Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN

Este plan foi elaborado seguindo a  Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

            Nesta resolución faise mención a todas as leis que establecen a creación deste plan:

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.

A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021-2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.

En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade (en diante, a consellería) persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro como organización.

O Regulamento polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia do Consello Europeo do 11 de febreiro de 2021 establece como un dos seus principais eixes a transformación dixital na procura da excelencia, a universalidade e a equidade na educación; que elimina as brechas sociais e territoriais, que incentiva a formación continua e cre no talento, promocionando o emprendemento e a innovación, o reforzo das súas capacidades de investigación e a atracción e fomento da excelencia.

No Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que impulsa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, faise unha clara aposta por espazos ao servizo dos proxectos educativos, sobre todo vinculados á transformación dixital e que sexan xeradores de igualdade e de inclusión. Así como, na Estratexia Galicia Dixital 2030 e na Estratexia Educación Dixital 2030 de Galicia, cara a consecución dunha cidadanía dixital plena.

CONTEXTUALIZACIÓN E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO

O actual Plan Dixital vén a plasmar nun documento todo o que se fixo no centro, o que se está a facer, así como os plans de futuro vinculados coa área dixital. É e será unha ferramenta moi útil, xa que organiza e coordina todas os labores vinculados ao eido dixital, e serve para o control e mellora da posta en práctica da Competencia Dixital no noso centro. Unha Competencia Dixital cada vez máis demandada na sociedade actual.

Permitirá tamén darlle unha maior difusión á participación nos proxectos vinculados á biblioteca, ás actividades ERASMUS e eTwining, ... nos que estamos inmersos. Contribuirá a unha maior participación por parte do profesorado neses proxectos e dará unhas pautas concretas na súa organización e posta en marcha. 

Fomentaremos a creatividade, a metodoloxía activa, a formación integral do alumnado ...  (todos eles fins do noso Proxecto Educativo. E contribuirá ao desenvolvemento dos obxectivos vinculados aos obxectivos do Proxecto Educativo seguintes:

OBXECTIVOS  1.  c.-

OBXECTIVOS  3.-

OBXECTIVOS  4.-

OBXECTIVOS  5.-

PROCESO DE ELABORACIÓN

Na nosa organización tivéronse en conta en todo momento as directrices da asesora do CAFI, así como do mentor do Plan Dixital.

Ao comezo do curso, e tras recibir as primeiras instrucións, comezamos coas reunións do Equipo de coordinación do Plan Dixital para determinar cales ían ser os nosos primeiros pasos. Decidiuse levar a cabo un curso de PFPP vinculado a este proxecto para poder dispor de maior información.

Nese novo grupo de traballo (14 persoas) decidimos comezar facendo un calendario de reunións, así como un curso dentro da aula virtual para transmitir a información entre os membros do grupo.

O primeiro paso foi levar a cabo o SELFIE. Unha vez escollidas as preguntas do mesmo, distribuíronse os enlaces para realizalas e procurouse facilitar a súa realización por todos os membros aos que estaba dirixido. Finalmente acadou un 100% de participación.

Rematado o SELFIE comezouse o estudo dos seus resultados. Durante este proceso tivemos que levar a cabo o Test de competencia dixital docente (Levado a cabo polo  72% do profesorado).

Cos resultados do Test de CDD e cos do SELFIE comezamos a elaborar o DAFO do noso centro seguindo as indicacións do noso mentor.

Finalmente, e tras recibir as últimas indicacións do noso mentor, iniciamos o desenvolvemento do plan de acción para acadar os obxectivos marcados a partir do DAFO. Completáronse as táboas do plan de acción e elaboramos os distintos apartados propostos no Plan Dixital.

Desta forma, e tras un traballo en grupo, chegamos a uns acordos e fomos capaces de plasmalos neste documento. Foi un traballo intenso e non con moi poucos atrancos, pero que finalmente demos levado a bo porto.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A continuación podemos ver un resumo dos resultados das áreas do noso SELFIE.

               ÁREAS                                                                        GRUPOS ENSINANZAS  (Primaria)

     A - Liderado                                                             Equipo Directivo (2.8) Profesorado (3.1) Alumnado ()                                                                                         

     B-Colaboración e redes                                          Equipo Directivo (3.1) Profesorado (2.8) Alumnado (3.6)                    

     C-Infraestruturas e Equipos                                    Equipo Directivo (3.6) Profesorado (3.2) Alumnado (4.1)                          

     D-Desenvolvemento profesional continuo              Equipo Directivo (4.4) Profesorado (3.4) Alumnado ()

     E-Pedagoxía: Apoio e Recursos                             Equipo Directivo (3.9) Profesorado (3.8) Alumnado ()

     F-Pedagoxía: Implementación na aula                   Equipo Directivo (2.9) Profesorado (2.8) Alumnado (3.5)

     G-Prácticas de avaliación                                       Equipo Directivo (2) Profesorado (2.2) Alumnado ()

     H- Competencias dixitais do alumnado                  Equipo Directivo (2.8) Profesorado (2.8) Alumnado (4.7)     

 

      Agora vexamos os resultados do noso    TEST CDD

1.3. Participación segudo perfil do profesorado.

DEFINITIVO        Nº profesorado que participa (7)       Nº profesorado total  (7)      % participación  (100%) 

PROVISIONAL    Nº profesorado que participa (3)       Nº profesorado total  (7)      % participación  (42,9%)

INTERINO           Nº profesorado que participa (1)       Nº profesorado total  (1)      % participación (100%) 

SUBSTITUTO     Nº profesorado que participa (1)       Nº profesorado total  (1)      % participación  (100%)

DESPRAZADO   Nº profesorado que participa (1)       Nº profesorado total  (1)      % participación  (50%)

2.1. Puntuación a nivel de competencia do centro.

Puntuación media do test (sobre192)

Nivel de competencia

Puntuación media do test en Galicia (sobre192)

Nivel de competencia en Galicia

66,1

Integrador/a (B1)

76,4

Integrador/a (B1)

2.2. Puntuación a nivel de competencia por etapas.

 

Puntuación media do test (sobre192)

Nivel de competencia

Puntuación media do test en Galicia(sobre192)

Nivel de competencia en Galicia

INF

82

Integrador/a (B1)

68,2

Integrador/a (B1)

PRIM

72,7

Integrador/a (B1)

77

Integrador/a (B1)

2.3. Distribución do profesorado por niveis.

 

Principiante (A1)        Total profesorado no nivel de competencia (2)     % de profesorado participante neste nivel (15.4 %) 

Explorador/a (A2)       Total profesorado no nivel de competencia (6)     % de profesorado participante neste nivel (46.2 %) 

Integrador/a (B1)        Total profesorado no nivel de competencia (2)     % de profesorado participante neste nivel (15.4 %) 

Experto/a (B2)            Total profesorado no nivel de competencia (2)     % de profesorado participante neste nivel (15.4 %) 

Líder (C1)                   Total profesorado no nivel de competencia (1)     % de profesorado participante neste nivel (7.7 %)

Pioneiro/a (C2)           Total profesorado no nivel de competencia (0)     % de profesorado participante neste nivel (0%)  

TOTAL                            (13)                                                                       (100.1%)

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade . Necesidade da aprendizaxe, por parte do alumnado, das ameazas dos medios dixitais e do uso da internet. H1, H3, H4 H5. Alumnado Non
Debilidade . Escaso uso de software libre por parte do alumnado. Alumnado Non
Debilidade . Escaso uso de software libre por parte das familias. Familias Non
Debilidade . Necesidade da aprendizaxe, por parte das familias, das ameazas dos medios dixitais e do uso da internet. Familias Non
Debilidade . Insuficiente formación en competencia dixital das familias. Familias Non
Debilidade . Falta, dentro do horario lectivo, de momentos para que o alumnado utilice os recursos tecnolóxicos do centro. C8 Infraestruturas Si
Debilidade . Falta dunha aula de informática adaptada ás necesidades futuras. C1 Infraestruturas Non
Debilidade . Insuficiente política de protección de datos dos equipamentos informáticos do centro. C7 Infraestruturas Non
Debilidade . Uso limitado da aula virtual e medios telemáticos na ensinanza. A3 Organización de centro Si
Debilidade . Falta dunha estratexia dixital no centro. A1 e A2 Organización de centro Non
Debilidade . Necesidade de reunións específicas do profesorado para traballar aspectos dixitais. B2 Persoal docente Si
Debilidade . Falta dunha estratexia global de avaliación dixital. G1, G2, G3, G5 e G7. Persoal docente Si
Debilidade . Renovación do profesorado do centro nos últimos anos. Persoal docente Non
Debilidade . Escaso uso do software libre por parte do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza . Boas instalacións dixitais nas aulas. C2 Infraestruturas Non
Fortaleza . Bo remanente no presuposto do centro para a mellora dixital do centro. C1 Infraestruturas Non
Fortaleza . Interese do profesorado por compartir os recursos dixitais máis axeitados no seu labor docente. E1 e E2 Persoal docente Non
Fortaleza . Interese do profesorado pola mellora dixital. E1,E2 e E4 Persoal docente Si
Fortaleza . Existencia dun calendario de reunións do profesorado ao longo do ano. D1 Persoal docente Non
Fortaleza . Bo uso das tecnoloxías dixitais para a comunicación con toda a comunidade educativa.E4 Persoal docente Non
Fortaleza . Posibilidade de utilizar os recursos dixitais nas actividades de conmemoracións, concursos e celebracións realizadas no centro. F2, F3, F4, F5 e F6. Persoal docente Si
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza . Exceso de burocracia por parte da administración para a transformación dixital. Administración educativa Non
Ameaza . Necesidade dun mellor acceso a internet. C3 Administración educativa Non
Ameaza . Falta dunha asistencia técnica axeitada aos problemas dixitais. C5 Administración educativa Non
Ameaza . Escaso tempo do profesorado para a formación dixital. Administración educativa Si
Ameaza . Insuficiente cobertura na área de influencia do colexio. Contorna Non
Ameaza . Insuficiente política de protección de datos. C7 Lexislación Non
Oportunidade . Interese por parte da administración para a mellora dixital nos centros. Administración educativa Si
Oportunidade . Aumento dos cursos dixitais dende os equipos de formación. Administración educativa Si
Oportunidade . Emprego maioritario das ferramentas educativas corporativas. Administración educativa Non
Oportunidade . Boas relacións coa ANPA para cooperacións futuras. ANPA Non
Oportunidade . Boas relacións co Concello para cooperacións futuras. Contorna Non
Oportunidade . Posibilidade da continuidade das actividades de cooperación intercentros (e-Twinning) e ERASMUS. B3 Outras Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou a análise DAFO  que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver. Os obxectivos para o curso 22-23 son:

- Realizar reunións periódicas no centro para o control e seguimento do Plan Dixital.

- Aumentar o nivel de competencia dixital do profesorado.

- Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado.

- Promover o uso de actividades dixitais no centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Realizar reunións periódicas no centro para o control e seguimento do Plan Dixital.
O02PD Aumentar o nivel de competencia dixital do profesorado.
O03PD Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado.
O04PD Promover o uso de actividades dixitais no centro.

Seguimento

Procedemento

Farase unha reunión co coordinador ADIX dúas veces ao trimestre.  Analizaremos como se van desenvolvendo os obxectivos e as súas accións ao longo de cada trimestre para ver se se están a cumplir.

 

1º Trimestre

Finalizado o primeiro trimestre podemos concretar os avances nos obxectivos do Plan Dixital:

 

OBXECTIVO 1: Realizar reunións periódicas no centro para o control e seguimento do Plan Dixital. 

AO1.1: Creación dun calendario de reunións para tratar diversos aspectos do Plan Dixital ao longo do ano. Realizado.

AO1.2: Realización de reunións ao longo do curso para o control e seguimento do Plan Dixital. En proceso.

AO1.3: Realización das últimas reunións para a avaliación do Plan Dixital. Non tratado.

 

OBXECTIVO 2: Aumentar o nivel de competencia dixital do profesorado. 

AO2.1: Recompilación de información sobre os cursos de formación dixital necesarios para todo o profesorado. Reaizado.

AO2.2: Matrícula do profesorado nos cursos de formación dixital. En proceso.

AO2.3: Realización dos cursos de formación dixital ao longo do ano. En proceso.

 

OBXECTIVO 3: Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado. 

AO3.1: Solicitude de cursos de formación sobre AV corporativa destinado ao profesorado que o necesite. En proceso.

AO3.2: Creación dos cursos e matriculación do profesorado e alumnado na AV corporativa. Realizado.

AO3.3: Subida de actividades aos cursos correspondentes da AV corporativa. En proceso.

 

OBXECTIVO 4:Promover o uso de actividades dixitais no centro.

AO4.1: Proposta e selección de actividades dixitais que se poidan utilizar nas conmemoracións, días especiais, proxectos (ERASMUS, e-Twinning), ... ao longo do ano. En proceso.

AO4.2: Realización de actividades dixitais nas conmemoracións e días especiais ao longo do ano. En proceso.

AO4.3: Difusión á comunidade educativa das actividades realizadas. En proceso.

2º Trimestre

Finalizado o segundo trimestre podemos concretar os avances nos obxectivos do Plan Dixital:

 

OBXECTIVO 1: Realizar reunións periódicas no centro para o control e seguimento do Plan Dixital. 

AO1.1: Creación dun calendario de reunións para tratar diversos aspectos do Plan Dixital ao longo do ano. Realizado.

AO1.2: Realización de reunións ao longo do curso para o control e seguimento do Plan Dixital. En proceso.

AO1.3: Realización das últimas reunións para a avaliación do Plan Dixital. En proceso.

 

OBXECTIVO 2: Aumentar o nivel de competencia dixital do profesorado. 

AO2.1: Recompilación de información sobre os cursos de formación dixital necesarios para todo o profesorado. Realizado.

AO2.2: Matrícula do profesorado nos cursos de formación dixital. En proceso.

AO2.3: Realización dos cursos de formación dixital ao longo do ano. En proceso.

 

OBXECTIVO 3: Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado. 

AO3.1: Solicitude de cursos de formación sobre AV corporativa destinado ao profesorado que o necesite. En proceso.

AO3.2: Creación dos cursos e matriculación do profesorado e alumnado na AV corporativa. Realizado.

AO3.3: Subida de actividades aos cursos correspondentes da AV corporativa. En proceso.

 

OBXECTIVO 4:Promover o uso de actividades dixitais no centro.

AO4.1: Proposta e selección de actividades dixitais que se poidan utilizar nas conmemoracións, días especiais, proxectos (ERASMUS, e-Twinning), ... ao longo do ano. En proceso.

AO4.2: Realización de actividades dixitais nas conmemoracións e días especiais ao longo do ano. En proceso.

AO4.3: Difusión á comunidade educativa das actividades realizadas. En proceso.

3º Trimestre

Finalizado o terceiro trimestre podemos concretar os avances nos obxectivos do Plan Dixital:

 

OBXECTIVO 1: Realizar reunións periódicas no centro para o control e seguimento do Plan Dixital. 

AO1.1: Creación dun calendario de reunións para tratar diversos aspectos do Plan Dixital ao longo do ano. Realizado.

AO1.2: Realización de reunións ao longo do curso para o control e seguimento do Plan Dixital. Realizado.

AO1.3: Realización das últimas reunións para a avaliación do Plan Dixital. Realizado.

 

OBXECTIVO 2: Aumentar o nivel de competencia dixital do profesorado. 

AO2.1: Recompilación de información sobre os cursos de formación dixital necesarios para todo o profesorado. Realizado.

AO2.2: Matrícula do profesorado nos cursos de formación dixital. Realizado.

AO2.3: Realización dos cursos de formación dixital ao longo do ano. Realizado.

 

OBXECTIVO 3: Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado. 

AO3.1: Solicitude de cursos de formación sobre AV corporativa destinado ao profesorado que o necesite. Realizado.

AO3.2: Creación dos cursos e matriculación do profesorado e alumnado na AV corporativa. Realizado.

AO3.3: Subida de actividades aos cursos correspondentes da AV corporativa. Realizado.

 

OBXECTIVO 4:Promover o uso de actividades dixitais no centro.

AO4.1: Proposta e selección de actividades dixitais que se poidan utilizar nas conmemoracións, días especiais, proxectos (ERASMUS, e-Twinning), ... ao longo do ano. Realizado.

AO4.2: Realización de actividades dixitais nas conmemoracións e días especiais ao longo do ano. Realizado.

AO4.3: Difusión á comunidade educativa das actividades realizadas. Realizado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

4.1. Seguimento do Plan de Acción                                                                 

A avaliación do Plan Dixital levarase a cabo en tres momentos puntuais.

1º- Ao final do mes de setembro comprobarase a posta en marcha das medidas do noso plan de acción para chegar aos obxectivos do plan. No cadro que aparece a continuación podemos ver os primeiros indicadores a ter en conta.

2º - Ao longo do curso,  faremos un seguimento da continuidade do plan de acción para acadar os obxectivos propostos.

3º . Ao final do curso (30-06-23) comprobaremos se se acadaron os obxectivos propostos tomando como referencia as indicacións dadas entre paréntese e en cor azul para cada plan de acción.

(A información que se presenta a continuación fai referencia ó apartado “Seguimento da acción” das 4 táboas do noso plan)

OBXECTIVOS

1. Realizar reunións periódicas no centro para o control e seguimento do Plan Dixital. (A1 e A2)         

AO1.1: Creación dun calendario de reunións para tratar diversos aspectos do Plan Dixital ao longo do ano.       Nº de reunións propostas.

AO1.2: Realización de reunións ao longo do curso para o control e seguimento do Plan Dixital.     Nº de reunións realizadas.

AO1.3: Realización das últimas reunións para a avaliación do Plan Dixital.       Nº de reunións realizadas. (5 REUNIÓNS)

2. Aumentar o nivel de competencia dixital do profesorado. (D1 e D2)

AO2.1: Recompilación de información sobre os cursos de formación  dixital necesarios para todo o profesorado. Nº de profesores/as solicitantes.

AO2.2: Matrícula do profesorado nos cursos de formación dixital.       Nºde cursos solicitados e matriculados por mestre/a.

AO2.3: Realización dos cursos de  formación dixital ao longo do ano. Nº de cursos realizados por mestre/a. (30% DEL PROFESORADO REALIZA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN)

3. Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado. (E2 e E3)

AO3.1: Solicitude de cursos de formación  sobre AV corporativa destinado ao profesorado que o necesite. Nº de profesores/as solicitantes.

AO3.2: Creación dos cursos e matriculación do profesorado e alumnado na AV corporativa. Nº de cursos creados.

AO3.3: Subida de actividades aos cursos correspondentes da AV corporativa.  Nº de actividades subidas. (15 ACTIVIDADES POR DOCENTE)

4. Promover o uso de actividades dixitais no centro. (F2 e F6)

AO4.1: Proposta e selección de actividades dixitais que se poidan utilizar nas conmemoracións, días especiais, proxectos (ERASMUS, e-Twinning), ... ao longo do ano.

Nº de actividades propostas.

AO4.2: Realización de actividades dixitais nas conmemoracións e días especiais ao longo do ano. Nº de actividades realizadas.

AO4.3: Difusión das actividades utilizando diferentes medios dixitais: páxina web do centro, blogs, cursos da Aula Virtual. Nº de actividades subidas. (10 ACTIVIDADES REALIZADAS)

Valoración xeral

 

Dende o comezo do curso escolar seguimos as indicacións do noso mentor e da nosa asesora do PFPP para levar a cabo os obxectivos marcados para este ano no Plan Dixital.

A consecución dalgúns dos obxectivos estivo influenciada moitas veces por aspectos alleos a nós. Por exemplo a formación do profesorado prolongouse durante todo o ano debido a falta de prazas nos cursos de formación e a que moitas veces o noso profesorado, un 70% de nova incorporación e un 40% en prácticas, non tivo a súa disposición todos os cursos de formación nos que se matriculou.

Por outra banda a utilización da Aula Virtual non se puido levar a cabo por todo o persoal do centro ata a metade do curso. Só foi posible despois de recibir a formación vinculada a Aula Virtual dentro do noso PFPP. A nosa proposta era que esa formación se fixese nos primeiros meses do curso, pero non foi posible como mencionamos anteriormente.

A axuda recibida tanto polo mentor como pola asesora do CAFI axudounos en gran medida a solucionar estes primeiros atrancos do inicio do curso e grazas a eles puidemos acadar os obxectivos marcados no Plan Dixital.

Proposta de mellora

Para o ano que ven decidiuse na última reunión que se deberían manter os obxectivos deste ano e incorporar un máis dentro do Plan Dixital. Este obxectivo sería: “Aumentar o nivel de competencia na seguridade dixital da comunidade educativa. (H1 e H3)”

A comezos do ano que ven, e na primeira reunión que se realice vinculada ao Plan Dixital, decidirase que actividades relativas a seguridade dixital se poden facer ao longo do ano no centro. A idea é realizar polo menos 2 actividades vinculadas ca formación en seguridade dixital.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital a toda a comunidade educativa realizarase a través da páxina web:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmesonvento/?q=system/files/u26/PLAN%20DIXITAL%20MES%C3%93N%20WORD.%206.pdf