Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

a) Socio-cultural: Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.

O IES “Concepción Arenal” de Ferrol conta con máis de 90 anos de historia. Públicase a súa creación na Gaceta de Madrid o 17 de agosto de 1927, constituíndose o primeiro claustro o 8 de outubro dese mesmo ano. Nos primeiros anos o centro estaba ubicado nunha sede diferente á actual, nas instalacións da que fora o antigo cárcere. Neses anos era un instituto mixto aínda que as clases estaban separadas por xénero, masculino ou feminino. O 20 de outubro de 1945 o centro cambia a súa sede para a actual na rúa Cuntis, preto da Praza de España. O 8 de abril de 1965 inaugurase a “Sección Feminina” do Instituto nunha construción anexa ao edificio principal, á espera da construción do instituto feminino que empeza a funcionar en xaneiro do 67, cedéndose o mencionado anexo á Escola de peritos durante varios anos. Desde ese curso, 66/67, o IES “Concepción Arenal” foi un centro de ensinanza masculina, ata 80/81 que volve a ser de ensinanza mixta. No ano 1998 incorpóranse ao Centro ensinanzas de formación profesional. Conta con estudos de Bacharelato para adultos e, no presente curso 2023-2024, tamén é sede dos cursos de Capacitación Dixital para persoas adultas.

 O IES “Concepción Arenal” está situado en pleno centro da cidade, preto da estación de tren e de autobuses e dos distintos polígonos industriais da comarca no que se ubica a maioría do tecido industrial da zona.

b) Tipos de familias. Aínda que existe un número significativo de familias extensas nas que conviven tres xeracións distintas, a maioría de familias responden ás seguintes características:

a. Familias nucleares nas que un matrimonio convive cos seus fillos, entre un e dous no caso das familias autóctonas e entre dous e tres entre as familias inmigrantes.

b. Un número cada vez maior de familias monoparentais como consecuencia tanto dunha decisión persoal como froito da evolución social dos últimos anos.

A realidade sociocultural da cidade da lugar a un alumnado relativamente homoxéneo, dentro da súa diversidade, cunha convivencia pacífica, con independencia da súa procedencia. No centro están representadas todas as clases sociais, existindo diversidade de intereses, motivacións e capacidades entre o alumnado.

O alumnado de educación secundaria e bacharelato procede do núcleo urbano e do entorno do centro. Os CEIP adscritos ao centro son o Ludy, Belén e Recimil, este último compartido co IES “Sofía Casanova”. O alumnado de ciclos procede, maioritariamente, de toda Galicia, principalmente de Ferrol e a súa contorna e da zona Norte da Comunidade.

Cabe destacar, nos últimos anos, un aumento da porcentaxe de familias en risco dixital derivado da situación económica actual; familias que non contan cos equipamentos necesarios e conexión á rede adecuada para o desenvolvemento das tarefas e familias con descoñecemento do emprego das novas ferramentas dixitais empregadas polo alumnado.

O Plan Dixital forma parte do Proxecto Educativo do Centro. Durante este curso, incorporado á PXA a través do PFPP coma un dos itinerarios principais deste, aberto á participación de todo o profesorado e con previsión de continuidade para os vindeiros cursos tal e como se mostra no Plan de Acción que se desenvolve máis polo miúdo no apartado 3 do presente documento.

A elaboración do Plan Dixital realizouse tendo en conta en todo momento as instrucións dadas polo equipo ADIX asesor do Centro a través da aula virtual creada ao efecto e das dúas sesións de formación recibidas polo equipo encargado da elaboración do documento.

A responsabilidade da elaboración do Plan recaeu no Equipo Directivo -anovado no presente curso- e no Coordinador de TICS, así mesmo fíxose partícipe a todo o profesorado a través da difusión das instrucións, informes, formacións e fases do proxecto a través do correo electrónico e das reunións do claustro de profesorado que se fixeron ao longo do curso.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa foron os seguintes.

Informes SELFIE do profesorado e alumnado.

Test CDD

Interno
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Acceso limitado do alumnado no Centro a dispositvos dixitais Alumnado Non
Debilidade Acesso limitado do alumnado no Centro a unha conexión estable de internet Alumnado Non
Debilidade Uso da tecnoloxía no Centro mellorable no alumnado da ESO e Bacharelato Alumnado Si
Debilidade Uso da tecnoloxía fóra do Centro para fins pedagóxicos mellorable Alumnado Non
Debilidade Comportamento dixital pouco seguro e responsable no alumnado da ESO,mais mellora no alumnado de Bacharelato Alumnado Non
Debilidade Verificación da calidade da información mellorable sobre todo no caso do alumnado da ESO Alumnado Non
Debilidade Nalgúns casos familias con competencia dixital mellorable Familias Si
Debilidade Uso por parte do alumnado de software de pago o que supón un investimento por parte das familias Familias Non
Debilidade Equipo dixital insuficiente. Infraestruturas Non
Debilidade Conexión a internet pouco fiable ou lenta. (wifi inexistente) Infraestruturas Non
Debilidade Limitacions do espazo escolar Infraestruturas Non
Debilidade O profesorado carece de tempo para desenvolver material para o ensino mixto con tecnoloxías dixitais Oferta Non
Debilidade Desenvolvemento de proxectos interdisciplinares mellorable. Oferta Non
Debilidade Colaboración con outros centros e organizacións mellorable Oferta Non
Debilidade Conexión a internet pouco fiable ou lenta Organización de centro Non
Debilidade Limitacions do espazo escolar Organización de centro Non
Debilidade Equipo dixital insuficiente Organización de centro Non
Debilidade Retroalimentación mellorable no uso das tecnoloxías para a práctica da avliación Persoal docente Non
Debilidade Fomento da creatividade mellorable Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo para o profesorado Persoal docente Non
Debilidade Autorreflexión sobre a aprendizaxe mellorable no uso das tecnoloxías para a práctica da avaliación. Fomento da colaboración entre o alumnado mellorable Persoal docente Non
Debilidade Apoio técnico limitado Persoal non docente Non
Fortaleza Coñecemento do uso das tecnoloxías por parte do alumnado Alumnado Non
Fortaleza Implicación do alumnado Alumnado Si
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa a través dos servizos dixitais Familias Non
Fortaleza Emprego de sotfware libre no ámbito educativo Infraestruturas Non
Fortaleza Plan de formación en centros Oferta Non
Fortaleza Desenvolvemento profesional a través da colaboración e das redes profesionais no profesorado de Formación Profesional. Oferta Non
Fortaleza Emprego de servizo dixitais corporativos Organización de centro Non
Fortaleza Información actualizada na web do Centro. Organización de centro Si
Fortaleza Boa difusión da información de interese e seguimento da actividade académica do alumnado a través de servizos dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Creación de recursos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Boa acollida do DPC por parte do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza Recursos educativos en liña. Persoal docente Non
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de fondos Administración educativa Non
Ameaza Pouco acceso a recursos dixitais en liña ben organizados. Administración educativa Si
Ameaza Información mellorable no uso responsable e seguro das tecnoloxías (protección de datos, pegada dixital, verificación da información, etc.) Lexislación Non
Oportunidade Elaboración do Plan Dixital de Centros. Administración educativa Non
Oportunidade Comunicación fluida coa comunidade educativa a través dos servizos dixitais ANPA Non
Oportunidade Colaboración con empresas, universidades e asociacións na programación das actividades complementarias Outras Non
Oportunidade Colaboración e participación das empresas e universidades na formación en centros de traballo do alumnado de formación profesional. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o TEST CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo do Plan Dixital de centro, observanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES, a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS, a nivel externo que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO; sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito CUANTITAIVO, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro CUALITATIVO dando como resultado unha serie de PRIORIDADES ás que nos propoñemos atender en diferentes TEMPORALIZACIÓNS. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN, convertindo os ítmes en OBXECTIVOS que trataremos o longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes ACCIÓNS. Todo isto recollerase na pestana seguinte (Obxetivos).

A Análise DAFO indicamos que debemos mellorar en:

  • Acceso limitado do alumnado a dispositvos dixitais.
  • Comportamento dixital pouco seguro. Verificación da calidade da información.
  • Pouco acceso a recursos dixitais en liña ben organizados.
  • Retroalimentación mellorable no uso das tecnoloxías para a práctica da avaliación.
  • Fomento da colaboración entre a comunidade educativa.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a utilización da aplicación abalar para a comunicación profesorado-familias.
O02PD Poñer a punto a aula virtual do centro para o novo curso
O03PD Facer da páxina web a principal canle de publicación de información do centro.

Seguimento

Procedemento

O equipo de Dinamización do PD realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimesttre para analizar coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Nota: versión estendida cos últimos datos deste documento con ilustracións, gráficos e enquisas en https://drive.google.com/drive/folders/1kOuZFGiL4TuiEqRLjh7k-_38DceZHVYz

VALORACION XERAL:

Durante o primeiro trimestre tivemos moitos e frecuentes problemas coa conectividade. Ademáis de algún acto vandálico por parte do alumnado, semella que a infraestructura necesita unha anovación e posta a punto.

Pola otra banda, ao remate do primeiro trimestre xa estábamos facendo uso intensivo de varios recursos do centro que, segundo o noso punto de vista, estaban a ser infraempregados: a televisión da sala de profesores e os proxectores do vestíbulo. Agora amosan durante toda a xornada a data, hora, información e novas educativas, a modo de “dashboard”.

Asemade, ampliamos e reorganizamos o equipamento da sala de profesores, de xeito que pasamos a ter de tres a seis ordenadores, agora todos conectados á impresora de rede.

ABALAR:

Ofrécese asesóramento sobre o seu emprego a todo docente que o necesite. O formulario fíxose con preguntas sobre o emprego de todas as ferramentas, con modelos personalizados para alumnado, familias e profesorado. Dos datos recabados, cabe dicir que pasamos dun 19% no curso pasado a un 13% do profesorado que aínda non o emprega, e tamén o seu emprego por parte das familias foi lixeiramente maior no primeiro trimestre.

AULA VIRTUAL:

Durante o curso, o membro do equipo Celestino Montero leva a cabo as tarefas de mantemento da aula e proporciona asistencia a quen o necesita. Virtualmente temos ao 100% de alumnado de ensino secundario matriculado.

PAXINA WEB DO CENTRO:

Entre o alumnado, as visitas baixaron un pouco respecto ao curso pasado; sen embargo, entre as familias, suben, o mesmo que entre o profesorado. Deste último cabe dicir que o sitio WEB é, en certa forma, redundante unha vez que o curso está en marcha, xa que a súa función informativa pasa a ser sustituída en boa medida polas reunións dos distintos órganos colexiados, cartelería, etc.

 

2º Trimestre

Nota: versión estendida cos últimos datos deste documento con ilustracións, gráficos e enquisas en https://drive.google.com/drive/folders/1kOuZFGiL4TuiEqRLjh7k-_38DceZHVYz

VALORACION XERAL:

Durante o segundo trimestre xa tiñamos desenvolvidos no centro tres cursos de capacitación dixital e dous do nivel intermedio. Pola outra banda, das sete actividades de formación para o profesorado que estamos a desenvolver, unha ten relación directa co plan dixital (“Utilización das TICs”), e outras dúas de xeito tanxencial (“Internacionalización do centro” e “Metodoloxías innovadoras”). Respecto aos indicadores de cada un dos obxectivos:

ABALAR:

Profesorado: incremento constante respecto ao curso e trimestres pasados. Familias: lixeiro incremento respecto ao curso pasado.

AULA VIRTUAL:

Alumnado: incremento constante respecto ao curso e trimestres pasados. O aspecto máis positivo é que, con maior ou menor frecuencia, pero case a totalidade do profesorado está a empregar a aula virtual.

PAXINA WEB:

Profesorado: incremento respecto ao curso pasado. Alumnado: non hai variacións respecto ao curso pasado. Familias: non hai variacións respecto ao curso pasado. A páxina WEB parece ter un teito de emprego difícil de superar, e iso a pesares de que está a ofrecer moita máis información e novas que en cursos pasados. Segundo os datos e o que nos transmiten verbalmente os distintos colectivos do centro, a ferramenta Abalar e a páxina WEB “compiten” entre elas: durante o verán e no principio de curso, as familias e o alumnado visitan máis a páxina web, mentres que cando xa teñen Abalar funcionando, confían en que lles chegará a información importante por esa canle.

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do PD realizarase a través dos indicadores definidos en dito Plan, tendo en conta os criterios de aceptación de cada un deles.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do plan dixital á comunidade educativa, unha vez éste sexa aprobado polo claustro e o Consello Escolar, realizarase a través da páxina web do Centro.

Plan Dixital IES Concepción Arenal