Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

A normativa legal sobre a que se apoia o desenvolmento do Plan Dixital é a seguinte:

- Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

- Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

- Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

- Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

- Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Contextualización:

O CEIP Francisco López Estrada está situado no concello de Mañón, pertencente á Comarca do Ortegal, no Norte da Provincia da Coruña. Trátase dun colexio de educación infantil e primaria ao que asisten 41 nenas e nenos que no actual curso están distribuidos en catro grupos mixtos (un de EI e tres de EP). O claustro está formado por 7 mestras e mestres (dous itinerantes con base noutros centros) e un orientador con base no CEIP José María Lage de Ortigueira que nos visita dous días á semana.

O concello de Mañón ten unha das densidades de poboación máis baixas da provincia da Coruña. Trátase dun municipio eminentemente rural, con numerosos núcleos, máis dispersos segundo nos adentramos no concello en dirección Sur. Moitos destes núcleos xa están abandonados na actualidade, e noutros quedan soamente anciáns.

No que respecta ao nivel dixital das familias, case todas as casas contan con conexión wifi, ou polo menos datos móbiles. En canto ao equipamento informático, a meirande parte teñen teléfono móbil e utilizan AbalarMóbil, mais un gran número de familias non dispoñen de ordenadores ou tableta. 

 

Contribución ao Proxecto Educativo:

Unha das bases ideolóxicas do noso centro é o propósito innovador e investigador. Contemplamos a formación permanente dende o propio centro e tamén a través dos diferentes cursos e grupos de traballo programados para tal fin.

O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos documentos deben estar en total consonancia e sercomplementarios.

A Programación Xeral Anual do curso 23/24 será una concreción como sempre do Proxecto Educativo e como non tamén dos obxectivos e actuacións recollidos neste Plan Dixital, polo que na PXA veranse reflectidos os obxectivos que pretendemos acadar neste primeiro ano de implantación do Plan Dixital.

O Plan Dixital de centro estará interrelacionado co resto de plans e proxectos que actualmente desenvolvemos no centro. A relación máis directa será co Plan Anual de Fomento das TIC, co que pretendemos cada curso dar un papel máis importante ás ferramentas dixitais  nos procesos de ensinanza e aprendizaxe.

Cabe destacar tamén a contribución do Plan Dixital ao Proxecto Edixgal, de recente implantación no centro (curso 2021/2022) co claro obxectivo de mellorar a calidade do sistema educativo gracias a integración das TIC e coa implicación de toda a comunidade educativa. 

Ademais, o noso centro participa en diferentes programas de innovación directamente relacionadas coas tecnoloxías como Digicraft ou Polos Creativos, e tamén participamos como socios baixo a coordinacioón do CFR de Ferrol, no proxecto sobre ensinanza mixta "Blended Leraning For All", con socios de Turquía, Hungría e Portugal.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- Enquisas aos mestres, alumnado e familias.

- Observación directa.

Interno
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Competencias dixitais insuficientes. Alumnado Si
Debilidade Non se facilita ao alumnado tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade Competencias dixitais insuficientes. Familias Si
Debilidade Pouco tempo para adicar a organización e xestión das tecnoloxías dixitais do centro. Organización de centro Non
Debilidade Pouca estabilidade no centro (alta provisionalidade). Persoal docente Non
Debilidade Pouca dispoñibilidade horaria para adicar a tarefas de dinamización das tecnoloxías dixitaisl. Persoal docente Non
Fortaleza Alumnado colaborativo e implicado. Alumnado Non
Fortaleza Familias en xeral colaborativas e implicadas. Familias Non
Fortaleza Gran variedade de equipamento dixital (Polos Creativos+, Digicraft, equipación Edixgal...). Infraestruturas Non
Fortaleza Equipamento dixital en todas as aulas (paneis dixitais ou pizarras interactivas, ordenadores de sobremesa, ordenadores portátiles...). Infraestruturas Non
Fortaleza Boa conexión a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza Páxina web e redes sociais activas e constantemente actualizadas. Infraestruturas Si
Fortaleza Espazos especialmente habilitados para actividades dixitaisl (Polo Creativo, Radio Escolar...) Infraestruturas Non
Fortaleza Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe. Oferta Non
Fortaleza Actividades adaptadas ás necesidades do alumnado. Oferta Non
Fortaleza Participación en programas de innovación: Digicraft, Polos Creativos+... Oferta Non
Fortaleza Desenvolvemento de proxectos interdisciplinares que integran as ferramentas dixitais. Oferta Si
Fortaleza Desenvolvemento da estratexia dixital co profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza O centro promove a creación conxunta de coñecemento a través da organización dun PFPP. Organización de centro Non
Fortaleza Participación en proxectos Erasmus+ relacionados coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Conciencia da necesidade de desenvolvemento profesional continuo. Persoal docente Non
Fortaleza Intercambio de experiencias con outros mestres/as. Persoal docente Non
Fortaleza Implicación coa integración das ferramentas dixitais. Persoal docente Non
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Contorna rural con zonas sen acceso a internet. Contorna Non
Ameaza - Zona mal comunicada e bastante alonxada das principais cidades onde se levan a cabo a meirande parte de eventos ou actividades de formación. Contorna Non
Oportunidade - Ampla oferta de actividades formativas para a mellora da competencia dixital do profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade - Oferta de participación en programas como Edixgal, Digicraft, CPInnova, Polos Creativos, Digitalweek... Administración educativa Non
Oportunidade - Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2023/2024. Administración educativa Non
Oportunidade - Subvencións por parte do Concello. Contorna Non
Oportunidade - Persoas expertas na comunidade que poden aportar coñecementos e colaborar nos proxectos do centro. Contorna Non
Oportunidade - ORDE do de 2023 pola que se da continuidade ao programa de innovación educativa Polos creativos e se establecen instrucións para o seu desenvolvemento. - Resolución do 22 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24. - Resolución do 22 de xuño de 2023, pola que se regulan os Contratos-Programa Innova (CPInnova) para fomentar a innovación educativa nos centros docentes públicos para o curso 2023/24. - Resolución do 26 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2023/24. Lexislación Non
Oportunidade - Oferta de participación en proxectos Erasmus+ co CFR de Ferrol. Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Consideramos debilidades a aqueles elementos internos que deben ser mellorados:

En primeiro lugar, e a pesar dos grandes progresos observados nos últimos dous cursos, a competencia dixital tanto do alumnado como das familias segue a ser insuficiente e, polo tanto, será un dos puntos primordiais nos que intervir durante o presente curso. Ademais, aínda que se están a levar a cabo moitas actividades dixitais, nótase en falta o uso de ferramentas de autoavaliación ou retroalimentación coas que o alumnado reflexione sobre o seu traballo.

En canto ao persoal docente, aínda que no  curso actual a competencia dixital e a implicación e capacidade de innovación son moi altas, seguimos a contar cun alto nivel de profesorado provisional ou que realiza permutas, É moi importante contar con profesorado definitivo e permanente no centro, para poder planificar actividades a longo plazo e crear lazos estables tanto co alumnado como coas familias. 

Ademais, ao tratarse dun centro pequeno, hai pouco profesorado e un equipo directivo unipersoal, polo que nun mismo mestre/a recaen numerosas tarefas (titoría, coordinación de ciclo, coordinación de equipos de dinamización...) quedando pouca dispoñibilidade horaria para dedicar adicar á organización e xestión das tecnoloxías dixitais do centro.

Consideramos fortalezas aqueles aspectos internos positivos que debemos consolidar e reforzar:

 Podemos destacar que, tanto o alumnado como as familias son participativos e implicados. Incluso contamos con algúns expertos entre os pais e nais que participan activamente nos proxectos do centro compartindo coñecementos e impartindo obradoiros para alumnado e profesorado. Tal é o caso de Janine Funke, historiadora e periodista de radio que crea podcast para emisoras alemás, que nestes momentos é un pilar moi importante no noso proxecto de radio. 

En canto ás infraestruturas, nos útimos anos produciuse unha gran mellora e incremento de recursos, en parte debido á aposta da Consellería pola educación dixital (datación de paneis, portátiles, etc) e tamén á participación do centro en programas como Digicraft ou Polos Creativos nos que levamos dous anos. Neste sentito, habilitáronse varios espazos dedicados ás ferramentas dixitais, como o Polo Creativo que consta de varios recandos destinados ao montaxe, programación, creación audiovisual, impresión 3D, etc, ou o cuarto de radio escolar co seu equipamento de son.

Outra fortaleza do noso centro é a gran presenza dixital na oferta educativa, xa que contamos con entornos virtuais de aprendizaxe (EVA Edixgal, Moodle, etc) e levamos a cabo proxectos interdisciplinares nos que as ferramentas dixitais teñen un papel importante.

No relativo ao persoal docente, a pesar da baixa estabilidade anteriormente citada, contamos con mestres/as moi implicados co uso das tecnoloxías, cunha competencia dixital bastante alta nalgúns casos, e aceptable na maioría. O profesorado participa periódicamente en actividades de formación e innovación así como en mobilidades Erasmus+ onde se intercambian experiencias con docentes doutros centrosda zona e tamén doutros países Europeos.

 En relación co ¡anterior, un dos propósitos principais do noso centro é a innovación, polo que vemos necesario desenvolver unha estratexia dixital co profesorado e consideramos a formación permanente como algo primordial. Nesta liña o centro promove dita  formación tanto mediante a organización dun PFPP, como mediante a difusión de actividades levadas a cabo polo CFR, CAFI, institucións locais, participación en proxectos europeos, etc.

Consideramos ameazas aqueles aspectos externos que son un obstáculo á hora de desenvolver a nosa estratexia dixital:

O centro está situado nunha zona rural con malas comunicacións, o transporte público é prácticamente inexistente e as principias cidades están relativamente lonxe. Esto sumado á xornada partida, fai que aos mestres/as lles sexa moitas veces difícil asistir a eventos ou actividades de formación (por distancia e incompatibilidade horaria). Tamén é o motivo do alto nivel de proviisonalidade e permutas.

Por utra banda, algunhas familias viven en aldeas nas que a conexión a internet non é moi boa.

Consideramos oportunidades aqueles aspectos externos que podemos aproveitar:

 A Administración educativa ofrece anualmente unha ampla oferta de actividades de formación así como convoca a participación en programas educativos innovadores. 

Cómpre destacar tamén a relación do centro co Concello e outras entidades locais é estreita. Frecuentemente nos son ofertadas subvencioóns económicas, actividades ou obradoiros e charlas con expertos/as da zona.

Por último, o Centro de Formación e Recursos de Ferrol ofrécenos continuamente actividades formartivas e a oportunidade de participación en proxectos Erasmus+ relacionados coas TIC. Nesta liña, actualmente estamos a participar nun KA1 sobre blended learning (ensinanza mixta) con outros países de Europa.

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Potenciar a implementación de proxectos interdisciplinares.
O2PD Mellorar a competencia dixital do alumnado.
O3PD Mellorar a competencia dixital das familias.
O4PD Usar tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre o seu traballo
O5PD Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado,

Seguimento

Procedemento

O seguimento de dito Plan lebarao a cabo a coordinadora do mesmo, coa colaboración do resto de membros do equipo e baixo a supervisión e axuda da persoa responsable da coordinación Adix.

1º Trimestre

OBEXCTIVO 1: Potenciar a implementación de proxectos interdisciplinares. 

Obectivo acadado.

- Deseñáronse varios proxectos e estanse a levar a cabo coa totalidade do alumnado do centro.

- O 87% do profesorado participa activamente.

 

OBXECTIVO 2: Mellorar a competencia dixital do alumnado.

Obxectivo acadado parcialmente.

- Creouse un itinerario sobre ferramentas dixitais dentro do PFPP e o profesorado participou en formacións de Digicraft e Polos Creativos.

- A dispoñibilidade e accesibilidade dos recursos tecnolóxicos para o alumnado estivo garantida durante todo o trimestre.

- Pediúselle á ANPA a realización dalgunha actividade extraescolar no ámbito das tecnoloxías dixitais (robótica, radio escolar, informática...) mais non a levaron a cabo.

- Planificáronse, elaboráronse e implementáronse co alumnado nas aulas algunhas actividades enfocadas á mellora da competencia dixital. 

- Están planificados para o seguinte trimestre algúns obradoiros dixitais con expertos.

 

OBXECTIVO 3: Mellorar a competencia dixital das familias.

Obxectivo acadado parcialmente.

- Na comunicación coas familias utilizáronse ao longo de todo o trimestre principalmente ferramentas dixitais (AbalarMobil)

- Todos os proxectos e actividades difundíronse por medios dixitais (AbalarMóbil, Sitio Web, redes sociais...).

- Non se levou a cabo ningún obradoiro dixital ou charla formativa coas familias este trimestre.

 

OBXECTIVO 4: Usar tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre o seu traballo

Obxectivo acadado parcialmente.

- Non se levou a cabo ningunha actividade formativa sobre o uso de ferramentas dixitais de feedback co profesorado.

- Algúns mestres elaboraron e/ou utilizaron co seu alumnado ferramentas dixitais de autoreflexión e feedback (principalmente cos cursos maiores e alumnado Edixgal).

- Concienciouse ao alumnado sobre a importancia da autorreflexión.

 

OBXECTIVO 5: Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado.

Obxectivo pendente.

- Solicitouse unha charla formativa do Plan Director pero aínda non se levou a cabo.

 

 

 

 

2º Trimestre

OBEXCTIVO 1: Potenciar a implementación de proxectos interdisciplinares. 

Obectivo acadado.

- Deseñáronse varios proxectos e estanse a levar a cabo coa totalidade do alumnado do centro.

- O 87% do profesorado participa activamente.

 

OBXECTIVO 2: Mellorar a competencia dixital do alumnado.

Obxectivo acadado parcialmente.

- Creouse un itinerario sobre ferramentas dixitais dentro do PFPP e o profesorado participou en formacións de Digicraft e Polos Creativos.

- A dispoñibilidade e accesibilidade dos recursos tecnolóxicos para o alumnado estivo garantida durante todo o trimestre.

- Pediúselle á ANPA a realización dalgunha actividade extraescolar no ámbito das tecnoloxías dixitais (robótica, radio escolar, informática...) mais non a levaron a cabo.

- Planificáronse, elaboráronse e implementáronse co alumnado nas aulas algunhas actividades enfocadas á mellora da competencia dixital. 

- Están planificados algúns obradoiros dixitais con expertos.

 

OBXECTIVO 3: Mellorar a competencia dixital das familias.

Obxectivo acadado parcialmente.

- Na comunicación coas familias utilizáronse ao longo de todo o trimestre principalmente ferramentas dixitais (AbalarMobil)

- Todos os proxectos e actividades difundíronse por medios dixitais (AbalarMóbil, Sitio Web, redes sociais...).

- Non se levou a cabo ningún obradoiro dixital ou charla formativa coas familias este trimestre pero informóuselles da posibilidade de asistencia ao Ciclo de Cultura Científica, Tecnoloxía con sentidiño, organizado pola Xunta de Galicia.

 

OBXECTIVO 4: Usar tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre o seu traballo

Obxectivo acadado parcialmente.

- Non se levou a cabo ningunha actividade formativa sobre o uso de ferramentas dixitais de feedback co profesorado.

- Algúns mestres elaboraron e/ou utilizaron co seu alumnado ferramentas dixitais de autoreflexión e feedback (principalmente cos cursos maiores e alumnado Edixgal).

- Concienciouse ao alumnado sobre a importancia da autorreflexión.

 

OBXECTIVO 5: Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado.

Obxectivo acadado.

- Recibiuse charla formativa sobre acoso e ciberacoso, do Plan Director.

- Fomentouse o uso responsable das tecnoloxías dende as aulas.

 

 

 

3º Trimestre

OBEXCTIVO 1: Potenciar a implementación de proxectos interdisciplinares. 

Obectivo acadado.

- Deseñáronse varios proxectos e estanse a levar a cabo coa totalidade do alumnado do centro.

- O 87% do profesorado participa activamente.

 

OBXECTIVO 2: Mellorar a competencia dixital do alumnado.

Obxectivo acadado parcialmente.

- Creouse un itinerario sobre ferramentas dixitais dentro do PFPP e o profesorado participou en formacións de Digicraft e Polos Creativos.

- A dispoñibilidade e accesibilidade dos recursos tecnolóxicos para o alumnado estivo garantida durante todo o trimestre.

- Pediúselle á ANPA a realización dalgunha actividade extraescolar no ámbito das tecnoloxías dixitais (robótica, radio escolar, informática...) mais non a levaron a cabo.

- Planificáronse, elaboráronse e implementáronse co alumnado nas aulas algunhas actividades enfocadas á mellora da competencia dixital. 

 

OBXECTIVO 3: Mellorar a competencia dixital das familias.

Obxectivo acadado parcialmente.

- Na comunicación coas familias utilizáronse ao longo de todo o trimestre principalmente ferramentas dixitais (AbalarMobil)

- Todos os proxectos e actividades difundíronse por medios dixitais (AbalarMóbil, Sitio Web, redes sociais...).

- Non se levou a cabo ningún obradoiro dixital ou charla formativa coas familias este trimestre pero informóuselles da posibilidade de asistencia ao Ciclo de Cultura Científica, Tecnoloxía con sentidiño, organizado pola Xunta de Galicia.

 

OBXECTIVO 4: Usar tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre o seu traballo

Obxectivo acadado parcialmente.

- Non se levou a cabo ningunha actividade formativa sobre o uso de ferramentas dixitais de feedback co profesorado.

- Algúns mestres elaboraron e/ou utilizaron co seu alumnado ferramentas dixitais de autoreflexión e feedback (principalmente cos cursos maiores e alumnado Edixgal).

- Concienciouse ao alumnado sobre a importancia da autorreflexión.

 

OBXECTIVO 5: Fomentar un comportamento seguro e responsable do alumnado.

Obxectivo acadado.

- Recibiuse charla formativa sobre acoso e ciberacoso, do Plan Director.

- Fomentouse o uso responsable das tecnoloxías dende as aulas.

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

- Avaliación procesual:
A realizacións propostas neste plan será revisada de xeito periódico, tendo en conta a temporalización marcada, o que axudará a determinar se o obxectivo proposto foi acadado ou se é necesario realizar modificacións no plantexamento destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.

O seguimento do plan será trimestral e avaliaranse tanto os logros dos alumnos, o profesorado, o persoal non docente e as familias, como o Plan en si (obxectivos, contidos, actividades, metodoloxía, temporalización...).

- Avaliación final:
A final de curso realizarase un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos positivos, os aspectos negativos e as propostas de mellora para o vindeiro curso.

Para a elaboración deste informe teranse en conta:

- O nivel de implicación do profesorado do centro.

- O grao de consecución dos obxectivos establecidos.
- A análise das causas que expliquen os resultados.
- Unha avaliación SELFIE realizada a finais do curso

Este informe formará parte da memoria final do centro.

Valoración xeral

En conclusión, o Plan Dixital foi bien implementado, potenciando tanto a profesores como a alumnos.

Continuouse participando en programas de innovación como Polos Creativos+ ou Digicraft, o que proporcionou formación e recursos adecuados que permitiron integrar eficazmente as ferramentas dixitais nas prácticas educativas.

A implicación activa do profesorado foi crucial para o éxito desta iniciativa. O seu compromiso e adaptación ás novas tecnoloxías impulsou un entorno de aprendizaxe dinámico e enriquecedor. 

Ademais, a mellora das competencias dixitais dol alumnado é un dos beneficios máis destacados deste plan. Ao familiarizarse con diversas tecnoloxías e desenvolver habilidades dixitais desde unha idade temperá, as nenas e nenos non só melloraran o seu rendemento académico, senón que tamén se convirten en cidadáns dixitais competentes e responsables.

Por último, destacar a implicación do noso asesor Adix, que nos guiou durante todo o proceso e resolveu todas as dúbidas que foron xurdindo, amosando sempre unha actitude colaborativa e brindando axuda oportuna.

Proposta de mellora

Levar a cabo obradoiros ou charlas coas familias para:

- Resolver dúbidas.

- Concienciar sobre a importancia de dar un uso responsable e correcto ás ferramentas  dixitais.

- Mellorar a competencia dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Oído o claustro e tras a aprobación do Consello Escolar, o Plan Dixital será publicado en aberto no sitio web do centro, no apartado “Documentos”, onde estará visible para toda a comunidade educativa.

O Plan Dixital terá un acceso público desde a plataforma EduCalidade.