Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Normativa sobre a coordinación e funcións do equipo TIC O equipo de dinamización das TIC é o principal axente impulsor do máximo aproveitamento dos recursos e dinámicas dixitais. A Orde do 17 de xullo de 2007 pola que se regula a percepción da compoñente singular do complemento específico por función titorial e outras funcións docentes (art.8 e art. 14). Competencia dixital e formación do profesorado A pesar da existencia de diferentes niveis de competencia dixital entre o profesorado, existe en xeral unha boa disposición á integración das TIC na aula e tamén cara a auto-formación, sexa asistindo a cursos organizados por organismos oficiais (CFR/CAFI e outros) ou formacións informais ou extraoficiais no propio centro (compartindo ideas ou experiencias TIC, titoriais de uso de ferramentas dixitais ou apps…). Durante o curso 2020/21, a maior parte parte do profesorado definitivo do centro realizou o curso organizado polo CFR de Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes, que facilitou a formación básica na utilización de Moodle, AbalarMóbil e Falemos. Respecto ao Alumnado: Aínda que en xeral o alumnado do centro utiliza de modo habitual dispositivos dixitais na súa vida familiar e escolar (ordenadores e periféricos, pantalla dixital, tabletas, móbiles,…), cada aula ten asignada unha hora semanal de traballo na aula de informática do centro.

Breve xustificación do mesmo. Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro e Decreto 105/2014, do 4 de setembro. Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022. Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. O plan dixital do centro debe contemplar, entre as súas actuacións, estratexias para compensar as desigualdades e reducir a fenda dixital, facilitando a educación dixital nos distintos escenarios (ensino presencial, ensino non presencial e ensino mixto) e poñendo ao dispor do alumnado máis vulnerable dispositivos con conectividade, mediante préstamo, se fose necesario. Por último, o uso das tecnoloxías dixitais por parte do alumnado require unha adecuada formación en cidadanía dixital para conseguir un bo uso e goce das mesmas, garantindo, por unha banda, un desenvolvemento pleno, seguro, saudable e responsable e, por outro, a protección de datos persoais e os dereitos dixitais propios e alleos. Estes aspectos claves para o desenvolvemento integral do alumnado deben ser tamén obxectivos do plan dixital de centro.

Proceso de elaboración. O plan dixital de centro é un instrumento de planificación que debe estar integrado no Proxecto Educativo, segundo se recolle na LOMLOE co fin de desenvolver a competencia dixital da comunidade educativa, promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais. Polo tanto, este plan debe ser construido de forma conxunta, coa participación de todos os sectores da comunidade educativa de forma que se converta nun proxecto compartido. O plan dixital de centro debe permitir á comunidade educativa entender onde está o centro actualmente, visualizar onde quere que chegue e trazar o camiño ata ese fin.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Desde xaneiro a marzo de 2022 leváronse a cabo a enquisa SELFIE e Test CDD de cuxos resultados foi elaborado o seguinte DAFO

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O noso centro non posúe unha estratexia dixital (A1). Organización de centro Non
Debilidade Non se explotan, como se debería, novas formas de ensinanza coas tecnoloxías dixitais (A3). Organización de centro Non
Debilidade Non hai moito debate e/ou reflexión sobre o uso das tecnoloxías (B2). Persoal docente Non
Debilidade Non se crean recursos dixitais nin se usan CVA co alumnado (E2). Persoal docente Non
Debilidade Non existe cultura de traballo colaborativo en rede por parte do profesorado (B3). Persoal docente Non
Debilidade Escasa práctica da avaliación por competencias e prácticas de avaliación facilitadas pola tecnoloxía centradas no alumno/a (G1-3-5-6). Persoal docente Non
Fortaleza Participo máis cando utilizamos a tecnoloxia. (F4-F5) Alumnado Non
Fortaleza Utilízanse tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo (E4). Organización de centro Non
Fortaleza - Tense acceso a posibilidades de DPC no relativo ao ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (D2) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado busca recursos educativos dixitais en liña (E1). Persoal docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Demasiadas tarefas administrativas e poucas pedagógicas (F). Administración educativa Non
Ameaza Non existe sistema de protección de datos efectivo (C7). Administración educativa Non
Ameaza Cambios lexislativos constantes (A-D-F-G). Lexislación Non
Ameaza Case non hai colaboración con outras organizacións (B). Outras Non
Oportunidade No noso centro existen dispositivos dixitais para o seu uso no proceso de ensino (C2). Administración educativa Non
Oportunidade No noso centro existen dispositivos dixitais para o alumnado (C8). Administración educativa Non
Oportunidade Implementación de calles de comunicación e colaboración dixitais (E4). Contorna Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Do DAFO extraense as fortalezas e debilidades e os obxectivos do Plan Dixital foron elaborados para intentar superar estas debilidades.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Fomentar un comportamiento seguro e responsable do alumnado
O2PD Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á competencia dixital.
03PD Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro.

Seguimento

Procedemento

Ao longo do curso e nas reunións periódicas do equipo, farase un seguimento da planificación anual (realización das tarefas na temporalización marcada, consecución dos obxectivos…), establecendo, de ser o caso, as modificacións oportunas. 
Ao final do curso o equipo valorará o grao de consecución dos obxectivos anuais que se incorporará á Memoria Anual do centro. Así mesmo, establecerá unha proposta de liñas de traballo que sirva de punto de partida para o curso seguinte.
A maiores a persoa coordinadora reúnese 2 veces por trimestre co asesor Adix para analizar como se van desenvolvendo tódolos obxectivos.

1º Trimestre

A día 22 de decembro de 2022 os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como segue

 

Obxectivo 1: Fomentar un comportamiento seguro e responsable
do alumnado (H1, H3)

AO1.1:Busca e solicitude de actividades (charlas, talleres, obradoiros...)por parte de persoas externas ao centro e formadas na temática. (En proceso )

AO1.2:Realización de actividades complementarias para concienciar ao alumnado sobre o uso das tecnoloxías e do acceso a internet.  (En Proceso )
 

Obxectivo 2: Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á competencia dixital (D2)
AO2.1: Detección de carencias relativas á competencia dixital e necesidades formativas a través da realización dunha enquisa. (En proceso )

AO2.2: Organización dunha liña de formación dentro do PFPP ou tamén a nivel individual.(Realizado)
AO2.3: Implementación na aula dos novos recursos dixitais adquiridos na formación que enriquezan o proceso de ensino. (En proceso)

 

Obxectivo 3: Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro (C1)

AO3.1: Elaboración dun inventario dos equipos máis obsoletos ou que teñen un peor funcionamento.(En proceso )

AO3.2: Solicitude de presuposto en función dos equipos que se prevén cambiar.(En proceso )

AO3.3: Actualización dos equipos que máis urxen.(En proceso )

 

 

 

2º Trimestre

A 31 de marzo de 2023 os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como segue:

Obxectivo 1: Fomentar un comportamiento seguro e responsable do alumnado (H1, H3)

AO1.1:Busca e solicitude de actividades (charlas, talleres, obradoiros...)por parte de persoas externas ao centro e formadas na temática. (En proceso )

AO1.2:Realización de actividades complementarias para concienciar ao alumnado sobre o uso das tecnoloxías e do acceso a internet.  (En Proceso )
 

Obxectivo 2: Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á competencia dixital (D2)
AO2.1: Detección de carencias relativas á competencia dixital e necesidades formativas a través da realización dunha enquisa. (Realizado )

AO2.2: Organización dunha liña de formación dentro do PFPP ou tamén a nivel individual.(Realizado)
AO2.3: Implementación na aula dos novos recursos dixitais adquiridos na formación que enriquezan o proceso de ensino. (En proceso)

 

Obxectivo 3: Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro (C1)

AO3.1: Elaboración dun inventario dos equipos máis obsoletos ou que teñen un peor funcionamento.(Realizado )

AO3.2: Solicitude de presuposto en función dos equipos que se prevén cambiar.(En proceso )

AO3.3: Actualización dos equipos que máis urxen.(En proceso )

 

 

3º Trimestre

A 21 de xuño de 2023 os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como segue:

Obxectivo 1: Fomentar un comportamiento seguro e responsable do alumnado (H1, H3)

AO1.1:Busca e solicitude de actividades (charlas, talleres, obradoiros...)por parte de persoas externas ao centro e formadas na temática. (Realizado )

AO1.2:Realización de actividades complementarias para concienciar ao alumnado sobre o uso das tecnoloxías e do acceso a internet.  (Realizado )
 

Obxectivo 2: Detectar e mellorar as necesidades do profesorado no relativo á competencia dixital (D2)
AO2.1: Detección de carencias relativas á competencia dixital e necesidades formativas a través da realización dunha enquisa. (En proceso )

AO2.2: Organización dunha liña de formación dentro do PFPP ou tamén a nivel individual.(Realizado)
AO2.3: Implementación na aula dos novos recursos dixitais adquiridos na formación que enriquezan o proceso de ensino. (Realizado)

 

Obxectivo 3: Actualizar parte dos equipos máis obsoletos do centro (C1)

AO3.1: Elaboración dun inventario dos equipos máis obsoletos ou que teñen un peor funcionamento.(Realizado )

AO3.2: Solicitude de presuposto en función dos equipos que se prevén cambiar.(Realizado )

AO3.3: Actualización dos equipos que máis urxen.(Realizado )

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao longo do curso e nas reunións periódicas do equipo, farase un seguimento da planificación anual (realización das tarefas na temporalización marcada, consecución dos obxectivos…), establecendo, de ser o caso, as modificacións oportunas.

Valoración xeral

Ao final do curso o equipo valorará o grao de consecución dos obxectivos anuais que se incorporará á Memoria Anual do centro. Así mesmo, establecerá unha proposta de liñas de traballo que sirva de punto de partida para o curso seguinte.

Proposta de mellora

1. Aula de informática: renovación dos equipos informáticos obsoletos ou antigos (25).

2. Aulas de infantil e primaria: Renovación dos encerados dixitais interactivos, canóns proxectores así como ordenadores portátiles.

3. Outras dependencias: dotación de equipos informáticos adecuados para outras dependencias tales como: aulas de especialistas, biblioteca, aula de música, usos múltiples, dependencias administrativas, despachos…

4. Fotocopiadora xeral do centro: dotación de fotocopiadora multifunción en cor e blanco e negro, tamaño A3, sen custo por mantemento nin por productividade para o centro.

5. Equipo de son e megafonía central do centro educativo: renovación dos mesmos.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Presentación do plan:

- Coñecemento de cales son as funcións do equipo e coordinador/a TIC.

Promoción do plan:

- Implementar as medidas necesarias para informar e asesorar aos docentes do centro, de maneira continuada, como a mellor forma de dinamizar e promocionar este plan, facendo que o profesorado sinta seguro e confiado á hora de utilizar todos os recursos dixitais do que dispón o centro.

- Informar ao alumnado dos aspectos do plan que máis lle concierne: Aula virtual, protocolos, uso responsable, protección de datos...

Difusión entre a comunidade educativa:

- Preténdese que toda a comunidade educativa contribúa á maior presenza das TIC nos procesos educativos que se realizan desde o centro:

-  Accións formativas dirixidas ás familias

- Ensino e uso adecuado das RRSS.