Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

- Contextualización do Plan Dixital no centro e contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro.

O COLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA PLURILINGÜE JOSÉ CORNIDE SAAVEDRA está situado na Avenida da Sardiñeira, 42; no barrio dos Mallos do concello de A Coruña.

É un centro de titularidade pública. É un centro singular, pois está nun contorno urbano escolarizando oitenta e cinco alumnos/as desde 4º de educación infantil ata 6º de educación primaria, pero só ten cinco unidades, todas elas mixtas. Aínda que de xeito provisional este curso 2023/2024, a Inspección Educativa habilitou 3 unidade máis en Primaria que continúan compartindo a mesma aula.

Ocupamos un edificio que foi construído como pavillón de infantil e ten seis aulas das que cinco funcionan como tales, sendo a sexta a biblioteca escolar (este colexio ten un proxecto de Biblioteca escolar desde o ano 2004 e participa no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares desde a súa primeira convocatoria).

Esta situación condiciona a dinámica do centro, en aspectos negativos como o reducido número de espazos comúns, máis tamén incide directamente nun proxecto educativo que ten como eixo fundamental as relacións entre o alumnado, as actuacións conxuntas de todos, a implicación duns alumnos/as nas actividades doutros e, en definitiva coida e estimula as relacións humanas dentro do conxunto da comunidade escolar, na que por suposto tamén incluímos ás familias.

O contorno do colexio é, por un lado, unha zona urbana correspondente ao barrio dos Mallos, cunha poboación de clase media-baixa formada principalmente por asalariados con rendas reducidas. Tamén hai unha notoria presencia de inmigrantes, como consecuencia dos baixos prezos dos alugueiros dos pisos, que na súa maioría son vivendas dos anos 60 e 70. Por outro lado, o centro linda cunha zona industrial, que se está a transformar, co paso da terceira ronda e a conseguinte urbanización. A Avenida de Arteixo nos separa do Parque de Vioño, unha nova urbanización de máis de seiscentas vivendas.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.

O Plan Dixital contribúe a un dos fins educativos do centro que aparecen no PE: “O pleno desenvolvemento da personalidade e das capacidades dos alumnos e das alumnas”

Tamén contribúe a acadar os obxectivos do PE:

Facilitar a adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo, así como de coñecementos científicos, técnicos, humanísticos, históricos e artísticos”

Desenvolver nos alumnos a capacidade de Tratamento da información e competencia dixital”

Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa.

O Plan Dixital garda estreita relación co Programa Edixgal no que comezamos a participar no curso 2021/2022.

Garda relación con distintos plans de formación que se fixeron no centro nos últimos cursos sobre competencia dixital.

Tamén se relaciona co programa de innovación “Introdución á robótica en educación primaria” no que participamos nos cursos 2019/2020 e 2020/2021.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

O Plan Dixital ten relación directa con un dos obxectivos xerais da programación Xeral Anual do curso 2023/2024 que será "Potenciar o emprego dos medios dixitais na práctica educativa"

O PFPP que se desenvolverá durante este curso terá relación cos Polos Creativos.

 

- Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente.

Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

+ Orde do 30 de maio de 2023 no apartado 12 correspondente a Plans Educativos:

"Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional un plan de lectura, un plan de biblioteca, un plan dixital e un plan de actividades físicas e hábitos saudables, de acordo cos artigos 29, 30 e 31 do Decreto 150/2022, do 8 de setembro"

+ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

- Proceso de elaboración.

En setembro de 2021 constituíuse o Equipo Dinamizador do Plan Dixital formado por: a directora e 3 mestres do claustro. Os membros deste equipo participaron no curso 2021/2022 nun grupo de traballo para a elaboración do Plan Dixital seguindo as directrices da Consellería de Educación e enmarcado dentro do PFPP do centro.

En setembro de 2023 constituíuse o Equipo Dinamizador do Plan Dixital formado por: a directora e 3 mestres do claustro. Actualizouse o Plan Dixital tomando como base o que estaba elaborado con anterioridade.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Atendendo ás necesidades e demandas da sociedade en materia de competencia dixital e entendendo que a principal misión da escola é formar ao alumnado para a vida presente e futura, así como á normativa vixente; consideramos fundamental desenvolver unha estratexia dixital reflexionada e consensuada que aparece recollida neste Plan Dixital de Centro, que nos sirva de folla de ruta a curto e medio prazo para converter o CEIP Plurilingüe José Cornide Saavedra nunha institución educativa dixitalmente competente e que isto redunde en beneficio do noso alumnado en particular e da sociedade en xeral.

Para levar a cabo a elaboración deste Plan Dixital de Centro, púxose en marcha ao inicio do curso 21-22 un PFPP, así como a creación do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro integrado pola directora e 3 mestres. O grupo de traballo celebrou sesións formativas nas seguintes datas: 22/11/21, 01/12/21, 19/12/21, 14/02/22, 21/02/22, 16/03/22, 21/03/22, 20/04/22, 25/04/22, 30/05/22. Nestas sesións fixéronse traballos colectivos e individuais en relación ao SELFIE, Test CDD, Análise DAFO e Obxectivos do Plan de Acción.

No curso 22-23 implementouse o Plan Dixital de Centro e tamén se participou (todo o claustro) nun seminario de ferramentas dixitais.

Neste curso 23-24 imos a participar (todo o claustro) nun seminario sobre Polos Creativos.

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11- Aprender a codificar ou programar. Alumnado Non
Debilidade Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Alumnado Non
Debilidade H7- Creación de contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade C14- Espazos físicos. Infraestruturas Non
Debilidade Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Oferta Si
Debilidade Usar as tecnoloxías dixitais para proporcionarlle retroalimentación ao alumnado, facilitando a planificación de accións posteriores. Organización de centro Non
Debilidade A1- Estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade G8- Documentación da aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade A4- Tempo para explorar o ensino dixital. Organización de centro Non
Debilidade Resolución de incidencias técnicas. Organización de centro Non
Debilidade E3- Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade F6- Proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade F5- Colaboración do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Adopción de innovacións educativas por parte do profesorado. Persoal docente Si
Debilidade Traballar cos conceptos e procesos do pensamento computacional como parte da competencia dixital docente. Persoal docente Non
Fortaleza H3- Comportamento responsable. Alumnado Non
Fortaleza C8- Dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza C8 - Dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza C2 - Dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza Incorporación nas diferentes materias de conceptos como a verificación da calidade da información, comportamento seguro e responsable do alumnado na Internet. Oferta Non
Fortaleza Comunicación organizativa. Organización de centro Non
Fortaleza A3- Novas modalidades de ensino. Organización de centro Non
Fortaleza Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Usar as tecnoloxías dixitais para mellorar a comunicación co profesorado, co alumnado e/ou coas familias. Organización de centro Non
Fortaleza B2 - Debate sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza D1- Necesidades de DPC. Persoal docente Non
Fortaleza E1- Recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza B3 - Colaboración. Persoal docente Si
Fortaleza F1- Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza G1- Avaliación das capacidades. Persoal docente Non
Fortaleza G9- Emprego de datos para mellorar a aprendizaxe. Persoal docente Non
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C1- Infraestrutura. Administración educativa Si
Ameaza C5- Asistencia técnica. Administración educativa Non
Ameaza C14- Espazos físicos. Administración educativa Non
Ameaza H11- Aprender a codificar ou programar. ANPA Non
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna. Contorna Non
Ameaza C7- Protección de datos. Lexislación Non
Ameaza Constantes cambios na lexislación educativa. Lexislación Non
Ameaza C1- Infraestrutura. Outras Non
Oportunidade C2- Dispositivos dixitais para o ensino. Administración educativa Si
Oportunidade Achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Non
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal docente e non docente. Administración educativa Non
Oportunidade Relación coa ANPA. ANPA Non
Oportunidade Participación das familias. ANPA Non
Oportunidade C12- Fenda dixital: apoio para abordar retos. Contorna Si
Oportunidade B3- Colaboracións. Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do Test CDD e analizados os resultados que presentan os informe de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES (a nivel interno) e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS (a nivel externo) que aparecen recollidas na análise DAFO; sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito CUANTITATIVO, se estableceron unhas prioridades que fixemos pasar por un filtro CUALITATIVO dando como resultado unha serie de PRIORIDADES que nos propuxemos atender en diferentes TEMPORALIZACIÓNS. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN, convertindo os ítemos en OBXECTIVOS que trataremos de acadar ao londo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes ACCIÓNS. Todo isto recollerase na pestana seguinte OBXECTIVOS.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro.
O02PD Establecer un equipo de docentes (Equipo Plan Dixital - EPD) para a xestión e seguimento do Plan Dixital de Centro (PDC).
O03PD Acreditar unha competencia dixital dentro do claustro.
O04PD Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro de uso docente e administrativo.
O05PD Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, entre o profesorado do propio centro.
O06PD Promover o emprego de entornos virtuais de aprendizaxe para o desenvolvemento de actividades de aula.
O07PD Implementar un proxecto interdisciplinar anual no que participe a totalidade do alumnado e do profesorado.
O08PD Realizar o inventario de todo o equipamento tecnolóxico do centro, empregando a App de Inventario.

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, 1 visita ao centro por trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do Plan Dixital, o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistar os avances e as avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Ao longo do 1º trimestre do presente curso acadouse o obxectivo O01PD que consiste en Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta Abalarpro.

En relación ao obxectivo O02PD que consiste en Establecer un equipo de docentes para a xestión e seguimento do Plan dixital de Centro, están realizadas as accións: AO02.1, AO02.2, AO02.3

En relación ao obxectivo O03PD que consiste en Acreditar unha competencia dixital dentro do claustro, están realizadas as accións: AO03.1, AO03.2, AO03.3

En relación ao obxectio O05PD que consiste en Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, entre o profesorado do propio centro; está realizada a acción: AO05.1 e están en proceso as accións: AO05.2, AO05.3

En relación ao obxectivo O06PD que consiste en Promover o emprego de entornos virtuais de aprendizaxe para o desenvolvemento de actividades de aula, está realizada a acción AO 06.1.

En relación ao obxectivo O07PD que consiste en Implementar un proxecto interdisciplinar anual no que participe a totalidade do alumnado, está realizada a acción AO07.1 e están en proceso as accións: AO07.2, AO07.3 e AO07.4.

 

2º Trimestre

En xeral, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro, así como a persoa directora e o Mentor ADIX consideran que o proceso vai por bo camiño.

Ao longo do 2º trimestre do presente curso acadáronse as accións AO04.1 e AO04.2 do obxectivo O04PD que consiste en Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro de uso docente e administrativo.

En relación ao obxectivo O05PD que consiste en Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, entre o profesorado do propio centro, realizáronse as accións: AO05.2 e AO05.3

En relación ao obxectivo O07PD que consiste en Implementar un proxecto interdisciplinar anual no que participe a totalidade do alumnado, comezáronse as accións AO07.2, AO07.3 e AO07.4.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación do plan

O encargado do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o Equipo Dinamizador do Plan Dixital.

A avaliación realizarase segundo dous contextos:

- No contexto da avaliación procesual: A frecuencia da avaliación do proceso será unha vez ao trimestre, coincidindo coas datas de finalización de trimestre. Valorarase o estado da execución das accións previstas, os resultados, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final: A frecuencia da avaliación final será ao remate do curso, no mes de xuño. Valorarase o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será remitido ao claustro para o seu coñecemento e ao consello escolar para a súa aprobación.

Poderase consultar na aplicación Educalidade no apartado Plans dos centros.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e avaliacións do plan baixo a supervisión da persoa directora.