Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Para facer o seguimento deste Plan DIxital, realizáronse diferentes reunións do equipo e valorouse o grao de consecución de cada obxectivo e acción.
Ademais, realizáronse reunións periódicas coa asesora ADIX para aclarar dúbidas.
- Subiuse o Plan dixital á web.
- Solicitouse a formación específica segundo o obxectivo 9 ademáis dun seminario dentro do PFPP.
- No obxectivo 1, non se conseguiu unha hora de adicación ao plan dixital para o profesorado interesado en colaborar mais estableceuse unha hora semanal conxunta para algúns ds compoñentes do equipo.
- Realizouse unha enquisa con google forms para establecer as necesidades formativas do profesorado no que respecta ao uso das ferramentas corporativas e sofware libre: Libre Office, aula virtual, Agueiro e Abalar.
- Revisouse todo o equipamento informático para detectar as necesidades.
- Elaboración de horarios para a utilización da zona informática da biblioteca.
- Elaboración dun protocolo de comunicación de incidencias do equipamento dixital.
- Creación dun foro de dúbidas na aula virtual nun curso creado de Plan dixital.
- Solicitáronse charlas sobre Ciberseguridade do Plan Director para o alumnado de 5º e 6º de primaria: 27 de outubro.
- Creación dun banco de recursos na aula virtual para compartir recursos relacionados co manexo das ferramentas corporativas así como para compartir materiais elaborados polo profesorado.
- Realizouse a formación do seminario para o profesorado: sobre Agueiro e Libre Office.
- Actualización do equipamento informático das aulas.
- As aulas de 3º teñen en uso algúns dos portátiles Abalar que quedaron ao pasar Edixgal.(aqueles que se puideron aproveitar)
- A maioría dos obxectivos deste plan están en proceso.
- Os obxectivos acadados foron os seguintes: 001, 004, 007, 009.
- Os obxectivos parcialmente acadados foron os seguintes: 002 (falta AO2.1), 003 (falta AO3.1), 005 (falta completar a actualización dos ordenadores- AO5.3), 006 (falta dotar as aulas de 3º e 4º co equipamento dixital básico AO6.4), 008 (falta crar un espazo en Agueiro que non se vai facer por considerar a aula virtual do centro máis útil para as necesidades do profesorado- AO8.1, AO8.3).
- Instaláronse paneis dixitais en todas as aulas de infantil, 1º e 2º de educación primaria. Ademáis subiuse o manual de uso ao banco de recursos da aula virtual.
Queda pendente de mellorar a WIFI na primeira planta, na zona de orientación.
Avaliación
Realizouse un seguimento do Plan dixital a principio de curso, puidendo ser adaptado á realidade da situación e atendendo á situación do momento. Ademáis, revisarase mensualmente para valorar a consecución dos obxectivos e detectar necesidades.
A final de curso valoráronse os obxectivos acadados, aprazados e acadados parcialmente.
Continuar cos obxectivos e acción non acadadas neste curso e procurar non engadir moitos obxectivos para ter o tempo necesario de acadar os existentes.
Por outro lado, é necesario insistir na adicación dunha hora semanal para a elaboracion de recursos.
Continuar coa formación segundo as necesidades do profesorado.
Queda pendente de mellorar a WIFI na primeira planta, na zona de orientación.
Comunicación e difusión
Os canais de difusión deste Plan e do seguimento do mesmo serán os seguintes:
- Aula virtual do centro: no curso Plan Dixital Ruxidoiro compartirase toda a información relativa ao Plan dixital. Neste curso participará todo o profesorado do curso 2022-2023.
- Páxina WEB de centro: publicarase o Plan Dixital para a consulta de toda a comunidade educativa.