Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

Nome: IES de Oroso
Dirección: Rúa da tosca , nº 59
 Correo electrónico: ies.oroso@edu.xunta.gal
Paxína web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesoroso/
No centro impártese a ESO contando con 246 alumn@s, 26 profesores, unha subalterna, unha auxiliar administrativa e dúas limpadoras.
Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O centro está enmarcado nun entorno eminentemente rural conformado por un total de 11 parroquias (Os Ánxeles, Calvente, Cardama, Deixebre, A Gándara, Marzoa, Oroso, Pasarelos, Senra, Trasmonte e Villarromarís). Sigüeiro constitúe un
dos núcleos poboacionais importantes da contorna de Santiago de Compostela.
Dacordo cos datos proporcionados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) que, á súa vez, son tomados do Instituto Nacional de Estadística, no padrón municipal do ano 2021, Oroso conta cun total de 7530 habitantes. A porcentaxe poboacional
máis alta céntrase precisamente en Sigüeiro, parroquia onde está situado o IES. É un concello en constante crecemento demográfico, precisamente por atoparse na área de influencia da capital de Galicia.
Un 70% da poboación está na marxe de idade entre os 30 e os 45 anos. Non responde a un núcleo poboacional envellecido nin cun crecemento vexetativo negativo.
O alumnado procede, nun 95% dos dous centros de Primaria cos que conta Sigüeiro, un deles de recente creación.
 O plan dixital do centro integrarase co proxecto TIC, utilizando os materiais do plan abalar, o que influirá nas programacións didácticas.
 O plan dixital reflictirase na programación xeral anual, así como a súa revisión durante o vindeiro curso.

Breve xustificación do mesmo
A normativa en relación co Plan Dixital no noso centro:
- Art. 111 bis, Art. 121 e Art.132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Comezouse cun PFPP, mediante un grupo de traballo, que, seguindo as
instrucións dos asesores, foron seguindo os pasos marcados e os tempos (análise
SELFIE e análise CDD)

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Nalgún caso non dispoñen de ordenador propio para realizar as tarefas desde a casa Alumnado Non
Debilidade Non hai, en moitos casos, un control sobre a práctica segura en internet Familias Non
Debilidade 1.Non están actualizados os equipamentos e as redes (as aulas nas que houbo obras por motivo da pandemia non están dotadas con PDI e ordenador de aula) 2.Asistencia técnica insuficiente. 3.Dotación informática obsoleta Infraestruturas Si
Debilidade 1.Non existe unha estratexia dixital. 2.Imposibilidade de dotar de horario suficiente ao Equipo TIC para desenvolver o seu traballo 3.Necesidade de mellorar o respeito ós dereitos de autor e as licencias de uso 4.Falta de reflexión sobre as necesidades de formación continua. Organización de centro Non
Debilidade 1. Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. 2.Escaso traballo interdisciplinar. 3.Insuficiente emprego de prácticas de avaliación facilitadas pola tecnoloxía, incluíndo información e retroalimentación ao alumnado. 4.Insuficientes estratexias para facilitar a participación do alumnado en procesos de avaliación entre iguais 5. Escasa formación en creación de contidos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza 1.Suficiente experiencia no emprego de plataformas educativas e/ou outros recursos dixitais por parte do Alumnado. 2.Todos, ou case todos, dispoñen de teléfono móbil con conexión a Internet 3. O alumnado aprende a buscar e crear recursos dixitais para a aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza A inmensa maioría conta con conexión a Internet e ordenador. Familias Non
Fortaleza Todas as aulas constan de infraestrutura de rede. Infraestruturas Non
Fortaleza Vontade de mellora no ámbito das TIC Organización de centro Non
Fortaleza Úsanse contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado 2.Todo o profesorado formado no uso da Aula Virtual e ferramentas de ensino mixto. 3.Uso maioritario da busca de recursos educativos dixitais en internet. Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación directa e fluída co Centro. Persoal non docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Non se solucionan as incidencias creadas en materia TIC por parte da UAC 2. Asistencia técnica (UAC) insuficiente 3. Problemas técnicos non solucionados ou con moito retraso 4. Non se dota aos centros de equipamento actualizado Administración educativa Non
Ameaza 1.Falta de recoñecemento e reducción horaria para o dinamizador TIC, e, en maior medida para o Equipo de dinamización das TIC. 2.Cambios lexislativos constantes e con tempo de adaptación insuficiente. 3.Limitación presupostaria para a adquisición de equipamento (límite para material inventariable) Lexislación Non
Oportunidade 1.Incorporación de novos programas:EDIXGAL¿ 2.Potenciación do uso do software libre na educación Administración educativa Non
Oportunidade 1.Colaboración con outras entidades para a adquisición (mellora) de equipamento informático usado Outras Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Analizaronse os resultados do análise SELFIE e do test CDD.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro.
O2PD Mellorar a Competencia dixital do profesorado
O3PD Promover o uso do aula virtual co alumnado

Seguimento

Procedemento

Reunímonos co asesor ADIX dúas veces por trimestre como así consta nas actas de reunión.

A maiores destas unha vez ó mes analizamos en que estado se atopan os obxectivos e as súas accións e tomamos as medidas que consideramos oportunas para o seu desenvolvemento.

 

1º Trimestre

 

Con data de 22 de decembro de 2022 os pbectivos e as accións   asociadas a os mesmos atopanse como segue:

 

 

Pedíuse presupostos de actualizaciónou adquisición de novos equipos.

Actualizaronse os ordenadoes da sala de profesores.

Propuxose a realización dun PFPP que saiu rexeitada.

A dirección comenta a posibilidade de poñer a varios dos que levan o seguimento do plan dixital como xestores da aula virtual para poder visualizar o os distintos cursos.

2º Trimestre

Con data de 31 de marzo de 2023 os obectivos e as accións asociadas a os mesmos atopanse como segue( acta de marzo de 2023)

AO 1.1 En proceso

AO 1.2 feito

AO1.3 En proceso

AO 2.1 Realizzado

AO 2.2 En proceso

AO 2.3 En proceso

AO 3.1 Realizada

AO 3.2 En proceso

 

3º Trimestre

A 21 de xuño de 2023 os obxectivos e as accións dos mesmos atopanse realizados.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Como mínimo unha vez ao trimestre se valorará o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
No mes de xuño valorase o logro dos obxectivos e faranse as propostas de mellora.

Valoración xeral

En xeral o plan desenvolveuse axeitadamente. Renovaronse parte dos equipos mais obsoletos e o profesorado esta acadando unha formación nas novas tecnoloxías acorde ás necesidades do alumnado.

Proposta de mellora

Atendendo ó desenvolvemento do plan dixital durante o curso 22-23 consideramos convinte que os obxectivos para o vindeiro curso 23-24 estivesen relacionados con:

a) Consecución da acreditación B1 en CDD (competencia dixital docente)

b) Concienciar ao alumnado dos posibles riscos de internet, a través de charlas do plan director.

c) Motivar ó profesorado a formarse e tentar potenciar o uso da aula virtual.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este plan publicarase na páxina web do centro.