Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución1.1. Datos básicos do centro O noso centro atópase na vila de Padrón, máis especificamente na Rúa do Carme. Conta cun total de 24 mestres e mestras e 261 alumnos e alumnas, impartindo as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria. En concreto, o centro conta con tres unidades de E.I. e once unidades de E.P. A nosa dirección de correo electrónico é a seguinte: ceip.flavia@edu.xunta.es e o teléfono de contacto é 881 86 62 45. A educación entendémola dunha maneira global como o desenvolvemento da personalidade humana, debendo ser a actividade escolar un medio para acadala. Toda a actividade do centro está presidida polo respecto aos dereitos individuais, baseada na tolerancia e principios democráticos de convivencia, fomentando a solidariedade, a cooperación, a paz,... Fomentamos o respecto polas persoas, pola natureza e polas cousas, así como a colaboración, as actitudes non discriminatorias e a responsabilidade. Fomentamos a participación activa da Comunidade Escolar na xestión do centro, de acordo coas disposicións vixentes. Son principios irrenunciables a liberdade de conciencia de alumnas e alumnos e profesorado así como o respecto pola súa integración e dignidade persoal. A contorna do colexio e as particularidades socioculturais e lingüísticas de Galicia serán de obrigada referencia en todos os actos e programacións deste centro. O noso centro traballa xa nas liñas de:  benestar emocional, alimentación saudable, relacións afectivo-sexuais e prevención do mal uso do internet ou redes sociais a  través de diferentes programas da Consellería de Educación e Formación Profesional e outros a través do Concello de Padrón.

1.2. Contextualización do Plan Dixital e contribución ao Proxecto Educativo do Centro A procedencia dos alumnos na súa maioría é do entorno rural, viven en casas. unifamiliares. Traballan as grandes empresas da zona e ademais cultivan a terra, en xeral como apoio a economía doméstica. Segundo os datos obtidos da AVALÍA, aínda que non son representativos pero si orientativo, o Índice Socioeconómico e Cultural do Centro(ISEC) está no percentil 452 ( Medio Baixo). Outra parte non menos importante procede do casco urbano. Herbón,Carcacía, A Retén e A Ponte son as áreas de influencia e, ademáis, o centro tamén acolle a alumnos de concellos limítrofes como Dodro, Rois e Pontecesures A relación do Plan dixital co noso proxecto educativo é canto menos, estreita, debido a que o noso obxectivo principal é avanzar na educación e incorporar a tecnoloxía ao noso espazo educativo sempre de forma segura e responsable. Creando así contidos dixitais que permitan ao noso alumnado adquirir uns coñecementos enriquecedores no seu proceso de ensinanza-aprendizaxe. En canto á PXA do curso 23/24 incluirá o Plan Dixital establecendo os novos obxectivos para este curso que expoñemos a continuación.

1.3. Breve xustificación: Para poder elaborar o noso Plan dixital debemos ter en conta o marco lexislativo vixente. 

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Proceso de elaboración Para elaborar este documento foron varias as fases que atravesamos. Para iso, combinamos sesión grupais con algunha sesión de traballo individual durante o curso 2021-22. Estas últimas permitían unha revisión profunda dos diferentes avances que íamos experimentando así como unha reflexión individual que despois puxemos en común. Nun primeiro momento empregouse a plataforma SELFIE para analizar o funcionamento dixital do centro dende tres puntos de vista: o do equipo directivo, profesorado e familias. O seguinte paso foi un test de competencia dixital docente que nos permitiu coñecer o noso nivel en canto a competencia dixital. Todo iso empregámolo máis tarde na realización do análise DAFO. Este análise trouxo consigo debates sobre as debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades do noso centro. Levounos a desenvolver un punto de vista realista sobre a propia realidade da escola. E, tendo o DAFO como guía, establecimos unha serie de obxectivos que se recollen posteriormente neste documento. Todos eles medibles, observables, realistas...que permitirán avanzar na dixitalización do centro tendo como obxectivo principal, brindarlles aos nosos nenos e nenas unha formación de calidade e enriquecedora. No pasado curso 2022-23, xa co plan Dixital elaborado, pasamos a implementar o mesmo e a usar esta aplicación para dixitalizalo.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foron a autoavaliación SELFIE e o test CDD. (curso 2021-22)

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non aprenden a crear contidos dixitais Alumnado Si
Debilidade O acceso a internet do centro é, en gran medida, mellorable Equipos antigos Infraestruturas Non
Debilidade Escasos medios por parte das familias. Baixa competencia dixital por parte das familias Oferta Si
Debilidade Non se emprega a tecnoloxía para que os estudantes reflexionen sobre o seu propio aprendizaxe Non hai feedback Organización de centro Si
Debilidade Escasa utilización de ferramentas dixitais para que se produza unha retroalimentación co alumnado e tampouco para avaliar as súas habilidades. A estratexia dixital do centro non está completamente definida Persoal docente Si
Fortaleza Ensinamos a empregar a tecnoloxía de maneira segura e responsable Contamos con equipos informáticos e conexión para o alumnado en risco Alumnado Non
Fortaleza Existen dispositivos dixitais administrados pola escola para que os estudantes poidan empregar O soporte técnico do centro está dispoñible en caso de contar con problemas cos soportes tecnolóxicos Contamos con dispositivos dixitais para empregar no proceso de ensinanza aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza Apoio ao claustro para que utilice as tecnoloxías dixitais no día a día da aula Oferta Non
Fortaleza Os nosos docentes levan a cabo propostas dixitais a través das cales se fomenta a creatividade Empregamos a tecnoloxía para as comunicacións relacionadas coa escola No noso centro existen sistemas de protección de datos Organización de centro Non
Fortaleza Utilizamos recursos dixitais nas nosas aulas Os mestres/as do noso centro teñen a oportunidade de levar a cabo unha formación permanente de carácter dixital No centro revisamos os avances en relación ao proceso de ensinanza aprendizaxe e a competencia dixital Os docentes do centro reciben o apoio dos líderes escolares para desenvolver e formarse en competencia dixital Persoal docente Non
Fortaleza O persoal non docente conta con competencia dixital. Persoal non docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Ratios elevadas que impiden a atención individualizada Equipamento obsoleto das aulas. Conexión a internet inestable e insuficiente Administración educativa Non
Ameaza Custo económico e interese por parte das familias ANPA Non
Ameaza Escasos cursos formativos desta índole Contorna Si
Ameaza Cambios lexislativos constantes Lexislación Non
Ameaza En ocasións non se contabiliza pola administración estos cursos de formación Custo económico Outras Non
Oportunidade Solicitar EDIXGAL Administración educativa Non
Oportunidade Realización de actividades extraescolares relacionadas coa competencia dixital tanto para familias como para o alumnado ANPA Non
Oportunidade Dar a coñecer aplicacións para crear contidos ao profesorado como Agueiro. Poder formarse en Edixgal antes de implantalo para ter maior seguridade no manexo. Poder formarse e alcanzar coñecemento para a creación de contidos dixitais Contorna Non
Oportunidade Establecer un plan de acción a nivel centro en canto aos contidos que se impartirían en cada nivel Lexislación Non
Oportunidade Formación do profesorado Outras Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

 No curso 2021-22, tras levar a cabo o análise DAFO e tendo en conta os resultados do SELFIE, o equipo de dinamización do Plan Dixital acordou establecer un Plan de Acción para o curso 2022-23 cuns obxectivos realistas que nos permitiran ir un paso máis alá na dixitalización do noso centro.

Ao acadarse estes obxectivos, no presente curso 2023-24 continuamos na liña de mellorar a competencia dixital no ámbito educativo establecendo novos obxectivos para este período.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Mellorar a competencia dixital do profesorado
002PD Mellorar a competencia dixital do alumnado (4º, 5º e 6º de E. P.)
003PD Formación do alumnado en ciberseguridade (Plan Director, outras formacións)

Seguimento

Procedemento

Reunións da coordinadora do PD e un membro do equipo directivo co ADIX.

Reunións internas do equipo de dinamización do plan Dixital e da coordinadora co equipo directivo.

1º Trimestre

REUNIÓN DO 10/10/2023

Revisión xunto co Adix dos obxectivos plantexados para o plan dixital do presente curso.

Explicacións sobre como introducir correctamente os datos en Educalidade.

21/12/2023

Obxectivo 001PD Mellorar a competencia dixital do profesorado, esta en proceso. As accións A001.1 e A001.2 están realizadas, a A001.3 está en proceso.

Obxectivo 002PD Mellorar a competencia dixital do alumnado, está en proceso. A acción A002.1 foi realizada e a A002.2 está en proceso.

Obxectivo 003PD Formación do alumnado en ciberseguridade está en proceso. As accións A003.1 e A003.2 están realizadas e a acción A003.3 está en proceso.

 

2º Trimestre

19/03/2023

Obxectivo 001PD Mellorar a competencia dixital do profesorado, esta en proceso. As accións A001.1 e A001.2 están realizadas, a A001.3 está en proceso.

Obxectivo 002PD Mellorar a competencia dixital do alumnado, está en proceso. A acción A002.1 foi realizada e a A002.2 está en proceso.

Obxectivo 003PD Formación do alumnado en ciberseguridade está en proceso. As accións A003.1 e A003.2 están realizadas e a acción A003.3 está en proceso.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

En canto á avaliación do Plan Dixital debemos diferenciar dous tipos da mesma. Por unha parte unha avaliación global que se levará a cabo de maneira anual, redactando a correspondente memoria ao finalizar cada un dos cursos académicos. Nela serán obxecto de avaliación os logros acadados polos diferentes axentes educativos, as melloras que se levaron a cabo ese curso e o nivel de logro dos obxectivos establecidos para o curso en cuestión. Por outra parte e de forma máis específica, o equipo designado para iso, porá en marcha unha avaliación procesual, que terá lugar unha vez ao trimestre. Encargaranse de supervisar o proceso completo de acción, tanto a execución das propias accións coma o análise e valoración dos resultados obtidos. Ademais serán os encargados de establecer os cambios ou modificacións necesarias así como calquer mellora que se poida plantexar

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

En canto á difusión do Plan dixital, unha vez xa elaborado, ponse a disposición da comunidade educativa a través da páxina web, estando situada no apartado “documentos” da mesma.

ENLACE Á PÁXINA WEB DO CEIP FLAVIA / PLAN DIXITAL