Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

Nome do centro: CEIP Plurilingüe Praia Xardín

Código do centro: 15001471

Enderezo: Rúa Praia Xardín, s/n, 15930, Boiro

Teléfono: 881866545

Fax: 881866548

Correo electrónico: ceip.praia.xardin@edu.xunta.gal

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaxardin

Etapas educativas: Educación Infantil e Educación Primaria Alumnado: 56 EI, 157 EP Profesorado: 24

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro O Plan Dixital que se desenvolve no presente documento, foi deseñado para ser aplicado no CEIP Plurilingüe Praia Xardín, situado no Concello de Boiro, na provincia de A Coruña. Trátase dun Concello urbano, que conta con sete CEIP, un CPR e tres IES. O nivel socioéconómico das familias do alumnado que temos no centro é medio. A maioría do alumnado asiste ao comedor escolar e non fai pago do servizo, o que nos indica este nivel económico. Algún membro de moitas das familias do concello traballa en empresas conserveiras. Este Plan toma como referencia as indicacións realizadas tanto no Proxecto Educativo do centro, como nas sucesivas Programacións Xerais Anuais; nas que se sinala como un dos obxectivos a “mellora da Competencia Dixital do alumnado” así como o “fomento no uso das ferramentas TIC por parte dos integrantes da comunidade escolar” . Deste mesmo xeito, queda tamén enmarcado nas propostas realizadas no “Plan das TIC” do centro. Tanto a PXA do vindeiro curso, así como Proxecto Educativo, que terá que ser reelaborado para adaptarse á LOMLOE, contemplarán as indicacións feitas no presente Plan Dixital, que se desenvolverá nas seguintes páxinas.

1.3. Breve xustificación do mesmo: Para a elaboración do Plan Dixital tivemos presente a seguinte normativa: - Artigo 111 bis, Artigo 121 e Artigo 132 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Artigo 30.1 do Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación do currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15 da Orde do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de maio de 2023 polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 34.1 do Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Currículo da Educación Primaria . 

Artigo 14 da Orde do 26 de maio de 2023 pola que se e desenvolve o Decreto 155/2022, 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta os aspectos relacionados coa Competencia Dixital.

1.4. Proceso de actualización- Revisión do informe DAFO que nos proporciona os datos precisos para elaborar o Plan de Acción establecendo un obxectivos realistas e asumibles polo centro para o vindeiro curso escolar. Así como revisión de diferentes documentos de centro e asesoramento do equipo ADIX.- Finalmente elaborouse Plan Dixital que foi presentado e aprobado polo consello escolar, unha vez oído o claustro no mes de outubro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Entre os instrumentos utilizados para recoller información acerca do nivel tecnolóxico do centro, tendo como base a información aportada por o SELFIE ou o CDD,  actualizamos a situacón real do centro tendo en conta a memoria do curso anterior, necesidades detectadas para o presente curso e toda a información interna aportada por todo o profesorado e entorno.

Interno
44 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Os coñecementos da mayoría do alumnado para uso de ordenadores, aula virtual é baixo. Tan só usa a aula virtual o alumnado de 6º de EP Alumnado Non
Debilidade 2. En tódolos apartados da área G do SELFIE (Prácticas de avaliación) o resultado é moi baixo. Alumnado Non
Debilidade 4. Falta de interese por parte do alumnado e das familias no uso dos contidos dixitais, a pesar de darlles as indicacións precisas, tendo que recorrer á obligación para o seu uso. Alumnado Non
Debilidade 5. O uso que fan dos mesmos non é o axeitado. Alumnado Si
Debilidade 3. No noso centro o alumnado non aprende a crear contidos dixitais. (H7 SELFIE) Alumnado Non
Debilidade 1. O profesorado considera que as familias non dispoñen de tantos dispositivos como o alumnado manifesta Familias Non
Debilidade 2. Ainda dispoñendo de dispositivos dixitais, nin as familias nin o alumnado ten competencia para empregalos Familias Non
Debilidade 3. Pouco interese das familias por adquirir coñecementos relacionados coas TIC. A aula CEMIT do concello ofrece cursos relacionados co uso do abalar, a sede electrónica, ... e as familias non adoitan participar. Familias Non
Debilidade 4.Só se teñen preocupado polo seu uso cando non podían dispor de material funxible Familias Non
Debilidade 2. Os equipos cos que contamos na aula de informática son vellos e a Consellería non os repón Infraestruturas Si
Debilidade 6. Falta de formación máis específica no ámbito das TIC. Infraestruturas Non
Debilidade 1. A conexión inhalámbrica, ainda que se cambiaron os routers, non sempre funciona. Infraestruturas Non
Debilidade 4. Ainda que o centro conta cos kits dixitais non habería dispositivos suficientes para dotar a tódolos alumnos que o precisan no caso dun confinamento. Infraestruturas Non
Debilidade 3. Os cañóns proxectores, as PDI e os equipos da maioría das aulas non funcionan correctamente Infraestruturas Non
Debilidade 5. O coordinador TIC non é o suficientemente competente para solucionar moitas das incidencias que hai nos dispositivos dixitais do centro. Infraestruturas Non
Debilidade 1. A falta de tempo por horario, principalmente motivada pola xornada partida, impide unha maior formación por parte do profesorado. Oferta Non
Debilidade 2.Falta de tempo para adicalo á procura do material máis axeitado, e máis aínda para a propia elaboración dentro do horario de traballo. Oferta Non
Debilidade 3. Debería haber liberación horaria para a coordinación TIC Organización de centro Non
Debilidade 1. Falta de tempo por parte do profesorado (xornada partida, pouco cadro de profesorado que limita o número de horas de garda) para preparar recursos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade 2. O centro non conta con estratexia dixital definida. (A1 SELFIE) Organización de centro Non
Debilidade 1. No test CDD a metade do profesorado do centro que o fixo está nun nivel Explorador A2. (Ter en conta o exposto na fortaleza 1) Persoal docente Si
Debilidade 2. Non se empregan ferramentas TIC para a avaliación. (G1 SELFIE) Persoal docente Non
Debilidade 3. O profesorado non dispón do tempo necesario para formarse. Persoal docente Non
Debilidade 4. Cada curso escolar cambia case a metade dos compoñentes do claustro Persoal docente Non
Debilidade 1. A persoa auxiliar administrativa non conta coa formación actualizada para desempeñar a súa función. Persoal non docente Non
Debilidade 2. Debería fomentarse a formación para o persoal non docente no ámbito das TIC. Persoal non docente Non
Fortaleza 1. Os coñementos que ten o alumnado no uso de tecnoloxías dixitais no referido a móvil e táblet é alto. Alumnado Non
Fortaleza 2. Curiosidade do alumnado polos recursos empregados no ordenador da aula. Alumnado Si
Fortaleza 1. A mayoría dos alumnos dispón de dispositivos dixitais para traballar fóra do centro. (Respostado polo 46% do alumnado e un 35% máis dispón dun dispositivo compartido que non sempre ten á súa disposición). Familias Non
Fortaleza 2. A partir da pandemia as familias adquiriron equipos Familias Non
Fortaleza 3. Hai algunhas familias que estarían interesadas en recibir formación para o emprego das TIC. Familias Non
Fortaleza 1. O centro conta cunha boa conexión a internet por cable. (C3 SELFIE) Infraestruturas Si
Fortaleza 3. Diante da falta de equipos, hai persoal docente que emprega os seus dispostivos persoais na aula. Infraestruturas Non
Fortaleza 2. No centro hai dispositivos dixitais que o alumnado pode utilizar: os kits dixitais que enviou a Consellería para tal fin (12 kits). (C8 SELFIE) Infraestruturas Non
Fortaleza 1. O emprego de recursos dixitais na aula, ben sexan de creación propia ou de búsqueda en interntet, depende da iniciativa persoal do profesorado, que no noso centro é manifesta. Oferta Non
Fortaleza 1. O equipo directivo ofrece facilidades para o uso dos recursos dixitais dispoñibles no centro e liberdade de cátedra para o emprego dos dispositivos e recursos dixitais na aula. Organización de centro Non
Fortaleza 2. Todos os cursos académicos se crea un grupo de PFPP, este ano adicado á radio escolar (no que se empregan tecnoloxías dixitais). Organización de centro Non
Fortaleza 1. O profesorado está formado e ten coñecementos para empregar ferramentas dixitais, que non sempre se empregan porque non dispoñemos dos equipos precisos e tamén pola idade do alumnado co que traballamos Persoal docente Non
Fortaleza 2. O profesorado busca recursos dixitais en liña para traballar na aula. (E1 SELFIE) Persoal docente Non
Fortaleza 3. O profesorado crea contidos dixitais. (E2 SELFIE) Persoal docente Non
Fortaleza 4. O profesorado ten iniciativa para preparar materiais para a aula. Persoal docente Non
Fortaleza 1. O conserxe ten formación e un nivel de coñecementos tcnolóxicos alto, incluso maior ca os docentes. Persoal non docente Non
Fortaleza 2. A colaboración do persoal non docente cos docentes e co alumnado é moi boa. Persoal non docente Non
Fortaleza 3. A dispoñibilidade e interese por parte do persoal non docente para a súa formación dixital. Persoal non docente Non
44 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. A administración non dota dos recursos materiais suficientes ao centro Administración educativa Non
Ameaza 2. Ainda que o centro adique recursos económicos para paliar a falta de dotación por parte da administración, esta non se fai responsable nin do mantemento nin do arranxo destes equipos Administración educativa Non
Ameaza 1. A falta de medios dixitais e de formación dificulta a súa labor no desenvolvemento da estratexia dixital de centro. ANPA Si
Ameaza 1. É posible que tendo en conta o número de colexios e institutos que hai no concello a dotación deste para cada un deles non sexa a suficiente. Contorna Non
Ameaza 1. Tanto os cambios lexislativos (a inestabilidade) coma a falta de claridade nos mesmos implica non poder facer planificacións a longo prazo na estratexia dixital Lexislación Non
Ameaza 1. Falta de coordinación entre as distintas entidades, asociacións ¿. á hora de establecer unha liña de traballo en común. Outras Non
Oportunidade 1. A administración oferta cursos de formación para o profesorado Administración educativa Non
Oportunidade 2. A UAC envía técnicos ao centro para as incidencias que hai nos equipos dotados pola Consellería. Administración educativa Non
Oportunidade 1. A súa colaboración na medida das súas posibilidades sería moi favorable para levar a cabo unha estratexia dixital de centro. ANPA Non
Oportunidade 2. Crear un espazo dentro da páxina web do colexio para difundir a súa información (actividades, saídas, ...) ANPA Non
Oportunidade 1. As entidades da contorna (o concello, a aula CEMIT, a ENAPA, o Colexio de Educación Especial) ofrecen formación, recursos e páxinas web que están á nosa disposición. Contorna Non
Oportunidade 2. O concello adoita colaborar co centro propoñendo actividades, facendo dotacións económicas e materiais e sería importante a súa colaboración tamén co centro na dotación de recursos económicos e materias relacionados coas tecnoloxías dixitais. Contorna Non
Oportunidade 2. Que se estableza un Plan Dixital para os vindeiros 10 anos manifesta o interese polo ensino dixital. Lexislación Non
Oportunidade 1. A inclusión de obxectivos e estándares nos currículos escolares relacionados coas Tic favorecen a adquisición por parte do alumnado. Lexislación Non
Oportunidade 1.A fundación PAIDEIA visitou o centro e vista a falta de recursos materiais dotounos de equipos informáticos. Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Con toda a información recollida nos anteriores medios citados, propuxéronse unha serie de obxectivos para o curso actual tendo en conta as debilidades e fortalezas do centro, que se atopan expostos no apartado DAFO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Dinamizar a aula virtual do centro como recurso facilitador dos procesos de ensino-aprendizaxe.
02PD Implantar en 5º de EP o programa EDIXGAL dotandoo de equipamentos e formación a docentes e alumnado.
03PD Actualizar e expurgar o equipamento informático.
04PD Fomentar o uso de ferramentas dixitais na posta en marcha do proxecto interdisciplinar anual.
05PD Posibilitar á ANPA a difusión da súa actividade na páxina web do centro
06PD Mellorar a competencia dixital do profesorado e alumnado en relación ao desenvolvemento a diferentes programas educativos (radio, polos creativos,..)
07PD Dotar ao alumnado de habilidades e estratexias para o tratamento da información fomentando o espírito crítico e o respecto dos dereitos de autor sensibilizando ao alumnado dos riscos e perigos da internet e redes sociais.
08PD Crear un banco de recursos dixitais compartido polo profesorado do centro.

Seguimento

Procedemento

Para realizar un seguimento axeitado do plan, realízanse reunións periódicas e, tras un consenso grupal, distribúense as distintas funcións das que se encarga cada membro do equipo.

1º Trimestre

No obxectivo O1PD, tanto as accións  AO.1.1 coma a AO1.2 están pendentes de realizarse, debido a que no primeiro trimestre retrasouse a posta en marcha da aula virtual pois a persona coordinadora incorporouse a mediados de outubro, e tivo que priorizar a posta en marcha da aula de informática, revisando os equipos e conexións. Intentarase iniciar o segundo trimestre con ambas accións do obxectivo O1PD.

No referente ao O2PD, dicir que se desenvolveron as seguintes accións: AO2.1. Solicitar o itinerario de formación EDIXGAL a finais de setembro a través da asesora do CAFI; AO2.2. A formación EDIXGAL iniciouse en decembro e terá continuidade ao longo do mes de xaneiro e primeira quincena de febreiro cunha porcentaxe de profesorado participante dun 51% (14 docentes); AO2.3. O alumnado de 5º de Educación Primaria comezan a empregar os equipamentos en setembro e son instruidos dende o inicio das normas de uso e coidado dos que deben ser responsables; AO2.4. O alumnado de 5º de Educación Primaria iniciouse en setembro e continuou ao longo do trimestre, no referente ao manexo da plataforma vitual de aprendizaxe EDIXGAL, tanto na aula conectados á rede, coma nas casas con actividades cargadas a través de EVA offline.

O3PD, a acción de AO3.1 xestión altas e baixas na UAC dos equipamentos, dicir que se deron de alta varios equipamentos do programa EDIXGAL en 5º de Educación Primaria:un carro de carga con 27 ordenadores portátiles para o alumnado (23 de alumnado e 4 auxiliares), 6 ordenadores de mestres para o equipo docente e un ordenador de aula. 

Todas as accións o referidas ao O4PD (AO4.1, AO4.2, AO4.3, AO4.4), serán desenvoltas nos próximos trimestres.

O5PD, a acción establecida AO5.1 desenvolveuse no mes de outubro, creouse un espazo para a divulgación das actividades da ANPA na web do centro. A ANPA xa comezou a empregala engadindo un listado de comercios colaboradores (21/11/2023).

O6PD, AO6.1 e AO6.2, pendientes de desenvolver pois os mestres responsables e coñecedores das ferramentas, están de baixa, polo que debemos dar tempo a aqueles que asumen as súas funcións para organizarse; Desenvólvese a acción AO6.3, en relación aos Polos Creativos, iníciase a participación da formación da persoa coordinadora a mediados do mes de outubro (17/10/2023).

No obxectivo O7PD, AO7.2 a acción referida ás actividades sobre o respecto dos dereitos de autor, desenvolveránse nos seguintes trimestres.  Neste primeiro trimestre, iniciáronse as seguintes accións: AO7.1 No mes de novembro, realízase a acción de aprender a manexar diferentes ferramentas co alumnado de 4º de Educación Primaria, tales como: kahoot e presentacións de traballos en impress. Traballando a selección de información e imaxes, a edición de texto e imaxe e organizar dita información en carpetas. Do mesmo xeito, o alumnado de 3º de Educación Primaria, realizaron búsquedas sobre coñecemento do mundo que nos rodea, a través de mapas e buscar información; AO7.3 O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu a través da Cruz Vermella charlas sobre os riscos e perigos na rede no mes de novembro (28/11/2023). Do mesmo xeito, tamén se ofertou charla ás familias (23/11/2023), ás que só acudiron 3 familias; AO7.4 recolle a implementación das diferentes propostas do INCIBE. En 2ºB de Educación Primaria, traballaron con actividades sobre ciberseguridade https://cyberscouts.osi.es/  .

2º Trimestre

No obxectivo O1PD, desenvolvese a acción AO.1.1 o 23 de xaneiro realizase a formación do profesorado no uso e xestión da aula virtual do centro por parte de un docente do centro: créanse as áreas e instrúese na matriculación do alumnado. O martes 20 de febreiro, realizouse outra sesión para aclarar dúbidas.  Quedando pendente AO1.2. para o terceiro trimestre.

 No referente ao O2PD, a acción: AO2.1, AO2.3 e AO2.4 desenvolvéronse no 1º trimestre; AO2.2. A formación EDIXGAL iniciouse en decembro e tivo continuidade ao longo  segundo trimestre con sesións de formación por parte da asesora, así coma sesións de traballo grupal e individual, rematando a mesma no mes de marzo. O Nº PARTICIPANTES:14 (de 27)51%, pero ao final déronse de baixa dous docentes, sendo a porcentaxe final de 45%.

 O3PD, a acción de AO3.1 xestión altas e baixas na UAC dos equipamentos,. Dicir que se deron de baixa varios equipamentos, realizase o expurgo de 3 impresoras e 17 CPU obsoletas e inservibles a finais de xaneiro. E danse de alta 3 portátiles para as aulas de 5º, 6ºA  6º B en xaneiro  e  a inicio de febreiro instalanse dous ordenadores de mesa que chegan para zonas de uso común que son inventariados a través da aplicación.

 As accións o referidas ao O4PD AO4.2, Nas aulas, dende 3º de educación primaria, realizáronse pequenas búsquedas na rede, para desenvolver tarefas propostas. AO4.4) Realizase a difusión na web do centro de programas de radio para o que se habilita un espazo propio. O AO4.1 e  AO4.3 planificase que se van desenvolver no terceiro trimestre.  

O5PD, a acción establecida AO5.1 levouse a cabo no primeiro trimestre.

O6PD, AO6.1 O alumnado de 5º de EP recibiu formación sobre edición de programas para a radio escolar o 5 e 12 de marzo a través do obradoiro Gravación e mestura para radio e podcast, impartido por Pedro Iglesias (Gráfica, sonora e social) e AO6.2 Realizouse un programa dunha peza teatral o alumnado de 3ºB de Educación primaria (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippraiaxardin/taxonomy/term/93 ), outro para conmemorar o día de Rosalía con recitado de obras da autora por todo o centro.  Desenvólvese a acción AO6.3, en relación aos Polos Creativos, iniciase a formación de persoas coordinadoras no mes de outubro. No mes de xaneiro, a asesora de polos acode ao centro, así coma se realiza a formación a través de Webex. O 2 de marzo, realízouse a formación técnica.

No obxectivo O7PD, AO7.2 a acción referida ás actividades sobre o respecto dos dereitos de autor, desenvolveránse no seguinte trimestre.  No primeiro trimestre, iniciouse a acción: AO7.1 desenvolveuse no primeiro trimestre ainda que ten continuidade ao longo do curso. A Acción AO7.3 tamén se iniciou no primeiro trimestre, pero o 19 de xaneiro O alumnado de 5º e 6º de Educación primaria participan na Charla de prevención de Acoso Escolar, impartido pola Cruz Vermella.

O81.1 ,segue pendiente para realizar no seguinte trimestre, co fin de aunar aqueles recursos que están sendo creados polos docentes do centro.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do Plan Dixital será levada a cabo polo equipo dixital do centro en colaboración co equipo de Dinamización das TIC e coordinado polo coordinador do Plan Dixital. Esta avaliación levarase a cabo en dous momentos:

- Avaliación procesual: Realizarase unha reunión trimestral para valorar o estado da execución das acciñons, a análise e avaliación dos resultados, e de ser o caso, as posibles modificacións das acción e as propostas de traballo.

- Avaliación final: Ao finalizar o curso escolar levarase a cabo unha avaliación final para valorar o grado de consecución dos obxectivos establecidos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente Pllan Dixital daráse a coñecer a través da páxina web do centro.