Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
No contexto de avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ó trimestre, levándose a cabo en claustros de profesorado. Os aspectos a valorar trimestralmente serán:
1- Estado da execución das accións para cada obxectivo do Plan de Acción
2- Análise e valoración dos resultados
3- Posibles modificacións das accións e propostas de mellora.
Neste primeiro trimestre comezamos coa estruturación e pasos a seguir para o desenvolvemento do plan dixital neste curso 2022-2023. O primeiro en realizarse foi a posta en funcionamento da páxina web que non estaba actualizada. Cambiouse o deseño e diferentes apartados da mesma coa pretensión de conseguir unha maior funcionalidade e facilidade de acceso á mesma. Nela subiuse toda a información relevante de comezo de curso así como o plan dixital para que tivese acceso a esta información toda a comunidade educativa.
Por outra banda, procedeuse a instalar como medio de comunicación coas familias ABALAR. Creouse unha pequena presentación para informar ás familias da súa descarga e do seu funcionamento para facilitar a labor nestos primeiros días de curso.
Ademais, unha ferramenta que estaba sen explotar era a aula virtual. Fixemos cambios no seu deseño e potenciamos o acceso do alumnado xunto coa información ás familias para que tivesen información para que entrasen no seu fogar sen problemas. Convertiuse nunha ferramenta habitual que mellora o proceso de ensinanza e de aprendizaxe.
A comezo de curso tamén se comprobaron os medios tecnolóxicos en funcionamento. Fíxose mantemento en ordenadores e equipamentos. Cabe destacar neste sentido a limpeza, actualización e mellora da velocidade dos equipos xa existentes.
Co fin de mellorar o uso das novas tecnoloxías do noso centro o alumnado creou diferentes infografías que colocamos polo centro para chegar a toda a comunidade a información precisa para facer un bo uso das mesmas.
No segundo trimestre seguimos o camiño comezado no anterior trimestre, potenciando a aula virtual e mantendo actualizada a páxina web. Puxéronse en marcha medios tecnolóxicos que necesitaban mantemento e introducíronse no día a día do centro.
Neste sentido cabe destacar o traballo dende diferentes materias para potenciar a competencia dixital do alumnado. Un exemplo do dito pode ser o uso de ferramentas de deseño para crear o noso propio libro no proxecto competencial.
Cabe sinalar que para traballar activamente o noso plan dixital relacionámolo con programas nos que está inscrito o centro. Por exemplo programas para elaborar proxectos de impresión na nosa impresora 3D. Tamén dentro do programa EDU-SAÚDE no que cun pequeno croma montamos unhas entrevistas traballando coa área de lingua e literatura castelá nas que se facían as previas dos partidos das nosas ligas do recreo.
Neste trimestre introducimos melloras no noso equipamento tecnolóxico. Cabe destacar a compra de ordenadores con destacable tarxeta gráfica para potenciar diferentes proxectos, como por exemplo o traballo con ferramentas de programación en robótica ou programas de deseño para apoiar as súas presentacións. Seguimos incluíndo relación cos programas cos que participamos, como coa elaboración de trofeos na impresora 3D dentro do programa EDU-SAÚDE.
Seguiuse actualizando a páxina web como durante todo o curso e resolvendo diferentes problemáticas relacionadas cos equipos tecnolóxicos.
Avaliación
No contexto da avaliación final a frecuencia será de unha vez ó ano , en xuño de 2023. Os apectos a considerar serán:
1- Valoración do logro dos obxectivos para cada acción desenvolvida no PDC.
2- Propostas de mellora e obxectivos para o curso 23-24.
A valoración da posta en práctica do Plan Dixital (2022-2023) foi moi positiva xa que se acadaron os principais obxectivos que se tiñan marcado para este período. Ademais, leváronse a cabo outras liñas de actuación que complementaron e favoreceron a consecución dos obxectivos. Cabe salientar que afectou a toda a comunidade educativa, polo que se sentaron as bases para un futuro traballo na dixitalización do centro. Outro aspecto destacable é a relación que fixemos con outros Programas nos que participa o centro, o que lle dou máis significatividade á nosa dixitalización de centro.
Entre as principais propostas de mellora sinalaremos as seguintes:
- Renovar ordenador de clase e dirección.
- Potenciar a aula maker.
- Seguir avanzando no traballo coa aula virtual.
- Necesidade de formación dixital do claustro.
- Atender ás novas necesidades tecnolóxicas do centro.
Comunicación e difusión
Este plan é coñecido por toda a comunidade educativa. Pode consultarse na páxina web do centro para calquera que o desexe.
Emitiuse ás familias do centro unha circular por diversos medios informando da existencia do Plan, da súa finalidade e onde poder consultalo.
Na seguinte ligazón podémolo consultar: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxedeguadalupe/node/55