Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación

O Plan Dixital do centro enténdese como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensinanza-aprendizaxe coma no resto dos procesos dexestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral doalumnado. É por iso que nos basearemos na seguinte lexislación e normativa vixente para acadar os obxectivos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso
  • 2021-2022.
  • Estratexia Galicia dixital 2030


Contextualización

• O IES Plurilingüe Adormideras, situado nun extremo da cidade conta cunha matrícula que se foi incrementando nos últimos anos e que está a día de hoxe ó redor de 600 alumnos. Este alumnado procede de familias de estrato social moi diverso e cabe salientar nos últimos cursos un incremento de alumnado procedente do estranxeiro, especialmente de países de Hispanoamérica.
• O Plan Dixital de centro ten como obxectivo, mellorar a competencia dixital de toda a comunidade educativa. Aínda que o proceso de  desenvolvemento e difusión de tecnoloxías é imparable, xa iniciamos a consolidación dunha serie de recursos, ferramentas e servizos que permiten mellorar os procesos educativos, non só os que ocorren na aula, senón todos aqueles que contribúen a que o noso centro cumpra coa súa función formativa. Tendo en conta o mundo no que vivimos, cómpre que abordemos a tecnoloxía dende unha perspectiva máis global, dando resposta ás necesidades e demandas dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizado.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi o informe SELFIE e TCDD

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixa competencia en codificación e programación (H11). Alumnado Non
Debilidade Ratio elevado de alumnado por aula. Alumnado Non
Debilidade Parte do alumnado mantén escasa implicación na vida escolar e manifesta pouco vinculo extraescolar co instituto Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital dos responsables do alumando. Familias Non
Debilidade Inexistencia de equipos de traballo e conexión a internet. ( C ) Familias Non
Debilidade Imposibilidade de que o alumnado leve un dispositivo a casa para poder traballar con el en caso de non dispoñer do mesmo (C12) Infraestruturas Non
Debilidade Pouco uso dos dispositivos móbiles para a realización de actividades na aula. (C13) Infraestruturas Non
Debilidade Falta dunha estratexia dixital clara (A1). Organización de centro Si
Debilidade Proxectos interdisciplinares baixos ou inexistentes Organización de centro Si
Debilidade Tempo limitado para explorar a competencia dixital (A4) Organización de centro Non
Debilidade Falta de tempo para facer formación (A4). Persoal docente Non
Debilidade Nivel de competencia dixital medio-baixo (D). Persoal docente Si
Debilidade Demasiadas tarefas administrativas e pouco pedagóxicas (F). Persoal docente Non
Debilidade Claustro inestable con bastante profesorado substituto Persoal docente Non
Debilidade Falta dun administrativo que nos foi retirado con anterioridade Persoal non docente Non
Fortaleza Facilidade para aprender o uso das novas tecnoloxías (E3). Alumnado Si
Fortaleza Comportamento responsable no uso de internet (H3). Alumnado Si
Fortaleza Maior madurez do alumnado por mor de que a maioría son de bacharelato. Alumnado Si
Fortaleza Alumnado, con carácter xeral, pouco conflitivo e receptivo a metodoloxías innovadoras. Alumnado Non
Fortaleza Boa comunicación co alumnado e as familias mediante a aula virtual e canles oficiais (E4) Familias Si
Fortaleza Xestión do usas das aulas de informática (C14). Infraestruturas Si
Fortaleza Equipos informáticos e pantallas dixitais en todas as aulas (C1). Infraestruturas Non
Fortaleza Catro aulas de informática (C1). Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a internet dende calquera parte do centro educativo (C3) Infraestruturas Si
Fortaleza Bibliotecas e Repositorios en liña con material de ensinanza e aprendizaxe (C16) Oferta Non
Fortaleza O centro conta con infraestruturas e equipamento dixital axeitado en todas as aulas (C1). Organización de centro Non
Fortaleza Boa difusión de información en RRSS e a través da páxina web do instituto. Organización de centro Si
Fortaleza Facilidade para atopar recursos educativos en liña (D2). Persoal docente Si
Fortaleza Uso de recursos educativos de código aberto (E5) Persoal docente Si
Fortaleza Colaboración en actividades educativas do centro (B) Persoal non docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non realización de cursos por non cumprirse as expectativas nos realizados con anterioridade. Administración educativa Non
Ameaza Excesiva burocracia e papeleo que ralentiza as propostas e a súa implantación (D-E-F). Administración educativa Non
Ameaza Falta de axudas económicas ou dotacións por parte da administración Administración educativa Non
Ameaza Centro situado nunha zona illada do barrio que dificulta o acceso a determinados servizos ANPA Non
Ameaza Grupos de mensaxeira de nais e pais, que valoran conflitos sen comunicalos ao centro. Contorna Non
Ameaza Nivel baixo de competencia dixital por parte das familias (B-H) Contorna Non
Ameaza Familias reticentes as metodoloxías emerxentes. Contorna Non
Ameaza Cambios lexislativos constantes. Falta de concreción curricular para orientar o plan dixital. (A-D-F-G) Lexislación Non
Ameaza Adaptación as novas circunstancias post-pandemia Outras Non
Oportunidade Oferta de cursos de formación e grupos de traballo para a formación continua do profesorado (D). Administración educativa Non
Oportunidade Actualización da dixitalización da biblioteca do centro coa formación e ferramentas que aporta Bibliotecas Escolares. Administración educativa Non
Oportunidade Proximidade do centro a diversos tipos de museos públicos e privados e a unha escola de arte aberta a colaboración ANPA Non
Oportunidade Involucrar ás familias pode ser un acicate para o alumnado Contorna Si
Oportunidade Coñecer e aplicar os dereitos de autor e licenzas Lexislación Non
Oportunidade Obradoiros e charlas de comportamento responsable na rede para a comunidade educativa por parte do concello, policía (B). Outras Non
Oportunidade Persoal alleo ao centro que repara equipos informáticos e problemas técnicos Outras Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O Dafo anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o plan de acción

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso de Espazo Abalar
O02PD Formar ao profesorado no uso da dotación do programa Polos Creativos
O03PD Crear a figura do Community Manager
O04PD Adaptar actividades de aprendizaxe dixitais ás necesidades do alumnado estranxeiro non hispano falante.
O05PD Usar a aula informática Móbil

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución de obxectivos, realizarase en dúas etapas:


- Realizarase unha avaliación do plan cun periodicidade trimestral. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles adaptacións das accións.
- Ao remate do curso realizarase unha avaliación final, onde se incluirá a valoración do logro dos obxectivos

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre, acadáronse os obxectivos O01PD "Promover a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso de Espazo Abalar", o obxectivo O03PD "Crear a figura do Community Manager" e o obxectivo O05PD "Usar a aula informática Móbil"

En relación ao obxectivo O02PD que consiste en "Formar ao profesorado no uso da dotación do programa Polos Creativos" acadouse a acción AO2.2: Publicar información e recursos no curso de Polos Creativos da AV. E por último,  o obxectivo O04PD "Adaptar actividades de aprendizaxe dixitais ás necesidades do alumnado estranxeiro non hispano falante." non se puido relizar ningunha acción xa que non se produciu a casuística.

2º Trimestre

Ao longo do segundo trimestre, acadouse o obxectivo O02PD "Formar ao profesorado no uso da dotación do programa Polos Creativos" tras completar o AO2.1 "Realizar seminarios de formación dos recursos de Polos Creativos"

En  canto ao obxectivo O04PD "Adaptar actividades de aprendizaxe dixitais ás necesidades do alumnado estranxeiro non hispano falante." non se puido relizar ningunha acción xa que non se produciu a casuística.

3º Trimestre

En  canto ao obxectivo O04PD "Adaptar actividades de aprendizaxe dixitais ás necesidades do alumnado estranxeiro non hispano falante." non se puido relizar ningunha acción xa que non se produciu a casuística.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

- Realizarase unha avaliación do plan cun periodicidade trimestral. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles adaptacións das accións.
- Ao remate do curso realizarase unha avaliación final, onde se incluirá a valoración do logro dos obxectivos.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O documento estará a disposición de toda a comunidade educativa na páxina web do centro e será difundido a través das redes sociais empregadas habitualmente polo centro. Ademais estará dispoñible en formato impreso na secretaría do centro e na sala de profesores