Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O centro no que se levará a cabo este Plan Dixital é o CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia. Trátase dun colexio de educación infantil e primaria que actualmente está constituído por 10 unidades, debido a un desdobre realizado  no 4º curso de Primaria, contando ademais cun total de 177 alumnos e alumnas, e máis concretamente nenos e nenas no caso de Educación Infantil e nenos e nenas en Educación Primaria.
O profesorado que traballa no centro é un claustro de 19 mestres e mestras dos cales tres son compartidos con outros centros educativos da zona.O centro conta con xornada única e non ten servizo de transporte nin comedor. As instalacións cumpren os requisitos mínimos establecidos pola lexislación vixente, estando a escola constituída por dous edificios de dúas plantas, un para educación infantil e outro para educación primaria. O primeiro edificio acolle ademais biblioteca, aula de informática, aula de música, pequena sala do profesorado e aula de A.L. Existe ademais Ximnasio cuberto para desenvolver as actividades propias da materia de Ed. Física e onde, ante a falta dun salón de actos, acóllense determinadas celebracións, no caso de que as condicións climatolóxicas impidan facelo no exterior.
A falta de espazo é algo evidente, polo que unha das aulas de Primaria é o espazo que serve como sala de reunións do Claustro e do Consello Escolar.

No Proxecto Educativo de Centro a utilización e aprendizaxe en base ás tecnoloxías se amosa, sobre todo, no apartado referido ao Plan de introdución ás TICs aparecendo no mesmo obxectivos xerais como:

- Contribuír á integración dos novos medios nas aulas.
- Argumentar e demostrar que o futuro das TIC, de cara a servir á sociedade, teñen que asumirse a través de proxectos educativos e desenvolverse dende eles.
- Fundamentar e desenvolver un novo modo de relación entre as TIC e a educación que podemos cualificar de integrador. Ademais, se citan algúns obxectivos específicos do profesorado como:
- Adquirir e actualizar por parte do profesorado os coñecementos teóricos e prácticos así como xerar unha dinámica de autoformación e dun sentido crítico ante as TIC.
- Introducir as TIC no ensino de forma xeralizada como mediador nos procesos de ensino – aprendizaxe.
- Coñecer e usar co alumnado as TIC para descubrir e reforzar contidos curriculares.
- Empregar programas de apoio a alumnos con NEAE.
- Experimentar novos modelos de aprendizaxe alternativos á instrucción directa.
En base a estes obxectivos e, sobre todo, a aqueles dirixidos ao alumnado especialmente no referido ás aprendizaxes adquiridas e aos estilos empregados para o desenvolvemento das mesmas, durante os derradeiros anos no centro estase a traballar dun xeito máis xeralizado por parte do profesorado coas tecnoloxías. Ademais hai que ter en conta que os currículos de primaria inclúen, dentro dos seus contidos e estándares de aprendizaxe, o uso das TIC para acadar os obxectivos de etapa e os titores recollen os mesmos nos seus perfís de área buscando o equilibrio e o correcto desenvolvemento dos perfís competenciais de etapa. Por este motivo, ano a ano imos mellorando os recursos tecnolóxicos existentes no centro e adquirindo tamén materiais que permitan a profesorado e alumnado traballar estes obxectivos relacionados no PEC de centro. Destacando a implicación dos mestres do centro na súa formación individual e a participación dos mesmos nos plans de formación desenvolvidos no centro.
Se pretende que este Plan Dixital siga a contribuír a mellorar o noso centro nestes aspectos e permita un traballo máis organizado e continuado ao longo do tempo, así como que favoreza o descubrimento daqueles aspectos que tanto profesorado e alumnado consideran máis deficitarios á hora de acadar os obxectivos plantexados.No noso centro educativo xa levamos tempo apostando pola utilización da tecnoloxía nas aulas, tanto para o desenvolvemento do propio currículo a través do emprego de múltiples ferramentas dixitais como para o plantexamento das dinámicas de aula ou o apoio á diversificación de actividades.

Á hora de elaborar este Plan Dixital todo o profesorado do centro estivo inmerso nun PFPP nomeado “Análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital”, dentro do cal contamos cunha serie de sesións de formación que nos están a ser moi útiles no desenvolvemento do mesmo. Nesas sesións de formación se nos  explicou aos poucos os pasos a seguir na elaboración dos mesmos e, o noso centro, intenta adaptar os contidos destes cursos á nosa realidade actual.
En xeral, o profesorado está a participou activamente tanto na elaboración deste plan dixital (aportando ideas, expoñendo as súas dúbidas e inquedanzas...) como no desenvolvemento do mesmo. Existe un equipo nomeado para o desenvolvemento do Plan que inclúe un representante da etapa de Educación Infantil e un de cada ciclo de cada ciclo de Educación Primara, ademais da figura da directora coma coordinadora.
Así para a elaboración do Plan Dixital, nun primeiro momento o profesorado do centro e o alumnado do 5º e 6º curso de Educación Primaria participaron no desenvolvemento do TestCDD que ofreceunos resultados agrupados da autorreflexión e determinou o nivel de competencia dixital dun xeito orientativo co fin de poder planificar a formación futura do profesorado do centro no ámbito dixital. Os resultados obtidos determinaron que no centro participaron 16 docentes dun total dos 19 que foron convidados. É dicir participou o 84,2% do profesorado. Obtendo unha puntuación media no TestCDD de 91,1 sobre 192, polo tanto obtívose un nivel Integrador/a (B1). Así dos 16 docentes do centro que participaron 4 teñen un nivel de competencia dixital Explorador/a (A2) e 6 teñen un nivel de competencia dixital Integrador/a (B1). A continuación e nun segundo momento, desenvolveuse a análise DAFO dos resultados obtidos a través do TestCDD pola totalidade do profesorado e nunha reunión do claustro que quedou recollida mediante ás respostas do SELFIE e a súa organización na análise de aspectos internos e externos que afectan ao centro e a través da propia aula virtual do mesmo.
Finalmente e co fin de dar forma ao plan de acción que determinará o desenvolvemento do Plan dixital do noso centro a totalidade do equipo docente coordinados polo equipo anteriormente mencionado marcou os obxectivos a  desenvolver e determinou os indicadores e as accións fixadas para o correcto funcionamento do mesmo.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para elaborar a análise DAFO partiuse dos resultados obtidos no TestCDD recollidos mediante a resposta ás enquisas realizadas a través da plataforma SELFIE entre os meses de febreiro e marzo e a súa posterior organización na análise de aspectos internos e externos que afectan ao centro: infraestruturas, persoal docente e non docente, alumnado, familia e, oferta e organización do centro. Ademais das aportacións da ANPA, a lexislación e as entidades da contorna. Despois da participación do profesorado e o alumnado do 5º e 6º curso de Educación Primaria a través deste informe ofrecéronsenos os resultados agrupados da autorreflexión do profesorado que participou no test do noso centro, plantexando un nivel de competencia dixital orientativo que serviranos para poder planificar a formación futura do profesorado noso no ámbito dixital.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de destreza e competencia dixital. Uso dos dispositivos que non garante o benestar físico, psicolóxico e social. Alumnado Non
Debilidade Falta de formación para o uso dos medios dixitais. Preferencia por outros medios de comunicación co centro. Familias Non
Debilidade Espazo reducido e necesidades estruturais. Infraestruturas Non
Debilidade Medios dixitais obsoletos. Falta de actividades de aprendizaxe nas que o alumnado utilice as tecnoloxías dixitais Oferta Non
Debilidade Falta dunha organización común á hora de xestionar as contornas virtuais. Ausencia de recursos dixitais de retroalimentación que faciliten a planificación de accións posteriores a profesorado e alumnado Organización de centro Non
Debilidade Individualidade á hora de empregar as ferramentas TIC. Emprego das tecnoloxías dixitais para abordar as diversas necesidades e capacidades de aprendizaxe. Necesidade dunha práctica reflexiva. Persoal docente Si
Fortaleza Interese e boa disposición. Compromiso creativo do alumnado na súa aprendizaxe. Capacidade para a aprendizaxe mixta Alumnado Non
Fortaleza Familias implicadas e participativas. Acceso aos contidos dixitais fácil e seguro para as familias protexendo os datos persoais e confidenciais. Familias Non
Fortaleza Espazos reducidos pero ben aproveitados. Boa selección de recursos dixitais que cumpren os obxectivos do proceso de ensino ¿ aprendizaxe. Bo acceso a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza Aulas maioritariamente equipadas con PDI. Tablets a disposición de todos/as os/as docentes. E-DIXGAL en 5º de EP. Oferta Non
Fortaleza Dispoñibilidade horario para o acceso aos recursos dixitais. Contornas virtuais e plataformas en liña para a aprendizaxe dentro e fóra da aula. Organización de centro Non
Fortaleza mplicación individual en función dos coñecementos previos. Predisposición á colaboración. Formación entre compañeiros/as Persoal docente Non
Fortaleza Boa predisposición e colaboración estreita co centro. Persoal non docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Formación pouco orientada á práctica. Recursos económicos limitados. Falta de recursos de ensinanza ¿ aprendizaxe. Escasa orientación nas novas modalidades de ensino. Administración educativa Non
Ameaza Pouca aceptación das familias cara ás actividades extraescolares relacionadas coa competencia dixital. Adaptación das propostas dixitais á realidade do centro. ANPA Non
Ameaza Oferta limitada de actividades con TIC. Apoio limitado para identificar e abordar a FENDA dixital de familias e alumnado. Contorna Non
Ameaza Estándares de aprendizaxe pouco adaptados aos diferentes niveis e á realidade do centro. Lexislación Non
Ameaza Escaseza de actividades de aprendizaxe que requiran que o alumnado se comunique e colabore mediante o uso de tecnoloxías dixitais. Falta de oportunidades para capacitalos na xestión da súa identidade dixital, a súa pegada dixital e a súa reputación dixital. Outras Non
Oportunidade Oferta de formación docente. Apoio profesional para a implantación e a asistencia técnica de Edix.Gal no centro. Ofreta de recursos educativos abertos. Administración educativa Non
Oportunidade Actividades extraescolares relacionadas coas TIC. Comunicación coas familias a través das plataformas dixitais do centro. Propostas de actividades con contido dixital ANPA Non
Oportunidade Diversidade de actividades propostas polo Concello de Narón e concellos limítrofes. Contorna Non
Oportunidade Aparición de novos programas que empregan as TIC como radio na biblio, PLAMBE, ¿ Lexislación Non
Oportunidade Saídas educativas á Universidade de Ferrol ou outras entidades que fagan uso dos medios dixitais. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois da realización do Test analizamos os resultados do mesmo para comprobar as carencias e fortalezas que ten o noso centro en canto á Competencia Dixital. Así a puntuación media a nivel de competencia de centro obtida foi de 91,1 sobre 192, obtendo polo tanto un nivel Integrador/a (B1) que queda determinado pola puntuación e nivel de competencia do centro distribuída por competencias e pola distribución do profesorado por niveis dentro de cada competencia. Sen esquecernos da importancia da análise final por subcompetencias: compromiso profesional, recursos dixitais, ensino e aprendizaxe, avaliación, capacitación do alumnado e desenvolvemento da capacitación dixital do alumnado. Unha análise que sitúa as nosas principais carenzas dixitais coma centro en:

· A importancia de reflexionar sobre a propia práctica docente en canto ao uso das tecnoloxías dixitais.

· Traballar cos conceptos e procesos do pensamento computacional como parte da competencia dixital docente.

· Utilizar as tecnoloxías dixitais para proporcionar retroalimentación e oportunidades para a reflexión tanto para o profesorado como para o alumnado.

· Utilizar as tecnoloxías dixitais para potenciar os procesos de aprendizaxe autorregulada do alumnado, fomentando a aprendizaxe activa e autónoma.

· Incorporar actividades de aprendizaxe nas que o alumnado utilice as tecnoloxías dixitais para comprender e resolver problemas.

· Capacitar o alumnado para que utilice as tecnoloxías dixitais de forma segura, á vez que se minimizan os riscos para garantir o benestar físico, psicolóxico e social.

· Implementar actividades de aprendizaxe que requiran que o alumnado se comunique e colabore mediante o uso de tecnoloxías dixitais.

E que ao mesmo tempo identifica coma os nosos puntos fortes: ·

Empregar tecnoloxías dixitais (dispositivos, plataformas e software) e infraestrutura (acceso a Internet, rede local) dispoñibles no meu centro para mellorar a educación.

· Utilizar criterios de busca e selección para identificar recursos dixitais que cumpran os obxectivos do proceso de ensino- aprendizaxe.

· Deseñar, desenvolver e apoiar á aprendizaxe co uso das tecnoloxías dixitais para mellorar os resultados desa aprendizaxe.

· Usar as tecnoloxías dixitais para fomentar o compromiso activo e creativo do alumnado na súa aprendizaxe.

· Usar recursos e ferramentas dixitais, contornos virtuais de aprendizaxe e plataformas en liña para garantir a aprendizaxe do alumnado dentro e fóra da aula.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Deseñar actividades de aprendizaxe a través das TIC, actividades TAC
O02PD Facilitar as comunicacións, medíante medios telemáticos, entre centro e familias.
O03PD Actualizar os medios dixitais disponibles no centro
O04PD Desenvolver unha práctica reflexiva das TIC.
O05PD Establecer un consenso no uso das ferramentas TIC.
O06PD Empregar as TIC para abordar as diversas necesidades e capacidades de aprendizaxe
O07PD Empregar actividades de avaliación virtuais para que tanto docentes como alumnado avalíen as actividades realizada.
O08PD Formar ás familias no uso de medios dixitais.
O09PD Manter a aula virtual actualizada con enlaces, xogos e actividades dixitais dirixidas ao alumnado de todos os cursos
O10PD Adquirir e /ou mellorar a destreza e competencia dixital no alumnado.
O11PD Dotar ao alumnado dos coñecementos sobre o uso responsable e crítico das TICS.

Seguimento

Procedemento

Ao final de cada trimestre haberá unha valoración dos obxectivos e o grao de consecucción onde sinalaremos o estado no que se atopa dito obxectivo,acadado ou non acadado,como as accións que se desenvolveron para a conseccución do mesmo.

1º Trimestre

Ao final do trimestre antes do peche da primeira avaliación realizamos o equipo do PD un avaliación e seguimento do PD.Os obxectivos para este trimestre foron alcanzados e estamos a traballar os obxectivos propostos para os vindeiros trimestres.

Este trimestre a comunicación coas familias é por medios electrónicos(correo elecrónico,abalar) para facilitar información,circulares,notas e na páxina web temos o calendario coas diferentes actividades que realizamos no centro para que as familias poidan consultar en calquera momento.

Adquisición de tablets para infantil e primaria para o uso das mesmas nas actividades diarias da aula. Fixemos obradoiros e estamos pendentes dunha charla por parte dos corpos da  Policia Nacional para o bo uso dos medios dixitais.Os titores tamén marcan a importancia do uso responsable dos medios dixitais que usa o noso alumnado nas aulas.Informamos as familias dos diferentes obradoiros e charlas organizados polo Concello de Narón sobre o uso reflexivo e responsable dos nenos e nenas co uso do móbil e medios dixitais..

Os mestres e mestras que forman o claustro crean contidos dixitais na aula virtual para que o alumnado poda reforzar,ampliar...os contidos traballados na aula. O equipo de infantil e primeiro de primaria colgan fotos e presentacións do traballo realizado nos ambientes durante este trimestre(Arte,Construccións e tecnolóxico,Experimentos,luces e sombras e Psicomotricidade Accouturier) para que as familias poidan descargar as fotos e ver as presentacións.

Todos as familias teñen accesdo centro.o á aula virtual 

2º Trimestre

Ao comezo do segundo trimestre revisamos os obxectivos pendentes e comezamos a xestionar os propostos para ,cando rematamos ou levamos adiante  os obxectivos propostos para este trimestre realizamos as modificacións pertinentes na aplicación.Ao final do trimestre realizamos unha reunión de revisión do plan dixital para dito periodo.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do plan dixital será continua e, para levala a cabo, se terán en conta os apartados referidos á avaliación especificados no plan de acción. A avaliación será de dous tipos: - Avaliación procesual, a cal se levará a cabo ao final de cada trimestre e os aspectos a valorar serán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e propostas de mellora. - Avaliación final, a cal se levará a cabo a final do ano e se incluirán aspectos como a valoración dos logros dos obxectivos e as propostas de mellora. En base a esta avaliación se desenvolverán os seguintes plans dixitais, os cales incluirán aqueles aspectos valorados negativamente do plan anterior e outros novos que vaian xurdindo ao longo do tempo.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital será exposto tanto en claustro como en consello cada ano coa finalidade de dalo a coñecer, explicar a súa finalidade e que se poidan aportar todas as indicacións necesarias para que toda a comunidade educativa poida participar no mesmo e aportar todo o necesario para que se leve a cabo. Ademais, o plan dixital estará dispoñible permanentemente na web do centro para que o poida consultar calqueira persoa e se enviará unha copia á comunidade educativa para a súa difusión.