Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Todos os meses acude ao centro o Mentor Adix da zona de Valdeorras e Trives co que se fai un seguimento continuado dos progresos do plan.
Realizáronse as visitas mensuais do mentor e estableceuse o seguimento das accións contempladas no plan.
Realizáronse as visitas mensuais do mentor e estableceuse o seguimento das accións contempladas no plan.
Realizáronse as visitas mensuais do mentor e estableceuse o seguimento das accións contempladas no plan.
Avaliación
O plan, a súa posta en marcha e a valoración dos resultados acadados, será avaliado aoremate de cada trimestre do curso. Nesta avaliación procesual se propoñerán medidas de mellora no c aso de se detectar erros no plan, for na temporización do mesmo, for nos resultados acadados.Para realizar este proceso hase reunir o equipo de apoio ao plan dixital, que valorará, enfunción dos datos recollidos previamente o nivel de cumprimento dos indicadores de logro.Ao remate do curso se realizará unha avaliación final dos logros acadados na realizacióndeste plan, valorarase o nivel de cumprimento dos obxectivos e se propoñerán os xeitos demellorar a consecución dos mesmos.Os encargados da realización desta avaliación final sera o equipo de apoio ao plan dixital,que remitirá o seu informe para o estudo e aprobación por parte do claustro de mestres.
Tal e como se reflicte no apartado anterior existen marxes de mellora en todos os obxectivos que tiñamos marcados dentro do noso plan.
A formación, como dixemos, realizouse e entendemos que cumpriu en boa medida os seus obxectivos. Porén teríamos que acadar unha maior participación do profesorado e que esta formación estea o máis vencellada posíbel coa práctica diaria nas aulas. A implantación do polo creativo, unha vez que temos o equipamento instalado, require un intenso traballo formativo para que o profesorado saiba empregalo, cando menos rudimentariamente, para poder poñer en valor un equipamento de tan alto valor educativo.
Teremos que reunir e sistematizar, poñendo por escrito nun documento, o noso itinerario formativo para o alumnado no tema dixital.
Tal e como apontamos no apartado anterior, se ben se puxo en coñecemento de todo o profesorado os protocolos dixitais e de comunicación, dada a mobilidade do profesorado cómpre seguir insistindo neste aspecto de cara ao curso que vén. Tamén teremos que insistir na necesidade do cumprimento estrito dos protocolos, e facer un esforzo para que todo o claustro comparta os principios de necesidade que estes comportan.
No que atinxe, finalmente, ao fomento do uso da páxina Web do centro, pensamos que estamos no bo camiño, pero teremos que estender o seu uso a todos os equipos e departamentos do colexio, para evitar así que unhas partes amosen unha actualización axeitada dos contidos mentres que outras estean permanentemente estáticos. Tamén debemos acadar unha certa autonomía na edición da páxina de máis profesores, cando menos dos coordinadores ou dun dos membros de cada equipo e departamento do colexio.
Comunicación e difusión
O plan será publicado, cando o resto da documentación do centro na páxina Web do centro.Así mesmo, nas reunións iniciais de curso, e nas de trimestre, se incluirá este punto deinformación do plan dixital e do plan de comunicación nas ordes do día das reunións.Tamén se elaborará un pequeno resume dos obxectivos do plan que será enviado a toda a comunidade escolar ao través da mensaxería institucional.