Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Unha das liñas máis destacadas do Plan de Mellora do centro é a elaboración do Plan Dixital que permita incrementar a competencia dixital do alumnado e do profesorado. No curso 2021/22 iniciouse o programa E-dixgal en 1º ESO que irá ampliándose a 4ºESO.

As actuacións para acadar este obxectivo pódense resumir en tres:

  • Difusión e formación do profesorado no emprego de E-Dixgal e dos recursos TIC do centro.
  • Visibilización das boas prácticas entre a comunidade educativa.
  • Sensibilización e formación extensiva de todo o profesorado e alumnado.

Dende fai varios cursos o alumnado conta con aulas virtuais e correo electrónico corporativo para poder traballar con material dixital en todas as materias.

As leis educativas que rixen este plan dixital son:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para realizar a análise DAFO do noso centro empregamos varias fontes de información:

  • Resultados da enquisa SELFIE
  • Resultados do Test CDD
  • Información elaborada polo grupo de traballo do PFPP

 

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de competencia dixital do alumnado máis alá do seu interese. Alumnado Si
Debilidade Familias en risco de fenda dixital Familias Si
Debilidade Problemas coa obsolescencia das PDI. Necesidade de cambio. Infraestruturas Si
Debilidade Pouco tempo para explorar o ensino dixital Organización de centro Si
Debilidade Competencia dixital docente con necesidad de mellora. Diferencias por sectores no profesorado. Falta de tempo para realizar cursos de formación e adaptación dos contidos ás necesidades individuais. Excesiva e progresiva carga burocrática no profesorado. Non se adoptan novas modalidades de ensino Persoal docente Si
Fortaleza Mellora da competencia dixital nos últimos cursos. Uso da aula virtual. Alumnado Si
Fortaleza Predisposición positiva cara a dixitalización do centro. Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Familias Si
Fortaleza O centro conta con infraestructuras e equipamento dixital en todas as aulas. Infraestruturas Non
Fortaleza O uso das TIC está moi interiorizado no sistema, sobre todo no ensino secundario, Oferta Si
Fortaleza O equipo directivo e a coordinadora das áreas dixitais están concienciados e traballan activamente en pos da dixitalización do centro. Organización de centro Si
Fortaleza Existe interese no ámbito dixital na maioría do profesorado. A maioría amósase favorable ao uso e funcionamiento de Edixgal neste curso. Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza Colaboración máxima do persoal non docente no ámbito dixital do centro. Intercambio de experiencias cos auxiliares de conversa. Persoal non docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Cambios lexislativos continuos. Increméntanse gradualmente as labores administrativas dos docentes en detrimento das labores pedagóxicas. Administración educativa Si
Ameaza Aplicación incorrecta da lexislación sobre protección de datos e dereitos de autor. Dificultades no caso da docencia virtual sobre a protección de datos en menores. Lexislación Non
Oportunidade A administración educativa estimula a formación dixital a través de plans específicos e de cursos de formación do profesorado. Administración educativa preocupada de que os centros teñamos a infraestructura tecnolóxica axeitada para o ensino dixital: equipos, conectividade e servizos. Administración educativa Si
Oportunidade Máis protección dos dereitos de autor para os creadores de contidos dixitais. Lexislación sobre protección de datos. Lexislación Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Realizada a análise DAFO do noso centro o seguinte paso será establecer os obxectivos a curto prazo, os indicadores de logro de eses obxectivos e as accións necesarias para acadalos, seguindo os principios de corrixir debilidades, manter fortalezas, aproveitar oportunidades e afrontar ameazas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Integrar o uso de monitores dixitais táctiles interactivos na práctica docente.
O02PD Realizar todas as programacións didácticas en formato dixital na aplicación PROENS.
O03PD Participar no programa Digitalweek.
O04PD Participar no programa Polos Creativos.
O05PD Dixitalizar procesos administrativos do centro.

Seguimento

Procedemento

Trimestralmente se realizará unha valoración do cumprimento e seguimento do plan dixital, propoñendo modificacións ou propostas de mellora se fosen necesarias.

1º Trimestre

1. En educación primaria e infantil integráronse os monitores táctiles dixitais na práctica docente, tal como establecía o obxectivo O01PD. Aparte de unha breve formación externa que acudiu ao centro, a maioría de dúbidas solventáronas os propios docentes intercambiando as súas experiencias, con un grao de satisfacción moi alto.

2. Realizáronse todas as programacións didácticas na aplicación PROENS, tal e como establecía o obxectivo O02PD. Primeiro fixéronse as dos cursos 1º e 3º ESO e despois as de 2º e 4º ESO e, despois das rectificacións solicitadas pola Inspección Educativa, todas foron admitidas.

3. Completouse o obxectivo O03PD, coa participación do curso de 6º de educación primaria no programa Digitalweek. O curso próximo (ou neste se é posible) solicitarase novamente.

4. Respecto ao obxectivo O04PD, seguimos á expectativa do Programa de Polos Creativos. O plantexamento e obrigatoriedade de participación non se ve correspondido polos feitos: non hai material, non hai formación, non hai novas, ... o único son promesas cara ao final do curso.

5. Prosíguese coa dixitalización  dos procesos administrativos marcados como obxectivo O05PD. Creouse unha aplicación de uso compartido onde os decentes teñen dispoñibles aulas virtuais de reunións, información variada, as contas de correos dos docentes, as reservas de aulas (informatica, laboratorio e biblioteca de secundaria), así como un calendario onde coordinar as actividades extraescolares e os exames. 

2º Trimestre

1. Respecto ao obxectivo O01PD, comunicouse ao centro que no terceiro trimestre chegarían paneles para as titorías de secundaria.

2. Respecto ao obxectivo O04PD, do Programa de Polos Creativos, seguimos sen recibir material significativo, máis alá de caixas simbólicas de mostra sobre actividades que non pedimos nin utilizamos. Ofrecéronnos formación sobre algún dispositivo que non sabemos se imos ter ou sobre un editor de vídeo e, dada a obrigatoriedade de coller algún, escollemos este último, que se impartirá no terceiro trimestre. A percepción do programa no colexio e noutros centros cos que temos contacto, é absolutamente negativo. Pensamos que é necesario que o material que se envíe teña como obxecto satisfacer as demandas educativas directas de cada centro, xa que o feito de enviar material non pedido e non satisfacer o pedido é unha perda de tempo e recursos.

3. Prosíguese coa dixitalización dos procesos administrativos marcados como obxectivo O05PD. Neste caso, realízanse labores de mantemento e mellora, como por exemplo: unificar nun único calendario os exames e actividades extraescolares de secundaria para facilitar que non coincidan no mesmo día para o mesmo curso; súbese documentación sobre como configurar os dispositivos para a conexión á rede wifi edu.xunta.gal; créase un calendario específico para a reserva da aula de informática de primaria; ...

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez que o Claustro de profesores foi informado do Plan Dixital e que foi aprobado polo Consello Escolar, procederase a publicalo na páxina web do centro. O equipo directivo será o encargado de dalo a coñecer ao profesorado novo no centro.