Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.           Introdución

1.1.       Datos básicos do centro

1.2.       Ceip de Baltar

·         Avda.Sargento Seoane S/N 

·         ceip.baltar @ edu.xunta.es

·         Colexio de dúas unidades,unha de infantil e outra de primaria.

·         26 alumnos.Dous mestres a tempo completo e tres itinerantes.

1.3.       Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

            O Concello atópase a 55 km. de Ourense.O nivel socioeconómico das familias é medio-baixo con escaso nivel sociocultural.A nivel científico-tecnolóxico tanto infraestruturas como recursos son precarios.

1.4.       Breve xustificación do mesmo

 

¿          Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

¿          Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

¿          Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

¿          Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.5.       Proceso de elaboración

Debido a itinerancia do profesorado e a falta de personal este proceso é levado a cabo polas dúas mestras que están a tempo completo no centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumrntos utilizados para a recollida de información foron oInforme Selfie e o Test CDD

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Analfabetismo dixital/Aulas mixtas Alumnado Non
Debilidade Escasa formación tecnológica e cultural/Actitude defensiva ante os cambios¿ Familias Non
Debilidade Falta de equipamento a nivel de ordenadores / Non hai aula de informática/O profesorado non ten ordenadores/Conexións deficientes¿ Infraestruturas Si
Debilidade É difícil coordinar a docencia directa co alumnado co mantemento dunha infraestructura dixital. Oferta Non
Debilidade A organización depende do profesorado cambiante polo que é inviable unha organización a curto e longo prazo. Organización de centro Non
Debilidade Falta de persoal e cambiante cada curso académico/ Excesiva carga burocrática e lectiva./ Aulas mixtas Persoal docente Non
Fortaleza A nivel de novas tecnoloxías a motivación é elevada. Alumnado Si
Fortaleza Como a ratio por aula e a nivel de centro é baixa, o número de familias implicadas é pouco numeroso.Isto favorecería a súa formación . Familias Si
Fortaleza Espazo existente para a dotación informática. Infraestruturas Non
Fortaleza Actitude positiva do profesorado. Oferta Si
Fortaleza Actitude positiva do profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza Concienciación por parte do persoal deste curso sobre a necesidade da mellora tecnolóxica e metodolóxica. Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Non se atoparon elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do EDPD de Centro e o conxunto do claustro, obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presentes análise DAFO sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do Plan de Acción, convirtindo os ítems en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto reflíctese na seguinte lapela (Obxectivos).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD 1. Implementar no colexio a aula de informática.
O02PD 2. Conseguir a implicación de alumnado e familias no PD

Seguimento

Procedemento

O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan. A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo. A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso intentouse a consecución do obxectivo O01PD co que se pretendía a creación dunha aula de informátia, xa que se contaba co espazo axeitado e coa implicación de toda a comunidade pero non foi posible conseguir o material polo que seguiremos con este cometido de cara o vindeiro curso. 

2º Trimestre

En relación ao O02PD conseguiuse implicar a todo o alumnado e familias e deste xeito conseguiuse que durante todo o curso se utilizasen os medios tecnolóxicos dos que dispoñemos para comunicarnos coas familias.

3º Trimestre

Neste terceiro trimestre séguese a traballar no desenvolvemento do O02PD e deste xeito conseguiuse implicar moito o alumnado realizando diversas actividades mediante o uno de diferentes ferramentas tecnolóxicas servindo potenciar tal cometido a instalación das novas pantallas interactivas por parte da Xunta.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o plan, farase un seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos por parte do/a coordinador/a e/ou do equipo directivo, da seguinte maneira:

- Unha avaliación procesual, cunha frecuencia dunha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións de cada obxectivo, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- Unha avaliación final, cunha frecuencia dunha vez ao ano (final do curso). Os aspectos a considerar incluirán a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

En termos xerais o seguimento do plan dixital foi positivo en parte xa que se conseguiu implicar o uso das ferramentas tecnolóxicas a toda a comunidade educativa pero por outra parte non se conseguiu o material e equipos necesarios para a crreación da aula de informatica polo que queda emplazado dito obxectivo para o vindeiro curso.

Proposta de mellora

Como proposta de mellora sinalar a intención de montar a aula de informática que queda pendente, para o cal e preciso conseguir o material e equipos necesarios.

Por outra parte seria necesario recibir formación para o uso das novas pantallas dixitais montadas pola Xunta de Galicia.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O PD será presentado para a súa aprobación  no derradeiro Consello Escolar deste curso no mes de xuño e no curso vindeiro publicarase na páxina web do centro .