Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do plan dixital no centro. Contribución do plan ao Proxecto Educativo do centro.

O Centro educativo está situado no núcleo urbano da vila de Ordes, moi preto dos accesos á autoestrada. A pesares de non estar no centro da vila, o centro educativo está moi ben comunicado.

A poboación do noso Centro é de clase media- baixa, cunha porcentaxe considerablemente menor da clase media e alta. Conflúen no noso centro alumnado do núcleo urbano da vila de Ordes e alumnado pertencente ás zonas rurais das distintas parroquias do Concello de Ordes.

As profesións dominantes son obreiros, empregados comerciais, empregadas da confección, persoas adicadas á agricultura e gandería e, en menor medida, profesionais liberáis, funcionarios…

Temos un número importante de inmigrantes: de Marrocos, Venezuela, Colombia.

A elaboración do plan dixital e a súa posta en marcha pretenden contribuír ó proxecto educativo do centro no seguinte sentido:

  • Mellorar as instalacións do centro.

  • Mellorar as relacións entre todos os membros da comunidade educativa.

  • Influír na metodoloxía.

  • Contribuír á atención á diversidade e á integración do alumnado.

  • Fomentar a actualización e renovación do profesorado.

 

Xustificación do plan dixital.

Á hora de elaborar o plan dixital, tivéronse en conta os seguintes referentes legais:

  • A Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de Educación, que no seu artigo 111 bis trata sobre as Tecnoloxías da Información e a Comunicación e recolle información relativa á creación de entornos virtuais de aprendizaxe, á compatibilidade de formatos, á necesidade de que os equipos directivos promovan o uso das TIC e á formación do profesorado.

Por outra parte, no artigo 121 referido ó Proxecto Educativo do centro, establécese que neste documento se recollerá a estratexia dixital do centro. Por último, no artigo 132 referido ás competencias do/a director/a do centro, establécese como función promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo.

  • A resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • A resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria e bacharelato no curso académico 2021- 2022, fai referencia ó uso das TIC como recurso didáctico e como medio para levar a cabo as actividades non presenciais, ó uso dos medios de comunicación corporativos para comunicarse coas familias e ó uso da aula virtual no caso da ensinanza non presencial.

Na súa disposición adicional quinta fai referencia a que cada centro elaborará o Plan Dixital no curso 2021-2022, segundo as instrucións que se diten.

 

Proceso de elaboración.

Para a elaboración do Plan Dixital seguíronse unha serie de pasos:

  • Creación do grupo para o PFPP e creación do Equipo de Dinamización do Plan Dixital.

  • Análise da situación do centro a través do Selfie e das opinións dos membros do claustro.

  • Creación do DAFO analizando as oportunidades, fortalezas, debilidades e ameazas que se atoparon no centro.

  • Elaboración do plan, sendo froito dun traballo conxunto, coordinado e cooperativo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Instrumentos de recolida

Para a análise DAFO empregouse a autoavaliación SELFIE, o test CDD, así como as diferentes oponións que se foron recollendo no claustro.

 

Interno
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Diferenza entre o alumnado e o profesorado en canto ao comportamento seguro e responsable. Alumnado Si
Debilidade O equipamento do centro, na súa maioría, está obsoleto. O noso centro non respnalda o ensino-aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Non existe sistema de protección de datos. Infraestruturas Si
Debilidade Non existe debate sobre as vantaxes e desvantaxes da ensinanza-aprendizaxe coas tecnoloxías. O noso profesorado non emprega entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. O profesorado non fomenta a participación do alumnado en proxectos inderdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. O profesorado non emprega tecnoloxías dixitais para que o noso alumnado poida realizar observacións constructivas sobre o traballo dos seus compañeiros. O profesorado non emprega tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O noso centro dispón de asistencia técnica para problemas tecnolóxicos. Infraestruturas Non
Fortaleza O 85% do claustro é definitivo no centro O noso profesorado accede á formación continua (DPC) no relativo á ensinanza-aprendizaxe. O profesorado busca recursos educativos dixitais en liña. A comunidade educativa emprega tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. O profesorado intenta adaptar o seu método de ensinanza ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Dotación económica insuficiente. Falta de tempo para a formación do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Exceso de burocracia, tanto para o profesorado como para o equipo directivo. Ratio profesorado/alumnado elevada. Cambios lexislativos constantes. Lexislación Non
Oportunidade Solicitar o plan Edixgal. Solicitar Radio na biblio. MEllorar a conectividade no centro. Mellorar o equipamento tecnolóxico no centro Adaptar o horario para o ensino-aprendizaxe da compentecia dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Participar en proxectos de Etwining. Contorna Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Analizado o DAFO vemos que o centro intentará conservar as fortalezas, pola contra, os obxectivos estarán baseados nas debilidades.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Concienciar ao alumando dos riscos e vantaxes do uso das novas tecnoloxías.
O2PD Renovar parte dos equipamentos máis obsoletos.
O3PD Aumentar a competencia dixital do profesorado.

Seguimento

Procedemento

Para facer o seguimento do Plan de Acción tomaremos como referencia as táboas dos obxectivos anteriores e as datas establecidas, indicando se as accións establecidas para acadar o obxectivo están pendentes, aprazadas ou realizadas. Tras unha valoración conxunta das accións débese determinar se o obxectivo foi acadado ou non, e neste caso ver en que medida se lle dá continuidade o próximo ano. 

O coordinador do Plan DIxital, Alberto Cancela Montes, reúnese dúas veces por trimestre co asesor ADIX, Jorge Fernández Otero, onde revisamos os obxectivos e as accións dos mesmos para verificar si se van acadando.

 

1º Trimestre

No 1º trimestre atenderase especialmente a solicitar a renovación dos equipamentos máis obsoletos.

As tarefas de concienciar ao alumando dos riscos e vantaxes do uso das tecnololoxías abrangue todo o curso.

Aumentar a compentencia dixital do profesorado iníciase no 1º trimestre coa organización e solicitude de cursos.

2º Trimestre

A 31 de marzo de 2023, as accións de cada obxectivo quedan da seguinte maneira:

A renovación dos equipos, por non depender directamente do centro, poderá extenderse no 2º ou incluso no 3º trimestre.

As tarefas de concienciar ao alumando dos riscos e vantaxes do uso das tecnololoxías abrangue todo o curso.

Aumentar a compentencia dixital do profesorado exténdese ao 2º trimestre.

3º Trimestre

A 21 de xuño de 2023, as accións de cada obxectivo quedan da seguinte maneira:

As tarefas de concienciar ao alumando dos riscos e vantaxes do uso das tecnololoxías abrangue todo o curso.

Aumentar a compentencia dixital do profesorado podería extenderse ao 3º trimestre.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación procesual e que se levará a cabo unha vez ó trimestre, valorando cada unha das accións establecidas.

E a avaliación final, na que se fará esa valoración final dos obxectivos establecidos, tendo en conta os indicadores que se mostran na seguinte táboa.

Valoración xeral

A día 22 de xuño podemos concluír que as accións levadas para desenvolver este Plan Dixital foron satisfactorias. Os obxectivos foron tratados en tódolos seus aspectos, véndonos na obriga de pospoñer algún deles debido a causas externas.

Durante o primeiro trimestre as accións estiveron orientadas cara a obtención de datos co fin de coñecer en profundidade o estado do centro no aspecto dixital, así como iniciamos os trámites para solicitar formación e a renovación de equipamentos. Seguidamente puxemos en marcha as propias actividades de formación, así como a instalación e posta en en funcionamento do equipamento que renovamos. No derradeiro trimestre foronse pechando tódolos ámbitos abertos deste plan. Debemos indicar que no apartado de creación de contidos dixitais, así como a concienciación sobre o uso das novas tecnoloxías foi un traballo contínuo ao longo de todo o curso.

Proposta de mellora

Unha vez avaliado o plan e analizada a consecución dos obxectivos, estableceranse as propostas de mellora oportunas.

Extender as canles de comunicación coa comunidade educativa co fin de facer máis eficiente os recursos tanto técnicos coma no aspecto da formación. Ademais, deberemos ter en conta a aparción da competencia dixital e empregar eses datos como base para mellorar a formación do profesorado.

É importante ter presente que a renovación dos equipos debe manter unha continuidade ao longo dos anos para non quedar obsoletos, polo tanto, a constancia debe ser un factor importante na coordinación deste Plan Dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este plan colgarase na páxina web do centro para a súa difusión entre a comunidade educativa e formará parte da programación xeral anual do centro.

Divulgarase entre o claustro toda a información relativa ó plan dixital, así como a relacionada coas actividades previstas para a consecución dos obxectivos establecidos.