Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Denominación: CEIP Melide Número 1
Dirección: R/Álvarez Carballido 2 Melide- A Coruña C.P.: 15800 email: ceip.numero1.melide@edu.xunta.es
Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1melide/
Etapas educativas: Infantil e Primaria.
Alumnado: 208 alumn@s

Mestr@s: 18, 3 de delas compartidas con outros Centros máis unha mestra
de inglés con outro Centro base, pero que comparte co noso. Temos un porcentaxe alto de
mestres/as definitivos.

Este PD intégrase dentro do Proxecto Educativo do centro, como un elemento
dinamizador do traballo educativo cotiá. Así mesmo, formará parte do Plan de
Integración das TICs ou Proxecto de Educación Dixital, que se inclúe na PXA. Tamén
teremos en conta a importancia que, dende a biblioteca escolar se lle dan ás novas
tecnoloxías, á posta en práctica na aula maker...Ademáis disto, intentaranse levar a
cabo PFPP destinados a formarse e poñer en práctica o PD, formando grupos de
traballo que impulsen o seu desenvolvemento.

O PD debe estar presente en tódolos proxectos e Plans do centro, ofrecendo ferramentas de
traballo motivadoras, inclusivas, e en definitiva, orientadas a todo o noso alumnado
sexan cales sexan as súas características persoais e de referencia sociofamiliar.
Do mesmo xeito que noutros Plans e Programas, na PXA do vindeiro curso 23/24,
deberase ter en conta este PD, para desenvolver os obxectivos establecidos no Plan de
Acción e, como se mencionou antes, no Proxecto de Educación Dixital.

Este Plan Dixital responde á necesidade de unificar e sistematizar todas as iniciativas,
actividades e esforzos que se desenvolven no centro, e que están relacionados co uso
das ferramentas dixitais para a planificación, o desenvolvemento e a avaliación do
proceso de ensino-aprendizaxe.este Plan Dixital vén a unificar todas as iniciativas que se desenvolven no
Centro relacionadas co uso das Ferramentas Dixitais, conformando un Documento no
que se establecen os Obxectivos a conseguir, e un Plan de Acción para cada un deles.
Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:
Art. 111 bis, Art. 121 e Art.132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación, Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021 e Resolución do 3 de setembro de 2021

A elaboración do PD fíxose mediante a creación dunha liña de traballo dentro
do PFPP do centro no pasado curso: PFPP S2105229 “Análise da competencia dixital do
CEIP Melide Nº 1 e elaboración do plan dixital”.

Formouse un equipo para a Dinamización do PD cunha coordinadora, a participación de todo o equipo directivo e varias persoas do Centro. Contouse co asespramento do Equipo de ADIX Lalín en todo momento.

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Interno
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Capacitación do alumnado baixa. Alumnado Si
Debilidade Problemas de conectividade na casa e dificultades na realización de actividades propostas na Aula Virtual Familias Si
Debilidade Os ordenadores de profesorado,falta de unificación sistemas e algúns un pouco obsoletos. Infraestruturas Si
Debilidade O alumnado so ten acceso a ordenadores na aula de informática, salvo alumndado Edixgal, e na aula de informática non hai para todo o alumnado nos grupos de clases numerosas. Infraestruturas Si
Debilidade Non hai un sistema de rexistro para problemas técnicos dos ordenadores. Infraestruturas Non
Debilidade Emprego de entornos naturais de aprendizaxe. Creación de recursos dixitais. Compartir recursos respectando as normas de propiedade intelectual. Oferta Si
Debilidade Atopar información na web do Centro. Organización de centro Non
Debilidade Emprego de software libre e coñecemento desa ferramenta por parte de alumnado e profesorado Organización de centro Si
Debilidade Baixo intercambio de experiencias. Persoal docente Non
Debilidade Difificultades en desenvolver prácticas de avaliación dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Adaptación ás necesidades do alumnado Alumnado Non
Fortaleza Bo uso comunicación por Abalar. Familias Si
Fortaleza Acceso a internet en todo o Centro con WIFI. Infraestruturas Si
Fortaleza Dotación de equipamento EDIXGAL e servizo técnico. Infraestruturas Si
Fortaleza Emprego de recursos educativos en liña e selección de contidos dixitais que favorecen o proceso de Ensino-aprendizaxe Oferta Si
Fortaleza Promoción da participación do profesorado e alumnado en actividades de formación. Organización de centro Si
Fortaleza Uso de Abalar. Organización de centro Si
Fortaleza Bo seguemento de aprendizaxe en Edixgal e EVA. Organización de centro Si
Fortaleza Hai un 20% do profesorado en nivel experto B-2,o que pode axidar ao desenvolvemento do PDC. Organización de centro Si
Fortaleza Boa participación en programas de Desenvolvemento Profesional Contínuo e formación por parte do profesorado Persoal docente Non
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Exceso de burocracia. Administración educativa Si
Ameaza Formación para o profesorado pouco práctica en moitas ocasións. Administración educativa Si
Ameaza Demasiada cantidade de alumnado por aula para poder traballar no ámbito informático. Administración educativa Si
Ameaza Dificultades de conectividade en parte das familias e de formación en aspectos informáticos. Contorna Si
Ameaza Non se conta con equipamento específico para alumnado de apoio Contorna Si
Ameaza Lexislación cambiante. Lexislación Si
Ameaza Dificultades en prácticas de avaliación Lexislación Si
Oportunidade Cóntanse con Edixgal-Boa dotación en 5° e, para o vindeiro curso,en 6°. Formación PFPP para dar respostas ás necesidades de formación Administración educativa Non
Oportunidade Ofertan cursos de informática para alumnado. ANPA Non
Oportunidade Hai entidades próximas(biblioteca municipal...) que contan con ordenadores para o seu uso libre e gratuito con acceso a internet,ademáis de Wifi tamén gratuito. Contorna Non
Oportunidade Realización dun PDC que favorecerá a competencia dixital na nosa comunidade educativa Lexislación Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que
permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas
fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Debemos mellorar na formación do profesorado, na dotación de recursos e na formación no uso de tecnoloxías pr parte de alumnado e familias.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Coñecer novos recursos dixitais online e ampliar os coñecementos das ferramentas institucionais e actualización da web
O02PD O claustro coñece e aplica novas posibilidades de recursos online e de actualización de ferramentas corporativas para integrar na súa práctica docente diaria
O03PD Formación do alumnado
O04PD Coñecer e poñer en práctica o aprendido sobre as licenzas de uso e dereitos de autor
O05PD Actualizar inventario dos equipos informáticos do Centro en Amtega

Seguimento

Procedemento

Terase en conta a temporalización de obxectivos reflectida no Plan para realizar o seguimento e valorar se os obxectivos que corresponden a dita temporalización están ou non acadados e o porqué.

1º Trimestre

Estívose traballando en tódolos obxectivos do Plan Dixital ao longo deste primeriro trimestre.

Están acadadas as seguintes accións: 01.5 (Asignación dun tempo específico semanal para que a persoa encargada da web do Centro a actualice), 02.1 (Creación dun grupo de traballo dentro do Plan de formación do profesorado), 03.1 (Establecemento de horarios para o alumnado para asistir 1 hora semanal á aula de informática)  e a 04.1 (Formación sobre dereitos de autor, recursos educativos abertos, licenzas de uso Cretive Commons, By-SA, software libre...). Estas accións, ainda que estén realizadas, teñen continuidade ao longo do curso. Outras das accións lévanse a cabo tamén durante o curso, polo que non se considera que estén rematadas ata a finalización do mesmo.

Adíase o obxectivo 5 ao segundo trimestres por non estar dado de alta o aplicativo por parte da Consellería.

2º Trimestre

Estívose traballando nos obxectivos propostos no Plan Dixital ao longo do segundo trimestre.

Xa estaban acadadas as seguintes accións: 01.5 (Asignación dun tempo específico semanal para que a persoa encargada da web do Centro a actualice), 02.1 (Creación dun grupo de traballo dentro do Plan de formación do profesorado), 03.1 (Establecemento de horarios para o alumnado para asistir 1 hora semanal á aula de informática)  e a 04.1 (Formación sobre dereitos de autor, recursos educativos abertos, licenzas de uso Cretive Commons, By-SA, software libre...). Estas accións, ainda que estén realizadas, teñen continuidade ao longo do curso, polo que se traballou nas mesmas durante este segundo trimestre.

As restantes accións lévanse a cabo tamén durante o curso, polo que non se considera que estén rematadas ata a finalización do mesmo.

Adíase o obxectivo 5 por non estar dado de alta o aplicativo por parte da Consellería.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao longo do curso farase unha avaliación tanto procesual como final, atendendo aos obxectivos establecidos no Plan de Acción.
No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será cando menos unha vez ao trimestre, e os aspectos a valorar : o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso e as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Ademáis vaise levar a cabo no mes de xuño o deseño de rúbricas de avaliación da competencia informática desenvolta por profesorado e alumnado.

Valoración xeral

No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano.
O propio Plan de Acción, nos obxectivos formulados, inclúe unha lista de contexo como instrumento de avaliación que imos a utilizar.

O proceso de posta en práctica, ao ser un proceso vivo e modificable, poderá precisar do uso doutros instrumentos de avaliación se fose necesario.

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Aprobadas as súas actualizacións en Claustro e Consello.

Plan Dixital: colgado na web do Centro o enlace a educalidade do Plan, para que esté accesible e visible para toda a comunidade coas modificacións que se fagan en cada momento.