Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Creouse un grupo de traballo para facer un seguimento do Plan Dixital composto por máis do 70% dos/as xefes/as de departamento. Ao ser os xefes/as de departamento é máis sinxelo trasladar aos departamentos a análise do plan.
A persoa coordinadora, en colaboración do profesorado participante no PFPP, baixo a supervisión da directora inserimos os contidos do Plan Dixital 2022-2023 en Educalidade.
No primeiro trimestre acadáronse os seguintes obxectivos:
- Establecer un equipo de profesores/as para a xestión e seguimento do plan dixital de centro (A1)
- Coñecemento sobre os dereitos de autor, as licenzas Creative Commons e o dereito de cita
- Avaliar os nosos progresos en ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais
- Debatir a importancia do Plan Dixital e da estratexia dixital
- Instalar ordenadores na biblioteca de acceso libre para o alumnado
- Informar á comunidade educativa da existencia de 20 ordenadores para que o alumnado que o precise poida levar á casa
- O obxectivo "Informar á comunidade educativa da existencia de 20 ordenadores para que o alumnado que o precise poida levar á casa" foi modificado e en lugar de formulario fíxose en papel.
- Do obxectivo "Solicitar encerados dixitais á Consellería de Educación" acadouse a primeira acción "Solicitar á Amtega 7 encerados dixitais", pero non nos enviaron nin instalaron ningún.
- Renovar os equipos do Equipo Directivo
- Solicitar aos departamentos necesidades de formación antes dunha CCP para crera os PFPP no 2022-23
Ao longo do segundo trimestre acadaronse os seguintes obxectivos:
- Do obxectivo "Coñecemento sobre os dereitos de autor, as licenzas Creative Commons e o dereito de cita" realizouse a acción "Creación dun repositorio de enlaces na AV do centro, a materiais didácticos con licenzas CC ou de dominio público"
- Renovar os equipos da aula de informática de ESO
- Usar os foros na Aula Virtual de centro
Ao longo do 3º trimestre acadaronse os seguintes obxectivos:
- Crear polo menos un contido dixital (documento de texto, vídeo, entrada da web..) nas materias
- Informar sobre o uso seguro de Internet e identificar as fakenews e os perigos existentes
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:
-
Establecer un equipo de profesores/as para a xestión e seguimento do plan dixital de centro, implicando a maior cantidade de xefas/es de departamento posibles.
-
O secretario informará polo menos unha vez por trimeste sobre a consecución dos obxectivos.
-
O secretario informará nun claustro a final de curso sobre a consecución dos obxectivos do Plan Dixital no curso e a elaboración do Plan Dixital do curso vindeiro.
Non se acadaron os obxectivos:
- Crear unha aula virtual para os proxectos do ERASMUS + sobre aeroponia xa que o grupo de traballo Erasmus + xa informa das súas actividades na web e non viron necesario finalmente crear a aula virtual.
- Crear un espazo web para unha Biblioteca Virtual de centro debido a falta de tempo, decidiuse que era máis eficaz facer uso dos recursos que ofrece a Consellería e o Ministerio.
- Non se instalaron os encerados dixitais que se precisaban xa que con recursos propios non é posible e a Consellería non aportou ningún.
Atopamos que era preciso introducir no Plan Dixital:
- Que o departamento de Tecnoloxía imparta no primeiro trimestre os contidos básicos sobre o uso de ordenadores, correo electrónico, elaboración de documentos, uso da aula virtual e partillado de información dixital ao alumnado de 1º de ESO, para facilitar o seu uso polo resto das materias.
- Simplificar os obxectivos do Plan Dixital sendo un número menor e máis asequíbel.
- Centrarnos na formación do profesorado.
Comunicación e difusión
-
Publicarase o Plan Dixital na web do centro.
-
Informarase a principio de curso á CCP e ao Claustro tanto da importancia dunha estratexia dixital coma dos contidos do Plan Dixital.