Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan. A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo. A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.
Ao longo do primeiro trimestre do presente curso iniciouse o obxectivo O01PD que consiste en "mellorar a infraestrutura dixital do centro", o cal segue en proceso coa acción AO1.2.
En relación ao O02PD "Formación e dotación en recursos STEM", estanse a realizar as accións AO2.1., a AO2.2. e a AO2.4. Queda pendente levar a cabo a acción AO2.3.
Por último, en cando ao obxectivo O03PD "Crear un estudo de gravación e radio escolar", está acadada a acción AO3.1. e en proceso a AO3.3.
En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai por bo camiño.
Durante o segundo trimestre do presente curso rematamouse o obxectivo O01PD que consiste en "mellorar a infraestrutura dixital do centro".
En relación ao O02PD "Formación e dotación en recursos STEM", rematáronse as accións AO2.1., a AO2.2. e a AO2.4. Por outra banda, iniciamos a acción AO2.3.
Por último, en cando ao obxectivo O03PD "Crear un estudo de gravación e radio escolar", está acadada a acción AO3.1. e iniciamos a AO3.3.
En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai por bo camiño.
Durante o terceiro trimestre do presente curso damos por finalizado o O02PD "Formación e dotación en recursos STEM", conseguindo levar a cabo a última acción pendente: AO2.3.
Por último, en cando ao obxectivo O03PD "Crear un estudo de gravación e radio escolar", está acadada a acción AO3.3.
A pesares de que hai accións que non se levaron a cabo durante este presente curso, a posta en marcha do Plan Dixital foi positiva no centro.
Avaliación
A avaliación lévase a cabo co obxectivo de recoller, analizar e valorar a información relevante do Plan Dixital.
Polo tanto, o proceso de seguimento do desenvolvemento do plan e a consecución dos obxectivos realizarase a través de dous tipos de avaliacións:
A primeira avaliación ou avaliación procesual, levada a cabo trimestralmente. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
A segunda ou avaliación final, realizada unha vez ao ano e preferiblemente ao rematar o curso. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
En relación á valoración xeral do Plan Dixital, destacar que algúns dos obxectivos propostos dende un inicio, non poderán ser acadados na temporalización establecida, polo que a través do seguimento do Plan, realizaremos pequenas modificacións en relación á consecución da execución das accións. O O2PD está acadado, mentres que os O1PD e O3PD quedan parcialmente pendentes de acadar o vindeiro curso.
De cara o vindeiro curso, intentarase dar resposta ás accións que quedaron pendentes no curso actual.
Con todo, estableceremos uns novos obxectivos co fin de seguir mellorando a nosa estratexia dixital:
- Formar ao profesorado en: pantallas dixitais, robótica e impresión 3D.
- Crear un equipo de dinamización da aula dos Polos Creativos.
- Fomentar o uso do carro dicital (ordenadores portátiles) en todos os ciclos.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital será publicado na páxina do centro para que toda a Comunidade Educativa poida acceder ao mesmo.