Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.         Datos básicos do centro

Nome do centro: CEIP Plurilingüe Os Casais

Dirección: Lugar da Armada s/n 15520- Maniños (Fene- A Coruña)

Tlfn: 881930124 

Email: ceip.oscasais@edu.xunta.gal

Web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiposcasais/

Etapas educativas: Educación Infantil e Educación Primaria

Nº de alumnado: 61

Nº de profesorado: 11

1.2.        Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  • Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro:

Ao noso centro acode alumnado de nivel socioeconómico e cultural medio-baixo, característica que non axuda moito no eido dixital. Moitas familias carecen de medios tecnolóxicos axeitados nos seus fogares, e a rede no rural non funciona de forma óptima.

  • O Plan Dixital contribuirá de forma positiva no noso PE mellorando aqueles obxectivos e valores que teñan que ver con metodoloxías integradoras, cunha aprendizaxe significativa e, sobre todo, en estimular e promover o uso das TIC na nosa escola.  Para iso tamén teremos en conta a nosa traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías e os programas de innovación educativa  nos que participamos:

- Abalar: Comezamos esa andaina hai anos para dixitalizar as aulas de 5º e 6º de EP.

- EspazoAbalar / AbalarMóbiles: Para a comunicación coas familias e busca e creación de recursos.

- Edixgal: libro dixital para o alumnado do 3º ciclo.

- Webs dinámicas: así contamos cunha web propia do centro, una aula virtual e una galería para gardar fotos do centro.

- Escolas Conectadas 2.0: Mellora das infraestruturas dixitais do centro.

- Kits dixitais: Kits de Robots e Lego para o centro.

- PLAMBE: Pertencemos ao PLAMBE dende o 2007 e el é a nosa folla de ruta de centro para facer proxectos.

- Bibloteca creativa: espazo maker onde colle a elaboración de calquera recurso (pulseiras tic). Impresora 3D…

- Formación: O noso centro é pequeño pero nos formamos nas TIC a nive medio e imos facendo cursos de formación co CFR ou CAFI.

- STEM: Participamos das xornadas STEM.

- Radio Escolar: creación de programas de radio coa rapazada.

- CP Innova: EDUexcelencia (SEMGal), EDUsaúde e EDUsostebilidade.

- CP Inclúe: CONVIVE-T e EMOCIONA-T.

- Plan Proxecta: Voluntariado Miúdo e Pasaporte Solidario.

  • Na Programación Xeral  asignarase un apartado específico para a o Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a revisión deste Plan Dixital tivemos en conta o DAFO  resultado da implantación do Plan Dixital do curso pasado. Para elaboralo, utilizamos durante o curso 21-22 a autoavaliación SELFIE e o Test  CDD de centro que incluimos como anexos.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade As competencias dixitais do alumnado non están acadadas. Sobreestimación dos seus coñecementos. Non son conscientes do perigo dos datos que comparten polas redes. Só teñen coñecementos de xogos. Alumnado Si
Debilidade Non teñen conexións de rede, nin equipos axeitados nin actualizados. Familias Si
Debilidade Necesitamos máis formación neste ámbito. Dificultades coa conexión (internet). Retrasos na asistencia técnica Infraestruturas Si
Debilidade Non hai unha oferta para os máis pequenos de actividades tic, nin tampouco extraescolares. É só para os máis maiores. Oferta Si
Debilidade O centro non conta cunha estratexia dixital. Se non hai estratexia non se pode desenvolver. Non facemos avaliación do progreso. Non hai no centro unha persoa preparada para asistencia técnica, nin tempo para esa asistencia. Organización de centro Si
Debilidade Necesitamos poñer en práctica os coñecemento adquiridos nas formacións. Deberíamos crear máis contidos dixitais. Temos que usar máis contornas virtuais de aprendizaxe. Temos que adaptarnos máis ás necesidades do alumnado. Non facemos avaliación do progreso.F5- Debemos fomentar máis a colaboración do alumnado. Debemos facer una avaliación real das súas capacidades. Non facemos una retroalimentación axeitada. Non facemos una autorreflexión sobre a aprendizaxe. Temos que fomentar espazos de coavaliación. Persoal docente Si
Debilidade Non ten ordenador da consellería no seu posto de traballo. Persoal non docente Non
Fortaleza Está familiarizado co entorno dixital polo EDIXGAL (3º ciclo) e no resto das aulas polo uso do correo electrónico Alumnado Non
Fortaleza Uso de abalar móbil e outras ferramentas como webex Familias Non
Fortaleza Recursos materiais actualizados suficientes no centro. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro traballa con modalidades de ensino novidosas como SEMGAL Oferta Si
Fortaleza O centro traballa con modalidades de ensino novidosas como SEMGAL Organización de centro Si
Fortaleza O centro traballa con modalidades de ensino novidosas como SEMGAL. O profesorado debate sobre o uso da tecnoloxía. Participamos en cursos e formacións variadas sobre esta temática. Temos unha boa comunicación coa comunidade educativa. Uso de recursos educativos en liña. Fomentamos a creatividade con bastante éxito con programas de innovación educativa. Incluimos ao alumnado no proceso de ensinanzaaprendizaxe. Participamos de proxectos interdisciplinares. Colaboramos con varias entidades externas para facer charlas e obradoiros sobre tecnoloxías. Facemos intercambio de experiencias diversas. Persoal docente Si
Fortaleza Colaboración nas actividades do centro, uso tamén das TIC na súa contorna e apoio técnico. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Carga burocrática excesiva e poucos recursos humanos. Administración educativa Non
Ameaza Non fomentan as actividades dixitais extraescolares para todas as idades, só para os maiores, e con pouco éxito. ANPA Si
Ameaza Aislamento xeográfico- Pouca cobertura Contorna Non
Ameaza Moitas referencias e pouca estabilidade da mesma. Bastante liosa. Lexislación Non
Ameaza Competencia desleal dos centros concertados e privados onde a administración axuda e as empresas tamén. Outras Non
Oportunidade Oferta ferramentas variadas e formacións tamén variadas en diferentes temáticas TIC. Tamén contamos con Edixgal, Webex, Abalar móbil... Administración educativa Non
Oportunidade Colabora en todo o que propoñamos. ANPA Si
Oportunidade Temos grupos reducidos polo que conectarse en grupo é doado. Asociacións da contorna que ofertan obradoiros sobre tecnoloxías. Contorna Si
Oportunidade Hai lexislación adecuada sobre o tema. Lexislación Non
Oportunidade Colaboramos con varias entidades externas para facer charlas e obradoiros sobre tecnoloxías, como o Concello ou a Garda Civil. Outras Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Manter os recursos materiais dixitais actualizados (C1-C2*)
O02PD Continuar participando no programa SEMGAL en todos os cursos (A3*)
O03PD Optimizar e potenciar a utilización dos recursos dixitais da Aula Fedelleira e uso dos espazos específicos (A1-F51*)
O04PD Ofertar para os más pequenos (EI e 1 ciclo) actividades extraescolares relacionadas co uso das TIC (A1*)
O05PD Mellorar as competencias dixitais no alumnado de 2 e 3 ciclo (H1*)
O06PD Concienciar e educar ao alumnado sobre os riscos do uso de internet e as tecnoloxías de relación social.
O07PD Coñecer e usar os servizos dixitais da Consellería (E*)

Seguimento

Procedemento

Reunións  co mentor dixital ADIX de zona, onde se analizan diferentes aspectos e despois se trata co resto do claustro. 

1º Trimestre

Os obxectivos marcados no Plan Dixital atópanse en proceso: 

1. Manter os recursos materiais dixitais actualizados.

2. Continuar participando no programa SEMGAL en todos os cursos.

3. Optimizar e potenciar a utilización dos recursos dixitais da Aula Fedelleira e uso dos espazos específicos.

4. Ofertar para os más pequenos (EI e 1º ciclo) actividades extraescolares relacionadas co uso das TIC.

5. Mellorar as competencias dixitais no alumnado de 2º e 3º ciclo.

6. Concienciar e educar ao alumnado sobre os riscos do uso de internet e as tecnoloxías de relación social.

7. Coñecer e usar os servizos dixitais da Consellería.

O equipo do Plan Dixital que forma neste caso todo o claustro fai reunións todos os luns para falar sobre todos os equipos de traballo. Tamén comentamos as reunións mantidas co mentor. Neste trimestre tivemos unha reunión a principio de curso para ver a actualización do mesmo.

No centro estamos a desenvolver no PFPP unha liña sobre ficción dixital, da que xa tivemos un curso de 10 horas neste trimestre para continuar no resto do curso, e tamén outra liña cos polos creativos para incluílos nos nosos proxectos SEMGAL relacionando isto con varios dos nosos obxectivos. 

O noso plan está dentro da PXA e está relacionado con todos os proxectos que levamos a cabo no centro como por exemplo o SEMGAL, a radio, a biblioteca creativa, Polos creativos, o Plan Director....

 

2º Trimestre

Os obxectivos marcados no Plan Dixital atópanse en proceso: 

1. Manter os recursos materiais dixitais actualizados.

2. Continuar participando no programa SEMGAL en todos os cursos.

3. Optimizar e potenciar a utilización dos recursos dixitais da Aula Fedelleira e uso dos espazos específicos.

4. Ofertar para os más pequenos (EI e 1º ciclo) actividades extraescolares relacionadas co uso das TIC.

5. Mellorar as competencias dixitais no alumnado de 2º e 3º ciclo.

6. Concienciar e educar ao alumnado sobre os riscos do uso de internet e as tecnoloxías de relación social.

7. Coñecer e usar os servizos dixitais da Consellería.

O equipo do Plan Dixital que forma neste caso todo o claustro fai reunións todos os luns para falar sobre todos os equipos de traballo. Tamén comentamos as reunións mantidas co mentor. Neste trimestre non tivemos ningunha.

No centro seguimos a desenvolver no PFPP a  liña sobre ficción dixital da que tivemos outra sesión formativa con Lucas Ramada, e tamén outra liña cos polos creativos para incluílos nos nosos proxectos SEMGAL relacionando isto con varios dos nosos obxectivos. estamos traballando xa con retos dos polos creativos pasiño a pasiño. En relación aos polos, a coodinadora tivo formacións on line sobre pensamento computacional, e situacións de aprendizaxe. tamén tivo 2 sesións presenciais sobre: audiovisuais: chroma e stop motion, programación: placa programable Micro-bit, deseño gráfico: cortadora láser e plóter de corte e deseño e impresión 3D.

O noso plan está dentro da PXA e está relacionado con todos os proxectos que levamos a cabo no centro como por exemplo o SEMGAL, a radio, a biblioteca creativa, Polos creativos, o Plan Director....

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será indicando:

- Avaliación do PROCESO: como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- Avaliación final: a súa realización será como mínimo unha vez ao ano. No último trimestre o Equipo de Dinamización do Plan Dixital reunirase para facer unha avaliación final do plan. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.  O Equipo de dinamización do Plan dixital elaborará un documento para incluír na memoria final do centro, este documento tamén recollerá propostas de mellora para o seguinte curso. Poderán terse en conta para a avaliación do Plan Dixital os datos obtidos de futuras aplicacións de SELFIE e o test de competencia dixital docente.

Valoración xeral
Proposta de mellora

O Equipo de dinamización do Plan Dixital presentará unha actualización do Plan Dixital cada curso tendo en conta os datos de consecución dos obxectivos, valoración das actuacións do plan de acción, propostas recollidas da comunidade educativa, cambios normativos e outros aspecto que considere relevantes. A aprobación das modificacións no Plan Dixital axustarase ao procedemento establecido para a elaboración do Plan Dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan será difundido á comunidade escolar a través dos diferentes medios habituais como a web do centro e o abalar móbil. Tamén estará na sala mestres e dirección a disposición de toda a comunidade escolar