Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital de Centro concíbese como "un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes».
O Proxecto Dixital de Centro é un documento aberto, suxeito a continua revisión, integrado noutros plans ou proxectos de centro, que define o uso e integración das tecnoloxías no centro educativo.

Está articulado en tres dimensións:
a) Organizativa: liderado, desenvolvemento profesional, colaboración, traballo na rede...
b)Tecnolóxica: modificación, dotación e mantemento de equipos, infraestruturas e comunicacións...
c) Pedagóxica: metodoloxías, prácticas de ensino-aprendizaxe, contidos e currículos, prácticas de avaliación...

Marco lexislativo
Existen tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación da Comisión Europea, que articulan a competencia dixital no eido educativo:
a) DigCompEdu: que fai referencia á competencia dixital docente.
b) O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns, onde se integra tamén a competencia dixital do alumnado.
c) O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes: que trata a elaboración do plan dixital nos centros educativos.

Ao mesmo tempo, deberá atender ao seguinte marco lexislativo:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
• Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
• Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A análise dos datos obtidos no SELFIE e no TCDD foron tratados e analizados para elaborar o informe DAFO. Trátase dunha táboa onde se perfilan as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades que nos levarán á posterior reflexión e elaboración das directrices sobre as que se baseará o Plan Dixital.

Interno
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C13 OP. O alumnado non pode traer os seus dispositivos. Alumnado Non
Debilidade H. A competencia dixital é bastante mellorable, sobre todo en canto á autonomía. Alumnado Non
Debilidade Acceso desigual a dispositivos tecnolóxicos. Familias Non
Debilidade B4. Pouca colaboración con outros centros para mellorar o ensino dixital. Organización de centro Non
Debilidade G3. A retroalimentación non se adoita dar de xeito dixital. Persoal docente Non
Debilidade F6. O profesorado non realiza suficientes proxectos interdisciplinares empregando as novas tecnoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza C8 e C10 OP. O alumnado pode empregar os dispositivos dixitais frecuentemente e algúns deles pode levalos á casa de ser necesario. Alumnado Non
Fortaleza Colaboran na medida das súas posibilidades para que o alumnado realice as actividades. Familias Non
Fortaleza C4. Hai asistencia técnica periodicamente, contratada polo centro. Infraestruturas Non
Fortaleza C1. A infraestrutura tecnolóxica do centro é boa. Infraestruturas Si
Fortaleza C3.Boa conexión WIFI, con cobertura en todo o centro. Infraestruturas Non
Fortaleza C14. Conta cunha aula TIC con equipos actualizados Infraestruturas Non
Fortaleza O profesorado ten liberdade para probar novas tecnoloxías no centro. Oferta Non
Fortaleza C12 e C13. Temos en conta a fenda dixital do alumnado e levamos a cabo medidas para minimizala. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado conta cun nivel medio C1 que lle permite impulsar metodoloxías de aprendizaxe dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E1 e E2. O profesorado busca e crea recursos dixitais para utilizar na clase ou na aula virtual. Persoal docente Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza As incidencias de carácter tecnolóxico tardan moito tempo en solventarse. Administración educativa Non
Ameaza O centro localízase nun entorno rural. Contorna Non
Ameaza O nivel socioeconómico da comunidade educativa é medio-baixo. Contorna Non
Ameaza C3. O acceso a internet non é constante, xa que hai moitas fluctuacións na velocidade e momentos nos que non funciona, aínda que non son demasiado frecuentes. Outras Non
Oportunidade Aposta polo ensino dixital Administración educativa Si
Oportunidade A5. Respectamos a normativa sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Non
Oportunidade C7. Tomamos as precaucións necesarias para protexer os datos do alumnadom tanto os persoais como os educativos. Lexislación Non
Oportunidade Alta implicación do Concello, que financiou varios recursos tecnolóxicos. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise DAFO ofrece unha visión de conxunto, e desde distintos puntos de vista, da situación do centro no referente ao uso e á dotación de equipamento dixital. A partir desta información, o equipo de dinamización do Plan Dixital seleccionou aqueles aspectos que estimaron prioritarios, en función de varios parámetros:

  • Mellora do funcionamento do centro.
  • Impacto na actividade docente.
  • Viabilidade a corto/medio prazo.
  • Posibilidade dunha avaliación obxectiva das medidas implantadas.

Unha vez valorados todos os elementos da DAFO, podemos concluír que estamos ante unha boa oportunidade para regular, sistematizar e deseñar o enfoque que queremos planear para o uso das novas tecnoloxías na nosa comunidade educativa. Temos que ser quen de compensar as fortalezas/debilidades e as ameazas/oportunidade para mellorar a nosa acción educativa, así como a relación telemática coas familias e a xestión das aulas virtuais do noso centro educativo. Con esa finalidade deséñase o Plan Dixital do Centro.
En primeiro lugar, debemos de traballar na mellora dos equipos e conectividade, si é posible a través da administración educativa, ou si non fose posible en todos os casos, con recursos propios do centro.
Por outro lado, é importante seguir traballando na formación do profesorado , para poder trasladar esta experiencia ás familias do alumnado e a súa práctica docente. Esta mellora da Competencia Dixital Docente será clave nos vindeiros cursos, tanto en funcións docentes como en funcións administrativas/burocráticas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro e o actual no caso de ser necesario.
O2PD Aumentar a competencia dixital do profesorado mellorando o coñecemento sobre os paneis dixitais interactivos e promover o seu uso.

Seguimento

Procedemento

A persoa coordinadora do Plan Dixital do CEIP Plurilingüe Virxe do Portal, Carlos Lombao Gómez reunirase telefónica, telemática ou presencialmente, co mentor ADIX, Jorge Fernández Otero, cando fose necesario, sempre que a situación o permita, para revisar e analizar como se van levando a cabo os obxectivos e accións dos mesmos ou se estos presentan algunha incidencia ao longo do curso académico 2023-2024.

1º Trimestre

A 21 de decembro de 2023, os obxectivos do noso plan dixital e as acción dos mesmos atópanse como segue:

O1PD- Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro e o actual no caso de ser necesario.    
AO1.1: Elaboración dun inventario dos equipos máis obsoletos do centro. ( En proceso )

AO1.2: Solicitude de presuposto en función dos equipos que se van cambiar. ( Acadado )

AO1.3: Actualización dos equipos. ( Acadado )


O2PD- Aumentar a competencia dixital do profesorado mellorando o coñecemento sobre os paneis dixitais interactivos e promover o seu uso.

AO2.1: Utilización do panel como recurso principal reducindo progresivamente a dependencia do ordenador de aula conectado ao panel.  ( En proceso )

AO2.2: Realización de actividades interactivas co alumnado. ( En proceso )
 

2º Trimestre

A 24 de marzo de 2024, os obxectivos do noso plan dixital e as acción dos mesmos atópanse como segue:

O1PD- Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro e o actual no caso de ser necesario.    
AO1.1: Elaboración dun inventario dos equipos máis obsoletos do centro. ( En proceso )

AO1.2: Solicitude de presuposto en función dos equipos que se van cambiar. ( Acadado )

AO1.3: Actualización dos equipos. ( Acadado )


O2PD- Aumentar a competencia dixital do profesorado mellorando o coñecemento sobre os paneis dixitais interactivos e promover o seu uso.

AO2.1: Utilización do panel como recurso principal reducindo progresivamente a dependencia do ordenador de aula conectado ao panel.  ( En proceso )

AO2.2: Realización de actividades interactivas co alumnado. ( En proceso )

3º Trimestre

A 21 de xuño de 2024, os obxectivos do noso plan dixital e as acción dos mesmos atópanse como segue:

O1PD- Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro e o actual no caso de ser necesario. 

AO1.1: Elaboración dun inventario dos equipos máis obsoletos do centro. ( En proceso )

AO1.2: Solicitude de presuposto en función dos equipos que se van cambiar. ( En proceso )
AO1.3: Actualización dos equipos. ( En proceso )

 

O2PD- Aumentar a competencia dixital do profesorado mellorando o coñecemento sobre os paneis dixitais interactivos e promover o seu uso.

AO2.1: Utilización do panel como recurso principal reducindo progresivamente a dependencia do ordenador de aula conectado ao panel.  ( En proceso )

AO2.2: Realización de actividades interactivas co alumnado. ( En proceso )

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Diferenciamos dúas vías de avaliación do Plan de Acción:

  • Avaliación procesual: levarase a cabo unha vez ó trimestre e valoraranse as accións prefixadas no Plan de Acción. No caso de que as actuacións transcorran con demora, daráselles cumprimento coa maior prontitude para favorecer a súa consecución.
  • Avaliación final: parte da valoración dos obxectivos establecidos, tendo en conta os indicadores plasmados no Plan de Acción. Esta avaliación terá lugar ao finalizar o curso académico 2023-2024. O grao de consecución dos obxectivos condicionará obxectivos ulteriores que se estudarán para a súa aplicación en vindeiros cursos, inmersos nos respectivos Plans Dixitais.
Valoración xeral

A cubrir en xuño de 2024. (Resumo do que foi o Plan Dixital todo o ano).

Proposta de mellora

A cubrir en xuño de 2024. (Propoñer obxectivos e suxerencias para o ano que ven).

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este curso académico 2023-2024 o plan dixital do noso centro estará dispoñible, para toda aquela persoa que quera velo, no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15016784
Tamén continúa colgado na web do noso centro un PDF cunha versión anterior (curso 2022-2023) pero é aconsellable consultar o enlace aportado anteriormente.