¿ O IES Terra de Soneira atópase no Concello de Vimianzo, (A Coruña), é un concello de pouco máis de 8.000 habitantes, dos cales, 3.925 son homes e 4.114 son mulleres, segundo datos do Padrón Municipal do I.N.E. O centro, adoita o nome da bisbarra da Terra de Soneira, onde se atopa o propio centro e a localidade de Vimianzo. O Concello limita cos concellos de Muxía, Zas, Laxe, Camariñas, Dumbría e Mazaricos. Somos o único centro de secundaria obrigatoria (ESO) e postobrigatoria (Bacharelato) do Concello, e a el, acode o alumnado de Primaria, procedente de dous CEIPs adscritos, o CEIP San Vicenzo e o CEIP Baíñas. Tamén acode alumnado do IES Pedra da Aguia de Camariñas para cursar Bacharelato.
¿ A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, no seu artigo 121 establece que o Proxecto Educativo do centro recollerá a estratexia dixital. A promoción do uso das tecnoloxías da información e a comunicación é unha labor que compete tanto á administración educativo como ás direccións dos centros. Mediante o presente Plan Dixital preténdese incidir sobre aquelas carencias detectadas no eido dixital permitindo facilitar a consecución dos obxectivos do noso Proxecto Educativo.
O centro aspira a implementar o programa de innovación educativa Polos Creativos no vindeiro curso 22/23 coa participación de tódolos niveis educativos e a práctica totalidade dos departamentos didácticos. Espérase contar cun importante nivel de retroalimentación entre as medidas do Plan de acción e as actividades que formarán parte do proxecto presentado no anterior programa, permitindo sobre todo un mellor aproveitamento das actividades previstas.
En cursos anteriores o centro participou no programa Proxecta (Aprendo programando).
¿ O Plan Dixital formará parte da Programación Xeral Anual do curso 22/23 e contribuirá directamente ao logro dos obxectivos relacionados coa potenciación da utilización das tecnoloxías da información e a comunicación e indirectamente a outros obxectivos.
¿ Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
¿ Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
¿ Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
¿ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022
Este plan dixital elaborouse no marco do PFPP do centro utilizando datos dos distintos SELFIE que se fixeron no centro e o test CDD de Fprofe e coa axuda dos mentores ADIX.