Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Milladoiro pertence a Malpica de Bergantiños, situado na provincia de A Coruña e localizado na denominada Costa da Morte. 

A filosofía de traballo do CEIP Milladoiro baséase nos Proxectos Documentais Integrados (PDI). Cada curso buscamos propostas curriculares, avaliables dentro das programacións de actividades e contidos das aulas, introducindo todos os novidosos recursos tecnolóxicos ao noso alcance para que sexan proxectos propios do século no que estamos. Este enfoque traballa a favor de: dinámicas da aprendizaxe baseada en proxectos (ABP), do profesorado, e o máis importante, do alumnado, que recibe propostas innovadoras de traballo ALFIN con enfoque disciplinario e coa seriedade e importancia do traballo curricular e avaliable. Por iso, no curso 2019/2020 , deseñamos os laboratorios de aprendizaxe, que organizamos combinando niveis, creando grupos mixtos de maneira que os pequenos comparten as experiencias cos máis maiores e estes axúdanlles aos doutras idades aprendendo todos á vez de forma cooperativa. Estamos incorporando en cada un dos laboratorios metodoloxías amplamente experimentadas noutros centros, e que permiten traballar a inclusión e as melloras das capacidades dun xeito real, ademais de facilitar a convivencia. 

Consideramos que o Plan Dixital debe formar parte, de maneira transversal, do proxecto de colexio que desenvolvemos, curso tras curso, mediante diferentes plans e programas; polo que de cara ao vindeiro curso 2023/24 buscaremos a consecución dos seus obxectivos específicos integrándoos de maneira activa e significativa nos seguintes plans e programas:  Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (somos PLAMBE 1), que inclúe o programa de Radio na Biblio, Biblioteca Creativa, Biblioteca Inclusiva, o programa E-LBE.2 de lectura dixital; e grazas ao cal somos dende o curso 2019 un centro LIA.2: Lectura, Información e Aprendizaxe mediante diversos laboratorios de aprendizaxe desenvoltos nos diferentes espazos creativos habilitados (Laboratorio Documental, Laboratorio Experimental, Laboratorio de Imaxe, Laboratorio de Son e Laboratorio de Ideas)  Contrato- Programa, especialmente nas liñas de Innova, na modalidade “O centro docente como promotor da excelencia a través do afondamento nun ámbito de coñecemento” EDUexcelencia e EDUinnova “O centro docente como entorno innovador de aprendizaxe a través da mellora permanente”, no ámbito da competencia básica en ciencia e tecnoloxía.

Cabe destacar que no anterior curso 2022/23 nos integramos no proxecto E-Dixgal, ademais de recibir formación do PFPP sobre o Plan DIxital e co cal seguiremos este curso escolar.

 Consideramos que a elaboración dun Plan Dixital acorde co contexto do centro é un recurso máis para axudar nesta compensación de diferenzas no noso alumnado, ademais de abrir novas oportunidades para un maior desenvolvemento das competencias clave e para o cambio metodolóxico que leve a conseguir o obxectivo dunha mellor calidade educativa. As TICs ou TACs, como recursos educativos, precisan dunha competencia dixital previa dos docentes, de forma que se manipulen e utilicen correctamente os soportes informáticos, programas, o funcionamento dos sistemas operativos... como ferramenta para elaborar a programación de aula, o deseño da metodoloxía e a avaliación, e soamente, baixo o dominio destes recursos, podemos axudar ao alumnado a utilizalos para a súa aprendizaxe e para o avance das distintas competencias. Pero estes recursos dixitais, por si mesmos non garanten unha aprendizaxe significativa, se non que vai depender da didáctica empregada, polo tanto a metodoloxía debe ser activa, que promova a socialización, cooperación e participación de todo o alumnado; flexible e individual para adaptarse a todo o grupo; motivadora, significativa e funcional e que afiance a autonomía e descubrimento.

 

Cabe destacar a normativa indicada para este proceso de dixitalización que queda recollida nos seguintes puntos:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

• Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

• Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Para a elaboración deste Plan solicitouse o apoio de todo o profesorado. Primeiramente realizouse o SELFIE  e o test CCD, contando cunha participación masiva. A partir dos datos obtidos, os membros do Equipo reunímonos para realizar o DAFO, a partir do cal sacamos conclusións da nosa situación de partida. Posteriormente rematada esta fase inicial  definimos os obxectivos propostos para o curso escolar, de forma que poidamos avanzar do urxente ao importante e finalmente redactamos este documento. Partindo dos obxectivos do ano pasado, da avaliación e das propostas de mellora redactamos 6 obxectivos novos cara este curso 2023/24.

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración deste Plan solicitouse o apoio de todo o profesorado. Primeiramente realizouse o SELFIE e o test CCD, de forma individual e contando cunha participación masiva. A partir dos datos obtidos, os membros do Equipo reunímonos para realizar o DAFO, a partir do cal sacamos conclusións da nosa situación de partida. Posteriormente rematada esta fase inicial definimos os obxectivos propostos para o próximo curso escolar, de forma que poidamos avanzar do urxente ao importante e finalmente redactamos este documento.

Interno
44 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. O profesorado non conta cun tempo específico para ensinar ao alumnado a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade 1.Falta de formación sobre os recursos educativos dixitais nun amplio número de fogares, por falta de continuidade do proxecto de ensinanza ás familias. Familias Non
Debilidade 1. Carecemos de rede WIFI aberta de centros. Infraestruturas Non
Debilidade 2. O centro conta con asistencia técnica externa. Infraestruturas Non
Debilidade 3.Carecemos dun sistema de protección de datos xa que non se non se nos plantexara como obxectivo prioritario dende o equipo directivo. Infraestruturas Non
Debilidade 2. O profesorado adica o tempo a outras actividades prioritarias para o centro, como as do PDI, polo que carece de tempo para a elaboración da estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade 3. O centro mantén escasa organización con outros centros. Organización de centro Non
Debilidade 1. Carecemos de estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade 4. Falta de asistencia técnica interna. Organización de centro Non
Debilidade 1.O tempo, dentro do horario lectivo, é escaso para explorar de forma profunda a ensinanza dixital, xa que se desenvolven diferentes actividades e programas no centro. Persoal docente Non
Debilidade 3. Os debates realízanse de xeito puntual cando xurden cuestións sobre determinados recursos dixitais, e non programamos debates continuos. Persoal docente Non
Debilidade 7. O noso centro comunícase coas familias utilizando ABALAR. Persoal docente Non
Debilidade 8. O alumnado non recibe formación sobre a autoavaliación e a coavaliación empregando ferramentas dixitais, polo que non a utiliza. Persoal docente Non
Debilidade 11.O claustro é principiante tanto no uso do EVA como na aula virtual. Persoal docente Non
Debilidade 12. O profesorado descoñece o uso de ferramentas e recursos de avaliación, polo que non se empregan. Persoal docente Non
Debilidade 13. A maioría do claustro non emprega tecnoloxía dixital para facilitar a retroalimentación dende un punto de vista avaliable. Persoal docente Non
Debilidade 2. No centro avaliamos de forma informal nas relacións diarias. Persoal docente Non
Debilidade 4. O equipo directivo non prioriza a formación dixital ante outros obxectivos a Pax 8 de 17 centro e diferentes blogues. Persoal docente Non
Debilidade 5. A maioría do claustro busca recursos educativos dixitais nas súas horas lectivas e non lectivas. Persoal docente Non
Debilidade 6.A maior parte do profesorado crea recursos educativos a nivel individual. Persoal docente Non
Debilidade 10. O centro innova a través da creación dos "laboratorios de aprendizaxe" acadar, polo que non establece tempo para o debate do uso das tecnoloxías. Persoal docente Non
Debilidade 14. O alumnado non recibe formación sobre a autoavaliación e a coavaliación empregando ferramentas dixitais, polo que non a utiliza. Persoal docente Non
Debilidade 9. O centro emprega metodoloxía baseada en proxectos. Persoal docente Non
Debilidade 15. O profesorado non emprega recursos dixitais referentes ás diferentes actividades que conforman o proceso de avaliación. Persoal docente Non
Debilidade 16. O noso nivel de competencia de centro é unha debilidade, obtendo un 84,3, nivel Integrador/a Persoal docente Non
Fortaleza 1. O alumnado conta con ordenadores e tabletas xa que o centro emprega parte do orzamento en mercalos, pero non son suficientes. Alumnado Non
Fortaleza 2. A través da asignatura ALFIN impartida en cuarto e sexto de primaria, o alumnado traballa: actuar de maneira segura en internet, actuar de maneira responsable e respetar aos demais cando emprego internet, comprobar se a información que atopo en internet é fiable e precisa e a dar crédito ao traballo de outras persoas que atopo en Internet Alumnado Non
Fortaleza 2. Respáldase a infraestructura porque hai orzamento dirixido á mellorala e participa en programas da Xunta. Infraestruturas Non
Fortaleza 3. O centro conta con dispositivos. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Respáldase a infraestructura porque hai orzamento dirixido á mellorala e participa en programas da Xunta. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. A liña de traballo do centro encamíñase a empregar unha nova metodoloxía de aprendizaxe onde se inclúen as tecnoloxías dixitais. Oferta Non
Fortaleza 1. O centro organiza e coordina todos os seus plnas e programas no marco dun PDI (proxecto documental integrado) bianual, no que todo o claustro comprométese a traballar cunha misma visión pedagóxica. Organización de centro Non
Fortaleza 2. O centro reacondicionou as aulas baleiras converténdoas en espazos de aprendizaxe con múltiples recursos dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza 3. A creación dos "laboratorios de aprendizaxe" concede en igualdade a todo o alumnado o acceso a todos os recursos dixitais dispoñibles. Organización de centro Non
Fortaleza 2. O profesorado colabora con todas aquelas organizacións coñecidas e que forman parte da nosa rede,tanto como con quen o solicita. Persoal docente Non
Fortaleza 3.O profesorado ten acceso ás posibilidades de aprendizaxe xa que o centro solicita todos os cursos un PFPP que cubre unha formación común. Persoal docente Non
Fortaleza 1. O centro apoia ao profesorado con actividades formativas, facilitando recursos e divulgando experiencias. Persoal docente Non
Fortaleza 4. Compartimos experiencias dixitais dentro da comunidade a través da páxina Web do centro e diferentes blogues. Persoal docente Non
Fortaleza 6.A maior parte do profesorado crea recursos educativos a nivel individual. Persoal docente Non
Fortaleza 8. O profesorado adapta e emprega recursos dixitais co alumnado con necesidades individuais así como co alumnado NEAE. Persoal docente Non
Fortaleza 5. A maioría do claustro busca recursos educativos dixitais nas súas horas lectivas e non lectivas. Persoal docente Non
Fortaleza 9. O centro emprega metodoloxía baseada en proxectos. Persoal docente Non
Fortaleza 7. O noso centro comunícase coas familias utilizando ABALAR. Persoal docente Non
Fortaleza 10. O centro innova a través da creación dos "laboratorios de aprendizaxe" Persoal docente Non
44 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.A Administración educativa non dota de suficiente material para a ensinanza dixital. Administración educativa Non
Ameaza 2.Carecemos de WIFI aberto no centro. Administración educativa Non
Ameaza 3.A asistencia técnica é inexistente. Administración educativa Non
Ameaza 4.Hai falta de información ante recursos que ten a Administración de cara a informar ao profesorado Administración educativa Non
Ameaza 1.Moitas das familia do alumnado do noso centro presentan unha elevada analfabetización dixital e falta de recursos e infraestructuras para a conexión ótptima dende os fogares. Tamén atopámonos cun paronama socieconómico deprimido. Contorna Non
Oportunidade 1.Contamos con espazos físicos adicados á ensinanza mediante tecnoloxías dixitais, xa que formamos parte do Plan LIA e participamos nun amplo número de programas da Consellería. Administración educativa Non
Oportunidade 1.Boa relación e coordinación coa ANPA, Concello e centro ANPA Non
Oportunidade 1..A Administración dota de recursos en liña para formar ao profesorado neste campo Lexislación Non
Oportunidade 1.Boa relación coas entidades coas que participamos pero aínda faltaría por emprender colaboración de xeito dixital Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta as necesidades do noso colexio e unha vez feito o análise DAFO, decidimos establecer 6 obxectivos prioritarios tendo en conta o que queremos mellorar do noso centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar en alfabetización en información (ALFIN) ao profesorado para integralo nas programacións.
O02PD Formar ao profesorado nas novas pantallas dixitais da aula.
O03PD Completar e organizar o repositorio dixital existente.
O04PD Inventariar e organizar os equipos informáticos.
O05PD Coñecer o uso que fai o alumnado das tecnoloxías e uso de redes sociais.
O06PD Mellorar a competencia dixital das familias.

Seguimento

Procedemento

A avaliación será continua, de modo que se poida ir axustando o que propoñemos coa realidade práctica, e realizarase nos diferentes equipos de docentes e na comisión de coordinación pedagóxica. Esta avaliación consistirá en analizar e sacar conclusións para solucionar as deficiencias detectadas e reforzar os logros. Estableceremos unha serie de indicadores que se dividirán nos seguintes:

- Indicadores de logros, referidos aos obxectivos xerais e específicos para cada un dos alumnos conseguidos.

- Indicadores de actividade, nos que avaliaremos a execución da actividade (realización das mesmas, número de participantes, adecuación das tarefas a idade, uso adecuado dos medios tecnolóxicos...)

- Indicadores de impacto, referidos aos cambios esperados e desexados que se produciron como consecuencia do programa.

1º Trimestre

Neste primeiro trimestre realizamos as primeiras acción dos obxetivos dos plans, aínda que aqueles con data ata xaneiro (obx 3 e 5) o deixamos para a próximo mes debido a excesiva carga de traballo e cursos neste trimestre, e así non sobrecargar ao profesorado. Moitos deses cursos realizados son deste propio plan dixital e do PFPP adicado ao mesmo e tamén a Polos Creativos.

Polo tanto realizamos as enquisas, as formación e comezamos co inventariado do material tecnolóxico e do LeoLab.

Estes son os punto tratados e os pendentes dos obxetivos.

Obx1: Realizada unha parte da formación e enquisa ao profesorado. Pendente a outra parte da formación para que o profesorado poda realizar e cubrir o rexistro ALFIN.

Obx2; Realizada a enquisa e a formación. Pendente a posterior valoración sobre o uso do profesorado na aula.

Obx3:  Pendente reunión para posta en común e posterior ampliación do repertorio.

Obx4:  Comezado e sen rematar o inventariado da tecnoloxía no LeoLab retirando os deteriorados. Pendente: etiquetado

Obx 5: Realizada a enquisa. Pendente a valoración e  charla

Obx 6: Realizada a enquisa pero sen cubrila ás familias. Pendente: a realización das enquisas por as familias, formación do alumnado e familias.

 

2º Trimestre

Neste segundo trimestre avanzamos con todos os obxectivos excepto co Obx. 4 xa que as persoas da coordinación TAC non temos disponibilidade horaria para a carga de traballo que supón, xa que ademais de inventariar estamos facendo titoriáis de uso.

  • Obx1: Conseguido Seguimos coa formación e realizarmos a actividade ALFIN (A1.3) e vamos subir ao Agueiro a actividade. Xa temos feita a plantilla e polo tanto o obxectivo está acadado
  • Obx2: Segue pendente a acción 2.4 que se fará ao final de curso para ver o progreso e así avaliar o uso da pantalla durante todo o curso escolar.
  • Obx3: Realizado tres accións. Xa falamos no Claustro, (A3.1) e individualmente o profesorado fixo a sua formación individual (A3.2) e xa ampliaron contidos no repositorio (A3.3). Pendente a avaliación final do repositorio.
  • Obx4: Pendente, xa que seguimos rexistrando os equipos e organizándoos. Están na primeira acción pero debido ao traballo tan complexo e as poucas horas das que dispoñemos.
  • Obx5: Realizada a avaliación dos resultados da enquisa (5.2) .Temos pendente unha charla no terceiro trimestre coa asociación Vieiro.
  • Obx6 Realizada a valoración das inquietudes das familias e a primeira formación sobre ciberseguridade impartida pola asociación Vieriro  pero tivemos unha baixa participación. Non damos contado coa presencia dos pais e nais na formación.
3º Trimestre

Neste terceiro trimestre avanzamos con todos os obxectivos .

  • Obx1: Conseguido  Xa rematado no segundo trimestre e cada mestre subiu ao Agueiro a súa plantilla.
  • Obx2: Conseguido. O profesorado realizou unha enquisa final valorando a mellora da súa competencia dixital con respeto a pantalla.
  • Obx3: Conseguido. O profesorado avaliao a través dunha enquisa o repertorio dixital, os resultados non son os esperados xa que o Agueiro non é unha ferramente que o profesorado de usado como repertorio dixital.
  • Obx4: Pendente, xa que seguimos rexistrando os equipos e organizándoos. Están na primeira e segunda acción pero debido ao traballo tan complexo e as poucas horas das que dispoñemos. A folla de préstamo está feito se xeito informal.
  • Obx5: Conseguida. Realizada tanto a charla por Vieriro como "Navega con Rumbo"
  • Obx6 RematadoDemos por rematado este obxetivo aínda que o resultado non foi o esperado debido a falta de participación das familias.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Como valoración xeral deste PLan dixital no curso 2023/24 este desenvolveuse con normalidade, nos tempos previstos e a maioría dos obxectivos foron acadados. Podemos dicir que algúns forom moi ambiciosos como por exemplo catalogar todos os equipos dixitáis, xa que ademáis de ser moi numerosos no noso centro o disponibilidade horaria do equipo TAC é reducida Deberíamos marcarnos obxectivos máis pequenos para así conseguir pequenos logros.

Respecto a outros obxectivos como a formación das familias foi moi complicado pola baixa colaboración. 

De forma xeral podemos afirmar o éxito de dito plan, coa colaboración do profesorado e tendo ademais 6 obxectivos para acadar. 

 

 

Proposta de mellora

Analizando o desenvolvemento do Plan dixital deste curso 2023/24, se pode comprobar que a marioría dos obxectivos foron acadados con éxito. Aínda así cabe destacar 3 de eles como proposta de mellora. 

O primeiro é o obxectivo 3 "Completar e organizar o repositorio dixital existente.". No resultado da enquisa pódese observar que a maioría dos docentes non usa Agueiro como repositorio dixital. Aínda que é positiva ter un repositorio dixital nesta plataforma e ir ampliándoo, deberíamos de darlle unha visión máis funcional para favorecer a autonomía e o uso dos recursos existentes no centro.

Respecto ao obxectivo " Inventariar e organizar os equipos informáticos." é un obxectivo moi amplo con todos os dixitáis que temos no centro educativo e sobre todo, pola non liberación horaria da corrdinadora TAC. A coordinadora adicou moitas horas de garda en este obxectivo e sería preciso que esta figura tivera liberación horaria para poder realizar todas as súas funcións.

Por último, o obxectivo 6 "Mellorar a competencia dixital das familias." Foi un fracaso debido a baiza participación das familias que asistiron so 7 a charla de Vieiro e mandaron a enquisa de asistencia 8. Debemos pensar primeiro cara o ano que ven como podemos mellorar esa participación para que este tipos de obxectivos teñan máis participación e éxito,

En definitiva, intentaremos mellorar estes tres obxectivos cara o ano que ven e avaliar que necesidades dixitáis puideron xurdir este ano para así incluir como obxectivo para o próximo curso escolar 2024/25.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

- Web do cole

- Blog do cole

- Abalar

Publicaremos toda a información no noso medios de comunicación para manter á comunidade educativa ó día da actividade do cole e das súas melloras.