Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación

O Plan Dixital do centro xorde como unha resposta ás instrucións ditadas pola Consellería na Resolución do 3 de setembro de 2021, pero tamén como un medio necesario para sentar as bases do futuro das TIC no noso centro. Con este documento preténdese, por un lado, definir a relación actual da nosa comunidade educativa coas TIC, e por outro, marcar o camiño a seguir para aproveitar do mellor xeito posible a dixitalización en beneficio da educación.

O marco normativo no que se integra o presente Plan Dixital está conformado polas seguintes disposicións legais:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo.

O Plan de Acción contemplado neste documento debe contribuír a mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, e polo tanto, á consecución de obxectivos tales como:

  • Unha educación en valores

  • Unha adecuación do ensino á realidade socio-cultural

  • Unha educación para a saúde

  • Unha educación cívica

  • Unha mellora na calidade dos procesos de ensino e aprendizaxe

  • O fomento do diálogo, a comunicación e a participación

As propostas que xorden deste Plan Dixital deben, en todo caso, respectar os principios educativos do noso centro. As actuacións propostas no Plan de Acción do Plan Dixital deberán terse en conta na redacción da Programación Xeral Anual do curso 2022/23, xa que algunhas das actuacións previstas teñen implicacións tanto no uso de espazos como na dispoñibilidade de sesións (de titoría, por exemplo).

Proceso de elaboración

Na elaboración do Plan Dixital para o curso 23/24 tivéronse en conta os resultados acadados coa aplicación do Plan no curso 22/23, fundamentalmente no que se refire á consecución dos obxectivos propostos. Estes resultados reconfiguran o noso sistema de Debilidades, Fortalezas, Ameazas e Oportunidades, e fan aconsellable a definición de novos obxectivos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para contextualizar a presente versión do Plan tívose en conta o desenvolvemento do Plan de Acción durante o curso 22/23 e a consecución dos obxectivos establecidos ao remate dese curso. Esta información complementa e matiza a análise DAFO realizada no curso 21/22.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade As boas valoracións na enquisa SELFIE respecto a súa competencia dixital poden evidenciar un exceso de confianza e un descoñecemento das súas carencias. Alumnado Si
Debilidade Non contamos cunha ANPA no centro. Familias Non
Debilidade Non temos unha oferta conxunta de formación de usuarios para alumnado e profesorado. Oferta Non
Debilidade Non dispoñemos dun plan organizado de formación de usuarios dirixido a profesorado e alumnado. Escaso aproveitamento das tecnoloxías dixitais para a organización de espazos e eventos (reserva de aulas, calendario de actividades...). Organización de centro Non
Debilidade O 85 % do profesorado afirma non dispor de tempo suficiente para a creación de materiais dixitais e a formación en novas tecnoloxías. O 60 % afirma ter unha competencia dixital insuficiente. Non se consegue desenvolver correctamente a competencia dixital do alumnado. Escasa reflexión sobre o uso que se fai das tecnoloxías dixitais na práctica profesional. Pouca predisposición a explorar novas experiencias coas tecnoloxías emerxentes. Parte do profesorado é reticente á implantación de programas para o ensino dixital. Persoal docente Si
Debilidade Escasa implantación de tecnoloxías dixitais na actividade cotiá de portería. Persoal non docente Non
Fortaleza Os resultados da enquisa SELFIE son similares ós do profesorado cunha valoración superior o 2,5 en todas as áreas. Alumnado Non
Fortaleza Rápida aceptación e uso de ferramentas dixitais (Espazo Titorías, Abalar móbil). Familias Non
Fortaleza Aceptable dotación de equipos informáticos. Participación no plan E-Dixgal. Aula Virtual organizada e utilizada pola maioría do profesorado. Espazo titorías. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro conta cun Ciclo Medio de Vídeo DJ e Son que colabora habitualmente nas actividades audiovisuais. Oferta de materias optativas: TIC en 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato. Oferta Non
Fortaleza Contamos cun equipo TIC cohesionado, motivado e multidisciplinar. Integración das ferramentas corporativas na actividade diaria (AV, XADE, Abalar...). Organización de centro Non
Fortaleza Alta participación na enquisa SELFIE cunha valoración superior o 2,5 en todas as áreas. Respostas bastante similares na ESO e no Bacharelato. Mellores resultados en FP no que se refire a implementación nas aulas e prácticas de avaliación (superior a 3). Experiencia de varios anos no uso de contornas virtuais de aprendizaxe. Uso de tecnoloxías dixitais para a comunicación entre os membros da comunidade educativa. Uso das tecnoloxías dixitais na propia aprendizaxe profesional. Bo nivel de competencia na busca e selección de recursos dixitais educativos. Implicación do profesorado nos plans de formación de centro. Grande mellora da competencia dixital do profesorado derivada dos retos da pandemia e basada na colaboración entre a maioría dos membros do claustro. Persoal docente Non
Fortaleza Acceso á infraestructura dixital do centro.Boa competencia e alta capacidade de xestión dos trámites administrativos polo persoal da Secretaría. Persoal non docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de soporte técnico nos centros. A Administración non cubre o custe de licenzas de software para ciclos formativos. Administración educativa Si
Ameaza Algúns alumnos de zonas rurais teñen unha mala conexión a internet. Contorna Non
Ameaza Cambios constantes na lexislación educativa que provocan unha grande carga de traballo burocrático. Lexislación Non
Oportunidade Aumento da oferta de servizos dixitais corporativos. Posibilidade de organizar actividades formativas á medida do centro. Administración educativa Non
Oportunidade Existen centros de innovación relacionados coas TIC nas proximidades (CITIUS, CESGA). Aulas de informática municipais e de acceso libre (Edificio do Casino, Espazo Xove Noia - Casa da Cultura). Contorna Non
Oportunidade O Concello pode financiar actividades relacionadas con proxectos TIC, como xa fixo no pasado. Concello con Sede electrónica para xestións locais: necesidade de alfabetización dixital. Colaboracións cos centros educativos da contorna e organización de actividades conxuntas. Colaboración con empresa externa para xestión, mantemento e adquisición de equipamento dixital. Participación en programas europeos (E-Twinning) que favorecen o emprego de novas tecnoloxías. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Durante a última década o noso instituto experimentou unha transformación importante en relación co uso das TIC. Foi un centro pioneiro na incorporación de pizarras dixitais, incorporouse ao Proxecto Abalar no curso 2011-12, e no curso 2015-16 implantou un servizo de correo electrónico e almacenamento na nube para todo o alumnado. Máis recentemente, no curso 2020-21 o IES Virxe do Mar incorporouse ao proxecto E-Dixgal

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Optimizar a xestión do equipamento informático do centro
O02PD Dinamizar a formación do profesorado en tecnoloxías dixitais educativas
O03PD Fomentar un uso seguro e responsable das TIC entre o alumnado

Seguimento

Procedemento

Cunha frecuencia trimestral revisarase o estado da execución das accións. Tamén se analizarán os resultados acadados por se fose preciso introducir modificacións nalgunhas delas.

1º Trimestre

Ao longo do 1º trimestre realizáronse as accións previstas no Plan Dixital para este periodo en cada un dos obxectivos. Non houbo retrasos significativos e deuse comezo a algunhas accións que terán continuidade no 2º e 3º trimestre, en especial as relativas á formación do alumnado e profesorado.

 

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao final do curso, realizarase unha avaliación integral do plan, na que se valorará o grao de consecución dos obxectivos marcados e se poderán realizar propostas de mellorar para o seguinte curso.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital actualizado darase a coñecer á comunidade educativa a través dos órganos de representación como o Claustro e o Consello Escolar. Ademais, tamén se lle dará difusión na páxina web do centro, a través dun enlace ao buscador de plans da aplicación Educalidade.