Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O noso é un centro cunhas liñas de identidade claras e recoñecibles. A pesares de ter só 8 anos de existencia ou tal vez por iso mesmo, fomos quen de ir construíndo pouco a pouco o centro de desexabamos crear. Non podemos afirmar que chegaramos aínda a ningún punto final, pero si podemos afirmar que somos un centro que pretende ser plurilingüe, dixital, saudable, aberto e comprometido; e todo iso a través da formación e a innovación educativas.

Dende o primeiro momento apostamos pola dixitalización e o traballo nas TICs. Asi:

- Participamos en Edixgal dende o primeiro momento que puidemos facelo.

- Utilizamos AbalarMobil dende hai anos.

- Utilizabamos a AV antes do COVID.

- Estamos no programa DIGICRAFT.

- Desenvolvemos un programa de Robótica Educativa en colaboración coa ANPA dende a creación do centro.

- Temos a nosa modesta emisora de radio, Radio Ü.

- Temos participado e gañado certames de creación de curtas coma "Nós tamén creamos".

- Participamos nos programas Proxecta "Cinema en curso" e "Fotografía en curso".

- Temos un Plan Dixital aprobado e en funcionamento dende hai 6 cursos.

- Utilizamos tablets de xestión da aula para o profesorado.

- Temos dous Espazos Maker no centro. Un máis avanzado na biblioteca. E outro máis "modesto" na zona de infantil.

Entre outras cousas.

O difícil de todo isto é ser capaces de integralo nos distintos proxectos de centro e no desenvolvemento curricular do centro. Nos últimos cursos estamos vivindo non só neste centro, un gran avance neste campo. Puidemos constatalo a través dos distintos PFPP e nos programas internacionais nos que participamos.

A elaboración do novo Plan Dixital supón un aliciente engadido no noso compromiso por avanzar neste ámbito.

Durante estes últimos cursos tamén fixemos un esforzo por crear ambientes de aprendizaxe innovadores que queremos acompañar da metodoloxía e os recursos que nos permitan avanzar na competencia dixital da comunidade.

Durante este curso establecemos a elaboración deste Plan Dixita coma un dos obxectivos a perseguir por parte de toda a comunidade e así o deberá seguir sendo os cursos venideros. Tamén forma parte das nosas liñas de traballo no PFPP e nos programas europeos que desenvolvemos. Tamén fixemos a solicitude para formar parte dos chamados polos creativos.

Podemos polo tanto determinar que este Plan Dixital é consecuencia das nosas características como centro, das nosas intencións e traxectoria.

A elaboración de este Plan seguiu as indicacións e planificación feita pola Xunta de Galicia. Deste xeito, a partires dos datos extraídos das avaliacións SELFIE e e de Competencia Dixital Docente, e coa elaboración dun informe DAFO, estableceus a situación de partida a partir da que establecer obxectivos para a elaboración deste Plan.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Durante os meses de xaneiro a abril de 2022 realizouse unha análise da competencia dixital utilizando a ferramenta SELFIE e o Test CDD.

 

 

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - O traballo na aprendizaxe mixta dificúltase nas idades máis baixas. Alumnado Non
Debilidade - Non existe un protocolo para detectar necesidades materiais nas familias relacionadas coas NNTT. Familias Non
Debilidade Dificultade para levar un inventario e control do material tecnolóxico. Infraestruturas Non
Debilidade -Falta de tempo do profesorado. Organización de centro Non
Debilidade - Insuficiente creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza. - Insuficiente utilización de contornos virtuais de apredizaxe co alumnado. - Deficiente adaptación das actividades ás necesidades individuais do alumnado. - Non se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza - O alumnado conta con dispositivos para levar a casa se é necesario. - O alumnado aprende a actuar de maneira segura na internet. Alumnado Non
Fortaleza - Utilizan dende hai tempo ferramentas dixitais para comunicarse, participar e avaliar o centro. Familias Non
Fortaleza - Si están actualizados os equipamentos e as redes. - Hai dispositivos dixitais para utilizar na labor docente. - Hai unha boa conexión a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza - O centro xa conta cunha estratexia dixital. - Desenvolvéronse liñas de PFPP relacionadas coas NNTT. - Participamos en Edixgal e Digicraft. - Participamos en Programas Europeos que implican a utilización de NNTT. Oferta Non
Fortaleza - Apoio do equipo directivo. - Comunicación coas familias de maneira regular e ben organizada. - Contamos cun repositorio de materiais en liña. Organización de centro Non
Fortaleza - As novas tecnoloxías son unha prioridade para o profesorado. - Existe unha reflexión sobre as necesidades formativas. - O profesorado participa na súa totalidade no PFPP. Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non existe un axeitado sistema de protección de datos. Falta de tempo para o desenvolvemento de material. Administración educativa Non
Ameaza Falta de coñecementos sobre dereitos de autor e licenzas. Lexislación Non
Oportunidade Contamos cunha axeitada asistencia técnica externa. Os espazos físicos facilitan a aprendizaxe con tecnoloxías. Administración educativa Non
Oportunidade Traballa a robótica e programación como actividade extraescolar. ANPA Non
Oportunidade O concello amosa boa disposición no apoio das familias con necesidades. Contorna Non
Oportunidade Plantéxase a necesidade de elaborar un novo Plan Dixital. Lexislación Non
Oportunidade Participación no Proxecto Digicraft de Vodafone. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta o DAFO realizado establécese que xa levamos avanzado moito neste ámbito e que nos atopamos nunha boa situación para afrontar os retos que veñen por diante nesta materia. Isto é unha fortaleza. En canto ás debilidades podemos destacar a necesidade de integrar mellor os recursos nas propostas metodolóxicas, así como controlar mellor a organización do equipamento. A reflexión a través deste Plan Dixital supón unha oportunidade de volver a repensar a nosa estratexia. A falta de tempo e de formación supón unha ameaza para o seu desenvolvemento.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Actualizar a organización de recursos tecnolóxicos do centro.
O2PD Incrementar a creación de recursos dixitais do profesorado, en especial os utilizados na avaliación docente.
O3PD Promover no alumnado o coñecemento e desenvolvemento de actitudes de respecto aos dereitos de autor.

Seguimento

Procedemento

Dúas veces por trimestre o mentor ADIX reúnese para facer un seguimento.

1º Trimestre

Ao final do primeiro trimestre realizáronse as seguintes accións:

AO1.1: Creación dun documento de inventario para compartilo co profesorado.

AO2.1: Establecer un sistema entre o profesorado para compartir recursos.

Punto 3.2. do PD:
Renováronse os equipos informáticos do equipo directivo e administración (AMTEGA).
O resto das necesidades continúan de acordo ao posto no plan dixital do centro.

 

2º Trimestre

Ao final do segundo trimestre realizáronse as seguintes accións:

AO3.1: Charla, coloquio, debate sobre a importancia dos dereitos de autor nas producións propias entre alumnado e profesorado.

3º Trimestre

Ao final do terceiro trimestre estaban realizadas as seguintes accións:

AO1.2: Rexistrar todo o material tecnolóxico existente na base de datos e valorar o seu estado.
AO1.3: Establecer un sistema de organización e compartilo co resto do Claustro.

AO2.2: Recibir formación específica sobre elaboración de recursos dixitais.

AO2.3: Introducir recursos dixitais na avaliación do alumnado.

AO3.2: Creación de infografías con recursos libres.
AO3.3: Promoción e difusión das infografías nas diferentes aulas.

 

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación deste Plan tivéronse en conta os seguintes aspectos:

  • Realizouse unha avaliación procesual unha vez ao trimestre a través da Comisión de Coordinación Pedagóxica, na que se incluíu o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e modificacións das accións e as propostas de mellora.

  • Realizouse unha avaliación final que se incluiu na memoria anual do centro cunha valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

O plan desenvolveuse segundo o previsto grazas fundamentalmente ao apoio do asesor ADIX. De todos xeitos, neste ámbito hai moito traballo por desenvolver no futuro e haberá que seguir insistindo no deseño e desenvolvemento de novos obxectivos.

Proposta de mellora

Segundo a análise feita polos distintos órganos do centro, debemos centrar o vindeiro curso a estratexia formativa na inclusión, nas propostas do centro, do material recibido a través do programa de Polos Creativos. Tamén debemos manter ben organizado o material, afortunadamente, cada vez máis abundante.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan foi presentado para a súa aprobación aos órganos colexiados do centro, colocouse no apatado de documentación na web e os obxectivos de cada curso son publicitados nas reunións respectivas de inicio de curso.