Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

DATOS BÁSICOS DO CENTRO:

Nome do centro educativo: IES Plurilingüe Castro da Uz
Dirección: Rúa José María Penabad López, S/N. As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
Correo electrónico: ies.castrodauz@edu.xunta.gal
Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iescastrodauz/
A oferta educativa do centro inclúe varias etapas educativas:
Educación Secundaria Obligatoria (ESO)
Educación Secundaria para persoas Adultas (ESA)
Ciclos Formativos de grao Básico, Medio e Superior.
Neste curso académico o centro conta cun total de 38 docentes e 256 alumnos e alumnas

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO

O IES Plurilingüe Castro da Uz é un centro de titularidade púbica dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, que foi inaugurado no curso 1980-1981, e no que actualmente se imparten ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Educación Secundaria para persoas Adultas (ESA) e Ciclos Formativos de grao básico, medio e superior.

No curso académico conta con 16 unidades que suman un total de 245 alumnos e alumnas. A maioría do alumnado de ESO procede do centro adscrito CEIP Plurilingüe A Fraga, aínda que nos últimos anos estase recibindo alumando de todos os centros de primaria da vila. Nos ciclos formativos o alumando procede de diversos centros da comarca. Todo o alumnado procede de familias de clase socioeconómica media e medio-baixa.

O centro ten unha ampla traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías. Así, dende fai anos fíxose unha forte aposta polo uso das TIC en todas as dependencias do centro. Contamos con equipos informáticos en todas as aulas, antes que outros centros. Montáronse pantallas interactivas na maioría das aulas, e no curso 2021-2022 apostamos pola substitución das pantallas interactivas por monitores dixitais interactivos.

Tamén apostamos sempre por participar en programas de innovación os cales gardan unha estreita relación co Plan Dixital, entre eles podemos destacar:
E-Dixgal
Arco e Proa+
Contratos-programa (CPInclúe, CPInnova)
Proxectos europeos de mobilidade de profesorado KA1 e KA2
Programa Atrétete de fomento do emprendemento
Plan Proxecta+
Aula de emprendemento na FP

En relación á Programación Xeral Anual citamos dous dos obxectivos que marcamos ao inicio de curso e que o Plan Dixital pode axudar á súa consecución:
Impulsar a incorporación do noso centro en calquera novo plan que convoque a Consellería, buscando situarnos en todo momento á vangarda do noso sistema educativo. Sen esquecernos obviamente, de consolidar a nosa participación nos distintos plans nos que xa vimos tomando parte (Proxecto plurilingüe, Contratos-Programa, Plan Proxecta, Edixgal, …)
Impulsar a páxina web do centro e AbalarMobil como vías de comunicación entre os distintos sectores da comunidade educativa.

BREVE XUSTIFICACIÓN

O obxectivo da elaboración do Plan Dixital do centro é o de dar resposta ás necesidades de dixitalización do proceso de ensino-aprendizaxe nos centros educativos xurdidas nos últimos anos, que se recollen na seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

PROCESO DE ELABORACIÓN

O Plan Dixital do Centro desenvólvese en dúas fases diferenciadas, unha primeira de elaboración do mesmo, durante o curso 2021/2022 e outra a implantación e avaliación durante o curso ou cursos posteriores.
A elaboración do Plan Dixital comeza por unha análise da situación de partida da infraestructura e servizos dixitais cos que conta o centro, así como a competencia dixital de alumnado e profesorado. Para enriquecer esta analise, realízanse custionarios a alumnado e profesorado empregando SELFIE e o Test de Competencia Dixital Docente (TCDD).

Cos datos obtidos, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital realiza unha análise DAFO onde recolle os aspectos máis salientables. Esta análise DAFO está detallada no punto 2.3 deste documento.
A partires das Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades descritas, identifícanse unha serie de obxectivos a acadar nos vindeiros cursos, e as accións que se deben levar a cabo para conseguir ditos obxectivos. Todo esto detállase no Plan de Acción descrito no apartado 3.
Xunto con ditos obxectivos establécense os indicadores a que determinan a consecución dos mesmos, así como as datas en que deben ser cumplidos, o que facilita a implantación e seguemento do Plan nos vindeiros cursos. Dito seguemento realizarase segundo as condicións descritas no apartado 4.1. deste documento.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Realízanse cuestionarios a profesorado e alumnado que permitan extraer información para determinar as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades que se empregarán para definir os obxectivos a seguir nos vindeiros cursos.

En primeiro lugar, realízase a profesorado e alumnado os cuestionarios de autoavaliación SELFIE, dos que se obtén información relevante en 8 áreas diferentes.

Para coñecer o nivel de competencia dixital do profesorado, o equipo docente realiza tamén o Test de Competencia Dixital Docente (TCDD), cunha participación do 64%.

A partir do Informe SELFIE, TCDD e a información recollida por parte do equipo de dinamización do plan dixital, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
47 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C10. O alumnado descoñece ou non valora a existencia de dispositivos no centro para ser empregados polo alumnado, unha percepción moi distinta á que amosa o equipo docente e o equipo directivo Alumnado Si
Debilidade G6. Tanto alumnado como profesorado non valoran positivamente os comentarios a outros alumnos/as sobre o seu traballo Alumnado Non
Debilidade H13. Existen grandes discrepancias entre a valoración d alumnado da ESO da resolución de problemas técnicos, e a percepción que ten o profesorado e o equipo directivo Alumnado Non
Debilidade O profesorado valora que a competencia dixital do alumnado é insuficiente Alumnado Si
Debilidade O profesorado destaca a dificultade para implicar ao alumnado como factor negativo para a aprendizaxe mixta Alumnado Non
Debilidade O alumnado de secundaria manifesta a distracción que supón o uso de dispositivos dixitais para estudar Alumnado Si
Debilidade H11. O alumnado da ESO non considera que estea a aprender a programar e codificar Alumnado Si
Debilidade C13. Parte do alumnado non conta coa posibilidade de traer os seus propios dispositivos á aula Familias Si
Debilidade O profesorado considera un factor de risco a baixa competencia dixital das familias, expecialmente destacable nas familias de alumnado de ciclos formativos Familias Si
Debilidade O equipo directivo e o profesorado de ciclos formativos considera que o centro educativo ten experiencia no uso de entornos de aprendizaxe mentres que o equipo docente de secundaria non Organización de centro Si
Debilidade A4. A escasez de tempo para explorar a ensinanza dixital por parte do equipo docente, repercute negativamente no aproveitamento dos medios dixitais no centro Organización de centro Si
Debilidade B4. Existe unha gran diferencia na percepción do profesorado de ciclos formativos e do equipo directivo respecto ás sinerxias para a aprendizaxe mixta Organización de centro Non
Debilidade C13. Parte do alumnado non conta coa posibilidade de traer os seus propios dispositivos á aula Organización de centro Non
Debilidade A meirande parte do profesorado considera que o centro non conta cunha estratexia dixital, en contraposición á valoración do equipo directivo Organización de centro Si
Debilidade Só unha pequena porcentaxe de alumnado pide axuda aos docentes (frente a búsqueda en internet, na casa, ...) Organización de centro Non
Debilidade A4. O equipo docente coincide na escasez de tempo para explorar a ensinanza dixital, o que repercute negativamente no aproveitamento dos medios dixitais na aula Persoal docente Si
Debilidade C10. O alumnado descoñece ou non valora a existencia de dispositivos no centro para ser empregados polo alumnado, unha percepción moi distinta á que amosa o equipo docente e o equipo directivo Persoal docente Si
Debilidade B2. A percepción do alumnado da ESO respecto ao debate sobre o uso da tecnoloxía é moi inferior á que ten o equipo docente Persoal docente Non
Fortaleza C17. O centro non conta cunha base de datos de proveedores de formación, se ben o alumnado valora positivamente a información que sobre éstes se lles proporciona Alumnado Non
Fortaleza H8. Tanto alumnado como profesorado valoran moi positivamente as habilidades do alumnado para comunicarse mediante o uso das tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Fortaleza H10. O alumnado de ciclos formativos dispón de grandes habilidades dixitais para diferentes materias Alumnado Non
Fortaleza O alumnado manifesta en gran medida ser autónomo no uso de software/aplicacións sen axuda Alumnado Non
Fortaleza A maioría do alumnado dispón de acceso a dispositivos fora do centro educativo Alumnado Non
Fortaleza H15. O alumnado de ciclos formativos dispón de habilidades para a cualificación profesional Alumnado Non
Fortaleza C1. O centro conta con infraestructura axeitada, fiable e segura que permite e facilita o emprego de prácticas innovadoras de ensinanza, aprendizaxe e avaliación Infraestruturas Si
Fortaleza C2. O centro conta con dispositivos axeitados para a ensinanza Infraestruturas Si
Fortaleza C5. A valoración sobre a asistencia técnica da que dispón o centro para solventar os problemas que poidan xurdir é favorable Infraestruturas Si
Fortaleza C3. Tanto equipo directivo, como profesorado, como alumnado, valora positivamente o acceso a internet do que se dispón no centro educativo Infraestruturas Si
Fortaleza A3. No centro empréganse novas modalidades de ensinanza, especialmente en ciclos formativos Oferta Non
Fortaleza A3. No centro empréganse novas modalidades de ensinanza, especialmente en ciclos formativos Organización de centro Si
Fortaleza G8. O alumnado de ciclos formativos valora moi positivamente a documentación da aprendizaxe que se realiza na aula Organización de centro Si
Fortaleza O centro mantén comunicación regular e ben organizada Organización de centro Si
Fortaleza C16. Tanto alumnado como profesorado valoran positivamente o uso de bibliotecas/repositorios en liña Organización de centro Si
Fortaleza F8. O alumnado de formación profesional valora moi positivamente o uso de tecnoloxías na orientación profesional Organización de centro Si
Fortaleza A3. O persoal docente coñece e emprega novas modalidades de ensinanza, especialmente en ciclos formativos Persoal docente Si
Fortaleza A5. O persoal docente é coñecedor das normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso Persoal docente Si
Fortaleza B3. O persoal docente de ciclos formativos realiza colaboracións con outras entidades co fin de compartir experiencias e aprender de maneira efectiva dentro e fora da organización Persoal docente Non
Fortaleza D3. O persoal docente intercambia experiencias con outros docentes Persoal docente Si
Fortaleza E3. O persoal docente emprega en gran medida entornos virtuais de aprendizaxe, e os alumnos destacan o seu uso Persoal docente Si
Fortaleza E4. O centro emprega en gran medida medios dixitais para a comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Si
Fortaleza G5. O alumnado de ciclos formativos valora positivamente a autorreflexión do equipo docente sobre a aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza B2. O persoal docente fomenta o debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Fortaleza D2. O persoal docente participa en programas de desenvolvemento profesional continuo Persoal docente Non
Fortaleza E1. O persoal docente emprega ampliamente recursos educativos en liña para a ensinanza-aprendizaxe na aula Persoal docente Non
Fortaleza E2. O persoal docente crea os seus propios recursos dixitais para mellorar a labor docente Persoal docente Si
Fortaleza E5. O persoal docente fai uso xeralizado de recursos educativos abertos Persoal docente Non
Fortaleza F1. Tanto persoal docente como alumnado coinciden en que no centro se realizan as adaptacións necesarias para garantir a atención ás distintas necesidades dos alumnos Persoal docente Si
47 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza B4. O profesorado de ciclos formativos considera que o centro non promove a búsqueda de sinerxias para o aprendizaxe mixto Lexislación Non
Ameaza C17. O centro non conta cunha base de datos de proveedores de formación, se ben o alumnado valora positivamente a información que sobre éstes se lles proporciona Outras Non
Ameaza B4. Existe unha gran diferencia na percepción do profesorado de ciclos formativos e do equipo directivo respecto ás sinerxias para a aprendizaxe mixta Outras Non
Oportunidade C1. O centro conta con infraestructura axeitada, fiable e segura que permite e facilita o emprego de prácticas innovadoras de ensinanza, aprendizaxe e avaliación Administración educativa Si
Oportunidade C2. O centro conta con dispositivos axeitados para a ensinanza Administración educativa Si
Oportunidade C3. Tanto equipo directivo, como profesorado, como alumnado, valora positivamente o acceso a internet do que se dispón no centro educativo Administración educativa Non
Oportunidade C5. A valoración sobre a asistencia técnica da que dispón o centro para solventar os problemas que poidan xurdir é favorable Administración educativa Si
Oportunidade A5. O equipo docente ten amplio coñecemento sobre as normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso Lexislación Non
Oportunidade B3. Dende os ciclos formativos realízanse colaboracións con outras entidades co fin de compartir experiencias e aprender de maneira efectiva dentro e fora da organización Outras Non
Oportunidade C1. O centro conta con infraestructura axeitada, fiable e segura que permite e facilita o emprego de prácticas innovadoras de ensinanza, aprendizaxe e avaliación Outras Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Coa análise DAFO realizada, o seguinte paso para a realización do Plan Dixital é o deseño do Plan de Acción, no que se definen unha serie de obxectivos orientados á mellora relativa do uso que se fai dos recursos dispoñibles, a sabendas de que o catálogo dos mesmos está en continua evolución.
Cabe destacar que o Plan de Acción se define tendo en conta os recursos materiais e humanos no momento da elaboración do mesmo, durante o presente curso académico.

Obxectivos, indicadores e accións
Para a elaboración do plan de acción, o equipo de dinamización do Plan Dixital do Centro estableceu as áreas prioritarias sobre as que determinar os obxectivos a conseguir, dentro das 8 áreas definidas no SELFIE. En base a esto, definíronse 6 obxectivos, que se reparten nas seguintes áreas:

A -Liderado

B- Colaboración e redes

C- Infraestruturas e Equipos

D- Desenvolvemento profesional continuo

E- Pedagoxía: Apoio e Recursos

F- Pedagoxía: Implementación na aula

G- Prácticas de avaliación

H- Competencias dixitais do alumnado
 

Para a conxecución de cada obxectivo, deséñanse unha ou varias accións, nas que se detallan:
    • Os recursos necesarios
    • A persoa ou persoas responsables da realización de dita tarefa
    • Os indicadores de logro
    • Os instrumentos que se empregarán para medir ditos logros
    • A temporalización de ditas tarefas

Tanto obxectivos como accións se concretan nas táboas das páxinas 10 a 16, e á súa vez ditas táboas servirán para facer o seguimiento de cada obxectivo na fase de avaliación do Plan.

Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas
O centro conta cunha boa infraestructura tecnolóxica, así como equipamento e servizos dixitais educativos, tal e como se reflexa nos resultados do SELFIE e na análise de equipamento e infraestrutura detallada no punto 2.1. deste documento, máis co fin de potenciar aínda máis a dixitalización no centro nos vindeiros cursos, plantéxanse as seguintes necesidades ou posibilidades de mellora:

    • Instalación, na medida do posible, de monitores dixitais interactivos nas aulas dos Ciclos Formativos que aínda non dispoñen deles.
    • Valoración da posibilidade de incorporación á rede Agueiro como rede social educativa do centro e como sistema de portfolios dixital

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Progresar na estandarización dos recursos dixitais por parte do alumnado e profesorado
O02PD Avanzar na estandarización das aulas virtuais do centro
O03PD Optimizar o uso das infraestruturas e equipos TIC do centro
O04PD Optimizar a xestión do traballo do alumnado
O05PD Avanzar na dixitalización da xestión de incidencias
O06PD Dinamizar o uso do Polo Creativo

Seguimento

Procedemento

Realizarase unha avaliación procesual do estado de implementación do plan de acción ao final de cada trimestre. Neste punto analizaranse que accións xa están realizadas e faranse, de ser necesarias, modificacións nas accións a desenvolver nas seguintes avaliacións.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos realizarase da seguinte maneira:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será ao final de cada trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- Ao final de curso levarase a cabo unha avaliación final na que se indicará a consecución ou non dos obxectivos, propostas de mellora para os mesmos e proposta de obxectivos a acadar no curso seguinte.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Información e aprobación en reunión de Claustro e Consello Escolar, celebradas o 3 de novembro de 2023

Publicación na páxina web do centro no apartado "Documentos do Centro".