Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución
a)Datos básicos do centro
Nome do centro: IES de Melide.
Dirección: Avda. Compostela (O Marquiño), 15800 Melide.
Coreo-e: ies.melide@edu.xunta.gal
Páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/iesdemelide
Etapas educativas: ESO, Bacharelato, CM Madeira e FP-básica, ESA, EBI, CUALE
Número alumnado: 460
Número profesorado: 56
 a) Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución do PD ao Proxecto Educativo do Centro.
A comarca da Terra de Melide (Melide, Santiso, Sobrado e Toques) conta cun número total de habitantes que oscila ó redor das 12 000 persoas (7 500 habitan no concello de Melide). Trátase dunha poboación que, dende a primeira metade do século XX e, en maior medida, na segunda, sufriu unha evolución negativa por mor das correntes migratorias. Froito desta evolución demográfica, conta cunha estrutura por idades bastante avellentada, seguindo a tendencia actual de toda a comunidade galega, se ben dentro da comarca, Melide presenta unha evolución menos acusada que o resto dos concellos. A comarca da Terra de Melide, desde un punto de vista lingüístico, ofrece uns rexistros en aceptable estado de conservación do idioma galego, sendo o idioma de referencia que adoita utilizar a maior parte da poboación. A economía xira arredor de dous piares fundamentais, as actividades relacionadas co agro, que teñen unha notable forza nas amplas áreas rurais, e os servizos, potenciados pola funcionalidade terciaria da vila de Melide. Estes dous piares, sobre todo nos últimos anos, e o pulo do sector terciario na vila de Melide por mor do trazado do Camiño de Santiago, favoreceron a permanencia dun número notable de mozos e de mozas, que xunto coas correntes migratorias dos últimos anos, están a manter o nivel de poboación.
Neste senso, e relacionándoo xa co eido educativo que nos ocupa, este fluxo de inmigración consolidou en Melide comunidades relevantes de familias romanesas, marroquís, dominicanas, cubanas, colombianas, venezolanas ou uruguaias que aparentemente, conviven en harmonía no estrato social galego e achegan unha contribución importante e necesaria de alumnado ós centros educativos do concello.
Así, Melide conta cunha oferta educativa aceptable nun concello da súa categoría: dúas Escolas de Educación Infantil (0-3 anos), tres Centros de Educación Infantil e Primaria e o IES de Melide, que se nutre do alumnado dos ditos centros xunto co que provén dos concellos limítrofes de Boimorto, Toques e Santiso.
Nesta liña de servizos, Melide, nun ambiente de pobo tranquilo e dinámico, ofrece tamén unha ampla oferta cultural e de lecer (Conservatorio, escolas deportivas, “Casa da Cultura”, biblioteca municipal ou numerosas asociacións culturais).
b) Relación con outros Plans e Proxectos do centro.
Todos os centros educativos forman parte dun mundo nun cambio permanente e dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizados, na que ademais, tras esta situación de pandemia vivida nos cursos 2019/20 e 2020/21, a necesidade de dominar as tecnoloxías da información e da comunicación e de integralas a case tódolos ámbitos da vida fixo patente tanto a necesidades de formación de toda a comunidade educativa como a necesidade de ruptura da fenda dixital. Os centros educativos deben dar resposta a estas necesidades para formar, por igual, a todos os que serán cidadáns do futuro, coas competencias necesarias para desenvolverse nun mundo dixitalizado.
c) Contribución do Plan Dixital á Programación Xeral Anual do curso 2023/24 
Este Plan Dixital formará parte da Programación Xeral Anual que se presente no curso 2023/24 posto que nel recóllense obxectivos a desenvolver ao longo do curso xa que pretende ser un instrumento que facilite o uso dos medios dixitais no proceso de ensino­aprendizaxe, entendido este dende o obxectivo do desenvolvemento integral do alumnado. Realízase coa finalidade de desenvolver a competencia dixital de toda a comunidade educativa, de tratar de diminuír a brecha dixital, de promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e da comunicación, así como dos recursos dixitais. Este plan está pensado como un documento vivo, que contén os acordos acadados no centro ao respecto da dinamización dixital do centro, as estratexias e implementación dos obxectivos e os recursos necesarios para acadalos.
2. Xustificación do Plan Dixital
Toda actuación educativa precisa dun respaldo normativo para o desenvolvemento das súas funcións. Tamén en materia de dixitalización, onde destacamos o seguinte marco lexislativo que nos serve para orientar as nosas actuacións no IES de Melide.
-Art.11 bis, Art. 121 e Art.132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación 
-Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-22 
-Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021­202 
-Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-22.
3. Proceso de elaboración
O presente plan dixital foi elaborado polo equipo de dinamización do plan dixital de centro, que para a elaboración do mesmo e tal e como indica a resolución do 3 de setembro organizouse a través dun Plan de Formación do Profesorado (PFPP) e foi coordinado e asesorado pola persoa encargada do IES de Melide: Pablo Senande Méijome. Para a elaboración deste plan partimos dunha ferramenta de auto-avaliación, proposta pola Comisión Europea chamada SELFIE, que nos permitiu recoller información sobre distintos puntos de actuación: 
-Liderazgo. 
-Desenvolvemento profesional. 
-Infraestrutura e equipamento. 
-Prácticas de ensinanza e aprendizaxe. 
-Prácticas de avaliación. 
-Competencia dixital do alumnado.
Posteriormente o profesorado fixo un test de competencia dixital docente, realizado coa intención de proporcionarlle ao profesorado instrumentos para valorar a súa propia competencia dixital e para ter, a nivel de centro, unha idea do nivel competencial do equipo docente e así poder artellar vías de formación axeitadas ás súas necesidades.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

 a) Autoavaliación SELFIE.
-O resumo da autoavaliación SELFIE realizada durante o mes de decembro do 2021 no IES de Melide para cada etapa educativa, pode verse a continuación por áreas e grupos, para as ensinanzas de ESO (E), Bacharelato (B) e FP (F):

A-Liderado
          Equipo direct: E:4,3  B:4,6  F:3,4
          Profesorado:   E:3,2  B:3,3  F:3,3
B-Colaboración e redes
          Equipo direct: E:4,3  B:4,7  F:3,2
          Profesorado:   E:3    B:3    F:2,9
          Alumnado:      E:2,8  B:2,5  F:2,8
C-Infraestructuras e equipos
          Equipo direct: E:4,5  B:4,8  F:4
          Profesorado:   E:3,4  B:3,3  F:3,3
          Alumnado:      E:3    B:2,5  F:3,3
D-Desenvolvemento profesional continuo
          Equipo direct: E:4    B:5    F:4,5
          Profesorado:   E:3,5  B:3,5  F:3,4
E-Pedagoxía: Apoio e recursos
          Equipo direct: E:4,3  B:4,6  F:4,1
          Profesorado:   E:4    B:4,1  F:3,8
          Alumnado:      E:3,8  B:3,7  F:3,7
F-Pedagoxía: Implementación na aula
          Equipo direct: E:4,2  B:4    F:3,2
          Profesorado:   E:3,3  B:3,6  F:3,1
          Alumnado:      E:3    B:3,7  F:3,8
G-Prácticas de avaliación
          Equipo direct: E:3,8  B:4,1  F:2,7
          Profesorado:   E:2,8  B:3    F:2,6
          Alumnado:      E:2,6  B:2,4  F:2,6
H-Competencias dixitais do alumnado
          Equipo direct: E:4,1  B:4,9  F:3,3
          Profesorado:   E:3,2  B:3,2  F:3,1
          Alumnado:      E:3    B:2,8  F:3,2

b) O resumo do test de competencia dixital docente (TCDD), realizado o mes de febreiro de 2022 no IES de Melide é o seguinte:
-Na primeira táboa indícase o perfil do profesorado participante no test:

Perfil    Nº profesorado que participa/Nº profesorado total       % de participación
Definitivo       23/41    56,1%
Interino          3/8        37,5%
Outros           1/2        50%
Provisional    5/6        83,3%
Substituto     4/7         57,1%

-A puntuación e nivel de competencia do centro (Táboa 2.1. do informe grupal do Test CDD)
        Puntuación media do test (sobre192):   73,1                  Nivel de competencia: Integrador/a (B1)  
        Puntuación media do test en Galicia (sobre192):  76,4  Nivel de competencia en Galicia: Integrador/a (B1)

-Puntuación e nivel de competencia por etapa (Táboa 2.2. do informe grupal do Test CDD)

CF
        Puntuación media do test (sobre192):   60,7                  Nivel de competencia: Explorador/a (A2)  
        Puntuación media do test en Galicia (sobre192):  80,3  Nivel de competencia en Galicia: Integrador/a (B1)
ESO
        Puntuación media do test (sobre192):   69,7                  Nivel de competencia: Integrador/a (B1)  
        Puntuación media do test en Galicia (sobre192):  79,2  Nivel de competencia en Galicia: Integrador/a (B1)
BACH
        Puntuación media do test (sobre192):   76,5                  Nivel de competencia: Integrador/a (B1)  
        Puntuación media do test en Galicia (sobre192):  77,9  Nivel de competencia en Galicia: Integrador/a (B1)
EBI
        Puntuación media do test (sobre192):   77,3                 Nivel de competencia: Integrador/a (B1)  
        Puntuación media do test en Galicia (sobre192):  79    Nivel de competencia en Galicia: Integrador/a (B1)
ESO Adult.
        Puntuación media do test (sobre192):   97,8                  Nivel de competencia: Experto/a (B2)  
        Puntuación media do test en Galicia (sobre192):  75,9  Nivel de competencia en Galicia: Integrador/a (B1)

-Distribución do profesorado por nivel (Táboa 2.3. do informe grupal do TestCDD)

Explorador/a (A2)
       Total profesorado no nivel de competencia: 17
       % de profesorado participante neste nivel: 47,2%
Integrador/a (B1)
       Total profesorado no nivel de competencia: 13
       % de profesorado participante neste nivel: 36,1%
Experto/a (B2)
       Total profesorado no nivel de competencia: 4
       % de profesorado participante neste nivel: 11,1%
TOTAL
       Total profesorado no nivel de competencia: 34
       % de profesorado participante neste nivel: 94,4%

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H1. O alumnado percibe que non ten un comportamento seguro nas tecnoloxías dixitais. Calidade e idoneidade da información atopada na rede. H3. Inda que o alumnado considera que ten un comportamento responsable, consideramos que non ten as habilidades, coñecementos e actitudes que lle permiten un uso resolto, creativo e crítico das tecnoloxías dixitais. O alumnado deteriora ás veces os equipos. H6. Non lle otorgan o recoñecementos ao traballo dos demáis. G5. Necesidade de autorreflexión sobre a aprendizaxe a través da tecnoloxía. G6. Non usan as Tics para comentar con outros alumnos o traballo. H8. O alumnado considera que non aprende a comunicarse de xeito óptimo. H13. O alumnado non sabe resolver problemas técnicos. O alumnado non coñece a fondo as vantaxes do software libre, pero unha parte importante non usa na casa software de pago. Alumnado con competencias dixitais insuficientes. Alumnado Non
Debilidade Escaso coñecemento das TIC como ferramenta de traballo, polo que non poden axudar ao alumnado na adquisición das mesmas. Pouco recoñecemento do nivel de manexo persoal das TIC: Teñen equipamento pero non coñecemento máis aló do destinado ao ocio. Familias Non
Debilidade C10. O alumnado non percibe que haxa dispositivos suficientes á súa disposición. C3. O acceso a internet é mellorable e ás veces non hai acceso á Wifi dende todas os espazos do centro educativo. A rede é mellorable. Faltan recursos dispoñibles no repositorio para traballar nas aulas. Nalgunhas franxas horarias non hai dispoñibilidade de aulas de informática para o profesorado que as solicita ou estas teñen un número inferior de postos aos alumnos que ten matriculados o profesor nesa clase. Non participación en Edixgal (claustro reacio a cambios substanciais). Infraestruturas Si
Debilidade A4. Falta de tempo para explorar o ensino dixital O centro educativo necesita máis experiencia no uso de entornos de aprendizaxe O centro educativo non ten acceso a recursos dixitais en liña ben organizados, so hai nalgunhas materias. Apenas colaboración do profesorado co centro para o uso de novas tecnoloxías. O centro educativo non colabora con outros centros e organizacións en materia de novas tecnoloxías. Organización de centro Non
Debilidade O profesorado considera que a adopción da tecnoloxía para a docencia e aprendizaxe está a un nivel baixo na súa experiencia, non resultan innovadores no seu uso, senón que se adaptan conforme ven avanzar aos demais. O profesorado non inclúe a procesos de avaliación a través de tecnoloxía dixital, inda que si sucede coa titorización nunha parte dos casos, sendo esta mellorable. O profesorado apenas inclúe productos dixitais nas elaboracións de adaptacións curriculares, probas de avaliación e cualificacións. Outras Si
Debilidade O profesorado carece de tempo para desenvolver material para a aprendizaxe e ten dificultades para implicar ao alumnado. F5. Pouca colaboración do alumnado. F6. Pouco traballo interdisciplinar. G1. Avaliación das capacidades/prácticas de avaliación tradicionais. G3. Non hai retroalimentación adecuada. As modalidades de formación non se axustan plenamente ás necesidades de formación dixital do profesorado. O profesorado non participa en redes profesionais nin en programas de desenvolvemento profesional. O profesorado non se implica no uso das tecnoloxías. En moitos casos, por ter competencias insuficientes. Persoal docente Si
Debilidade Non reciben formación nin instrucións específicas en materia dixital. Persoal non docente Si
Fortaleza O alumnado con problemas de conectividade e/ou falta de dispositivos no fogar foi detectado a principios de curso e solventado mediante préstamo de equipos informáticos. H4. O alumnado parece verificar a calidade da información. H10. O alumnado ten aceptables habilidades dixitais para distintas materias. Alumnado predisposto e motivado cara as novas tecnoloxías. Alumnado Non
Fortaleza As familias amósanse favorables á comunicación empregando ferramentas dixitais. Cada vez vanse familiarizando máis coa páxina web, a plataforma Abalar e a aula virtual do alumnado. O centro difunde as novidades a través da web do IES. Existe comunicación directa coas familias enviándolles notificacións pola aplicación Abalar móbil. Procurouse a principio de curso facerlle chegar ás familias un documento de análise da conectividade e disposición de equipamentos no fogar, para solventar carencias e fomentar a igualdade de oportunidades. Familias Si
Fortaleza C1.Dispoñemos de infraestructura e dispositivos que permiten un acceso razonable a prácticas innovadoras de ensino/aprendizaxe e avaliación. C2. Contamos con dispositivos dixitais para o ensino. C.7 Procuramos coidar a protección de datos e manter os dispositivos revisados con un mantemento continuado (C.5) Uso xeralizado da Aula Virtual no traballo diario na meirande parte das materias. Uso da plataforma Abalar e demais software corporativo. Páxina web do IES actualizada e activa. Infraestruturas Non
Fortaleza Concienciación e apoio por parte do equipo directivo no fomento do uso das TIC e traballo sobre a competencia dixital do alumnado e profesorado. A2. Desenvolvemento da estratexia dixital co profesorado. Emprego de novos espazos de traballo dixital: Aula virtual. Destínase orzamento de funcionamento para mellorar o equipamento dixital e o mantemento dos equipos. O equipo directivo promove o uso de software libre no ámbito educativo. O centro comunícase coas familias a través da plataforma Abalar entre outros. O equipo directivo coñece a normativa para adquisición de equipos informáticos Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado considera que dende o centro se apoia o desenvolvemento profesional continuo e que é positivo para os novos modelos de ensino aprendizaxe. Outras Non
Fortaleza 1. Oferta de formación e desenvolvemento profesional continuo (DPC) para profesorado no centro a través dunha liña de PFPP de contido dixital. E2. O profesorado procura recursos educativos en liña, E3. O profesorado emprega entornos virtuais de aprendizaxe. E4. O profesorado está en comunicación coa comunidade educativa, tanto co uso do Abalar como con outros recursos corporativos. Persoal docente Non
Fortaleza Implicación na comunidade educativa. Dispoñen de equipamento dixital (conserxería e administración). Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Estanse ofertando cursos dende a administración en materia dixital que deberían axustarse máis á práctica diaria. Gran cantidade de contidos curriculares que limitan o tempo para o traballo sobre o aprendizaxe das TIC (ferramenta e seguridade) Escasa dotación de material TIC fóra do destinado ao plan EDIXGAL Escasa flexibilidade na autonomía do centro para destinar as diferentes partidas económicas en material que realmente precisa o centro. Normalmente as dotacións económicas esíxese que se gasten en material funxible cando o que se precisa é equipamento TIC inventariable. Restricións no emprego de ferramentas e programas cando non hai alternativas de software libre que cumpran a mesma función. Ratios de alumnado elevadas que imposibilitan poder atender a todo o alumnado á hora de presentarse problemas relacionados co funcionamento dos equipos. Administración educativa Non
Ameaza A ANPA actualmente non propón nin participa en ningún tipo de actividade relacionada coa temática dixital. Non coñece cales son as necesidades do centro en materia dixital. Baixa competencia dixital das familias. O alumnado non usa a tecnoloxía fóra do centro con fins de aprendizaxe pero si para o ocio. Falta de compromiso e colaboración das entidades locais na mellora das infraestruturas do colexio. Escasa iniciativa na planificación e posta en marcha de actividades relacionadas coas TIC. ANPA Si
Ameaza Falta de compromiso e colaboración das entidades locais na mellora das infraestruturas do centro. Escasa iniciativa na planificación e posta en marcha de actividades relacionadas coas TIC. Acceso limitado do alumnado a unha conexión estable de Internet nos fogares. O alumnado non recibe información sobre cómo usar os dispositivos electrónicos. Contorna Non
Ameaza Ausencia flexibilidade (debido á falta de profesorado) de facer desdobres ou diferentes agrupamentos. Lexislación Non
Oportunidade E1.E2. Recursos educativos en liña e creación de recursos dixitais. Servizos de mantemento dos equipos informáticos ( UAC)** Dotación económicas dos novos programas Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA ten a oportunidade de levar a cabo actividades extraescolares en materia dixital, atendendo ás necesidades do alumnado neste eido, para contribuír a eliminar a fenda dixital por cuestións socioeconómicas, Pode contribuír na concienciación e apoio ás familias no eido TIC. O alumnado ten acceso a dispositivos fóra do centro educativo ANPA Non
Oportunidade Maior demanda de persoal formado en TIC na actividade empresarial en xeral e no eido IT en concreto. Contorna Non
Oportunidade Maior carga lectiva para materias relacionadas coas novas tecnoloxías nos novos plans de estudos. Novas modalidades do ensino. Lexislación Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, foi xerada esta análise DAFO que é de utilidade para a análise de situación, e para a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital.

Esta análise amósanos puntos interesantes nos que poderémos influir positivamente, pero tamén atopamos outros onde o alcalce de modificación está limitado.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mantemento e mellora das infraestructuras TIC
O02PD Afianzar o uso das ferramentas corporativas para comunicación entre comunidade educativa.
O03PD Afianzar o uso da aula virtual do centro, mellorando a súa organización e afondando no seu manexo.
O04PD Mellora da competencia dixital docente.

Seguimento

Procedemento

Este documento será revisado de xeito contínuo coa intención de modificar as necesidades cambiantes do centro.

No contexto da avaliación procesual a frecuencia será como mínimo trimestral, para valorar as evolucións do plan.

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre, para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións do plan, baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

O01PD: Posta en funcionamento da nova aula informática.

O02PD: Indicacións para o profesorado titor de manexo da ferramenta abalar móbil.

O03PD: Renovar o PFPP sobre o manexo e afondamento na Aula Virtual do centro.

O03PD: Limpeza da Aula Virtual de cursos obsoletos e de profesorado que xa non está no centro.

O04PD: Solicitude de formación do profesorado en Polos Creativos

2º Trimestre

O01PD: Rede Wifi en tódalas instalacións do centro.

O01PD: Posta en funcionamento da nova aula de informática móbil, conectada á rede wifi dende calquera aula do centro.

O04PD: Inicio formación en Polos Creativos.

 

3º Trimestre

O01PD: Posta en funcionamento da aula TIC multifuncional.

O01PD: Revisar incidencias nos equipos e correxir todas aquelas que ainda non se resolveron.

O03PD: Publicar na aula virtual recursos adaptados aos currículos.

O04PD: Remate formación en Polos Creativos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada una das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi acadado e se é necesario realizar variacións no plantexamento destas accións.

Coa análise destes indicadores elaborarase un informe cada trimestre onde se recollerán os resultados e as propostas de mellora ou modificacións para trimestres posteriores.

A final de curso analizaranse os indicadores e se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para vindeiros cursos.

Valoración xeral

O Plan Dixital conleva un aumento de burocracia, engadida a xa existente, que unida ás limitacións de persoal supoñen unha sobrecarga de traballo. A pesar de eso, ten unha serie de puntos positivos que inciden na mellora e optimización de recursos do centro:

- O estudio feito no contexto do Plan Dixital permite identificar situacións de partida nos que incidir e mellorar a situación actual do centro.

- A inclusión dun número non moi amplo de obxetivos facilita a consecución dos mesmos, facilitando tamén o seguimento e cosecución dos mesmos.

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión deste Plan será acorde coa difusión dos outros documentos de centro: 
-Estará colgado na páxina web do IES de Melide, no apartado de documentos de centro. 

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmelide/system/files/1-IESdeMelide_PlanDIxital-revisado.pdf  

-A inicio de curso será difundido entre profesorado de nova incorporación ao centro e resto da comunidade educativa.

-Poderá ser consultado en calquera momento dende a aplicación EduCalidade.