadados respecto dos obxectivos propostos

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia a seguir ou o protocolo para a publicidade e difusión do Plan Dixitial entre toda a comunidade educativa é como segue:

1. Enviar por correo electrónico o Plan Dixital a todo o Claustro e aos membros do Consello Escolar

2. Presentación e aprobación do Plan Dixital no Consello Escolar (pendiente data)

3. Publicalo na páxina web do instituto. Enlace (pendiente).