Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos centro:
CEP PLURILINGÜE SALUSTIANO REY EIRAS BANDASECA S/N 15940 A POBRA DO CARAMIÑAL (A CORUÑA), 15013199 CIF: Q6555723C tfno 881866847
correo: cep.salustiano.rey.eiras@edu.xunta.gal
Curso 23/24: 12unid. ed. primaria, 218 alumnos, 23 profesores
Horario: xornada única 8:55-13:55 h; atención familias, luns de 17:00-18:00 h.
6 liñas de transporte escolar, Comedor de catering, apertura de madrugadores, Biblioteca tardes de 16:00 a 18:00 h. de martes a venres
UBICACIÓN: situado no lugar de Bandaseca, parroquia do Xobre, na saída do casco urbano a carón da estrada cara Ribeira. É unha zona ampla e verde a carón dunha xunqueira que conta cun paseo perimetral que bordea o patio. A  piscina municipal xunto ao centro. Case 2/3 do alumnado sexan transportados en bus, e outros moitos accedan en coches particulares. O acceso ao centro é a través da estrada comarcal Padrón-Ribeira, que entraña sempre un risco para o alumnado.
Características do centro
Os edificios están rodeados por un amplo patio escolar,  cunha ampla zona verde con frutais e invernadoiro e pista polideportiva e pavillón cuberto. As aulas  e maioría dedependencias están no edificio principal, separado uns metros, está o edificio pequeno  con aulas que este curso non se empregan e o edificio do comedor escolar. Detras hai un parque infantil.
Caracteristicas socioeconomicas e culturais das familias e do alumnado
Os datos  son unha extrapolación da enquisas do curso 14/15 cando elaboramos o Plan de Convivencia e tendo en conta os cambios producidos pola pandemia. Atopámonos nunha vila mariñeira, cunha zona urbana e periferia rural bastante urbanizada. A maioría das familias traballan por conta allea. Destaca o sector industrial das conserveiras e o sector servizos. A maioría das familias viven cos seus fillos durante a semana e a vivenda é maioritariamente en propiedade. O nivel de estudos das familias é  na maioría  primarios e secundarios. A maioría das familias teñen acceso a internet e contan na súa casa con dispositivos dixitais. A comunicación co centro e a realización das tarefas dixitais non é un problema. A competencia dixital das familias aumentou moitísimo desde a pandemia. As relacións coa maioría das familias é moi boa e preocupanse polo traballo na escola, un 70% adica 1-2 h. ó traballo escolar na casa e 2/3 teñen un cuarto como lugar de estudo habitual; as familias soen axudarlles na realización de tarefas. Un número importante acude a clases particulares. A maioría das amistades son de alumnado do centro e participan en actividades extraescolares (centro, concello ou entidades deportivas e culturais). A comunicación co profesorado é fluída e a resposta ante calquer problema de conduta ou convivencia é positiva.
Persoal docente 24 profesores (maioría de mulleres). Casi todo o profesorado do catálogo é definitivo e leva no centro mais de 10 anos. É un claustro moi estable. A maioría adapta sempre a súa proposta docente ás necesidades educativas do alumnado e emprega indistintamente o galego e o castelán. O centro conta co departamento de orientación.
Proxectos do centro: Edixgal: en Abalar desde  o inicio (interrupción durante 3 cursos). Aula de informatica (21 pc). Todas aulas dixitalizadas e con conexión de rede. Biblioteca. Desde 2012 estamos no PLAMBE renovouse o espazo físico e actualizanse os fondos, informatización fondos (Meiga), axudantes de biblioteca (xestión préstamos), presentacións dixitais, creación de videos, blog de biblioteca, pc's con conexión... Plan ELBE e LIA: impulsando a lectura en diferentes dispositivos dixitais, posuimos varios e-readers e tablets. Voz Natura: (desde 1ª edición) traballo no horto escolar, coidado dos xardíns e invernadoiro. Proxecta: todos os cursos participamos, este curso en educación medioambiental e Monte vivo. Anteriormente: Vexo veo Xacobeo, Froita fresca, Nós tamén creamos, Máis e mellor EF, Protexe aos animais. Participación en deporte escolar: atletismo, ligas de futbol feminino, baloncesto, voley,... nos recreos. PROA desde 14/15.

Breve xustificación      

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Proceso de elaboración
En outubro conformouse o equipo para a elaboración do Plan dixital como grupo de traballo dentro dun PFPP no centro, era unha liña de formación obrigatoria. Compoñentes: José Delgado (coordinador), Marian Ayaso, Victorino Palacios e Chus Gómez. Desde o CFR informaron que está liña ía estar titorizada por uns mentores. Organizouse o traballo a través dun Aula Virtual, o coordinador encargabase de transmitir o traballo ao grupo, descargar a documentación e subir as tarefas. O mentor de zona foi Felix Pimentel.
No mes de novembro e decembro do 2021 realizouse o test SELFIE que tivemos que repetilo no mes de xaneiro/febreiro, a representatividade do profesorado non alcanzaba o mínimo esixido. En febreiro realizouse tamén o test de Compeetiencia Dixital Docente (CDD). En marzo e abril realizaronse dúas sesións formativas por parte dos mentores para a organización do traballo do Plan Dixital. Con  datos dos test organizouse un DAFO que foi o punto de partida para a redacción do Plan de acción e da redacción definitiva do plan dixital. Todo este traballo foi monitorizado e corrixido polos mentores de zona.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Curso 23/24. Básicamente a situación é a mesma que no curso  anterior.

Conectividade do centro:
O centro esta configurado coa rede da Consellería a través de fibra óptica que está servida pola empresa Telefónica. Durante o o curso 21/22 realizaronse traballos de actualización da rede de xeito que se instalou todas aulas e salas do centro esta colocada unha roseta física para a conexión por cable. Tamén colocaron routers para a conexión sen fíos na maioría das aulas. Neste momento temos cobertura en todo o centro. Realizaron unha substitución do armario do rack. Ademais hai outros dous armarios secundarios:
No edificio pequeno
Na aula de informática no 2º andar do edificio principal.
As aulas do 3º andar do edificio principal son aulas EDIXGAL.
O centro dispón de liñas telefónicas :
881866847 -a central, situada na secretaría do centro;   881866846- dirección;    881866845 – conserxería;   881866848 – orientación;    881866849 – edificio pequeno.
Dispoñemos tamén de cámaras de vixianza activas cando está o centro pechado:  CAM1: Entrada do edificio principal   CAM2: ANDAR 1º edificio principal    CAM3: biblioteca     CAM4: entrada edificio pequeno    CAM5-CAM6: pavillón cuberto     CAM7: parque infantil

EQUIPAMENTO CENTRO
O equipamento informático do centro está recollido no inventario realizado e actualizado polo equipo TIC. O material informático, en parte, é subminstrado pola Consellería e, en parte, de adquisición propia do centro. acticamente todas as aulas están dixitalizadas: contan con proxector, encerado dixital e un ordenador (fixo ou portatil). Todo o profesorado ten asignado un ordenador. Hai ordenadores en administración, salas de profesores, biblioteca (tres para alumnado e 3 para xestión-prestamo). Existe un aula de informática con 21 pc’s. As aulas de 5º e 6º son aulas con equipamento edixgal. Todo alumnado de 5º e 6º ten asignado un ultraportatil (cursos 20/21 e 21/22), Temos aínda os ultraportátiles do proxecto Abalar, non funcionan moi ben, pero permiten ser utilizados polo alumnado de 4º nivel.
Taboa Equipamento
sobremesa 42 (administración 7, Sala profesores 3, aulas 6, aula informatica 21, biblioteca 3)
portatiles 44 (profesorado 41, biblioteca 3, Ultarportatiles edixgal 106)
Encerados dixitais 21, proxectores 27
tablets 17, e-readers 15
Fotocopiadoras 3, impresoras 2
 SERVIZOS DIXITAIS EDUCATIVOS:
    • paxina web
    • aula virtual
    • EDIXGAL
    • Espazo abalar Abalarmobil
    • Blogs educativos: normalización, medioambiente, plurilingüe
    • Outras: facebook

 

Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Pouca avaliación dixital do alumnado Alumnado Si
Debilidade Algun nivel con ratios elevadas Alumnado Non
Debilidade Familias con moi pouca competencia dixital Familias Non
Debilidade Equipos informáticos anticuados (bastantes na aula informática) Infraestruturas Si
Debilidade Ausencia aula para realización de eventos de gran grupo: Reunións cos pais, festivais, ponencias,... Infraestruturas Si
Debilidade Falta dun plan de actuación consensuado Organización de centro Si
Debilidade Maioría de profesorado con nivel básico de competiencia Persoal docente Si
Debilidade Falta debate sobre a utilización de tecnoloxías. Persoal docente Si
Debilidade Falta de traballo colaborativo nas TIC Persoal docente Si
Fortaleza Alumnado receptivo e comprometido cos cambios metodoloxicos propiciados polas TIC Alumnado Si
Fortaleza Rede Edixgal Alumnado Si
Fortaleza Niveis baixos con baixa ratio Alumnado Si
Fortaleza Comunicación dixital coas familias casi todas teñen acceso internet Familias Si
Fortaleza Implicación da ANPA Familias Si
Fortaleza Dotación en todas aulas encerado dixital, cañon e pc profesor Infraestruturas Si
Fortaleza Dotación de tablets e e-readers para aulas (do centro) Infraestruturas Non
Fortaleza Mellora na rede Infraestruturas Si
Fortaleza Aula de informatica: 20 pc Infraestruturas Non
Fortaleza Adquisición de robots para diferentes niveis Infraestruturas Non
Fortaleza Participación en proxectos dixitais e programas de innovación (proxecta, voz natura,... Oferta Si
Fortaleza Oferta ANPA actividades de informática e robótica. Oferta Non
Fortaleza Centro plurilingüe na area de plástica (tambien seccións biblingües-plastica) Oferta Non
Fortaleza Rede edixgal. Persoal docente Si
Fortaleza Claustro participativo. Definitivos na maioría Persoal docente Si
Fortaleza Utilización das novas tecnoloxías por auxiliar adminstrativo, aux. Coidadora e aux. Conversa Persoal non docente Si
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Pouca dotación orzamentaria Administración educativa Si
Ameaza Escaso apoio tecnico Administración educativa Si
Ameaza Cambios continuos na lexislación Imposición de realización de proxectos e burocratización Lexislación Non
Ameaza Exceso de recursos tanto educativos como non que resulta moi dificil discriminar e perda do foco dos obxectivos educativos. Outras Non
Oportunidade Mellora da rede do centro: instalación armario rack, rostas, mellora wifi,. Administración educativa Si
Oportunidade Mellora na dotación de material informático: pc edixgal alumnado, pc's profesorado Administración educativa Si
Oportunidade Dotación económica especifica para edixgal. Administración educativa Non
Oportunidade Disponibilidade para a participación en actividades dixitais. ANPA Si
Oportunidade Oferta de actividades de informática e robótica. ANPA Non
Oportunidade Oferta cursos on-line, Lexislación Si
Oportunidade acceso a aulas virtuais e edixgal Lexislación Si
Oportunidade Aula informática concello: actividades de robótica. Outras Non
Oportunidade Oferta de formación e recursos de entidades alleas. Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Este curso volveremos facer unha actualiación de DAFO, Os datos son o smesmos que o do curso anterior.

Na análise do DAFO dimos mais importancia aos aspectos internos que aos externos onde atopamos menos temas que nos aportaran cousas.. Destacamos que posuimos unha boa infraestructura e dotación pero sen embargo a bastantes equipos están obsoletos. A maioría do profesorado é definitivo pero o nivel de competencia é en xeral baixo. Observamos que o alumnado  ten un alto grao de motivación en todos temas dixitais, pero a veces hai dificultades en levar a cabo pola falta de equipos, por aulas de elevada ratio ou polos memsos equipos anticuados.. Un punto moi favorable é estar incluidos en edixgal que fixo que a competencia do alumnado e o profesorado aumentara, ainda que non o suficiente.. Destacable é a cantidade de proxectos nos que está incolucrado o profesorado, aínda que a veces esto resta algo de tempo para outros temas, como a avaliación dixital ou a realización dun bo plan consensuado.

En canto aos factores externos: Indicamos a mellora que se realizou este curso coa wifi e a rede, asi como a aportación de ordenadores para o alumnado e profesorado, pero que a veces non contamos cun bo apoio técnico. en contra temos os continuos cambios de lexislación e a burocratización de todo tipo de plans e formación. Por outra banda temos un ANPA que ten unha boa disposición para organizar actividades dixitais, tamén extensible ao Concello, ainda que a veces resulta dificil discriminar  dos obxectivos educativos propiamente dito.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Mellorar a competencia dixital dentro do claustro.
02PD Establecer canles de comunicación interna.
03PD Establecer canles de comunicación entre os diferentes axentes do proceso ensinanza-aprendizaxe.
04PD Manter todos os equipamentos e as redes actualizados e operativos
05PD Promover a dixitalización do ensino entre o alumnado.
06PD Deseñar e implementar un proxecto interdisciplinar no que se empreguen as TIC.
07PD Utilizar tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado.
08PD Mellora dos repositorios con materiais de ensinanza aprendizaxe.

Seguimento

Procedemento

Reunións trimestrais da CCP para analizar os obxetivos do plan.

1º Trimestre

Finalizado o trimestre a maioría das accións contempladas nos obxectivos para a continuidade do programa foron levadas a cabo.

  1. 01. Mellora da competencia dixital do porfesorado. Accións acadadas; Inscribiuse o profesorado no PFPP de Polos Creativos e busqueda dun relator a través do CAFI.    Non acadada: Polo momento non se levou a cabo un curso sobre os novos encerados interactivos. Queda pendente para o 2º ou 3º trimestre.
  2. 02 Canles de comunicación interna. Para informacións e comunicacións inmediatas que non requiren documentación (cambio na saida dos recreos, substitucións do día,...) empregamos o grupo de wasap que temos, engadindo o profesorado novo. Continuamos co dominio de bandaseca.es para documentación, información e contidos de clases. Creamos os correos do novo profesorado e grupos: profesores, ccp,... A documentación oficial faise a través do correo corporativo.  Na AV creouse un curso para profesores onde colgar a información de organización e documentación 
  3. 03.Establecemento de canles. Os foros son moi pouco utilizados especialmente na AV.Toda a comunicación coas familias é a través da aula virtual e publicanse regularmente noticias tanto na web do centro como no facebook ou blogs do centro. Renovanse algúns destes blogs, p.ex. o de normalización que desaparecerea o curso anterior por problemas técnicos alleos.O profesorado maiortariamente utiliza o AbalarMobil para as comunicacións coas familias. Do mesmo xeito o centro pasa as comunicacións por este procedemento. 
  4. 04. Mantemento de equipos e redes. Comezouse coa actualización do inventario e realizaronse varias xestións con unidade técnica para reparación de equipos e proincidencias coa rede. No eido interno o foro de incidencias de bandaseca.es está pouco activo e a maioría das comunicacións son verbais. Este curso decidiuse non contratar a empresa de Coruña porque tardaban moito en vir. No 1º trimestre non se requiriu de ningunha empresa e todo foi solucionado a trave´s da unidade técnica.
  5. 05.Dixitalización do alumnado.  En 3º ciclo continuouse coa utilización de edixgal; en 5º realizouse a entrega de ordenadores, explicacións de uso, de seguro e funcionamento, en 6º crearonse contas no alumnado de bandaseca.es. En 2º ciclo colocouse o carro novo de carga e  están os pc de fenda dixital para utilizar polo alumnado deste ciclo, van rotando. A aula de informatica é utilizada por especialistas de inglés ou musica e sobre todo polos de 1º ciclo.
  6. 06.Proxecto interdisciplinar No inicio de curso proponse realizar un proxecto sobre educación patrimonial do barbanza  a través do plan proxecta, non fomos seleccionados e tampouco se levou a cabo ningunha acción. Non acadado
  7. 07. Utilización tecnoloxías dixitais para avaliar. Matriculouse ao alumnado nos ditintos curso da AV e de EVA-Edixgal e o profesorado avaliou moitas actividades, sobre todo en 3º ciclo a través destas.
  8. 08. Repositorio. O profesorado coñece o repositorio da xunta, perro non é demasiado utilizado nin se colgan demasiados contidos.
2º Trimestre

Finalizado o 2º trimestre os obxectivos continuan avanzando .

  1. 01. Mellora da competencia dixital do profesorado. O profesorado do PFPP de Polos Creativos soamente comezou a reorganizar a aula de informática quitando algúns dos equipos obsoletos para poñer o material de Polos cando veña Informaron de que virian paneis dixitais para todas as titorías de 3º a 6º, polo que se enviou a localización de onde poden ser instalados, pero a final de trimestre aínda non hai noticias deles nin tampouco do material de polos creativos. Polo momento tampouco se levou a cabo o curso sobre os novos encerados interactivos. Queda pendente para o 3º trimestre.
  2. 02 Canles de comunicación interna. Continuamos na mesma liña que no 1º trimestre informacións e comunicacións polo grupo de wasap, e en bandaseca.es (documentación, información e contidos de clases) e documentación oficial a través do correo corporativo.  Utilización da AV para  colgar a información de organización e documentación.
  3. 03.Establecemento de canles. Continuamos realizando toda a comunicación coas familias é a través da Abalar e publicación regular de noticias tanto na web do centro como no facebook ou blogs do centro.  
  4. 04. Mantemento de equipos e redes. Continuamos coa actualización do inventario e resolveronse algunas incidencias tecnicas coa unidade técnica. A través da empresa da localidade intentamos reparar un encerado dixital que non era da Consellería pero decidiuse agardar a que cheguen os novos interactivos e poñer un da Consellería. 
  5. 05.Dixitalización do alumnado.  O alumnado utiliza regularmente tanto EVA -Edixgal como AV e bandaseca.es. En 2º ciclo utilizan regularmente os ordenadores de fenda dixital . A aula de informatica ten menos ordenadores pero funcionan correctamente.
  6. 06.Proxecto interdisciplinar non acadado, en suspensión.
  7. 07. Utilización tecnoloxías dixitais para avaliar. O profesorado avaliou moitas actividades, sobre todo en 3º ciclo a través destas.
  8. 08. Repositorio. Pouco utilizado
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivo: No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será unha vez ao trimestre desde a CCP. Valorarase o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. No contexto da avaliación final realizarase ao final de curso e se recollerá na memoria de fin de curso. Realizarase unha valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora, sobre todo referido a supresión, modificación ou ampliación dos obxectivos e das accións para levalos a cabo.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este plan darase a coñecer a toda comunidade escolar ao mesmo tempo que o resto de plans aprobados polo Consello Escolar do centro a través da páxina web do centro, e sempre de acordo co Plan de Comunicación do Centro.