Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do plan dixital en relación a normativa vixente

O Plan Dixital de Centro recollerá as accións para desenvolver e mellorar a competencia dixital da organización.

Aínda que o proceso de desenvolvemento e difusión de tecnoloxías é imparable, parece que xa se consolidaron unha serie de recursos, ferramentas e servizos que permiten mellorar os procesos educativos, non só os que ocorren na aula, senón tamén todos aqueles que contribúen a que os centros educativos cumpran coa súa función formativa.

Tendo en conta o mundo no que vivimos, é necesario que abordemos a tecnoloxía desde unha perspectiva máis global, mirando o centro como a unidade de transformación e deseñando plans de mellora que poidan ser desenvoltos co impulso do equipo directivo dun centro.

O Marco de Competencia para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes permítenos facer unha análise da realidade dos nosos centros e deseñar un plan de acción en base á seguinte lexislación:

·       A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así nos artigos 19, 24, 25, 111bis, 121 e 132 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro.

      Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

     Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 Incorporación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.

A finalidade do noso centro educativo é que o alumnado aprenda, se forme e se desenvolva como individuo da sociedade na que vive.

O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que ven recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

Neste curso 23/24  se recollerán na Programación Xeral Anual as actuacións do Plan Dixital para quede implementado definitivamente, de maneira efectiva, no Proxecto Educativo do centro.

-        Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa.

O plan dixital de centro estará interrelacionado de maneira transversal co resto de plans e proxectos que actualmente desenvolvemos no centro.

A relación máis directa será a que teña co Proxecto Edixgal, que o centro leva desenvolvendo xa dende o curso 2010 / 2011 (Proxecto Abalar) co claro obxectivo de transformar as aulas tradicionais en dixitais e mellorar a calidade do sistema educativo  gracias a integración das TIC e coa implicación de toda a comunidade educativa.

Por outra banda tentaremos que o plan estea moi presente nos tres proxectos que sempre desenvolve o CPI de Atios, como son o Contratos-Programa, Clube de Ciencia e por suposto no Plan de Formación para o Profesorado onde temos un itinerario onde traballamos o ensino virtual e as novas tecnoloxías”.

 Proceso de elaboración

Para  o deseño do Plan Dixital de Centro é fundamental saber de que situación se parte, para o cal houbo que facer un diagnóstico previo durante o pasado curso académico ,que levou a unha avaliación do nivel dixital do centro para posteriormente marcar as estratexias e obxectivos a seguir. Para isto creouse, ao principio do curso escolar, unha actividade no PFPP onde participou o equipo directivo e o profesorado dos tres niveis educativos.

O reparto de tarefas foi moi importante e traballouse de forma cooperativa e, paso a paso, para chegar á redacción deste plan.

Os pasos a seguir foron:

-        Reunións periódicas para a posta en común de información.

-        Revisión da situación real do centro 

-        Análise dos datos obtidos e realización do esquema DAFO.

-        Elaboración do Plan de Acción e obxectivos.

-        Revisión final do Plan Dixital.

Así mesmo, destacamos a participación deste equipo de dinamización (equipo directivo e profesorado das tres etapas educativas)  no proceso de deseño e implementación do Plan Dixital de Centro, tanto pola visión global que desde a súa responsabilidade pode achegar, como pola capacidade para mobilizar recursos da organización e de xerar liderados distribuídos que permitan o cambio atendendo a principios democráticos (

O Plan Dixital de Centro debería permitir á comunidade educativa:

-        Visualizar onde quere que chegue o centro.

-        Entender onde está actualmente.

-        Trazar o camiño que leve dun estado ao outro.

-        Debe conter obxectivos claros.

-        Ser viable e dinámico e estar consensuado e organizado.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- Autoavaliación:  SELFIE e o Test CDD se aplicaron non curso 21-22, e aínda son de utilidade para ter unha visión xeral da situación, pero engadimos a información que obtivemos da análise dous resultados unha vez implantar e desnvolvido o Plan Dixital non curso 22-23

- Por outra banda seguimos a usar a observación directa como fonte de información.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade As maiores dificultades para o alumnado as atopamos en aprender a codificar o programar e en resolver problemas técnicos Alumnado Non
Debilidade Algunha familia ten problemas de conexión e a súa competencia dixital e baixa ou moi baixa Familias Non
Debilidade Descoñecemento nalgún caso da lexislación sobre protección de datos. As veces a conexión a internet non é a adecuada Nalgún caso os equipos informáticos están algo anticuados Infraestruturas Non
Debilidade Non atopamos debilidades Oferta Non
Debilidade Incremento nos último anos dos trámites administrativos que son responsabilidade do equipo directivo. Organización de centro Non
Debilidade A competencia do resto de persoal non docente e susceptible de mellora Persoal non docente Non
Fortaleza A creación de contidos dixitais e as habildades dixitais para diferentes materias é mellorable Alumnado Non
Fortaleza Alto porcentaxe de familias usuarias da aplicación Abalar, temos 770 usuarios de alta Familias Non
Fortaleza O centro dispón de equipamento EDIXGAL dende 5º de primaria ata 4º da ESO. En 4º de primaria temos ordenadores para todo o alumnado. Ademáis todas as aulas teñen ordenador e canón Infraestruturas Non
Fortaleza Ofertamos prazas en os niveis de Infantil, Primaria e Secundaria que favorece a transición do alumnado dun nivel educativo a outro Oferta Non
Fortaleza Equipo directivo consolidado con 12 anos no cargo, aínda que houbo cambio no posto de director , a nova directora segue cun proxecto de centro ben definido. Boa coordinación entre as diferentes etapas educativas. Organización de centro Non
Fortaleza Nos aspectos do desenvolvemento profesional continuo, apoyos e recursos e moi bo en xeral. Por outra banda da análise do test CDD os resultados manifestan unha alta porcentaxe 74,8% de competencia integrador B1 Persoal docente Non
Fortaleza A competencia da persoa administrativa e adecuada ao seu traballo Persoal non docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A posibilidade de que os equipos máis antigos deixen de funcionar. O mantemento dos equipos informáticos non sexa o adecuado Administración educativa Non
Ameaza Baixa participación das familias na asosiación. E dificultades para encontrar persoas que a xestionen ANPA Non
Ameaza O mal uso das novas tecnoloxías e problemática das redes sociais Contorna Non
Ameaza Que a lexislación non defina na mesma reduccións horaria para os coordinadores/as Lexislación Non
Ameaza Moitas das accións entre concello e centro depende da boa voluntade de ambas partes. Non é nada lexislado Outras Non
Oportunidade Que a Consellería de Educación renove os equipos máis obsoletos. Que as persoas responsables das TICs e EDIXGAL teñan unha reducción horaria definida. Administración educativa Non
Oportunidade Incrementar a súa participación nas actividades do centro unha vez recuperada a normalidade trala COVID-19 ANPA Si
Oportunidade Familias con pais e nais nados xa na era dixital e acostumados as nova tecnoloxias. Incorporación ao concello nos últimos anos de familias cun nivel socioeconómico medio-alto. Alta capacidade de adecuarse ao ensino dixital Contorna Si
Oportunidade Aproveitar a Resolución do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021/22. Lexislación Si
Oportunidade A bo relación co concello permite que doten de rede wifi ás familias máis necesitadas e realizar proxectos de formación para as familias Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

En todas as áreas, excepto nas “Prácticas de avaliación” acadamos uns resultados máis que aceptables.

Destacamos como puntos fortes a área de “Pedagoxía: Apoio e Recursos” e “Infraestruturas e Equipos” cunha valoración media próxima ao 

O noso punto débil está na área de “Prácticas de avaliación”, onde acadamos só un 3 e é o ítem menos valorado polo profesorado.

Test CDD:

Destacamos o alto grado de participación na realización do test por parte do profesorado, independentemente da súa situación no centro superando en todos os casos o 80 % de participación.

O nivel de competencia media acadada polo centro  foi de 74,8, que nos sitúa dentro do nivel competencial medio da nosa comunidade; acadamos polo tanto o niveL INTEGRADOR B1 

Podemos diferenciar por etapas , así en educación primaria e infantil acadamos una media de 60,9 que sitúa a estas etapas no nivel Explorador (A2). Por outra banda en educación secundaria o media acada é alta, do 83,3, que sitúa a esta etapa no nivel Integrador (B1).

Por último destacar que temos na actualidade 2 profesores/as que só acada o nivel competencial de Principiante (A1) polo tanto este profesorado necesitaría máis axuda inicial para elevar a súa competencia inicial.

A maioría do claustro (40 profesores/as) acadan competencias exploradoras ou integradoras polo que é un bo número como punto de partida para seguir mellorando.

Finalmente hai 2 profesores/as que logran unha media de nivel de Líder (C1) e 18 profesores que acadan unha media de Experto/a (B2) que serían os encargados de dinamizar este plan e axudar ao resto de compañeiros.

- Outras fontes: OBSERVACIÓN DIRECTA

A pandemia provocada polo  SARS- CoV-2 acelerou no noso centro a aposta polo ensino dixital.

Dende marzo de 2019, tivemos que realizar unha actuación de  emerxencia non planificada para resolver a grave situación de confinamento.

Co paso dos meses empezamos a planificar mellor e observamos a  necesidade da implantación de ferramentas dixitais para a contorna educativa así  como tentamos a mellora das competencias dixitais do profesorado e do    alumnado.

Observamos tamén que nalgún caso tiñamos a necesidade de formar ao profesorado e ao alumnado con ferramentas dixitais.

Por último, dende o equipo directivo, decatámonos durante este tempo dunha falta de recursos tecnolóxicos por parte do alumnado que con este plan tentaremos solucionar.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Adquirir competencias dixitais relacionadas co traballo organizativo do centro.
O02PD Utilizar as ferramentas dixitais para mellorar a eficacia e a eficiencia dos procecementos administrativos e relacionados coa comunicación.
O03PD Mellorar a competencia dixital dos docentes de acordo co nivel de competencias dixitais europeos.
O04PD Utilizar as TICs como medio de perfeccionar a actividade docente a trevés da súa utilización da información que delas poida sacar e da formulación pedagóxica que para elas teña
O05PD Saber consultar información na rede, tanto de temas de investigación profesional como de temas interesantes para a súa actividade docente.
O06PD Favorecer a súa utilización por parte do profesorado nas súas tarefas xerais do centro: programacións, memorias, plans, situacións de aprendizaxe, xestión académica
O07PD Utilizar programas e contornas que faciliten a súa aprendizaxe e favorezan a adquisición de habilidades, destrezas e coñecementos
O08PD Utilizar internet e as redes sociais con responsabilidade, informando dos riscos e minimizándoos con información específica.
O09PD Evitar a fenda dixital que pode causar a situación actual entre os estudantes con recursos e os que non os teñen
O10PD Manter e mellorar as vías de comunicación virtual do centro.
O11PD Utilizar de forma efectiva as ferramentas de xestión do centro que nos ofrece a Consellería de Educación
O12PD Dispor dunha asistencia técnica eficaz para resolver os problemas cos equipos dixitais do centro.
O13PD Garantir na contorna virtual do centro a protección de datos de todos os seus usuarios.

Seguimento

Procedemento

- Seguimento do plan

Cada unha das accións propostas neste proxecto dixital ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e  se é necesario realizar variacións no achegamento das accións durante o curso para que as propostas se materialicen.

A avaliación basearase no  grao de desenvolvemento dos obxectivos e na eficacia das actuacións.

Expoñemos un sistema de avaliación que nos permita, non só recoller o progreso xeral en materia de dixitalización, senón tamén o progreso de todos os axentes participantes e sobre todo o progreso das actuacións coeducativas expostas. 

Basearémonos en dous aspectos fundamentais a hora de avaliar:

-        A adquisición e o logro dos obxectivos principais, por parte de todos os sectores implicados (profesorado, alumnado e familias).

-         O interese, a participación e o esforzo levado a cabo, constituíndo estes tres aspectos os referentes da nosa avaliación.

Para isto levaremos a cabo dous tipos de avaliación: a parcial e a final.

Avaliación parcial:

A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

O equipo de dinamización do plan dixital fará, no mes de outubro unha avaliación inicial do plan e as súas conclusións serán presentadas nun informe ao Claustro e Consello escolar no mesmo mes.

O seguimento do plan será trimestral e avaliaranse tanto os logros dos alumnos, o profesorado, o persoal non docente e as familias, como o Plan en si (obxectivos, contido, actividades, metodoloxía,  temporalización…).

-        Os equipos de ciclo e os departamentos de secundaria farán unha valoración das accións programadas e da aplicación do mesmo, facendo  propostas de mellora cando así o estimen necesario.

-        Na Comisión de Coordinación Pedagóxica farase un seguimento e elaborarase un informe da avaliación levada a cabo.  Á devandita reunión poderá asistir o responsable do Plan de Dixitalización. O informe trasladarase ao Claustro e ao Consello escolar para o seu coñecemento, se procede, das medidas e actuacións propostas; así como a súa revisión e avaliación.

Avaliación final:

A avaliación continua complementarase cunha avaliación final onde se valoren os resultados obtidos, as posibles melloras, erros cometidos, necesidades e grao de satisfacción coa experiencia. Para todo iso, empregaranse, entre outros, os seguintes criterios de avaliación: 

-        O nivel de implicación do profesorado do centro.

-        O grao de consecución dos obxectivos establecidos.

-        A análise das causas que expliquen os resultados.

-        A revisión das actividades realizadas.

-        A idoneidade das actuacións programadas e dos recursos previstos para alcanzar os obxectivos.

-        A eficacia dos mecanismos de coordinación. 

Da avaliación final  levada a cabo no mes de xuño realizarase un informe final, que se plasmará na memoria do centro.

 

 

1º Trimestre

Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

O equipo de dinamización do plan dixital faI, no mes de outubro unha avaliación inicial do plan e as súas conclusións foron presentadas nun informe ao Claustro e Consello escolar celebrado o día 25 de outubro de 2023

Os equipos de ciclo e os departamentos de secundaria fan unha valoración das accións programadas e da aplicación do mesmo, e fan propostas de mellora cando así o estimen necesario que se recollen nas actas de departamento ou ciclo.

Nas Comisións de Coordinación Pedagóxica  celebradas en setembro, outubro e novembro faise un seguimento e elaborarase un informe final da avaliación levada a cabo. Á devandita reunión asiste o responsable do Plan de Dixitalización. O informe final do trimestre trasladarase ao Claustro e ao Consello escolar que terá lugar en xaneiro de 2024 para o seu coñecemento, se procede, das medidas e actuacións propostas; así como a súa revisión e avaliación.

O coordinador do Plan Dixital fai un seguimentos do grao de cumplimento dos obxectivos fixados.

INFORME DO 1º TRIMESTRE

2º Trimestre

-      Equipo do  plan dixital:

 Na  reunión do Claustro do Profesorado , celebrado o día  24 de xaneiro de 2024, informase ao profesorado oos cambio no equipo de dinamización que son os seguintes

Juan Ramón Alonso García,  e sustituido por Sabela Regueiro Gestal debido a unha baixa e longa duración do profesor

Cristina Martínez Romero e e sustituido por Noelia Castro Olvieira debido a unha baixa e longa duración do profesor                    

-      Revisión do Plan Dixital:

O día 11 de marzo o equipo de dinamización fai a revisión do plan se presentará ao claustro e consello escolar do mes de arbil

-      Traslado a la aplicación informática do plan:

o   Unha vez revisado o plan  o coordinador completa na aplicación informática "Educalidade", os perceptivos apartados.

-      Desenvolver as actividades de formación dixital dentro del PFPP:

o   As actividades incluidas no Plan de Formación do Profesorado encamiñadas ao enriquecemento dixital do profesorado  como son “Introdución ao EVA E-Dixgal” e “Programación en PROENS” xa remataron. Continuamos coa formación, “Polo Creativo no CPI Atios”

-  Outras actividades realizadas:

o   Completar la aplicación “Educalidade”

o   Confección das enquisas que valorarán e avaliarán o Plan Dixital por parte do profesorado e do alumnado.

o   Acordo para a instalación en breve de 12 Paneles interactivos de 75 polgadas, resolución 4K, modelo TafelTech L75EG (Android 11, 4GB RAM, 32GB almacenamento interno).

o   Co gallo do  Día Internacional da Protección de Datos lembramos a través do correo corporativo o Principio de «minimización de datos» regulado no artigo 5.1.c) do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) que establece que os datos persoais deben ser adecuados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que son tratados.

o   Habilitase na páxina web do seu centro educativo o Punto Laranxa virtual contra o acoso escolar

o   Realizamos os trámites da Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24

o   O informe final do trimestre trasladarase ao Claustro e ao Consello escolar a celebrar en abril para o seu coñecemento, se procede, das medidas e actuacións propostas; así como a súa revisión e avaliación.

-      Seguimiento dos obxetivos:

Este curso académico temos fixados 13 obxectivos, agrupados en 5 grandes bloques

Obxectivos para os membros do equipo directivo, para o profesorado, para o alumnado,  para a xestión e funcionamento do centro, para a infraestrutura e equipos do centro.

Neste primeiro trimestre observamos que a maioría dos obxectivos están en proceso a data para alcanzalos é o mes de xuño de 2024.

Os obxectivos xa cumpridos segundo o seguimento da acción son os seguintes

1.- “Adquirir competencias dixitais relacionadas co traballo organizativo do centro”, acadado o 30-11-2023

8.- Incluir nas NOF do centro actuacións indebidas relacionadas co ciberacoso ou o ciberbullying. Realizar charlas sobre ciberseguridade , acadado o 24-01-2024

9.-  “Evitar a fenda dixital que pode causar a situación actual entre os estudantes con recursos e os que non os teñen”, acadado o 16-10-23

11.- “Utilizar de forma efectiva as ferramentas de xestión do centro que nos ofrece a Consellería de Educación, acadado o 30-11-23

13.- “ Garantir na contorna virtual do centro a protección de datos de todos os seus usuarios”, acadado o 31-10-23

-      Trasladar información a la CCP, Claustro y Consello como es preceptivo:

o   A información sobre as diferentes actividades do plan dixital así como a implementación do mesmo facilitouse neste primeiro trimestre nas seguintes datas:

§  Claustros do profesorado dos días, 24-01-2024

§  Consellos escolares dos días, 24-01-2024

§  Comisións de Coordinación Pedagóxica dos días, 06-02-2023,  e 05-03-2024

-      Inventariar a dotación dixital do centro:

o   Revisamos o inventario para coñecer a situación na que se atopa a rede informática do centro, é fundamental saber de que activos dispoñemos

RECOMENDACIÓNS A SEGUIR:

o   Implementar o plan dixital do centro nas tarefas cotiás.

o   Incentivar a participación do alumnado y profesorado no proceso de dixitalización do centro.

o   Incorporar  novo material informático e mais estabilidade na rede informática.

o   Tentar que non se incremente o traballo para o profesorado

TAREFAS PENDENTES PARA O TERCEIRO TRIMESTRE

- Seguimento do plan dixital e dos obxectivos do mesmo

- Completar la aplicación “Educalidade”

- Comunicación e difusión

- Pasar das enquisas que valorarán e avaliarán o Plan Dixital por parte do profesorado e do alumnado.

- Acordo para a instalación en breve de 14 Paneis interactivos de 85 polgadas, nos cursos do proxecto Edxigal

- Realizar actividades relacionadas co Plan Dixital

DIFUSIÓN E PUBLICIDADE DO PLAN DIXITAL:

o   Exposición pública na páxina web do centro, para lograr a máxima difusión do plan: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpiatios/?q=node/1321

o   Envío ao correo corporativo do profesorado dando a coñecer o plan e a aplicación “Educalidade”

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cando falamos de procedementos para a avaliación enfocámonos na observación directa, cuestionarios e os informes persoais.

A observación directa a realizamos a través da “táboa de observación directa” en que contemplamos a conduta da comunidade educativa en aspectos relacionados co desenvolvemento do plan dixital no centro asi definimos uns indicadores e os agrupamos en tres categorías

-      Plan de centro coeducativo

-      Sensibilización da comunidade educativa

-      Implicación da comunidade educativa

Os cuestionarios, habilitados en https://docs.google.com/forms/u/0/ comprenden un conxunto de preguntas a diferentes colectivos, alumnado, persoal non docente e profesorado sobre aspectos relacionados con la percepción que cada colectivo ten sobre a implantación, desenvolvemento e utilidade que ten ao seu parecer o plan dixital.

Unha vez realizados tendo a nosa disposición as resposta fixemos unha análise dos resultados que recollemos nun informe, que debemos destacar que foi moi satisfactorio en liñas xerais, pero vemos unha oportunidade de mellor aclaro no colectivo de persoal non docente.

Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A inclusión do Plan Dixital no Proxecto Educativo do Centro é factor fundamental para o coñecemento do mesmo

O equipo de dinamización do plan ao inicio de curso (setembro) poñerá en coñecemento do Claustro e do Consello escolar o devandito plan, e informará dos aspectos máis relevantes do mesmo.

Seguindo coa difusión, todos os membros do Claustro do profesorado reciben unha copia do plan dixital a través do correo cooperativo edu.xunta.gal e os/as xefes/as de departamento e coordinadores/as de ciclo deben certificar nas actas das súas primeiras reunións, que o plan foi lido e implementado nas respectivas programacións.

Por outra banda unha copia Plan Dixital enviarase tamén aos membros do Consello Escolar a través do correo cooperativo “edu.xunta.gal”

Para que toda a comunidade educativa do centro teña acceso ao plan este publicarase na paxina web do centro no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiatios/?q=node/1321

O alumnado recibirá información do Plan Dixital por parte dos/as titores/as nas primeiras reunións de titoría que teñan con eles no mes de setembro. Ademais mostrarán ao alumnado o enlace da páxina web onde poden atopar o plan.

Como último canle de difusión usaremos o espazo abalar onde crearemos un aviso para todas as familias, informando que implementaremos o Plan dixital no centro e o enlace onde poden atopar o mesmo.